jueves, septiembre 08, 2016

Diario de Enlil: Maniakk at Rest

Hai tempo que non me pasaba por aquí para falar do que estou facendo últimamente no que se refire á música, polo que vou expoñer o que foi este ano 2016 ata o momento:

No meu último post mostraba un teaser do que sería a próxima bit-demo de Enuma Elis. Pensaba que tería listo ou case listo todo neste punto do ano, pero quedeime máis ou menos onde estaba debido a que os amigos locales me lían. Polo tanto, non hai novedades de momento sobre "Delirium Tremens". 

En canto ó proxecto dos amigos que me propuxeron axudarlles cunha segunda guitarra, acabou coma me comentaran nun principio (ou un pouco máis tarde, nun principio era solo ensaiar e jammear por diversión): cun concerto na sala dos amigos. Xa non estou eu para trotes de concertos, nin sequera de bandas nas que se me esixe unha regularidade nin compoñer/ensaiar na casa. Por eso Must Maniakk era unha boa excusa para liberarme por uns momentos do traballo e facer algo diferente entre semana. Nin ensaios na casa nin composición, perfecto. A lea foi cando de repente había que facer un concerto. Nin o estilo dos temas era o meu, nin a súa música tiña suficiente variedade nos riffs pa un servidor.. vindo de facer cousas con Mileth, no que metíamos 10 riffs diferentes por tema, cada guitarra tamén facendo unha cousa distinta da outra sempre, os temas de 4-5 minutos e 2 riffs, por un lado non me ocasionaba ningún quebradero de cabeza, pero tamén acaba aburrindo un pouco. 

Así que o punto final foi o 21 de Maio do 2016:

O certo é que foi un concerto divertido, incluso me tomeu un par ou tres birras antes de ir tocar, cousa que nin se me pasaría pola cabeza en ningún concerto anterior. Tal vez debido a eso tiven algún erro puntual pero penso que á xente lle deu igual. O carallo foi velo despois en vídeo xa pasada a festa!

Algún se quedou medio cego no público debido ó reflexo da miña guitarra.

Sempre me acordarei cando de repente, ó cantante-guitarra, que facía tamén a música (o proxecto era del e mais do batería), a 3 horas de empezar o concerto me dixo: "teño un novo riff para esta canción, tocámolo despois de "aquela parte" e a ver cómo vai, tranquilo, se hai algún fallo estamos pa divertirnos e non pasa nada". Xa claro, se estiveramos no ano 94, non pasaba nada, pero na era da tecnoloxía na que todo queda grabado por alguén e súbeo para que o resto da xente o vexa no seu canal de Youtube, etc... xa non hai eses concertos "entre amigos e sólo entre nos" máis.

Por aquí unha mostra sonora do que foi aquel día, non me pensaba que naquel antro que teñen os meus amigos se dera un sonido máis ca decente, mellor que algúns concertos que vin na Iguana, o Bar de Juan-Anoeta, etc. Xa vedes que o estilo que tiñan os meus colegas non é nada doutro mundo pero igual pa tomar unha birra mentres se escoita non está mal! (tampouco me esperaba que nas grabacións se oíra a miña guitarra por encima do resto, arriba recordo que todo estaba compensado).


Máis ca nada, foi un concerto de grupos primeirizos e de amigos, posto que salvo Surmarõõm, o resto de grupos nunca tocaran en vivo. 

O curioso é que o último grupo en saír a escea foi o proxecto personal do batería de Must Maniakk. Fóralles a algún ensaio, e asegúrovos que eran 3 personas, pero no concerto apareceu él só xunto cun PC. Supoño que vería que os 2 restantes non deron feito a tempo pa ter listo un concerto, pero debeu ser moi pouco antes de subir! Esto é algo que vexo moi a miúdo nas bandas: a présa por sair a un escenario incluso sen ter suficientemente mallados os temas, o mesmo con sacar álbumes/demos. Pero en fin... 

