martes, julio 14, 2009

Michael Jackson e cantos máis?


Volvo por aquí, ainda que vai ser en aparicións esporádicas, pero espero que con maior continuidade que desde fai un mes.
Decidín un par de cousas sobre este blog tamén. A partir de agora vou deixar o injlés para os post que leven etiquetas "concerts" e "places" e algún máis relacionado con música por ahí. O resto fareino en jalejo.
Estiven a mirar cousas de mellorar webs e pa eso hai que ter estudios, lévame o seu tempo e vou ir introducindo cambios paulatinos en lugar de un grande.
E pouco máis.
Bueno, vou co tema este que o tiña aparcado desde a morte do popstar (que non pornstar) Michael Jackson. Xa sei que a estas alturas todo o mundo requetesabe que feneceu fai uns cantos días e que ahora dicese de todo sobre a súa morte -ainda que un non queira, parece que se eres unha estrella, a túa morte ten que estar salpicada de algún escándalo bizarro, así a súa vida e obra será intemporal completamente, recordemos a Marylin Monroe, Elvis Presley, Kurt Kobain, James Dean... -. Algún tipo de chiste "negro" (nunca peor dito) venme á mente do estilo "marketing funerario". E a verdade é que sí, esta xente vende a súa imaxe moito mellor mortos que vivos e parece que a máis misterio, máis bizarrismo, máis merda teñan os seus últimos actos e a canto máis xuventude haxa, máis axudan a venderse a posteriori. Cántos non vimos xa con camisetas, mecheros, bandeiras, etc de Kurt Kobain (que non Nirvana), Jim Morrison (que non The Doors), John Lennon (que non The Beatles) e moitos máis...
Bueno, ainda que empata bastante ben co título do post, vouno deixar ahí e que cada un saque as conclusións que queira (ainda que se lestes algún aquel post que fixera sobre Lenny Krawitz ou como se escriba, xa entenderedes que os fanatismos prodúcenme bastante dor de estómago, por certo, alguén aposta a que éste vai ser outro con morte polémica?).
O título do post ven a conto de que unha vez morto Michael Jackson, saliron coma da nada por internet adiante informacións varias que poñían no punto de mira a moitos máis famosos que morreran nas horas seguintes. De feito, a noticia de que Rick Astley morrera sorprendeume tanto cando a vin nun post doutro blog, que me decidín a buscar máis e atopeime que non sólo él morreu por uns míseros instantes virtuales que causaron que a noticia se espallara coma o vento, senón que tamén morreron, ollo:

Harrison Ford: que foi collido por un raio cando iba nun iate (eso é mala sorte oh!)

Jeff Goldblum: que se caeu por un acantilado en Nova Zelanda mentres filmaba a su última película. Como se desminteu rápidamente, a protagonista de tal traxedia pasou a ser Natalie Portman.

George Clooney tamén morreu por un instante, cando o avión no que ía desapareceu no medio da nada e estaba en algún lugar descoñecido (da 5ª dimensión?)

Finalmente Rick Astley foi hallado morto na habitación dalgún hotel (nah qué típico, ben podería ser abducido por aliens ou que morrera por explosíón dunha central nuclear)

A que sí que por desgracia finou foi a ex-ángel de Charlie, Farrah Fawcett, cousa que puido alimentar que os piratas internáuticos dixeran "non hai dous sen 3 (ou 4 ou 5)".

