jueves, marzo 03, 2011

Metalstorm saca os seus mellores do 2010


De entre os centos de usuarios de MetalStorm, a gran páxina estoniana de Metal, saleu xusto ontes o resultado das votacións sobre os mellores do ano pasado. Imos darlle unha visual:
PD1: o número da dereita son os votos recibidos, un por usuario
PD2: os que aparecen con "write in vote" son elexidos polos usuarios, sen que estiveran previamente na lista de 10 dos favoritos de cada estilo que a web cree pertinente. Esto, personalmente, penso que crea pouca motivación para votar outros que non esteñan nesa lista e polo tanto, se a lista está composta de 7 cagadas de discos, a xente votaráos igual por inercia.

The Best Alternative Metal Album

1. Anathema - We're Here Because We're Here 532
2. Deftones - Diamond Eyes 219
3. Rob Zombie - Hellbilly Deluxe 2: Noble Jackals, Penny Dreadfuls And The Systematic Dehumanization Of Cool 152
4. Serj Tankian - Imperfect Harmonies 148
5. Stam1na - Viimeinen Atlantis 82
6. Grey Waters - Below The Ever Setting Sun 39
7. Destrage - The King Is Fat'N'Old 35
8. Apocalyptica - 7th Symphony (write-in vote) 13

Avenged Sevenfold - Nightmare (write-in vote) 13

Disturbed - Asylum (write-in vote) 13

O meu voto: Stam1na - Viimeinen Atlantis
Anathema... a verdade é que non oín en profundidade o seu disco, pero é que desde que fan rock atmosférico creo que non pintan nada nunha valoración Metálica. Penso que o nome xogou moito para os votantes, que no fondo demóstran que realmente o Metal non se diferencia tanto doutros xéneros e que moita xente vota ó seu grupo favorito e, probablemente nin oe outros discos do estilo que en teoría lles terían que gustar, sólamente ós da camiseta, ós míticos, os que ninguén pode malnombrar porque os fans te maldecirán (ehemaidenhem).
Sinceramente ningún dos discos desta categoría que oín me gustou moito. Así que optei polo "menos malo", o de Stam1na.

The Best Black Metal Album

1. Enslaved - Axioma Ethica Odini 515
2. Melechesh - The Epigenesis 129
3. Watain - Lawless Darkness 126
4. Deathspell Omega - Paracletus 104
5. Darkthrone - Circle The Wagons 96
6. October Falls - A Collapse Of Faith 60
7. A Forest Of Stars - Opportunistic Thieves Of Spring 57
8. Dimmu Borgir - Abrahadabra (write-in vote) 51
9. Nachtmystium - Addicts: Black Meddle Pt. 2 41
10. Agrypnie - 16[485] 37
11. Burzum - Belus (write-in vote) 22

Rotting Christ - Aealo (write-in vote) 22
13. The Meads Of Asphodel - The Murder Of Jesus The Jew 18
14. Dark Fortress - Ylem (write-in vote) 14

Keep of Kalessin - Reptilian (write-in vote) 14


O meu voto: The Meads Of Asphodel - The Murder Of Jesus The Jew
Sabía que non resultaría elexido, así que probei a situalos o máis arriba que puiden, pero é que creo que nin sequera deberían de estar aquí. Case que os consideraría un grupo de Metal progresivo antes que de Black Metal, supoño que máis xente opinaría coma mín. En canto ó resto, Enslaved ganan de goleada, e sorprende que a xente metese no top a Burzum, que nin sequera estaba na lista orientativa de MetalStorm. Desde logo ése é o caso máis palpable de pouco gusto e fanatismo.
Outros que non entendo cómo os meten en Black Metal son Darkthrone. Antes fórono, pero agora é que eu nin os considero Metal. Se fosen nalgún xénero, que os metan en "Metal Alternativo", que parece que por eles collen desde Anathema ata Rob Zombie...

The Best Death Metal Album

1. Immolation - Majesty And Decay 279
2. Hail Of Bullets - On Divine Winds 164
3. Fleshgod Apocalypse - Mafia 103
4. Demiurg - Slakthus Gamleby 93
5. The Crown - Doomsday King 90
6. Hour Of Penance - Paradogma 78
7. Withered - Dualitas 49
8. Defeated Sanity - Chapters Of Repugnance 26
9. Kataklysm - Heaven's Venom (write-in vote) 23
10. Atheist - Jupiter (write-in vote) 22
11. Decrepit Birth - Polarity (write-in vote) 11
12. Unleashed - As Yggdrasil Trembles (write-in vote) 10

Vasaeleth - Crypt Born & Tethered To Ruin 10

O meu voto: The Evil Amidst - Lords of the Nine
Era obvio que The Evil Amidst non íba ganar, pero tampouco me chamaba tanto como para ser o mellor disco do ano ningún da lista. Demiurg e Atheist parécenme bos, pero non pa tanto coma para decir "os mellores do ano". E logo volvemos co fanatismo coas bandas, porque Kataklysm están en caída libre con cada bodrio que sacan últimamente, e Unleashed tampouco é que me parecera demasiado bon. En cando a Immolation, sei de moita xente que lle gustou moito o novo, pero a mín pareceume cansino. Nunca me foi moito esa banda.

The Best Doom Metal Album

1. Mar De Grises - Streams Inwards 392
2. Helevorn - Forthcoming Displeasures 84
3. Void Of Silence - The Grave Of Civilization 80
4. Hooded Menace - Never Cross The Dead 53

Place Of Skulls - As A Dog Returns 53
6. Shattered Hope - Absence 52
7. Procession - Destroyers Of The Faith 43
8. Akelei - De Zwaarte Van Het Doorstane 42
9. Mourning Lenore - Loosely Bounded Infinities 41
10. Graveyard Dirt - For Grace Or Damnation 26
11. October Tide - A Thin Shell (write-in vote) 22


O meu voto: Graveyard Dirt - For Grace Or Damnation
Aquí podería ter posto varios discos, por outro lado, o de Mar de Grises está bastante ben e non me vou queixar do seu número 1. Pode que xa non me parezca tan ben o de Helevorn... e o de Place of Skulls, a pesar das boas críticas que lín, a mín non me gustou nin á primeira nin á 4ª vez que o puxen. Non entendo cómo obtivo tanta atención.

