domingo, abril 15, 2007

Poker, TV, birras e cintas de video


Non sei se o falei algo no blog, pero creo que algun de vos xa soubestes que participei nun corto da universidade de filmatografía de Tallinn. E este era o segundo! Pero o meu papel no primeiro.. digamos que era mais de figurante..
Neste xa fun o papel principal! hehe.... que tema Antonio Banderas que vou ascendendo! XDD
A verdade é que moita xente me pregunta pola historia.. pero creo que non debía de ser demasiado importante... supoño que será un proyecto no que o que conta máis será os encuadres, sombras, planos e demais...
Pois bueno.. acabanme de enviar as fotos o outro dia ainda que o fixemos fai como 2 meses. E parece que ainda tampouco está rematado de todo..
Bueno.. nas fotos vadesme ver con mala cara... tanto por que me fixeron despertarme ás 6:30 da mañá... a hora á que me suelo durmir XDDD... coma porque se supón que tiña que salir no corto de resaka... asi que pola mañá ducheime e funme.. e vai a directora e dime: "¡¡¡como!!! duchácheste!! e tas todo limpio e co pelo tamen limpiño e liso!!! qué fixeches!! alomenos non te afeitaches!"
E logo puxome a man na cabeza e empezoume a alborotar o pelo... pero coa goma posta... asi que vin a mitad dos meus pelos nas suas mans....
Logo puxeronme unha capa de maquillaje que pa sacalo... bueno.. compadezovos tias! hehe
Xa tou vendo que hai por ahi unha foto que me vades decir algo... pois vai haber que aclaralo...
Sí! si toquei e agarrei a pernera e incluso cheguei a bicar á susodicha... porque o exigiu a directora, eso si... pero na toma final eliminaron o do bico e solamente rozo os labios no lateral do seus .. hehe...
Veña ahi van!











Bueno, aqui vai outra entrada mais...
Estes 2 que estan xunto a min son Eddie (o rubio) e Viggo.
Eddie vai ser un dos que vai vir conmigo a Alfoz e xa teredes ocasión de ver as súas habilidades bebendo birra XDDD
A Viggo conocino non fai moito... un día quedei con Eddie e el estaba alí. Eddie invitouno porque decía que en Metalstorm sempre deixaba posts un cacho tristes e decidiu invitalo un dia a tomar algo con nos. O certo é que é un tío un cacho triste... de feito defínese como Emo, ainda que non teña pinta ningunha. Ademáis é un tipo un cacho raro... xa que aparte de emo.. gustalle o black e viking metal e é católico practicante! Vaia mezcla!
Bueno... polo menos desde que nos conoceu a nolos 2 parece un pouco menos... triste...

Que mais...
Fai uns dias salin na tele estona!
Nun talk-show.. algo asi como un diario de Patricia.
Pero de talk para min nada! A presentadora... que parece ser que é moi famosa en Estonia (logo vina nalgunha revista tipo corazon que iba lendo alguen no trolley) dixome... "non falas estonio eh?? hmmm pois hoxe non teño ganas de falar inglés"
Asi que o unico que fixen foi poñer a miña cara.. hehe
O meu compañeiro Petri falou por min... resulta que se trata aqui da semana do estudiante, asi que era un programa que trataba sobre os universitarios. E entre eles decidiron coller a un internacional estudiando na universidade de Tallinn.. e chamaronme a min..
É unha pena.. coa de cousas que podia contar eu.. e mostrar alguns videos dos A-Teams no hostel ou das destroyer parties eeheheheh
Parece que sale o dia 1 de mayo.. terei que contactar con alguen local que me poida grabar pola tele heeh
Ata ahora eso foi todo.
Non hai moitas fotos porque non hai tampouco moitas festas ultimamente... e o ambiente é bastante diferente ó do 1º semestre.. pouco compañeirismo e xente un pouco mais á sua bola.. realmente o primeiro semestre foi a bomba.. este.. estoume a sentir case coma estudiando en España.. porque teño montonazo de traballo e porque xa prácticamente non salgo de marcha... ainda que como vedes as cousas extrañas a min non me acaban nunca hehe
Como broche.. outra cousa que non creo que moitos fixeran.. nin erasmus aqui nin xente en general.. ontes estiven xogando ó poker ata as 5 da noite con 5 estonos... 3 ou 4 deles skins...
Alguén da mais?

miércoles, abril 11, 2007

Eurovision: suomi rules

Xoio: "... e ó final ganou..."

Enlil: "E aqui un video honorifico para celebralo!"