E aquí tedes unha nova forma de lenda urbana: acontecementos extraños e mortes que salen da nada, todo alentado pola velocidade do bit-a-bit, que non xa boca-a-boca do mundo dos internetes. Ainda temos todos naquel recordo o can no armario e a mermelada, nocilla ou calquera materia untable no programa de Concha Velasco na visita de Ricky Martin a aquela casa(que por cierto, declarouse seguidor da "moda" de celebridades de ser bisexual XD).
Ninguén vira aquel programa (qué mal deixaron a Antena 3...) pero todo o mundo o sabía... como?
Outro bon exemplo de sucesos extraños é o da teta de silicona explotada en vuelo a Ana Obregón debido á presión, cousa físicamente imposible, e que ademáis ten nos distintos países a distintas famosas como protagonistas de tan bochornoso incidente.
Seime unhas cuantas máis, posto que era asiduo oínte de La Rosa de los Vientos e recordo que repetían eses monográficos unha e outra vez e nunca me cansaba de oílos jeje

Fuente

Volvendo ó caso da morte de Michael Jackson, deixaranos unhas cantas cancións intemporales, eso non ten duda, calquera seguidor de calquera estilo musical debería de rendirse ante auténticos himnos que este señor compuxo ou interpretou, sobre todo nos 80. Os 90 e xa non digamos os 2000 non foron moi saludables musicalmente para Michael, que iba deixando un pouco de lado a melodía e iba centrándose en cancións máis rítmicas.
Aparte da vida, que cando falo dun artista impórtacheme ben pouco, Michael Jackson é un dos grandes artistas do siglo XX.

Como recordo deixo algún que outro video dalgunha das súas cancións, pero non as típicas thriller, bad, beat it e etc. senón algúnha das cancións que non se oían tanto, pero que teñen desde logo o seu gancho.
Vaia, ainda encima ten todos os videos con prohibido o "embed"

Give into me - moitas baladas de heavy metal-hard rock sonan máis ñoñas que ésta. Co mercenario Slash facendo algún solo por ahí. Eu penso que Jackson non o faría mal se colaborase con algún grupo de metal, qué pensades? jeje ainda que me dá que eso no hay dinero que lo compre XD

Este deixamo pegar:
In the Closet - mamaíña que canción máis infumable, pero qué peaso video, sobre todo cando sale esa muller fasendo un movimiento sesy.


They Don't Care About Us - Creo que desde aquela primeira vez que oíra esta canción xa polo 1996 se me quedou clavada, e é que decir pegadiza é pouco, quen diga o contrario non mo creo jeje Genial o trozo guitarrero na mitade, unha pena que non o alargasen. Ainda así, un tema cheo de forza.
A única pregunta que me asalta a mente é .. ¿cántas veces pediría que o lavasen durante a rodaxe do video se cando viñera a España fai un tempo lle dixeran á entrevistadora esa rubia -que non me sale o nombre XD- que nas cláusulas estaba que non se lle acercase, nin lle dera a man, nin lle respirase a menos de 1 metro de distancia?

The Way You Make Me Feel - É un dos temas que mellor recordo da miña nenez en canto a Michael Jackson, non sei porqué. Tamén tén esa estética de película tipo Thriller ou Smooth Criminal da que Jackson foi pionero total en videoclips.

Dirty Diana - Un dos temas máis rockeros que ten. Vaia pelaso o da tía guitarrista XD

Smooth Criminal - Como sabedes os que o vistes, estética peliculera e 10 minutos casi de corto. Para min, unha das mellores cancións de Michael Jackson.

1 comentario:

Enlil dijo...

Desde que el Pop se convirtiera en República, miles de fans están de luto, pero otros ni siquiera han sabido encajar la muerte de Michael Jackson y se han quitado la vida para estar con él, superados por su repentina desaparición.

Gary Taylor, presidente y dueño del club de fans MJJcommunity.com ha declarado que "ha habido un considerable aumento en el número de muertes. Creo que ya son 12. Es una situación muy seria por la que está pasando esta gente, pero Michael Jackson nunca hubiera querido esto", añade Taylor.

"Los fans no pueden soportarlo . Sienten alguna clase de realidad distinta o paralela. Aún no me creo que haya muerto. De un minuto al otro pasa de organizar sus conciertos a desaparecer . Creo que será en el funeral cuando nos choquemos con la realidad y veamos que no va a volver. Ese día habrá una depresión general entre sus admiradores", señala el presidente del club de fans.


http://www.publico.es/culturas/235731/fans/suicidas/jacko/encajan/muerte