The Best Extreme Doom Metal Album

1. Remembrance - Fall, Obsidian Night 99
2. Ophis - Withered Shades 85
3. Evoken / Beneath The Frozen Soil - Split 69
4. Svart - Förlorad 67
5. Ea - Au Ellai 54
6. Ankhagram - Where Are You Now 45
7. Cebren-Khal - A Mass Of Despair 40

Celestiial - Where Life Springs Eternal 40
9. Fungoid Stream - Oceanus 29
10. The NULLL Collective - De Monstris 20

Non votei.
Non teño opinión sobre a clasificación porque non é un estilo que me guste. O único que Cebren-Khal, que o oín o outro día, non o vexo dentro do "Doom Extremo". Outra licencia máis da páxina, que non sei moi ben porqué ten este ranking tan marxinal que en teoría xa está dentro do Doom. De feito, nótase que é dos menor votados.

The Best Gothic Metal Album

1. Tristania - Rubicon 219
2. The Foreshadowing - Oionos 126
3. The Vision Bleak - Set Sail To Mystery 117
4. Darkseed - Poison Awaits 94
5. Throes Of Dawn - The Great Fleet Of Echoes 86
6. Nightfall - Astron Black And The Thirty Tyrants 81
7. Lacrimas Profundere - The Grandiose Nowhere 70
8. The Man-Eating Tree - Vine 59
9. Cradle Of Filth - Darkly, Darkly, Venus Aversa (write-in vote) 38
10. Soulgrind - The Tuoni Pathway 32
11. Mandrake - Innocence Weakness 23

O meu voto: Nightfall - Astron Black And The Thirty Tyrants
No futuro, calquera que vexa que o mellor disco do 2010 de Gothic Metal foi o de Tristania levarase as mans á cabeza dicindo "pero qué ano máis malo debeu ser!". Ok, que non está tan tan mal como algúns o poñen por ahí, pero é exagerado decir que é o mellor. Igual que o de Darkseed, que mediocre é decir pouco. Sorprendentes os casos de Soulgrind e Mandrake, que de non estar na lista orientativa, non creo que ninguén os votara para estar nun top10.

The Best Grindcore Album

1. Misery Index - Heirs To Thievery 205
2. Cephalic Carnage - Misled By Certainty 197
3. Nails - Unsilent Death 56
4. Circle Of Dead Children - Psalm Of The Grand Destroyer 37
5. Clinging To The Trees Of A Forest Fire - Songs Of Ill Hope And Desperation 34
6. Landmine Marathon - Sovereign Descent 29
7. Kill The Client - Set For Extinction 27

Non votei nesta categoría. Non me gusta o Grindcore.

The Best Hard Rock Album

1. Scorpions - Sting In The Tail 505
2. Airbourne - No Guts. No Glory. 176
3. Ratt - Infestation 92
4. Black Country Communion - Black Country Communion 70
5. Hardcore Superstar - Split Your Lip 61

Negative - Neon 61
7. Grinderman - Grinderman 2 49
8. Human Temple - Murder Of Crows 47
9. Danko Jones - Below The Belt 38
10. Krokus - Hoodoo 32
11. Alter Bridge - AB III (write-in vote) 16
12. Disturbed - Asylum (write-in vote) 11

O meu voto: Hardcore Superstar - Split Your Lip
Outro exemplo clarísimo de que moita xente no Metal, especialmente nos xéneros máis masificados, coma o Heavy, Power, Hard Rock ou Thrash vota ós grupos que son máis míticos ou que máis lle gustan sen ter demasiado espíritu crítico co que sale. Scorpions ganaron case que co triple de votos sobre o seguinte cun disco avergonzantemente malo. E xa postos, decir que nin o de Ratt nin o de Airbourne os consideraría bos discos nin recomendables.
Por último.. Alter Bridge e Disturbed??? obviamente os seguidores deses estilos, normalmente fans de Guns'n Roses, Pearl Jam ou Soundgarden pensan que eses dous grupos son "Hard Rock"... eu poñíalles un pouco de Gotthard ou sen ir máis lonxe o de Hardcore Superstar, a ver si lle encontran diferencias. Ainda poderían cadrar algo mellor en Metal Alternativo, digo eu, pero que os metan en Hard Rock dice bastante do bagaxe musical dos seus fans.

The Best Hardcore / Metalcore / Deathcore Album

1. Heaven Shall Burn - Invictus 232
2. Sick Of It All - Based On A True Story 83
3. Parkway Drive - Deep Blue 78
4. Ion Dissonance - Cursed 63
5. Madball - Empire 38
6. Integrity - The Blackest Curse 22
7. War From A Harlots Mouth - MMX 21
8. Knut - Wonder 20
9. Avenged Sevenfold - Nightmare (write-in vote) 19
10. As I Lay Dying - The Powerless Rise (write-in vote) 13
11. The Dillinger Escape Plan - Option Paralysis (write-in vote) 12
12. All That Remains - For We Are Many (write-in vote) 10

El Comer Ocho - Clinical Life - Chemical Lie 10

O meu voto: Baptized in Blood - Baptized in Blood
Non me gusta ningún deses estilos, pero se hai un disco que me puido chamar a atención facendo Melodethcore ese foi o album homónimo de Baptized in Blood. Os da lista, non me vou molestar en oílos, así que pode estar ben ou mal XD

The Best Heavy Metal Album

1. Accept - Blood Of The Nations 379
2. Masterplan - Time To Be King 153
3. Volbeat - Beyond Hell / Above Heaven 116
4. Rage - Strings To A Web 97
5. Grand Magus - Hammer Of The North 94
6. Ghost - Opus Eponymous 89
7. Dream Evil - In The Night 86
8. Iron Maiden - The Final Frontier (write-in vote) 79
9. Enforcer - Diamonds 38
10. Slough Feg - The Animal Spirits 32
11. Striker - Eyes In The Night 16
12. Ozzy Osbourne - Scream (write-in vote) 13


