Aquí vai un documental sobre a historia do rock en España que me encontrei online. A cousa non empeza mal, pero polo medio-final meten cada cousa que... ok.. pode que non consideren o metal dentro do rock e lle dén máis importancia á vertente indie, pero penso que a concepción do rock desde fai anos cambiou e grupos denigrantes e obsoletos coma "Nacha Pop", "Los Fresones nonseiqué" etc teñen moi pouco ou nada que ver coa esencia reivindicativa e de romper o orden pre-establecido e liberación máis inherente ó Rock. Logo que metan a grupos do estilo de Pereza ou Los Planetas, por citar a algún que recorde (esa parte do documental desconectei un pouco), con carisma cero e discutible gusto polo que eles consideran música, xa non me parece serio.
Un comezo interesante e máis ou menos riguroso... unha mitad-final con altibaixos.
Por certo, qué gran frase: "que es el rock? pues el rock es sexo, drogas y rockanrol"
No hay comentarios:
Publicar un comentario