viernes, octubre 27, 2006

A comida en Estonia - Viaxe polo supermercado


Falemos sobre comida estona!!!
Creo que o tema anterior xa está o suficientemente viciado...
asi que vamos cambiar de tercio e seguir co noso.. bueno,.. co meu...

Bueno, todo o que vedes nesta foto son ... especias!!!
Sí, centos de centos de variedades de especias!!
Porqué??
Mmm chegamos a unha conclusión; toda a comida estonia ,ou case toda, está absolutamente falta de sabor!! desde a carne... peixe (salvo o salmón, moi bo), fruta... non sei , prácticamente todo.. e para eso necesitan aliñar con centos de cousas as comidas, para que sepan a algo.
Deste xeito, cando comes aquí carne de pito... pois a menos que lle botes algunha especia e sal ou allo ou algo ... pois saberá a ... nada...
O da fruta, tamén é un pouco sangrante... as cousas non saben, as mazás non teñen un sabor a mazá intenso,nin peras, nin peladillos.... o único que probamos asi e ben, foron as uvas...
Outra das cousas que chaman a atención é a fecha de caducidade... tanto en productos coma leite coma en frutas... si, si mantemos algun plátano na nevera durante 3 dias ou mais , eso comenza a poñerse negro!!!
E o do leite... bueno... compramos o leite.. e caduca en 4 dias!!! sempre!!! non é que sexamos parvos e compremos mal... é que é así!! O outro día estiven falando con Eveliina sobre eso, e díxome que a xente daquí prefería eso, porque eso demostraba que o leite era totalmente natural e non tiña añadidos coma conservantes ou colorantes... De feito, cando lle dixen que en España a fecha de caducidade podía estar perfectamente en torno ós 2 meses... puxo unha cara de asco e fixo... buaj!
Outra das cousas moi típica por aquí son as ensaladas, que as venden en tapers!
Hai centos e centos de ensaladas diferentes, pero en prácticamente en todas hai algun elemento común:
-Maionesa
-Pataca: parece ser que é o producto estrella de Estonia! Eveliina dixome que o seu pai sempre decia que podería comer perfectamente en todas as comidas do día pataca!
-Pepinillo: si!!!!!dioooooooos touno empezando a odiar a muerte!!!!
Está en todo!!
En ensaladas, hamburguesas, pizzas, quebavs ou como se chame... todo!!!
Morte ó pepinillo (gurk en estonio)!!!!
O curioso é que os estonios non se enteran de eso, xa llo dixen a uns cuantos locales e todos me dicen... anda pois é certo...
E unha tía dixome ... pos si.... debe ser algo extraño para os foráneos...xa eres o 4º que mo dice... jajajaja
É unha pena, pero non teño ningunha foto de comida homemade in Estonia...
As comidas típicas de aquí son coma .... buf como dicilo sen que sone mal... como dixen antes... o do cubo da peli "Mal gusto" vaille ben... para os que non virades esta peli... pois as comidas aqui teñen un pouco de pinta ... mala... como grumos de .. "cousas" flotando sobre unha salsa (eso si, salsas que non falten, o outro dia cominme unha lasaña que estaba 1/4 flotando en 2 salsas diferentes), pos unha salsa abundante e de non excesiva boa pinta... De feito, polo que levamos comprobado o resultado pode ser bon ou malo ... sempre con pinta regular, eso si...
E suelelles gustar acompañar con puré de patacas ...
Mais ou menos eso é o que vin ata ahora....
Outra cousa curiosa! Non hai Pizzahut, non hai Telepizza, non hai Burguer King, case non hai marcas americanas de comida rápida
Hai únicamente McDonalds, e Hesburguer (marca local, parece ser que peor ainda que McDonalds, eso si que debe ter delito!!!)
Unha curiosidade mais... a auga...
Non sabedes o complicado que é encontrar auga sen gas!!!
Todas as botellas teñen algo de gas.... sabores extraños... gas con sabores extraños....
Porqué coñe lles gustará tanto aqui esas chuminadas??
Eu a única auga que bebo é a do grifo... que solo faltaba que salise con gas...
Fíxome moita gracia que no viaxe a Tartu , Cristian vaciou unha botella desas de auga con gas para meterlle auga do grifo... e veulle un dos nosos colegas alemanes todo indignado (pero de coña) dicindo... e ti tiraches a miña auga con gas para meter na miña botella esa auga de mierda??? hahahhahahaha