O meu voto: Ghost - Opus Eponymous
Penso que está algo sobrevalorado o novo de Accept. Vale que foi un regreso digno, e hoxe en día eso vale o seu, pero como disco véxoo irregular. Ten boas cancións pero tamén moi mediocres, e se o comparamos cos 4 ou 5 que fixeron famosos ós alemanes, quédase a medio camiño.
O de Iron Maiden xa non ten precio. O punto no que os seus fans (e eu era un gran fan de Maiden) poden chegar a deglutir porquería e decir o sabrosa que está, non debe ter límites, porque que tanto o A Matter of Life and Death, coma o Dance of Death, coma agora éste, sempre estiveran en todos os tops metaleiros non debería ter nombre (incluso este ano ganaran un grammy por The Final Frontier) . Algo parecido co de Ozzy... en fin...
Polo resto, salvo os de Volbeat e Rage, que me pareceron infumables, non vexo tan mal a lista (eso sí, despois de eliminar a metade como fixen XDD)

The Best Industrial Metal Album

1. Fear Factory - Mechanize 483
2. Noctiferia - Death Culture 85
3. Killing Joke - Absolute Dissent 64
4. Eisbrecher - Eiszeit 52
5. Unheilig - Grosse Freiheit 44
6. The Young Gods - Everybody Knows 20
7. Project: Failing Flesh - Count Back From Ten 19
8. Synthetic Breed - Perpetual Motion Machine 18

O meu voto: 2 Times Terror - Equals One Sudden Death
Estaba claro que iba ganar o que máis fans ten, tamén aquí. Polo menos Fear Factory non fixeron un mal disco. En canto ós outros, pois a verdade hai uns cuantos que non oín, os únicos foron os de Killing Joke, disco horrible e Eisbrecher, mediocre.


The Best Melodeath/Gothenburg Metal Album

1. Dark Tranquillity - We Are The Void 371
2. Kalmah - 12 Gauge 216
3. In Mourning - Monolith 179
4. Barren Earth - Curse Of The Red River 162
5. Soilwork - The Panic Broadcast 119
6. Whispered - Thousand Swords 62
7. Black Sun Aeon - Routa 56
8. The Absence - Enemy Unbound 39
9. System Divide - The Conscious Sedation 38
10. Burden Of Grief - Follow The Flames 16
11. Solution .45 - For Aeons Past (write-in vote) 13

O meu voto: Crystalic - Persistence
Estaba claro que Crystalic non iban ganar nada, pero deume por votalos, ainda que os traballos de Black Sun Aeon, Barren Earth, (ambos que eu considero fóra de lugar nesta lista), Burden of Grief ou In Mourning son dignos competidores. No punto negativo... non vexo qué están facendo Soilwork ou System Divide ahí. Os seus últimos discos son merecedores de poñer debaixo da pata dunha mesa coxa.

The Best Pagan/Viking/Folk Metal Album

1. Agalloch - Marrow Of The Spirit 520
2. Finntroll - Nifelvind 296
3. Equilibrium - ReKreatur 230
4. Borknagar - Universal 94
5. Skyforger - Kurbads 67
6. Eluveitie - Everything Remains (As It Never Was) (write-in vote) 53
7. Heidevolk - Uit Oude Grond 40
8. Bran Barr - Sidh 26
9. Bifröst - Heidenmetal 18

O meu voto: Aiumeen Basoa - Iraganeko Bide Malkartsutik
Non é por sentirme máis cercano, senón porque realmente creo que Aiumeen Basoa fixeron un disco por encima de todos os da lista, e eso que os hai moi bos ahí.
Bueno, tamén se nos cola nos votos fóra dos orientativos un nombre famoso, cómo non, Eluveitie co seu pobre último intento, pero Eluveitie xa teñen un nome grande e Heidevolk, Bran Barr ou Bifröst no, ainda que sacaran moitos mellores discos.
Outro que non me pinta nada ahí é o de Borknagar... qué ten o Universal de folk-pagan-viking? aparte de que me saturou moitísimo cando o oíra, non creo que sexa un disco para estar en ningunha lista do 2010.

The Best Post-Metal/Avantgarde Metal Album

1. Alcest - Écailles De Lune 278
2. Triptykon - Eparistera Daimones 208
3. Shining [NOR] - Blackjazz 98
4. Sigh - Scenes From Hell 75
5. Les Discrets - Septembre Et Ses Dernières Pensées 66
6. Yakuza - Of Seismic Consequence 48
7. Year Of No Light - Ausserwelt 47
8. Transcending Bizarre? - The Misanthrope's Fable 45
9. Rosetta - A Determinism Of Morality 42

Todtgelichter - Angst 42

O meu voto: Morowe - Piekło.Labirynty.Diabły
Desde logo que tiña que ir para Morowe, Alcest ou Sigh o meu voto aquí. Finalmente decidín intentar dar a conocer a Morowe falando deles nos foros de MS, pero non debeu ter moita acollida, ou o que máis me temo, que a xente pasou. Inda así, decidínme a votar por eles. Algo me dice que se estiveran na lista orientativa, habería resultados diferentes.

The Best Power Metal Album

1. Blind Guardian - At The Edge Of Time 557
2. Helloween - 7 Sinners 275
3. Kamelot - Poetry For The Poisoned 181
4. Rhapsody Of Fire - The Frozen Tears Of Angels 133
5. Freedom Call - Legend Of The Shadowking 76
6. Wuthering Heights - Salt 71
7. Firewind - Days Of Defiance 61
8. Allen/Lande - The Showdown 39
9. Sabaton - Coat of Arms (write-in vote) 21
10. Seven Kingdoms - Seven Kingdoms 20
11. Avantasia - The Wicked Symphony (write-in vote) 14

O meu voto: Pertness - From the Beginning to the End
Ésta foi unha das últimas categorías que votei, días despois de votar as primeiras porque non o tiña nada claro. Nun principio iba votar por Allen/Lande ou Wuthering Heights, pero decidinme por poñer a un desconocido coma Pertness. Si me pilla noutro día poño outro XD pero o que é seguro é que non sería nin Blind Guardian, Nin Kamelot, nin Firewind...