Arriba Finlandia!

martes, abril 03, 2007

Visita de Kike, Maria e Tere

Deixemos que Kike, Maria e Tere se explayen no post que vai debaixo deste... e comencemos a falar de metal neste post.
Mmmm interesoume o tema proposto por Xoio... tanto Blind Guardian coma Nightwish poderían estar ahí. Se me desen a escoller entre os 2 eu collería sen duda a Blind Guardian.
Falas de grupos que se ganaron a vitola de míticos nos últimos 10 -15 anos, non?
Eu creo que se debería tamen falar de outros grupos noutros estilos... por exemplo ... Death.. tanto pola súa influencia coma pola morte de Chuck será un grupo mítico polos seculos dos seculos. E logo ainda que me pese... Cradle está chamado a ser un grupo mítico. E Arcturus penso que dentro duns anos será recordado tamen.
E despois, pola sua innovación eu tamen poñería a Therion.
E vou parar porque senón vou chegar a Lordi hahahah
E o resto, qué pensades?

lunes, abril 02, 2007

Visita a Tallinn desde Vigo


Desta vez vou facer un post algo diferente... vou poñer fotos e comentareinas algo ... pero os comentarios e, se vos animades a redactar algo .... deixovos a vosoutros 3 que faigades unha crónica do que queirades.... do que máis vos gustou, chamou a atención, cómo o pasastes... todo o que queiredes ... eu limitareime esta vez a poñer fotos e non moito falar.... esta vez tócavos a vós Kike, Tere, María (uff a María non a vexo comentando nada... hehe .. é broma... a ver se te picas e me pos algún comentario algunha vez!!)
Para o resto que non o souberades... a semana pasada tiven unha visita de 8 dias destes 3 colegas da universidade de Vigo. Eu creo que mellor ca min ... deberían ser eles os que dixeran qué lles pareceu a experiencia.


Sí ahí está! Á esquerda ahí tedes a Eddie! Un dos colegas rusos que virá este verán conmigo a pasar uns días a Alfoz!!
Creo que esta foto reflexa bastante ben a súa forma de ser... sempre ta así... excepto cando colle na man un dos 3 vasos de birra que se pideu naquel bar... pero ó mesmo tempo!!
É que ese día taba vago pa ir e volver XDDDD
Auténtico adicto á birra.... non está coma o kanero a sorbos de 0'05 mililitros... pode tardar o mesmo (hmm ou bastante menos), pero éste cando colle o vaso é para temer! En 3 grolos vai todo abaixo!

Unhas ondas vitales??

Sintoo kike, pero expuxécheste demasiado... e tiña que sacar unha desas fotos aquí hehe...
Da gracias que non saquei das peores ... (ou mellores?)


Dúas fotos que demostran quén traballou e quén no!
Hahahahahah

E esa cara?? que tabas pensando pillín!?!? hehe
Coa mala mañá que tivera aquel día que durmira 1 hora....


Atención á seguinte sucesión de fotos...

O encanto finlandés é o que tén... non Tere??



Alguén quería durmir no meu colo esa noite.... alguén un pouco cocido de máis hehe

E como estabades desexando antes de vir... coñecestes a Siim... o Skin máis macarrón de toda Estonia... (e tamén o máis pesado..,)












Hala e con estas cantas seguidas xa acabou!
Se queredes comentar algo... ide á sección comentarios...
A ver María... non pos Blogger ... e tampouco anónimo, pos o outro que falta, e logo no recuadro de arriba pos o que queiras, que non é dificil hehe...
Vémonos!!

Fake de Nightwish polo 1 de Abril

Ok,vale,era un"fake"
Nightwish non vai sacar ese disco nin con esa portada nin con ese logo.
Pero non molaria que deixasen un pouco tanto single de baladorrio e que lle meteran canha???
Eu personalmente, se fixeran unha mezcla entre as cancions mais epicas de Dimmu Borgir no estilo Nightwish... bufff non me quero imaxinar eso....
Pero si, xusto fai un cacho un amigo finlandes dixome que en Finlandia acostuman a facer bromas coma a nosa dos Inocentes o dia 1 de Abril... e o resto de Europa que sabe?
Ainda asi... a esperar o novo ... ainda que non sexa faster e harder....

domingo, abril 01, 2007

Nightwish fake?


Nightwish revelan o titulo e a portada do novo disco!!
E chámase "Faster Harder Nightwish"!!!
Qué!?!? Faster Harder Nightwish!?!!?!?!
E non solo eso! Senón que mirade o cambio de logo! Parece dunha banda blackmetaleira do principio dos noventa!!!
Parece ser que dicen que se acabou a hora das baladas e chegou a hora da caña!
Qué faran entonces ahora? Death Metal?
Contratarían a unha cantante coma Angela Gossow, de Arch Enemy?? ahahahah
Sexa como sexa... agardo impaciente... e se vai ser mais duro e mais rápido... Mellor!!

sábado, marzo 31, 2007

Bye bye Roland & Lars









Antes de contar nada do destos dias...
teño que dedicar un espacio aqui en homenaxe a 3 grandes do Erasmus Tallinn 2006-2007.
Hoxe foronse 2 dos meus máis queridos colegas. Non, non hai ningunha razón extraña, simplemente, acabaron coas asignaturas e listo. Tampouco non pensedes que son uns cocos e fixerono todo na mitad do tempo que o resto... Para este semestre solo tiñan 1 asignatura consistente nun proxecto, rematarono... e volta para a casa.
Botarei especialmente de menos a Lars, xa que Roland non estivo aquí ata fai 6 dias. Con Lars tiven unhas cuantas aventuras e era rara a noite que non nos xuntaramos para falar, xogar cartas ou beber unhas birras. Así que aquí vai a miña dedicatoria a eles:
Bye Roland, bye Lars, bye Bocki (although something late...)
Auf Wiedersehen!
See you soon in a next future.