Vexo que non se vé moi ben, pero a fecha de caducidade deste bote de ketchup, nun dos grandes supermercados de Tallinn é 23-05-2006!!! fai medio ano!!!
Cousas curiosas que se atopan...
Por suposto estaba a 1/4 do precio do resto dos ketchups, e eso foi o que me fixo preguntarme... porqué estará tan incriblemente barato este???
É unha pena que non encontrase unha lata de conserva que atopara fai tempo. Debeu ser noutro super... porque esa era boa para facer unha foto!
Na lata de conserva poñia, xúroo: turisten ou algo así hahahahaha e na foto do lado salían dous excursionistas indo hacia unha montaña....
Xa sabemos de qué se alimentan os mangallós túzaros rusos... de turistas!!!!
Bon appetit!
pero non de min!

Este é o pan que hai por aquí!, parece incrible, non?
Hai centos de variedades pero todos cortados polo mesmo patrón, vén coma pan de sandwich, todo cortado e o sabor... incomparable ó pan recién feito nunha panadería!!
Qué dirán os estonios deste pan?
Qué dirían se probaran o noso pan?
A ventaxa desta variedade... non suele ser caro

ahora xa pasado un tempo, podo dicir que sí existe o pan coma nós sabemos, ainda que é dificil de encontrar..., pero haino dunha maneira que non comprendo... son panes-dulces, é dicir, son coma bolos de pan, pero con azúcar, de xeito que un non sabería moi ben se tomalo pa mollar algo ou para tomalo sen mais de postre... outra das cousas que pode chamar a atención (e bastante) é o precio ó que está! Como podedes ver na foto nada mais e nada menos que unha desas pezas costa 54 coronas.... o que equivale a uns 3`70 euros!!!
Bueno, por hoxe de comida, suficiente...
Vémonos, rapaces!


miércoles, octubre 25, 2006

Debate sobre a música e nivel cultural musical en España

Hahahahahahahahahahahahaha
Si, aínda vivo, o que pasa é que me parecía tan interesante toda esta "war of words" que decidin atrasar un pouco máis un novo "post"... e de feito este será un "post" especial...
Bueno, sexa como sexa é unha pena que para ver a Catamenia houbera tan pouca xente e que aínda encima eles o tomaran a cachondeo e fixeran un pseudoconcerto así...
Sen que sirva de precedente...vouvos contar algo que me fai certa gracia e que sen embargo faime plantearme outra vez o que recorda a aquelas vellas HeavyRock...
O meu compañeiro de piso de Cádiz:
ben, creo que nunca me atopara cunha persona tan diametralmente oposta a min, únicamente vouvos poñer certos pensamentos sacados case textualmente da súa boca:
-"todo lo que tú escuchas (de música) es una puta mierda"
-"si en España El Canto Del Loco o Bisbal vende millones de copias más que tus grupos eso indudablemente quiere decir que son mejores que tus grupos y que a la gente les gusta más"
-"en la tele no ponen a tus mierdas de grupos porque si lo hiciesen la gente apagaría la tele... y la tele como los otros medios quieren ganar pasta... cosa que con tus grupos no hacen ni de milagro"
-(cando lle dixen que o single de Blind Guardian estivo 3 semanas no número 1 das listas de ventas de singles de España)" .... " (non dixo nada)
-(cando oeu o single de Blind Guardian, And Then There Was Silence): "eso es una puta mierda, estaba deseando que la canción se acabara desde hace un buen rato" (para os que non o saben, é unha canción de 14 min.)
-"Nightwish es una mierda" (esto sí que me parece imperdonable)
Argh, aquí sí que se non falo revento!! Cómo alguen a quen dice que "lle gusta a música" pode decir eso de Nightwish? e cómo pode decir eso da canción de Blind Guardian?? Vale que cada un temos os nosos gustos, pero é imperdonable que alguén que diga que "lle gusta a música" non poda ver todo o traballo e todo o que hai detrás dunha canción tan elaboradísima coma And Then There Was Silence... é algo que non me colle na cabeza... sexa afín ós gustos que sexa e gústelle ou no o estilo!!!
-"porque a ti, si todos esos grupos tuyos cantaran en español, ya dirías que no te gustaban solo por oírlos en español" (esto si que me fixo gracia jeje)
-"Tu música no vende en España porque es mala música, con lo cual la gente no la compra"
-"Tu música es toda igual, y es una mierda" :- Aquí logo de enseñarlle desde grupos tan distintos e estilos tan distintos coma desde os citados Nightwish ou Blind Guardian, pasando por Anathema, Evergrey, Kamelot, Dimmu Borgir, Rhapsody, Noumena, Sentenced, as miñas recopilacións de hits rockeros, recopilacións de baladas doom-góticas,... black, death, thrash, vamos todos os estilos de metal....