The Best Progressive Metal Album

1. Orphaned Land - The Never Ending Way Of ORwarriOR 421
2. Star One - Victims Of The Modern Age 222
3. Ihsahn - After (write-in vote) 61
4. Echoes - Nature|Existence 53
5. Klone - Black Days 47
6. Mekong Delta - Wanderer On The Edge Of Time 43

Haken - Aquarius 43
8. Kingcrow - Phlegethon 41
9. Aspera - Ripples 35
10. Shaolin Death Squad - Five Deadly Venoms 33
11. Pain of Salvation - Road Salt One (write-in vote) 20
12. James LaBrie - Static Impulse (write-in vote) 18

District 97 - Hybrid Child 18
14. Seventh Wonder - The Great Escape (write-in vote) 14
15. Vanden Plas - The Seraphic Clockwork (write-in vote) 12

O meu voto: Haken - Aquarius
Grandes dudas se cirnieron sobre mi corazón entre Haken e Star One, os 2 mellores discos de progresivo do ano sin duda para mín. Finalmente collín a Haken por ser un grupo que debutou, e igual ten un punto extra de mérito. Chámame a atención que tanta xente votara por Orphaned Land, que logo dunha maravilla coma Mabool, a mín deixoume moi frío con este novo. De feito, púxeno un par de veces fai xa case un ano, e non me deu por poñelo nunca máis.

The Best Sludge/Stoner Metal Album

1. High On Fire - Snakes For The Divine 191
2. Kylesa - Spiral Shadow 140
3. Electric Wizard - Black Masses 137
4. Eibon - Entering Darkness 50
5. Ufomammut - Eve 49
6. Bison B.C. - Dark Ages 31
7. Coffinworm - When All Become None 29
8. Dukatalon - Saved By Fear 17
9. Torche - Songs For Singles 15
10. Ramesses - Take The Curse 13
11. The Sword - Warp Riders (write-in vote) 12
12. Spiritual Beggars - Return to Zero (write-in vote) 10

Non votei aquí
De feito nin escoitei un sólo dos grupos do Top.

The Best Symphonic Metal Album

1. Therion - Sitra Ahra 406
2. Tarja - What Lies Beneath 222
3. Edenbridge - Solitaire 121
4. ReVamp - ReVamp 61
5. Amberian Dawn - End Of Eden 57
6. Diabulus In Musica - Secrets 51
7. Dimmu Borgir - Abrahadabra (write-in vote) 44
8. Ansoticca - Rise 36
9. Winter In Eden - Awakening 29
10. HB - Pääkallonpaikka 21
11. Dark Moor - Ancestral Romance (write-in vote) 12
12. Apocalyptica - 7th Symphony (write-in vote) 10

O meu voto: Dimmu Borgir - Abrahadabra
Curioso que tamén houbo xente que votara a Dimmu para Black Metal. Non creo que pertenezcan a ese estilo nunca máis (coma Darkthrone) e por eso os puxen aquí, ademáis, non hai un disco de Metal orquestal que o supere este ano. Therion sempre teñen calidade en todo o que fan, pero o último disco foi un pouco un baixón... e o de Tarja.. é unha broma? Vaia pestiño de disco!
...e qué pasaría si Evanescence sacaran un disco este ano, tamén o meterían os fans de Tarja en Metal Sinfónico?Bff vamos!!

The Best Thrash Metal Album

1. Nevermore - The Obsidian Conspiracy 308
2. Overkill - Ironbound 274
3. Exodus - Exhibit B: The Human Condition 174
4. Sodom - In War And Pieces 160
5. Death Angel - Relentless Retribution 100
6. Heathen - The Evolution Of Chaos 99
7. Witchery - Witchkrieg 58
8. Flotsam & Jetsam - The Cold 50
9. Forbidden - Omega Wave 30
10. Helstar - Glory Of Chaos 20
11. Angelus Apatrida - Clockwork (write-in vote) 13


O meu voto: Helstar - Glory Of Chaos
Parece que os poucos españoles que deben estar rexistrados na páxina se uniron para sacar a flote a Angelus Apatrida XD A mín paréceme incrible que o seu disco teña case tantos votos coma o de Helstar estando éste na lista de MS e o de Angelus no (aparte da palpable diferencia de calidade). En fin... será polo mesmo motivo polo que cando tocan Angelus na Iguana veñen 200 personas (moitas delas moi novas) e cando veñen Vicious Rumors (case que igual que si viñeran Helstar ou Heathen) hai 20. Estas son as cousas que me fan recapacitar e concluír que no Heavy Metal non somos nin máis "sabios" musicalmente nin con máis criterio que noutros estilos. As modas hainas e os grupos de moda levanse consigo a moita xente nova, que probablemente oira demasiada pouca música na súa vida coma para discernir si aquel riff do seu grupo xa estaba feito ou no por outro grupo fai 20 anos.
Dios hoxe estou "on fire" máis do normal XD debe ser que estou tamén intentando sacar as baterías dunha demo con Mileth e vanme todo a destempo por culpa do programa que utiliza un sistema diferente do BPM usual. Estou moi escocido de loitar 2 días seguidos XD
En canto á lista, non opino de Nevermore nin Overkill porque os teño pendentes de escoitar, pero oín cousas moi boas sobre ese último.

En cousa de 3 semanas sacarei as miñas listas, coma as fixen nos últimos 2 anos, algo diferentes destas...

martes, marzo 01, 2011

Microreviews Febreiro'11 - III

Note: The microreviews are 100% subjective by my side.
0 - Non o quero nin regalado / I dont want it, not even as a gift
1 - Algúns chámano música, non serei eu / Some people call this music, not me this time
2 - Un álbum malo, sen máis / A bad album, no more no less
3- Gustaralle a algún, pero penso que hai mellores cousas para oír / Some people might like it, though I think there are better things to listen to
4 - Hai esforzo detrás, pero fáltalles saber facer mellores cancións / There is an effort, but they lack to do better songs
5 - Hai boas ideas, pero non pasa de ser un álbum máis / They've got good ideas, but not enough good as to be memorable
6 - Ten gancho e paréceme un bon disco / It has a charm, it's a good album
7 - Un bon album que supera a media / A good album above the average
8 - Un gran album que tería que ser apreciado pola gran maioría dos amantes do xénero / A great album that the mayority of the genre fans should like.
9 - Intachable, un album que merece a pena comprar / Flawless, a worth buying album
10 Intemporal / Masterpiece

Crítica para Pagan Dreams


Korpiklaani - Ukon Wacka (2011)
Folk Metal
Myspace
Korpiklaani son un grupo que no precisa de presentación entre los fans del folk metal de la última década. Primero conocidos como Shaman, nombre con el que sacaron un par de discos bastante interesantes, y posteriormente debutando como Korpiklaani en 2003 con "Spirit of the Forest", debido a posibles problemas legales con el grupo de André Matos -que sacara su primer disco un año antes-, se puede decir que la música de los finlandeses se empezó a extender hacia fuera de su país.

