sábado, enero 06, 2007

Viaxe sur Estonia&Christmas dinners&Fin de ano&Máis

Xa fai moito tempo que non actualizo debidamente, asi que esta vai por todas xuntas!
Velaqui tedes ao completo (salvo Roland, o autentico Annibal, que esta sacando a foto) a todo o A-Team. Outro dia presentovos un por un a todos pero asi rapidinho... de esquerda a dereita...
Lars, Jeremy, Stephan, Gregor, Cristian, eu e Manuel Chiclana.
Aaaah canto vou botar de menos o equipo A....
Ok, vaiamos por fases...

Chapter I: Viaxe ao sur de Estonia
De esto vou ponher mais ca nada fotos, creo que se explican por si solas...
Este foi o primeiro sitio onde acampamos, estaba no medio e medio do monte, sen casas, civilizacion... algo asi como unha casa rural...
Cena estonia....
Unhas bonitas vistas desde o punto mais alto da xeografia estoniana... que atentos.... era de ....
300 metros sobre o nivel do mar.... diiioooooooooooooos
E si, a cousa e que Estonia e mais terra cha que a Terra Cha... nin montes nin nada...
Un dia falei cun colega estonio e diciame que era mellor asi, que podia distinguir mellor as distancias... (si si, pero .... non sei, cando me dixeron... "e ahora vamos subir ao monte mais alto de toda Estonia!" eu taba temendo subir algo asi coma o Cadramon ou o seu defecto Vigo, que e case coma o Cadramon civilizado (a veces non tanto) XDDDD)
O caso e que os tipos estan realmente orgullosos dos seus 300 metros, e incluso parece ser que tinhan as suas discusas e competicion cos letons porque eles tinhan o punto mais alto tamen cerca dos 300, e os estonios din que eles procuraban ponher terra encima da sua montanha para superalos algun dia...
Este foi o segundo dia, noutro hostel, que taba nun sitio mais normal que o primeiro (non moito mais, eh?). Tinhamos sala de xogos e todo!
Bufffffff non quero recordar este dia...
Esto foi o ultimo dia... meteronos no medio do monte para andar, andar e seguir andando pola beira dun rio , realmente algo peligroso porque o chan estaba asi coma mollado, e andabamos sobre a ladeira dunha montanha, asi que un minimo traspes ... e de cabeza ao rio....
Ainda asi a parte boa foi ver todo o paisaxe, moi impresionante
A parte mala e que chegamos reventados (eu morto) por durmir 2 ou 3 horas, de resaca, e de andar sobre 3 horas polo monte arriba....
Bueno, aqui nos tedes aa expedicion case ao completo!!
Unha foto que proba o da ladeira da montanha...
Aa dereita da foto non se ve, pero estaba o rio....
Aqui tedes o dichoso rio e unha fermosa vista do noso recorrido. E si, nos ibamos andando pola dereita da foto...
Outra vez vistas desde o punto mais alto de Estonia....
Ah! non o dixen, desde este punto podiase ver a un lado Rusia, e ao outro Letonia!
Sesion de jotas e flamenco....
Noooon! Isra, que se sabe tocar esas canciones que vuelven locas a las nenas!!!
Esto foi o primeiro dia; pola noite metimonos no medio da nada e do todo... o espirito pagano dos boscos apoderouse de Luis (Portugal) e de min, e coma se fosemos membros de Hordak, levantamos o noso facho aa luz da lua chea e caminhamos nas penumbras inhospitas do luar estono polo medio de matoxos e arbores!!
Seime de un que o iba disfrutar incluso mais ca min ... (eh? Marcos??? hehe)
Hehe, ese paseo estivera moi ben, andivemos no medio do bosque en oscuridad total, e alguns portabamos as antorchas ou fachos, como lle queiredes chamar... o unico que faltaba era a neve!
Outra pose pagana con chino incluido!
Vistas de lugares que visitamos...
