jueves, mayo 24, 2007




Hola outra vez!
Xa está aquí!!
O novo single e a nova cantante de Nightwish!!
Vamos a ver... as miñas impresións.... podense compilar en ... "meaburroooooo" ( non "mea burro", hehe)
Produxome unha somnolencia e unha intranscendencia que non me esperaba, tanto baladorrio xa chega!! Entre mcd's das mellores baladas de Nightwish, novas versións de Sleeping Suns (que conste que é unha das mellores baladas que teñen, para min)...
A tia... vaia! ahí foi cando me espertei... é indiscutible que a imaxe é fortemente chamativa... e a voz dela é moi boa... pero este pequeno cambio a un pouco mais Within Temptation... non sei non sei..
Decideme vos qué opinades:
Nightwish - Eva

Hello again!
New single and singer in Nightwish revealed!
Ok.. my impressions... can be said like.. " i got boooored"
It was drowsiness and intranscendent that i couldn't expect, it's enough with so many ballads!
Between mcd's of the Nightwish' best ballads, new versions of Sleeping Suns (though i like that song!)...
The girl.. wow! there was when i woke up... it's indisputable the strong image of her... even the voice is really good.. but this little change to a bit more Within Temptation... i don't know..
Tell me what's your opinnion:
Nightwish - Eva

11 comentarios:

Anónimo dijo...

Opino que me la empina!! Tache bien a moza eh!
BOh!eu que tiña esperanzas que tapio wilska volvera,aora xa como frontman claro, dándolle un airillo de frescura troll, jaja!
Fóra paiasadas... a balada...é iso, unha balada, está ben pero... despois de inchar tanto a bola e de crear tanta espectación, agardas algo rompedor, potente, algo que te deixe flipado...e claro, unha balada; por moi boa que sexa non satisfará a ninguén, salvo ós que teñan moza que ainda se lle pode sacar partidillo de música ambiental para amenizalo acto amoroso ;). En fin, que non di moito a parte de saber o estilo da nova vocalista (que tampouco sabemos se vai utilizar outros rexistros, porque como só cante neste non ma quero ver en directo cos temas antigos)...
en definitiva, penso que night moito que decir e que toca seguir agardando.

Anónimo dijo...

Que desilusión¡¡¡ con lo que me gustaba a mi Nightwish...el single es malísimo, no se como se les ha ocurrido salir con algo asi, a ver como son el resto de canciones pero visto lo visto no me tiene muy buena pinta...y la voz de la chica no es mala, eso esta claro, pero tampoco me convence , me recuerda a la de within tempetion

Anónimo dijo...

"el single malisimo" :O

"la voz de la chica no es mala" :O

"con lo que me gustaba a mi Nighwish" XDD

enlil dijo...

Home tampouco esaxeremos, Maria, eu sigo esperando que no disco faigan algunha canción coma as de sempre. O que non quita que este single me aburrrrrrrrrira ata durmirme.
Esperar toca.

Anónimo dijo...

Eu opino o mesmo ca Enuma Elis... ME ABURROOOOOOO!!! A verdade é que como carta de presentación é bastante pobre. Se eu chego a unha entrevista de traballo con algo equivalente a isto, chimpanme fóra sen mediar palabra.

Bueno, e xa no afán de facer públicas as discusións de McMetal e máis miñas... A aqueles que lles guste minimamente a canción (entre elas o susodito McDonal, perdón, Metal ;-), ¿credes que se este tema o sacara Alyson Avenue (o antigo grupo da susodita, por certo, quen pense que está cachonda que lle bote un vistazo a algunha foto dela sen photoshop, p.e. Pivón!!! )), recapitulo, credes que se este tema o sacara Alyson Avenue lle faría o máis mínimo caso alguén?
Eu estou seguro 100% de que non.

¿Poderíamos chegar entón á peligrosa conclusión de:
metal = pop
- Marketing: 80%
- Calidade Musical: 20%
???

¿Ou conformámonos con meter a Nightwish no saco dos "productos" musicais, co cal de momento salvagardaríamos o noso queridíiiisimo xénero musical?

De tódolos xeitos, o que parece estar claro é que haberá que esperar polo disco enteiro, pero como di Korpik de Kellogs, para isto tanta expectación???

Anónimo dijo...

Marketing... ese peligroso terreo!!! XDDD
Meu deus... a ver... por onde carallo empezar.