Su temática tomó rumbos más fiesteros con el paso de los años en pos del espiritualismo y paganismo que acogían Shaman y los primeros discos bajo el nombre Korpiklaani. Esto, unido al mayor uso del inglés, los hizo aún más internacionales gracias a éxitos pegadizos de Humppa-Folk con guitarras eléctricas como "Happy Little Bozer", "Beer Beer" (autoversión de una canción suya como Shaman, "Vuola Lávlla"), "Journey Man" o "Vodka". Pero por otro lado iban arrastrando una cada vez menor inspiración a la hora de componer. Hasta el punto de sacar discos tan mediocres como Korven Kunningas (2008) o Karkelo (2009) -en los que ya volvieran casi totalmente al idioma finés desde el anterior Tervaskanto (2007)-.

Ahora bien, nos encontramos un par de años después con este "Ukon Wacka" del que han sacado hace meses el single "Tequila" (¿cuál será el próximo aparte de "Cerveza Cerveza" y "Vodka"?... Whisky? Mojito?) y a mí me parece uno más de Korpiklaani. Es decir, han sacado casi un disco por año desde 2003, y su progresión musical ha sido prácticamente inexistente. En "Ukon Wacka" volvemos a tener melodías casi iguales a anteriores entregas, canciones un poco más lentas con medios tempos muy parecidos a los de anteriores entregas alternadas con ritmos más rápidos, estructuras muy parecidas también... Sinceramente creo que Korpiklaani debería de tomarse un mayor descanso entre disco y disco, y aún sacando canciones similares que estén dentro de su estilo, escoger entre las mejores y las que aporten algo diferente, aunque escojan también las típicas single-pegadizas, y entonces lanzar el disco.

Por otro lado, algo en lo que nunca había pensado en cuanto a Korpiklaani y se me vino a la cabeza mientras escuchaba éste último es sobre los dos guitarristas que tiene la banda, el cantante Jonne Järvelä y "Cane" Savijärvi. Casi no hay ningún momento en lo que hagan algo diferente, ningún juego a doblarse ni similar... entonces.. ¿para qué tener dos guitarras si hacen prácticamente lo mismo?

Mi conclusión personal es que si hubiera sido un álbum que sacaran entre sus primeros me podría haber gustado más, pero al séptimo disco, me dá la impresión de ya haber oído esto.

Como nota curiosa, hay una versión del "Iron Fist" de Motorhead como bonus track. Nada del otro mundo. 4/10

1. Louhen Yhdeksäs Poika / 03:23
2. Päät Pois Tai Hirteen (Peer Günt Cover) / 03:14
3. Tuoppi Oltta / 03:34
4. Lonkkaluut / 05:39
5. Tequila / 02:42
6. Ukon Wacka / 05:08
7. Korvesta Liha / 04:31
8. Koivu Ja Tähti / 04:17
9. Vaarinpolkka / 02:19
10. Surma /06:20

Total playing time 41:07


Eternal September - Your Computer Lies (2010)
Melodeath - Metalcore - Screamo - Pop
Myspace
Teño que reconocer que sempre me chamou a atención e curioseei sobre as versións de diferentes estilos que fan os grupos de calquera variante metaleira. Sobre esto case podería escribir unha tesis, porque levo recopilando desde fai máis de 10 anos as mellores/máis chamativas que encontrei, e son unhas cuantas XD
Moita xente pensa que o que facía ese grupo español chamado Operación Mutante era xenial, parodiando cancións de OT e algunha máis. A mín, sinceramente sempre me pareceu bazofia. Son o tipo de versións con guitarra eléctrica e voz "Max Cavalera" que sólo alguén que podería gustarlle as orixinales tal e como están feitas podería facer. Sí, quero decir que deume a impresión pola nula creatividade de Operación Mutante de que a eles lles gustaba o Pop e OT por moita letra ríndose deles que escribiran. Algo parecido me pasa con Eternal September e este disco de versións popeiras, deume a impresión que máis que versións, son covers ás que á orixinal sólamente lle añadiron guitarras distorsionadas, pequenos arreglos, e unha voz entre Laiho dos últimos Children of Bodom e ese xénero de moda de flequillos encima dos ollos chamado Emocore ou Screamo ou calquera que sexa esa merda.
Sen dúbida a voz é do máis insoportable de Eternal September, pero a distorsión das guitarras tamén é difícil de aguantar. Se a eso unimos unhas cuantas versións a cada cal peor de éxitos do dance-pop do 2010 de Britney Spears, Myley Cyrus, Lady Gaga, etc. (que en principio a mín resultábanme interesantes de oír), o resultado é unha "purísima" bazofia con maiúsculas. Segundo cero logo de Icethrone. 0/10


8-Point Rose - Primigenia (2010)
Power Metal
Myspace
Primeiro disco destes powermetaleros suecos no que chama a atención a fusión en determinadas cancións co melodeath e incluso a veces co melodeath máis moderno ou Pseudo-Metalcore do tipo de Soilwork. O caso é que eses cambios están bastante ben metidos e cohesionados, e fan do seu debut un disco consistente. Sería algo así coma uns Nocturnal Rites con voz máis agresiva e algún detalle máis "cañero". Os riffs e melodías están ben comparando co panorama dos últimos anos do Power europeo. Poden ter futuro. 6/10


2 Times Terror - Equals One Sudden Death (2010)
Industrial Dance-Metal
Myspace
Alemania non é o único país no que o Metal Industrial ten gran acollida, Finlandia tamén ten uns cantos grupos que triunfan, ainda que básicamente dentro das súas fronteiras, coma Black Light Discipline, Ruoska ou Turmion Kätilöt. Precisamente destes últimos é de onde sae unha das dúas cabezas pensantes de 2 Times Terror, Mc Raaka Pee -que canta con voz "blackmetaleira", a outra é a súa moza HC CSD -que canta con voz dance con mil efectos e filtros- e están acompañados por ni más ni menos que Zachary Hietala (Tarot), SpellGoth (Turmion Kätilöt, Trollheims Grott etc.), Hurja (Shade Empire, Chaosweaver, Deathchain, Ajattara), Puijon Perkele (Verjnuarmu, The Evolution) e algún máis.
A súa música é metal industrial sen complexos, xa que non lles importa mezclar elementos máis dance ou techno (ahí xa non diferencio moito) ou case que dobles pedales informáticos á máxima velocidade, parece que cun sonido deliberadamente extrafiltrado polo PC, tanto nas baterías coma nas guitarras. A mín non me supuxo nunca ningún problema que un grupo utilice todos os arreglos "informáticos" que queira sempre que queden coherentes e non demasiado cutres, digo esto porque hai moita xente que prefire un sonido máis "puro" e realista no metal, ainda que son xente que non suele gustar do Industrial Metal ou variantes electrónicas, así que a todos eles, lles diría que escaparan deste disco. Ós demáis, aconsellaría que lle desen unha oída, ten melodías moi pegadizas e faise corto. 7/10