Bueno, logo desto xa me diredes...
E medio lle pareceu mal cando dixen xa queimado un pouco, que ahora realmente vexo que a cultura musical española está como está, polos suelos... hahahahahahahahahahaha
Realmente reiríame moito mais se non fose porque me dá un pouco de pena que haxa xente asi... e que ainda encima sexan tan ilusos como pa pensar que "los de operación triunfo o el canto del loco están arriba porque se lo merecen y gustan y lo que oyes tú no!"

Xa vedes...
E logo tá a outra cousa do cine... que tamén sangra por todas partes...
para darvos uns exemplos...
"yo no quiero ver pelis como el señor de los anillos o star wars, porque no me gustan las películas en las que pasan cosas que no pueden suceder"
"yo quiero ver pelis en las que pasen cosas reales" (aqui si que me extraña moito esto, porque, qué é do neno que levamos dentro?, incluso me dixo que lle gustaban pelis como "la bella y la bestia" en debuxos, pero que se a fixeran con actores reales, automáticamente xa non lle gustaría...)
"prefiero ver una peli de Steve Martin ... o una comedia romántica..."
"hacer una peli de fantasía me parece de lo más fácil y menos meritorio... porque yo si quisiera podría hacer una...." hhahahahahahahaha (si si... que probe a facer unha coma o señor dos anillos hahahahahaha)
Bueno hai moitísimas joyas mais... e incluso máis cañeras ainda... pero xa case prefiero obvialas... non sei... é unha mezcla de gracia e incredulidad, aparte de todo esto, que eu o único que dixen malo da súa música pachanga foi que me parecía "mala música" e el empezou a insultar todo o que oigo con esas palabras malsonantes que puxen antes...

Bueno, solo unha cousa máis, sei de boa fé que hai moita xente que lee este blog que non sexan Yoni, Xoio, Marcos e Kike, donde están???? Dicide algo!!!!!
Calquera cousa!!!
Espero que non vos asustedes con estes temas e que non vos boten para atrás escribir algo aquí!
Veñaaaaaaaaaaaaaa!!!!!

O próximo post será un especial do viaxe a Tartu (a outra gran cidade de Estonia)e tamen un monográfico sobre "comida estona".... Mais tarde prepararei un que xa sei que vos interesa ós tios... a forma de ser da hembra northeña estona....

