Desta vez toca falar dos italianos Fleshgod Apocalypse, que pretenden conseguir ingresos extras xa non só a través de viños (tinto e branco) senón que lle dán nome á súa propia pasta!!!
Bueno, a este paso un día vanse quitar da música e montar o seu propio Mercadona...
Eu creo que chegar a estes niveles xa empeza a ser un pouco absurdo, pero desde logo a última palabra sempre a teñen os dichosos fans e coleccionistas pedantes... porque un viño australiano que pon Amon Amarth na cuberta non vai saber mellor porque teña esa etiqueta, ou unha pasta dun fabricante italiano aleatorio vai ser máis adecuada para tí si che gusta o Death Metal porque esteña escrito "Fleshgod Apocalypse" no envoltorio...
O de sempre, eu espero que Keep of Kalessin lancen o seu champú e Cannibal Corpse a súa marca de carne á brasa... Behemoth nuns anos terá o seu primeiro desfile en Cibeles e Arjen Lucassen patrocinará a primeira expedición humana a Marte...
Por se fora pouco, Fleshgod Apocalypse enseñannos cómo preparar pasta no seguinte vídeo...
Fuente