N.O.W. - Force Of Nature (2010)
Melodic Hard Rock - AOR
Myspace
Proxecto brasileiro con cantante norteamericano e con moito feeling ochentero. De feito, se ninguén me dí que Force of Nature foi feito o ano pasado, podería case que apostar a que é un disco daquela década. Hai moitos guiños a todos aqueles grupos do tipo de Bon Jovi, Def Leppard, Van Halen, etc. que facían Hard'n Heavy melódico nos 80's, pero tamén a grupos de Pop-Rock ainda que ocasionalmente usen algún sample máis "moderno". Desde logo non van inventar nada novo, así que o único que queda é que faigan boas cancións e pegadizas, e penso que o logran sobradamente neste estilo máis "soft rock".
Por certo, con temas coma "Listen to your Heart" deume a sensación total de estar oíndo a banda sonora dunha comedia americana ochentera! 7/10


Cebren-Khal - A Mass of Despair (2010)
Black-Doom Metal
Myspace
Disco debut desta banda francesa que practica un black metal bastante sosegado e ambiental con numerosos punteos largos máis propios do xénero doom. Tamén podemos encontrar diferentes detalles inspirados tal vez dentro do Gothic ou o Death, pero non hai un grupo fixo que se me viñera á cabeza. Penso que é un debut variado e ben traballado, digno de un par de escoitas mínimo, ainda que o disco só dura uns 38 minutos. Haberá que seguirlles a pista. 8/10


Ikuinen Kaamos - Fall of Icons (2010)
Progressive Death Metal
Myspace
Cando vín comentarios de que Ikuinen Kaamos eran unha banda que podería estar á altura de Opeth, non pensaba que estar á altura fose case que literalmente copiar o estilo tan inconfundible dos suecos. Se alguén me preguntase se Fall of Icons é un bon disco, diría que está bastante ben, montón de cambios de ritmos e variacións, de máis introspectivo a blast-beats blackmetaleiros e cunha producción boa, como toca nuns finlandeses.
Non se oe mal, pero o feito de que esteñan copiando tan descaradamente a última etapa de Opeth réstalle moito a estes finlandeses. Eu personalmente, doulle moito valor á orixinalidade, e dentro do que cabe, se un grupo empeza a parecerse moito a outro, polo menos que o que faiga o faiga ben, pero eu diría que, coma no caso de Thulcandra con Dissection, se vas coller o mesmo estilo e a mesma forma de compoñer, alomenos que a banda que te inspira non esteña en activo ou que cambiase tanto que xa non practique dese tipo de música. 4/10


Anachronaeon - The Futile Quest for Immortality (2010)
Melodic Black-Death Metal
Myspace
Non lle acabei de pillar o punto a este grupo sueco, por máis que teñen algún que outro momento interesante en certas cancións. O malo é que o resto quédase un pouco na mediocridade e acabas o album con esa sensación de non ter escoitado nada que se che quedase realmente na cabeza. O estilo que practican pilla un pouco de death metal técnico melódico e un pouco de black bastante ramplón. Teñen momentos, pero non me acabou de convencer. 4/10


Bane (Srb) - Chaos, Darkness & Emptiness (2010)
Black Metal
Myspace
Tras unha intro que parece que non se acaba nunca, empeza o primeiro álbum dos serbios Bane. Fan un black metal que colle da escola noruega e sueca tirando a melódica dos 90. Así por veces, pódennos vir á cabeza lixeiramente uns Dissection, Old Man's Child, Dark Funeral, Hypocrisy,... Os riffs que se sacan son escuros e pegadizos, o sonido é de primeiro nivel, e a composición está moi currada.
O punto malo que lle podemos encontrar a Chaos, Darkness & Emptiness podería ser a duración, xa que se lle quitamos a longa intro ambiental de 3 minutos, o disco quédase nuns escasos 35. Eso sí disfrutables ó máximo para todo amante do black metal, un dos discos do ano en canto a black metal. 9/10
Tíñalle posto un 8, pero volvino a oír, e tívenlle que subir a nota XD Esas guitarras acústicas en "Inherited Infection" mentres seguen as eléctricas ó estilo Dissection tocáronme a fibra XD


Gravemachine - What Lies Beneath (2010)
Blackened Heavy Metal
Myspace
Voume fíar do que dice o Metal Archives e poñerlle de género "Blackened Heavy Metal" porque non sabería moi ben cómo chamar doutra forma a Gravemachine. Sen duda o primeiro grupo no que pensei foi en Iced Earth. "Haunter of the Dark" ten incluso un riff que me recorda moitísimo a "Dante's Inferno" do Burnt Offerings. De feito diría que estes rapaces fan algo bastante parecido (ou inténtano, porque é difícil igualar esa obra maestra) ao que Iced Earth fixo nese disco. Gravemachine únelle algunha que outra voz máis "blackera" e incluso algún amago de blast-beat, a veces parece coma se Immortal fixera un disco de versións de I.E. XD. Como Iced Earth levan de capa caída desde principio de milenio, este é un bon disco para aqueles que os botaron de menos últimamente.
Non son os americanos nin fan melodías tan boas, pero bueno... estivo ben... salvo a intro pomposa, que non sei qué pinta no disco! 6/10


Fortíð - Völuspá Part III: Fall of the Ages (2010)
Black Metal
Myspace
Logo das 2 primeiras partes de Völuspá, as cales non coñecía, pero agora mirarei de atopalas, o grupo islandés Fortíð presenta a terceira, facendo un black metal con atmósferas densas compaxinadas con interludios máis calmados e voces claras que en certa maneira me recordaron por momentos ao máis black de Moonsorrow ou Windir, ainda que tamén me viñeron á cabeza Belphegor ou Enslaved.
Fortíð
consigue crear atmósferas escuras e complexas á par que épicas coa axuda de teclados que actúan de forma ambiental tras un black metal escandinavo en primeiro plano. Hai algún momento no que o listón baixa pero en xeneral é un bon álbum de black metal de escola noruega con feelin' vikingo. Ademáis, gran producción e portada! 7/10