Eso é todo!

sábado, octubre 14, 2006

Moonsorrow + Manatark + Herald + Bloodforge












































E por fin chegou o día!!!
Moonsorrow estaba ahí, e non vía que chegara a hora de velos nunca!
Antes da miña crónica, vou ter que dar unha queixa! Porqué coj.. me comprei unha cámara tan mala!!!Vamos, non se salva case nin unha foto!!!!
E o que é peor!! O outro día saquei un video con ela... e cal é a miña sorpresa cando o vexo no ordenador... e .. non se oe!!! Graba sen audio!!!!!
Noooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooo!!!!!!!
Eu que xa pensaba grabar o concerto case enteiro de Moonsorrow!!!
Dioooooooooos
Bueno, deixemonos desto , que me pon de mala leche e vamonos centrar no metal propiamente dito.
Pois a eso das 7 funme para a sala eu solo, si, non me dixo nada o moro este nin me avisou de nada. Previamente eu dixeralle que nos veriamos en recepción, pero alí non apareceu ninguén, asi que aló me dirixín eu.
Primeiro, decir que me esperaba que os jevis norteños estes foran moito mais góticos.. e as tías tamén.. pero non! Prácticamente todos van vestidos con cuero, pero non son góticos, nin maquillaxe, nin tías con adornos tenebrooosos nin rejillas nin cousas do estilo... Tamén había relativamente poucos (comparado cun concerto do estilo en España) que levaran camisetas de grupos... e as que había eran de grupillos extremos tipo Burzum, Carpathian Forest... etc
As tías, había moitas que perfectamente podían trasplantarse directamente a unha disco e darían o pego, case diria que un 80%. Eso si, moitas tías pa un concerto de viking/black e un nivel moi alto ademais...
Bueno, ahi empezamos co primeiro grupo, Bloodforge (estonios).
Foi demasiado, todo o mundo que estaba por alí, estaba case estático, e nada mais, xusto nada mais empezar a caña destes todos todos os das 4 ou 5 primeiras filas empezaron a menear as greñas coma posesos!!! E eso non é todo, no concerto había nenos!! e non lles botaría mais de 13 anos que o estaban dando todo!
Pois este primeiro grupo pareceu contentar bastante á maioría da audiencia. Facían un death melodico rápido, con certas partes interesantes, pero que cansaba porque non eran un prodigio facendo cancións nin sendo moi novedosos. Podería comparalos, salvando as distancias cos primeiros discos de Dark Tranquillity...
Os seguintes foron Herald, sorprendentes, cando menos. Eran os que menos pintaban no concerto debido a que eran os menos extremos e mais experimentales... en certo sentido recordáronme a uns Faith No More contemporáneos, a min gustaronme máis cós anteriores, pero eso era algo fácil! As pintas tamén eran un pouco "alternativas", asi que xa me supoñía que non iba oir nada extremillo....Tiña cancións moi boas, pero alternaban con outras que se facían moi pesadas e largas... á xente, que viña sobre todo a ver a Manatark e Moonsorrow, dame que non lles fixo moita gracia...
Logo dun immenso parón de 1 hora, tocaron Manatark, cos que se volveron todos tolos!!!
Poucas veces vira un concerto onde desde a 1ª fila ata case o fondo todo o mundo se estivera desvivindo por facer headbanging e cornos!!! O mellor era ver as tias, algunhas que parecían modelos!! tamen facendo headbanging coma posesas, e Marcos, aquí as tías fano moito mellor que en España jajaja
A verdade é que sonaron bestiales! potentísimos e moi blackers.. un dos bos puntos do concerto!
E por fin lle chegou a hora a Moonsorrow, e aqui si que todo se desbocou por todos lados, a xente deuno todo (non me pensaba que foran asi, pensaba que sería todo moito mais tranquilo, conocendo ós daqui). O punto malo foi que cos Moonsorrow apareceron tamen os borrachos no medio, que se caían no medio, empuxaban e armarona un pouco. Debido a esto vinme obligado a pasar desde case a primeira fila ó lado do cantante a un lateral... mellor non meterse no medio de rusos borrachos.....
Indo ó tema, Moonsorrow enormes, desgalliteime coreando as cancións (houbo algún estonio que soubo da forza dos berros de Galicia!!!) e case me volvo afónico pa casa (parecido ó de Ancient Rites). Ademais recreáronse mais do que eu cría nos seus 2 primeiros discos, os que máis me gustan... así que tremendo. O sonido, tamén perfecto! ó igual que as anteriores bandas (cánto teñen que aprender algúns ahí en España... non pode ser tan difícil!).
Como supoño que sería a costumbre viñeron todos manchados de sangre... e a posta en escena foi moi boa, animaron que daba gusto e incluso modificaron algunha canción para facela máis forte ainda en directo!
Por certo! vaia tripa cervecera a do cantante!!
Un dos mellores concertos para min dos ultimos anos!
Oooogh tamen, para os fans masculinos, teño que dicir que bueno, habia unha tía ó meu lado pfff
A tía era coma unha mezcla entre o corpo de Floor Jansen, a de After Forever coa cara de Tarja Turunen ex-Nightwish, sacábame media cabeza de alto e diooooos vela facer headbanging... eso si que daba gusto vela!!!! Eso por non mencionar que no medio do concerto eu estaba rodeado, de 4 tías, e 2 mais que taban adiante delas, eso é imposible en España, e qué tías!!!
Por certo, ó final do concerto, falei co guitarrista de Moonsorrow e xenial! quedouse flipao cando lle dixen que era de España, e dixome que tiña moitos amigos alí.
Por suposto vinme con unha púa de Moonsorrow e outra de Manatark jejeje
Ah! e tamén ó final falei co líder de Manatark, que tamén alucinou cando lle dixen que era español!E incluso me saquei unha foto con el que podedes ver aqui!
Bueno, eso foi a grandes rasgos todo o concerto, xa me contaredes qué vos parece e se tal xa vou comentando logo máis cousas que pode que me olvidara
Metaaaaaaaaaaaaaaal

