martes, noviembre 28, 2017

Roubos ou similitudes? With VS UDO


Non lles temblou nin nada a man aos polacos With á hora de poñerlle portada ao seu álbum do 1994. Simplemente pillaron o Timebomb de UDO.. e voilà!

miércoles, marzo 01, 2017

Un crowdfunding épico

Desde hai uns anos, vense facendo popular que grupos musicales se metan na páxina de indiegogo a crearse o seu propio "crowdfunding" para recaudar cartos para o seu próximo disco. É unha forma alternativa de obter diñeiro dos fans ou potenciais compradores de antemán para comezar unha grabación, ainda que o 100% non se queda nas mans do artista: no caso de indiegogo, un 5% do recaudado vai para a plataforma, e outro difuso 3 a 5% vaise nos métodos de pago. Se ademáis a moeda de cambio é diferente á orixinal, a prepararse para o tipo de cambio inflado -é dicir, con comisión oculta nel- que che metan. No caso de pledgemusic, non deixan nada claro o precio de crear/finalizar con éxito un crowdfunding. Por máis que escarbei na web, non puiden atopar información clara. Ata incluso no apartado de búsqueda, buscando por algo tan sinxelo e directo coma "Price"... 



Ok, esto non é unha compañía online obscura tipo change.org, que básicamente obteñen beneficios de vender os teus datos e non comproban a veracidad da xente que firma dixitalmente. Tampouco se pode comparar co modelo desfasado daquelas discográficas pre-2000, que se aproveitaron canto puideron da súa época de esplendor, e que logo de ver que o seu negocio se desmoronaba, tentaron (e tentan) intoxicar a opinión do público dicindo cousas coma "a música xa non é o que era/a música está a agonizar" ou "o rock está morto"... pero hai algo que non me acaba de convencer dos crowdfundings, non sei, tal vez páxinas con pouca información e maneira de proceder pouco clara coma plegdemusic non me convencen.

Hai pouco tamén falei con alguén que me dixo que era normal que a propia banda puxera os seus cartos para que máxicamente a falta de un ou dous días de finalizar o plazo límite, se sobrepase por escasos euros o obxectivo, e se relatara cómo foi "un éxito promovido polos fans". Esto é debido a que se un proxecto non alcanza o seu obxectivo, o diñeiro reembólsase e é coma se non pasara nada... bueno sí, consideraríase que a banda fracasou no interés que pensou obter, ou que puxo uns obxectivos demasiado ambiciosos.

Falando de obxectivos ambiciosos, hoxe lin que se poñía en marcha o novo crowdfunding dos inimitables (no ridículo) Wintersun. Un crowdfunding coma non podía ser doutra maneira: épico, majestuoso, digno dunha obra de arte de valor incalculable.. bueno, incalculable para a maioría dos mortais, porque Wintersun esperan acadar, ojito, ni más ni menos que 750.000 euros!

¿E para qué quererán tanto diñeiro? Parece que Jari Mäenpää, o líder cansouse de botar excusas de que o seu PC non tiña suficiente RAM para grabar pistas e decideu que o próximo que faría sería que os seus fans lle compren unha leira, unha compañía constructora finlandesa pa que lle monte a súa casa de verán, logo uns alicatados por aquí e por alí, albañilería, fontanería, man de pintura, todito o equipamento pa montar un estudio, os impuestos finlandeses derivados e como non, xa postos, que cubran tamén o precio que lle vaia cobrar Paypal e Indiegogo. Sabía que os finlandeses eran rácanos coma eles solos, pero esto xa é a apoteosis total. 

Copio-pego:

Budget for Wintersun Headquarters

We've consulted professional construction companies and studio builders and gotten the estimated budget:
  • The property 100.000 €
  • The building 250.000 €
  • Construction of the studio 150.000 €
  • Additional costs: Finnish taxes (& Indiegogo platform fee  5% + credit card fee 3%) 250.000 €
  • Total: 750.000 €
To raise all this funding we are planning to do three massive crowdfunding campaigns like this first one. Each one with a different massive 50 € package. We hope to reach 5000 loyal Wintersun fans per each campaign, which is the ideal goal. (The future campaigns will be planned and scheduled according to the result of this first campaign).


Ata agora, pensei que ese home se estaba rindo da xente e dos seus fans, pero ahora creo que entoleou completamente. ¿Qué será o próximo? ¿Crowdfunding para dar una volta arredor do mundo durante 3 meses, e así adquirir inspiración para o seu próximo disco? De tolos, pero máis tolos os máis de 2000 aportadores que ten no seu primeiro día... á xente vaiselle moito.

Fuente: Crowdfunding Wintersun