Keel - Streets of Rock & Roll (2010)
Heavy-Hard Rock
Myspace
Keel era un grupo popular dentro do heavy ochentero (ainda me acordo daquel video de "The right to Rock", tiña a súa gracia), pero coma moitos outros, nos 90 permaneceron nas sombras, e agora logo de 12 anos, lanzan un novo disco de Hard'n Heavy moi ochentero. Un disco que pode estar ben para os máis fans do Rock clásico e Hard Rock ochentero, por veces recordoume a Def Leppard e por outras... a moitos grupos que xa saliron fai anos copiándose. A mín pareceume moi xenérico 5/10



Therion - Sitra Ahra (2010)
Symphonic Gothic-Operatic Metal
Myspace
Son un fan declarado de Therion desde fai moito, sempre me acordarei que o Ho Drakon Ho Megas abriume os ollos musicalmente un montón. Pero desde esa pasou xa moito tempo e con él Therion, ou máis ben Christopher Johnsson foi cambiando de formación e de sonido case que disco a disco, facendo que hoxe en día Therion sexa un dos pouquísimos grupos que hai non sólo no metal, senón na Música, que evolucionen, creando discos nunca iguales ó anterior e sempre cuns estándares de calidade moi por encima da media.
Por eso, cando oín Sitra Ahra me deixou un pouco decepcionado. Porque me esperaba moito de Therion. Jonhsson cambiou outra vez a maioría da plantilla e desta vez fixo un disco moi variado e experimental, tanto tanto, que parece que sexa "forzosamente variado". É decir, partes de harmónica, coros realmente extraños, temas largos que se fan "demasiado largos" (e esto creo que nunca o pensara de Therion), e experimentación que sona a "vamos a poñerlle esto, a ver qué tal queda", sonan a veces a case que facer por facer, sen moito xeito.
Por outro lado, esta foi a miña impresión nas primeiras escoitas, agora debe ser a 6 ou 7 oportunidade que lle dou e foime entrando mellor cada vez ainda que certas cousas seguen sen convencerme, o que non quita que esto sexa Therion e polo tanto sinónimo de calidade.
Se fose outro grupo, tamén é certo que diría que é un moi bon disco, pero supoño que o nombre xa me fai pensar que aquí tería que haber sí ou sí un "disco do ano". 7/10


Last Wail - Tale of the Endless night (2010)
Pagan Melodic Viking-Black Metal
Myspace
Last Wail son un grupo de rapaces novos provintes de Rusia. O seu primeiro álbum parece tomar o camiño máis extremo e menos folk propiamente dito de bandas coma Arkona, fusionándoo con riffs que tenden un pouco máis ó viking metal do tipo de Ensiferum.
Como curiosidade, a que canta con voz rasgada é unha rapaza, coma en Arkona, non sei qué lles deben dar por aló ás mulleres XD Non me pareceu un mal disco, tal vez con máis experiencia poidan facer cousas interesantes. 6/10


Crematory (Deu) - Infinity (2010)
Industrial Gothic Metal
Myspace
Son un gran seguidor de Crematory desde Illusions, que segue sendo con Act Seven os meus dous favoritos de sempre da banda. O anterior a éste, "Pray", tamén me pareceu un bon álbum que melloraba a línea irregular de Revolution e Klagebilder, línea irregular á que creo que volven con Infinity, que comparte cortes mediocres na historia da banda, case coma se se versioneasen a sí mesmos, con outros moi válidos ainda que parece que se queden coma illas soltas sen moita conexión. 6/10


Daniel Lioneye - Vol. II (2010)
Avantgarde Prog-Metal
Myspace
Quén iba imaxinar que un membro de HIM iba sacar semellante disco en solitario! Ademáis o home sacara 9 anos antes deste un disco de tendencia bluesera!
O que nos encontramos aquí é un álbum de música máis ben indescriptible que vai desde o black melódico ata o industrial, o gótico, arreglos étnicos?, metal alternativo, thrash... é complicado decir algún grupo concreto que me viñera á cabeza, pero por veces puiden percibir cousas de Devin Townsend, tanto no seu traballo en solitario coma en Strapping Young Lad.
Vol. II
é un colagge de estilos ben cohesionado e feito dunha forma orixinal. 7/10


Julien Damotte - Trapped (2010)
Progressive Power Metal
Myspace
"Evergrey!!" - foi o primeiro que pensei ó oír Trapped. Este francés fai un metal progresivo con moitos toques ós suecos, ainda que tamén se poden ver influencias de Dream Theather ou Arjen Lucassen. A mín paréceme un disco completo, con bo gusto e executado cunha gran técnica. Punto malo: fáltalle algo. Non sei o qué exactamente, pero por algún motivo non me chegou a calar tan fondo coma nun principio pensaba. 6/10


Balfor (Ukr) - Barbaric Blood (2010)
Black Metal
Myspace
A primeira canción do disco debut de Balfor deume unha sensación errónea sobre o resto do disco, xa que utilizan algún que outro arreglo orquestal que lle dá unha ambientación moi épica, así que pensei que estaría a punto de oír algo de black sinfónico. E o certo é que o principio me gustou... ata que pouco a pouco se foron sucedendo os temas e se foi sumerxindo na mediocridade. Non volvemos a oír teclados e Barbaric Blood quédase así coma un disco de Black Metal bastante na media, sen riffs memorables, pero cun bon sonido. 5/10


Emerald (Che) - Re-Forged (2010)
Heavy Metal
Myspace
Cando oín por primeira vez este disco de Emerald, considerei que necesitaría máis oídas para ter unha opinión formada, posto que me parecía un álbum heteroxéneo e interesante, así que o fun deixando ata hoxe, que teño algo de tempo para ir apreciando más profundamente o que a banda ofrece. Non tiña ningunha referencia desta banda suíza, a pesar de que levan máis de 15 anos no allo, e practican un heavy variado con diferentes influencias. Así, logo dunha primeira canción de heavy metal estándar, encontrámonos con "The last legion" cun toque nas guitarras moi Thin Lizzy, na seguinte "Pipes are calling", temos algunha que outra gaita e un estribillo moi power-europeo, logo "Where's your god" recordoume un montón a uns Iced Earth menos Thrash, ó igual que "Secret Agenda" e algunha outra...
A pesar que dura máis de 1 hora, o disco é variado e non está mal, cos seus máis e os seus menos (a punto de poñerlle un 5 estiven logo de oír "Until My Winter Comes"!). 6/10