miércoles, octubre 11, 2006

Cousas de clase

Bueno, muchachada!
que tal por ahi!
O gran evento acércase!Este viernes xa me poderedes imaxinar coa miña camiseta amarilla no concerto de Moonsorrow!! aaaaahahahahaha
Eso si, nin sequera sei onde é, pero irei aaaaaahahahahaha
Mañá Eveliina dixo que me levaría, que non me queda a moito andando..
Ah! si! ó final vai vir conmigo un tio, que non sei nin quén é...
chámase Monju Alam (ten nombre de moro, non???), dixenllo e finalmente animouse, envioume un mail que vos vou reproducir textualmente aquí:

"thanks for your mail.
Amit hasan
dh
bd"

Qué! ahora as dudas xa quedaron solucionadas espero! Ou moro ou do congo belga!!!
Por certo, qué significará amit hasan???
E o peor, qué cousa é dh bd???, ¿¿Unha clave extraña??
Sexa o que sexa será interesante!
Ah! non sei se o dixen, pero o concerto de
MOONSORROW (fin)
MANATARK
HERALD
BLOODFORGE
será de unhas 4 ou 5 horas de metaaaaaaaaaaal por sólo (hehehehehe) 8 euros e medio!!!!!!!
Mooola jujuju
Bueno, estes días tou un pouco atareado, asi que tampouco poido contar moito novo.
Tiven unha asignatura ontes que é un caos!!!
O profesor é un destes que se cree moi "guay" e que se quere facer "coleguilla" dos alumnos, debe ter uns trintepico anos, e ... niñas... é clavao a Tom Cruise (vamos rapazas, gritade conmigo iiiiiiiiiiiaaaaaaagh). Pos bien, a este individuo vaiselle algo a cabeza... pretende que faigamos todos os dias un traballo no que hai que ler uns 10 folios sobre estratexias de mercado nun inglés no que de cada 5 palabras teño que buscar 1 no diccionario! eso si, logo de aguantalo uns días 4 horas ata outros 7 ou 8 horas (sí, no mesmo día), ou sexa que podo acabar moi mal!!
.....
Ainda non acabei!... O caso é que o tío ten unha páxina web propia, sí, con dominio .com, na cal nos temos que suscribir, para que entremos nun foro no que él é o administrador, e lle faigamos comentarios sobre as lecturas (interesantiiiiiiiiisimas) que nos vai dando!! Eso vale 2 puntos do total e o dos traballos outros 2 puntos.... Logo hai que facer un examen que vale 6
E ollo!! (esto fixome moita gracia)vou ler literalmente das copias que nos deu na clase....
***"se os alumnos son deshonestos e inxustos facendo os comentarios e traballos... terán un cero na asignatura".... esto refírese a que cando faigamos traballo individual sexa individual...
***"si se sospecha que o traballo foi feito entre mais de un/ ou copiado, o caso será levado ó decano"... pero de qué vai! se ata eu necesito axuda para entender os textos!! Hai outros que teñen un nivel de inglés peor ca min que entonces non sei cómo faran... e eso do Decano... haiba dios!
e ahora ven o bueno!