Este proxecto chámase Joy At Rest e é un caso absolutamente contrario a Must Maniakk: cancións de riff tras riff tras riff, progresión absoluta con estructuras complicadas, de feito hai algún tema que eu consideraría que non ten estructura, senón que é unha sucesión de riffs nos que a canción non volve a nada anterior. Eu optaría por unha mezcla de progresividade con reminiscencia a algún riff ou melodía anterior, é decir, que se note que estamos na mesma canción coa mesma temática a vista de paxaro. Por ese motivo, escoitar a Joy at Rest resulta por veces complicado, porque non sabes a onde van parar as cancións, e se che poñen mil riff pegados uns a outros, parece que non hai un fin. 

Aquí podedes ver o que fai, grabación xusto do concerto que nos toca nesta entrada:


Como sexa, o rapaz ten ideas interesantes, ainda que baixo a miña percepción personal, un pouco de orde nelas non lle viña mal. 

Logo deste concerto, penso que ata o mesmo día, veume falar de que estaba buscando novos integrantes, e debeu ser a alegría da noite, que pois finalmente accedín a axudar cunha segunda guitarra. A sopresa veu uns días despois cando parece que xa había un concerto programado e outro na mesma sala que tocamos en maio como "ensaio pre-concerto". E sería o 3 de decembro e 19 ou así de novembro... recordades o que dixen hai unhas líneas sobre apresurar as cousas..? Ben.. pero bueno, agora estou xa ensaiando con él mais outros dous, baixista e batera que son bastante bos, a verdade. O que non me esperaba é que o primeiro concerto serio sexa nunha sala de renombre aquí, a mesma na que tocaron Cradle of Filth, Moonspell, Sepultura, Death TBA, etc hai uns meses, e teloneando a un grupo sueco! Interesante, ainda que por veces me da a impresión que xa vou vello pa estas cousas.  

Por esta razón, xunto coas vacacións de verán é pola que me foi imposible concluir unha demo de Enuma Elis e supoño que non será este ano, esperemos que para o que vén teña algo máis de tempo. 

 Post-concerto I
Post-concerto II - Must Maniakk


Por outro lado, tamén me gustaría destacar que hai uns poucos meses Mileth sacou "Petros, Axioma da Terra" por fin en formato single, xunto coa inclusión das demos anteriores nunha compilación chamada "Recolleita dos Demos que han de Ser Esquencidos". Gustoume o sonido que lle sacaron a esta canción, que realmente non é nova, fixémola haberá 5 anos, nin sequera é a última que fixemos na banda mentres estaba eu. De feito sempre dixen que teño moita gana de que saquen algo novo sin min pa ver cómo sonan! 
Polo resto, A Novena Onda sona ben, coma fixeran na demo do 2014. É curioso, sempre pensamos que esa canción quedaría un pouco deixada comparada coas outras que considerábamos "mellores" e finalmente foi a máis conocida. E sinceramente non me gusta nada cómo quedou o sonido das 2 da demo. Prefíroas na primeira versión, sona moito máis blacker e "trve". Nesta nova o sonido de guitarra quedou moi comprimido e casi non se sabe qué fai cada unha. De feito costoume acabar de oir ese par de temas, cousa que non me pasa nas versións demo de hai 4 anos. 

Pois nada, haberá que seguir esperando para oír algo novo de Mileth, eu sigo con ansias desde que marchei!

sábado, mayo 14, 2016

Roubos ou similitudes? Celtic Legacy VS Manowar

Acomodado yo me sentía... cando nun mix de metal de Youtube me encontrei con este tema dos irlandeses Celtic Legacy, e entusiasmado fun ver o nome da banda e da versi... espera... a canción de Manowar non era Live by the Sword... era The Power of Thy Sword!!


sábado, noviembre 07, 2015

Abbath - The tourist part II

Parece que o de Londres non foi máis que o inicio dun longo tour de fotos ó largo de mundo por parte de Abbath, agora tócalle a Sydney.

Fan absoluto.


Fuente

viernes, octubre 30, 2015

Cosecha paganogalaica

Outros novos que se unen ás cosechas metaleras son os galaicos Xerión, como ben me apuntaba hai pouco Grilo do Demo. Xa vira o anuncio por ahí nas redes, pero a verdade é que nin lín de qué tipo de cervexa era nin quén exactamente a patrocinaba. De feito pensei que pertencía a outro grupo galego chamado Meigha.