Eu creo que o marketing na música é imprescindible. Sábeno ben todos os que se dedican a ela. Logo, cada un, basa a sua campaña como mellor lle parece, sabe, ou pode. Igual que os anuncios de Tv. uns son cortos, outros usan actores coñecidos, outros presentan a imaxe de marca, outros crean expectacion durante un tempo... ;)

A ver... "Jollo" ;-) está obsesionado con que un grupo use o marketing para vender un album, eu non teño ningun problema con eso... SEMPRE E CANDO (OLLO)... logo haxa algo mais!!! e non se quede so nun "bonito anuncio" pero "pobre producto". A calidade musical ten que ser o principal, SIN DUDA, pero eso non quita que logo haxa que vender copias, e... encher salas!! e para eso os grupos han de darnos algo mais, ou non??? Ou agora vai resultar que a todos nos daría igual si o novo disco de Dimmu Borgir viñera nunha caixa de plástico transparente, sin contraportada, sin libreto, o cd so coa impresion do titulo do album e do nome do grupo, e logo cando veñan tocar, por suposto en chandal que é mais comodo, e dous de eles sentados nunha silla que se toca mellor... XDDD (estaba imaxinandoo)... Xoio, eso tamen é marketing... e GUSTANOS!!! ;-)


É Nightwish so unha imaxe pero un mal producto?????? A VER QUEN ADIVINA O CREO EU!!! Que creedes vos?? Si a vosa resposta é NON, xa se acabou a discusión mentras non saquen un truño de album.

É o novo single un truño??? para min NON (obviamente aqui entraran os vosos gustos musicais para responder)

É o que eu me esperaba?? Non, unha cousa non quita a outra.

Se o sacase Allyson Avenue fariamoslle caso?? Pois probablemente nin a houberamos escoitado porque non teñen a sorte de contar co recoñecemento co que contan Nightwish, nin coa popularidade de estos... co cal...
Convirte a Nightwish eso nun producto??? Pois que queredes que vos diga... NON

Saudos ;)

Anónimo dijo...

1. Non estou obsesionado co uso do marketing para vender, estou obsesionado co feito de que o esforzo de marketing non só supere senón que asoballe totalmente ó esforzo por facer música. E este foi un exemplo clarísimo: "Prometemos ouro e dámosvos palla"

2. Sinto o dos tags pero non podo evitalo:
"Se o sacase Allyson Avenue fariamoslle caso?? Pois probablemente nin a houberamos escoitado porque non teñen a sorte de contar co recoñecemento co que contan Nightwish, nin coa popularidade de estos... co cal..."
...co cal estás confirmando que vale máis un nome que a música en si mesma. Eu o disco de Alyson Avenue oínno e pasou ó ostracismo porque era aburrido. Eva oínno e pasará ó ostracismo porque é aburrido. E se Eva estivese no disco de Alyson Avenue, oiríao e pasaría ó ostracismo porque seguiría sendo aburrido. E NON TEN POR QUE IMPORTAR QUEN FOI O AUTOR!!!

Dende logo que non critico que che guste o tema, critico o feito de que se ese tema o sacase outro grupo é moi posible que non che gustase. O gran milagro do Marketing é que consigue convencer á xente de que non están influenciados por el, de que siguen tendo opinión propia. ¿Ou coñeces a alguén que recoñeza que se deixa influir polos anuncios? Se non é así, ¿para que se fan?

Que si, McMetal, que sei que ti tes un criterio formado e eres consciente dos teus gustos (que son os meus disgustos, jeje), ainda que neste caso si que creo que estás un pouco "lobotomizado" por un nome, que esta vez estivo bastante lonxe de da-la talla.

Anónimo dijo...

1."bla bla bla": Gustos Personais.

2. "co cal..." "co cal..." co cal... o unico que se confirma é que non teño porque coñecer todolos grupos musicais no mundo e que probablemente (pode ser, ou non) haxa un grupo taiwanes (p.e.) de power sinfonico (p.e.) con 1 disco editado e unha remasterizacion do mesmo cun tema extra boisimo pero... que non chegou a min por algun motivo... e eso non implica que esa cancion sexa mala, senon que non a oin. Si a mesma cancion a saca Stratovarius (p.e.) é case seguro que a oia...
SI... COMPLETAMENTE DE ACORDO EN QUE DA IGUAL QUEN É O AUTOR.

enlil dijo...

Como vos gusta eh? heheh

Anónimo dijo...

Asked to post my opinion on the new Nightwish song, here it goes:
IMHO, this piece is dull and monotonous, and surely Nightwish can do better than that. It sounds like a combination of metal with Mariah Carey and some lullaby.

They probably didn't know what else to fill up the space on their record with. Too bad they decided to fill it up with this... umm... progressive lullaby (?) :)

enlil dijo...

Novos samples do album!

Parece que non todo vai ser Eva! hehe
Ainda asi, tampouco poido dicir que salvo a "Master..." o resto non me chamou moito a atención...

http://www.nightwish.com/en/files/audio

3 primeiros cortes.