***"se se repiten estes casos, ademais de recibir un cero, os alumnos recibirán unha notificación de deshonestidad académica nos seus curriculos, e/ou suspensión ou expulsión da universidade"... aquí xa sobran as palabras....
Vamos a ver!
Que somos erasmus!!!
Que moitos non entendemos a mitad das cousas nas clases!!
Que logo de 7 horas seguidas, facerse un traballo de outras 2 horas non é!!!
Bueno, pos nada
xa me puxen en trámites pa cambiala por outra, e listo! Non lle vou ver máis a súa linda cariña de estrella de cine requeteguay, qué peeeeeeeeeeena....
Espero que non sexa demasiado tarde...
Xa vai ben de asignaturas,non??
Bueno, pos eu xa tou, vémonos noutra....
Ah! de tías, xa me cansei de contarvos, xa lle contei a un par de vos o da última vez... e xa se extenderá por ahí... para o resto que non vos enterastes.... pos levo boa racha... nada mais...jejeje
Hala!
Ata outra!

sábado, octubre 07, 2006

Problemas técnicos pero con paso firme :P


Que hai zagales!!!!
Bueno, teño que pedir disculpas pola tardanza en actualizar o blog, pero tiven duas importantes razons para non telo feito:
1 - Tiven un pequeno esguince de tobillo, co cal, practicamente non saín da casa nesta semana.
Xa levo 2 fines de semana sen saír de marcha!!! Esto non pode ser!! Ademais coa boa racha que levaba!!jeje
Bueno, a fastidiarse toca, ainda que este sabado salgo!! dame igual que me atrase a curación!!
2 - O rapaz que ten o ordenador, pois cando ta na casa, non o solta, tíos! A veces gustaríame meterme aquí e poñerme a falar de calquera parida... pero dame pao ... o ordenador é seu, e se non fora por el non podería ter escrito nin a mitad do que levo!!!
Eso non quita que cando me sinto inspirado para escribir me poña de mala leche velo a el (sinto se les esto Manu jeje) xogando a xogos do tipo "en flash" e chateando toda a tarde! (o das chirigotas xa o deixo por imposible, ahi case mellor poñer cascos e fuera! BENDITO MP3!!).

E non sei moi ben qué contar mais....
Bueno, tiña pensado facer un monográfico falando da comida estonia, con fotos incluidas... irei ó super coa cámara, seguro que vos parece interesante!
E pouco mais.. esta semana non me foi moi productiva... asi que xa vos seguirei contando...
Deixovos cunha foto tomada fai unhas cantas horas da lúa en estonia! foi moi fermoso, estaba enorme, e na foto non se ve, pero en vivo vianse incluso os crateres!
Veña rapaces!
Outro dia sigo

domingo, octubre 01, 2006

Fotos variadas

Party all night yeah!!!
Para as tías que me pedistes fotos de chicos estonianos, ahí vos van un par de fotos, non son miñas, son de Eveliina. Esta primeira foi unha gran festa a semana pasada, na que parece ser que houbo party all day, pero non nos enteramos ata a noite...
Juapos juapos
Spain rules!!