O certo é que toda esta moda medio hipster das cervexas artesanales, que en Estonia está a tomar parte do mercado que parecía case intocable das dúas marcas locales Saku e A. Le Coq, está chegando moito máis lonxe do que me pensaba. E, ainda que moitas destas cervezas artesanales é un pouco coma o arte moderno, que "solo os entendidos poden saborear os lúpulos e lixeiro toque de aroma de cerezo...", hainas  que están bastante boas.

Neste caso alégrome que alomenos, Xerión poñan o seu nome a algo feito dunha forma un pouco menos industrial (tampouco é que sexan uns AC/DC ou Amon Amarth), e tomaría unha con gusto, a verdade. Eso sí, o de ter merchadising a modo de productos consumibles en lugar das típicas chapas, camisetas e carteiras, ¿ata onde chegará? ¿sacará Mileth o seu propio LK forxado na serra do Xistral, sacado da sapiencia dos vellos do lugar? O tempo dirá...

Este venres marcha medio palé de cervexas pra Ourense. A nosa cervexa máis lóbrega: a XERIÓN ULFXURZ. Estaremos en El Pueblo Café Cultural o sábado e o Domingo na Cervecería O Moucho

lunes, septiembre 21, 2015

Abbath, qué grande!

 Se hai algo que sempre me gustou de Immortal e en particular de Abbath, é a cualidade de nunca tomarse completamente en serio. Para proba, aquí tedes unha sesión fotográfica do paseo turístico que Abbath e os colegas se tomaron polas rúas londinenses. Solo lles quedou facerse unha foto montados nun tiovivo, pero, é que vendo cómo son, pois non me acabaría de extrañar que fixeran algo similar. Grande!


Máis fotos aquí:

http://metalhammer.teamrock.com/features/2015-09-21/we-took-abbath-for-a-day-trip-round-london

Máis bandas deberían de tomar exemplo.

viernes, septiembre 18, 2015

Diario de Enlil: Teaser & Maniakkos

Hai tempo que non me paso por aquí, pero ainda sigo vivo ;)

Hoxe traigo un par de cousas interesantes:

A primeira e máis importante, subín un teaser da nova demo de Enuma Elis. Levo tempo anclado polo cambio de PC, e ainda non probei a seguir facendo novas cousas dende entonces, pero decidinme a sacar un extracto de case 2 minutos dun novo tema. Como na vez anterior, pensei nun video que complementara á perfección o ambiente melancólico e sinfónico da música de EE. Xa me diredes... eso sí, olvidádevos de cambios de sonido, Enuma Elis segue a ser un proxecto 100% electrónico, old school dende o 99. Algún día no futuro alguén dira que faigo retro-electro-metal jaja


Por outro lado, estou participando nun proxecto duns amigos, nada serio de momento. Eles chámanse Must Maniakk, e din que fan Pagan' Roll ainda que eu penso que o seu estilo está máis preto dun Punk-Metal. Como sexa, como non hai presión de facer discos, concertos ou calquera outra cousa namáis que pasalo ben, ata o dagora é divertido. Con eles non participo nin en composición nin en nada, simplemente faigo o que me mandan e de vez en cando jammeamos ou facemos tolerías, que é unha das cousas que máis gracia ten cando se ensaia.

Como mostra, aquí vai unha versión do Vulgaris Magistralis, cover de Heidevolk, que á súa vez é cover de Normaal. A única guitarra son eu neste tema, pero o que canta tamén toca guitarra noutras ocasións. Os sonidos raros veñen do batería, que tamén lle dá ás vocales a veces. A verdade é que nin sabía que estaban grabando, pero ainda me rín cando mo pasaron.


E como suele pasar moitas veces con moitas bandas, xa amañaron de facer fotos ainda antes que sacar cousas, pero bueno, ten gracia pa recordar estes ensaios.




domingo, mayo 03, 2015

Slaves shall serve beer

Cómo non, os de Nergal metéronse de cheo no mundo máis comercial da música (referíndose a merchandising) nos últimos anos, e como non, eles non ían ser menos que Amon Amarth, Motörhead ou Maiden, e xa sacaron a súa propia cerveza. Ou o que é o mesmo, unha marca aleatoria dunha birra calquera aliouse con Behemoth para que así salgan ganando ambas partes en canto a ventas se refiere.

With 6.2 percent alcohol by volume, this Belgian IPA-style ale will be available on May 11.
 
Fuente