Power Quest - Blood Alliance (2011)
Melodic Power Metal
Myspace
Moi influenciados polo Heavy'n Hard e Rock-Pop dos 80, estes ingleses lanzan o seu quinto álbum. Ademáis podemos atopar tamén algunha que outra influencia progresiva e moitos clichès do Power europeo dos últimos anos, polo que como resultado final, temos un puñado de cancións na media do estilo, que non dicen moito máis do que poidan decir outros que xa saliron facendo algo parecido. 5/10


MyGrain - MyGrain (2011)
Melodic Modern Death Metal
Myspace
Eu acostumbraba a oír Soilwork fai cousa de 10 anos, e encantábanme aquel par de primeiros discos nos que facían ese melodeath sueco rápido e vicioso. Logo, cando empezaron a cambiar, parece que en compañía de In Flames, que penso que foron os que abriron a veda para este estilo máis "moderno", xa os deixei un pouco de lado. Non é que non sexa un gran fan deste "melodeath de quinceañeros" de poñer estribillos comerciales en voz clara con caña melodethcoriana con ocasionales samples-teclados e voz rasgada no resto de canción. Básicamente porque me sona a repetición de fórmula e a escasez de ideas. Pode que haxa algunha canción que me convenza, pero por término xeneral os últimos Soilwork, Mnemic e demáis metal orientado a potenciales consumidores adolescentes paréceme insulso. Ah espera! que non falei deste disco de MyGrain!....ainda que... fai falta? 3/10


Alkonost - On the Wings of the Call (2010)
Folk-Pagan-Doom Metal
Myspace
Para os que non conozcan a Alkonost, son unha banda rusa que fai unha especie de pagan metal eslavo con voz masculina que cambia entre voz clara e rasgada e voz femenina que canta dunha forma máis ben operística. Musicalmente, tocan un estilo con base folk e doom, as épicas melodías lévanas entre os punteos de guitarra e os teclados, e as cancións suelen ser de arredor de 6 minutos. Neste novo álbum, os rusos non cambian en prácticamente nada o seu sonido nin a súa forma de crear esas atmósferas, polo que a quen lle gustaran os anteriores da banda, disfrutará tamén con éste. Para o meu gusto personal, desde que a rapaza canta máis (ou eso mo parece a mín desde os 2 primeiros), Alkonost perdeu un pouco, ademáis cantando sempre tan alto faiseme a veces un pouco rallante, polo resto, non hai duda, Alkonost seguen sendo Alkonost. 7/10


Soulmaker - Discordances (2010)
Heavy-Metal-core
Myspace
Sempre me fixo gracia todos aqueles grupos que por culpa de compañías ou supoño que a veces eles mesmos, nun intento de chamar a atención ou diferenciarse doutros se inventan os seus propios xéneros e subxéneros. Soulmaker dicen de sí mesmos que fan "Neo Heavy Metal" debido ás "influencias do Nu, Black e Metal Progresivo" (...) pero o que podemos ver aquí é un Metal alternativo con voz femenina que tanto canta en voz normal coma en "rasgada", a cal lle dá un toque moi hardcore ou grindcore incluso. Polo tanto por veces podemos ter diferente impresión según o extracto que oigamos deste disco. Tanto pode parecer un grupo de Heavy Metal de hoxe en día, coma un de Melodeath, coma un de Metalcore. Cantan tanto en francés coma en inglés, e, sexa como sexa, pareceume unha banda moi mediocre, tanto desde o concepto particular do que parten coma na súa execución. 2/10


Enemy of the Sun - Caedium (2010)
Prog-Groove/Thrash
Myspace
Cando un se enfrenta a un disco coa mezcla de estilos que ofrece Enemy of the Sun, hai veces que non sabe qué pensar. Os seus escarceos co Metal Alternativo ou incluso Nu-Metal? pode facer que moitos que oigan Caedium se boten as mans á cabeza e que non lle dean moitas oportunidades. Esto sempre ocorrerá con este tipo de grupos que collen de moi diferentes estilos, incluso dos máis comerciales (coma Waltari). A mín, sen gustarme excesivamente esas licencias que parecen tirar máis hacia un lado máis comercial, non me pareceu un mal disco. A pesar de influencias tan variadas coma teñen, sona cohesionado, pero tal vez o punto malo sexa que algunhas cancións se parecen un pouco entre sí e logo haxa partes que baixan o listón, pero cortes coma Chasing the Dragon ou The Power of Mankind son temazos. Añadir que este é un proxecto do mítico Waldemar Sorychta. 6/10


Demiurg (Swe) - Slakthus Gamleby (2010)
Progressive Death Metal
Myspace
Ainda que eles mesmos se definen como "Death Metal" eu añadiríalle un pequeno prog diante, xa que o proxecto de Dan Swäno non duda en añadir teclados ou incluso algunha voz feminina, eso sí, en cantidades pequenas e a veces case imperceptibles no caso dos teclados. De todos xeitos, sí, a base é Death, pero que ninguén se pense que esto vai ser Deicide ou Cannibal Corpse. A mín recordoume a unha mezcla de varios grupos pasados polo filtro do death melódico sueco e da man de Swäno en Edge of Sanity, e baixo o meu punto de vista, bastante acertadamente. 7/10


Demon Project - Faces Of Yaman (2010)
Industrial Death-Thrash Metal
Myspace
Grupo ruso que practica un thrash-melodeath que me recordou a antigos traballos de Dark Age, unidos a sonidos modernos, algunha que outra voz femenina que por veces dalle un aire máis power-gótico, e tamén voces máis claras (coma Dark Age) sobre todo nos estribillos. Non se pode decir moito malo do disco en sí, salvo que para o meu gusto lle falta algo de gancho e o riffin' por veces parece algo repetitivo. Ademáis, logo de 3 ou 4 veces que o escoitei non poido recordar ningunha canción en especial. 5/10