domingo, mayo 20, 2007

Festa Portuguesa/Festa no castelo Glehni/Concerto Metsatöll e Korpiklaani



1ª parte: Portuguese party

Preparadevos para mirar fotos..
Empecemos polo principio...
Esta semana foi ultraestresante para min, en 4 dias, tiven 3 exames, 2 exposicions e facer un proxecto final, que me levou toda unha noite.. e cando digo toda é toda... funme para a cama ás 10 da mañá, cando os meus flatmates se empezaban a levantar hehe...
A pesar de tanto estress... sempre hai tempo para festa...
O mercores, tocou o turno da festa portuguesa. Os meus compañeiros de piso, unha parexa de portugueses prepararon comida do pais, viño de Oporto.. unha boa festa!


Conste que puxen Vigo porque o norte de Lugo non estaba no mapa :)
















2ª parte: festa Erasmus no Glehni Castle

Agora fotos da Erasmus party nun castelo que hai preto do hostel
Todo ben, a non ser polo punchi punchi da musica....




Parece que a festa non deu perdidas!




O castelo...bonita foto


aprendendolle novas cousas ós colegas...
"como se ten que sair nunha foto estilo Diego"
creo que para a proxima vou cambialo e volver ó estilo de true poser de "si nena" que algun se atreveu a imitar pero sen ningun xeito XDDD


O alcohol ten esas cousas...




Cando cheguei atopeime con esto na porta do lado.. dixeronme que o pillaran no bosque que rodea ó castelo... e como que está a 20 min. andando... vaia ganas... pero bueno.. xa sabedes que hai ocasións nas que a xente fai cousas asi... hhehe
¡¡Se lles mandaran... !!

Ñoooo
Apretandose los machos para a pista de baile XDDD


















meus flatmates!


3ª parte: Korpiklaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaani!!!


Concerto incrible!
Estaba abarrotado de xente, e todos saltando, brincando, bailando como Marcos sabe facer...
Ambiente impresionante! moi festivo!
E os grupos... Metsatöll xa falei deles, un dos grupos mais conocidos de Estonia, a xente sabia todas as cancións de carrerilla, e todos cantaban coma tolos... foi un bo concerto deles...
Korpiklaani salironse... o cantante non paraba de correr dun lado para outro.. incluso se tirou encima do publico.. hehe
Cando tocaron a de "Beer beer" sacaron latas de birra e tal e como se fose champan empezaron a mollar á xente.
Coma sempre aqui, sonido: 10
porqué en España sempre teñen algun tipo de problema co son?
Logo de Moonsorrow, o mellor desque estou en Estonia.










Unha pena que non poida poñer aqui os videos...
Para os que non os conocedes:
Podedes intuir como foi vendo esto, sonou moi parecido:
Metsatöll
Korpiklaani
É unha pena tamen que non tocaran Happy Little Boozer... pero gardaron unha sorpresa para o final.. tocaron unha cancion de cando eran Shaman... e eu destrozei a garganta con ela XDDD
E ademais parecia que eu era o unico que a conocia porque cando a tocaron todos se quedaron un pouco quietos hehe.. gran final de concerto.

Por certo aparecín por fin na TV estona!!
Hehe incluso algunha xente que non coñezo me saudou, coma dicindome.. hmm eu a ti vinte na TV!!!
Vemonos noutro post!

Adición de ultima hora!
Rexistreime en Youtube, asi subin e xa podedes ver en exclusiva a primeira cancion no concerto de korpiklaani aqui
Afterparty01
Afterparty02

lunes, mayo 14, 2007

Eurovisión e indignación

Nunca me deixarei de indignar con España!
Parece ser que no archiconocido festival de eurovisión, na TVE pasaron olímpicamente cando performaron apocalyptica xusto antes dos votos finales.. PARA POÑER ANUNCIOS!!!
non é por nada pero é de vergüenza!
Posto que parece ser que ninguén en España veu o espectáculo de 8 MINUTOS de lume, luces, equilibrismo, e moi circense, que montaron Apocalyptica, aqui vos vai para que o vexades.
Outra vez... de vergüenza!!
Outra vez... arriba Finlandia!

E de regalo o comezo do festival con Lordi
Que despliegue non??

sábado, mayo 12, 2007

Atrocity + Leave's Eyes en Tallinn


E aquí estou outra vez!
Desta vai a crónica do concerto de ontes.. un bon concerto.. non o mellor ó que fun.. pero entretido.
A cousa comenzou con Whispering Forest.. pero chegamos moi tarde para velos.. unha pena, porque oinlles unha canción na web e estaba moi moi ben... doom gothic tipo draconian.
Asi que chegamos na metade deses tipos que tedes arriba.. forgotten silence...
que bueno.. esperabame outra cousa..
acordome que fai tempo oiralles algo e era doom alternativo.. pero agora fan unha especie de tecno gothic industrial.. que a veces recordaba a grupos coma umbra et imago... pero.. peor..
Eso era como estar nunha disco... tanto punchi punchi... e "a" guitarra... bueno.. porque habia un tipo que a levaba encima.. que se non, non me enteraba de que sonaba...

Como non, os seguintes foron Atrocity, xa que o grupo polo que a maioria da xente estaba ahi era Leave's eyes...
O concerto foi bastante entretido.. cun Alex Krull que animaba todo o que podia pero que a veces a sua garganta non daba coas notas altas...



A este tipo encontromo en todos os concertos!
E ahora sempre falamos cando nos vemos..
É gracioso que o unico que sabe en español, sabedes o que é?: "chupame la verga" hahahah

Metalfans







Leave's eyes.. cos mesmos componentes que Atrocity...
Sorprendentemente ben..
Liv Kristine... perfecta .. e moi amigable...
Unha pena que non puiden sacar nin unha foto con eles.. os meus colegas deixaron o escenario xusto cando o grupo tocou a última nota da ultima canción... vaia..




Aqui estamos todos logo do concerto:
Eddie, eu, Viggo, Kent, Ivan (ruler of metalstorm!), e Ewelina
Para os que non coñezades estes grupos:
Leave's eyes
Atrocity

martes, mayo 08, 2007

Belgium party


Estas fotos pertencen á festa de despedida de Rieke, a miña flatmate que veu logo da chinesa. Só estivo por aqui como 3 meses... é unha pena porque era unha rapaza moi simpática e caíame especialmente ben.
Para a súa despedida ela e as suas compatriotas prepararon unha festa de chocolate belga hmm ...
Aquí tedes fotos do dia da preparación e do dia da degustación hehe

Sen moitas ganas de festa... pero .. hai que ir non?

Rieke e Luis

As belgas chocolateiras

Si señor, qué mister!

Tiina (tutora) e Barbara (belga)

Anouk (belga) xunto coas que foron as miñas flatmates Mara (Portugal) e Rieke
Mara ainda segue a ser a miña flatmate, e o posto de Rieke agora ocupouno Joao, o mozo de Mara

2 belgas con Roger, erasmus de Barcelona deste semestre

Mmmm chocolate!

Luis, Mara, Tiina

Rieke

Preparando a merendola :)
e xa me cansei de escribir..
hala! a ver fotos!






Siim! Estonian Skin!!!


Mr. Dj Gaultier

Manu, foi grande telo outra vez aqui ainda que fose por poucos dias... tantos recordos do semestre pasado...


Vemonos noutra!!
Seguirei actualizando!