Eso era unha especie de central meteoroloxica ou algo asi...
O mellor e que podias subir e a vista era espectacular...
Tenholle que preguntar ao meu colega Zhong Hua o que sale na anterior foto por mais fotos que sacamos ahi arriba...
Vistas do primeiro sitio no que acampamos...
Realmente fermoso!
Ao fondo podedes ver o bus, era xusto cando nos ibamos...
Chapter II: Cea-Recepcion Nadal nun hotel estonio
Aaaaaaaha!! esto foi sobre o dia.... mmmm non sei ... sobre o 20 de decembro creo.... Os tutores tiveron un detalle e invitaronnos a esta cea de nadal nun hotel bastante pijillo... e estivo moi ben, un pouco triste, porque eso suponhia a despedida oficial de moitos ... snif snif... pero bueno.. estivo ben...
Nesta foto como podedes observar, repartironse premios que nos mesmos outorgamos... por exemplo, (e coma sempre podedes clickar encima da foto para facela mais grande).
Daria aa esquerda de todo, premio aa Dancing Queen do Erasmus 2006, Luis esquerda abaixo premio ao Loverboy (hehehe ese Luiiiiiis), ao lado de Luis, Jurgen, premio ao tutor do semestre, Lars e Michael, aa dereita de todo os Party Kings, Eray no centro e cunha rosa enorme, premio ao Sunshine (o de mais bo humor), Isra e Kaisa premio aa parexa do semestre, Angel arriba de todo dereita, o mellor bailarin!, Tibo aa sua esquerda premio ao paparazzi (con unhas 10000 ou mais fotos feitas desque chegou!!), etc etc
Como podedes ver, un sitio con clase onde haxa!
Regalaronnos un libro coas direccions, e comentarios sobre cada un de nos (nosos propios comentarios), todo un detalle!
Como podedes ver non foi a festa mais alegre que tivemos... habia un ambiente no fondo de tristeza en todos nos, e a verdade e que este foi un gran semestre, o 95% da xente conheciamonos entre nos e saiamos xuntos, e todo nun ambiente de companheirismo total...
Santa tamen chegou ata nos aquel dia...
Aqui o que fixemos foi que nos dividiron en grupos segundo os paises, e para recibir o noso regalo tinhamos que cantar algo propio do noso pais...
Velahi tamos os espanholes (Manuel Chiclana xa estaba na sua querida e ansiada casa, e Cristian pasou de ir) e adivinhades que cancion cantamos???
Alcohoooooool alcohoooooooooool alcohol alcohol alcohol .... hemos venidoooo .... bueno creo que xa a sabedes a maioria...
E si, a cousa e que esta cancion tivo gran aceptacion este semestre entre todos!!!
Ahi me tedes, en companha dunha fermosa dama uuuhuhuhuhuhu .... E xa vedes que clase, con corbata e todo! XDDD
Pastel incluido!!!
Por certo, danse manha aqui cos dulces!!
Este estaba de chuparse os dedos!
Outra visual da festa... Logo intentaron facer un baile no centro, pero as masas xa non estaban pa eso...

Chapter III: Cea de Nadal no Castelo Ghlen
Creo que esto foi o dia antes de Noiteboa, outra vez os tutores organizaron unha cea nun Castelo. Aqui non vades ver moito do castelo, porque estivemos na planta de abaixo, e quedamonos ahi toda a noite...
A comida... tipica estonia... e bueno... podia ser mellor, ainda asi, eu comin ata reventar, e coma sempre o ultimo en acabar (eh Kike?? ahi faltabasme ti!!) e recibindo toda clase de improperios tipo ... "hei toma un pouco mais, que creo que non comiches bastante...", "hummm ese plato non pode quedar!!", "toma un pouco mais de eso, que sei que che gustaaaaaa"... XDDDDDDD
Logo de todo, un pouco de "vinho quente" moi tipico estonio, e eu trouxen algo de vinho espanhol que encontrei por ahi...
E si, oistes ben, vinho pa quentar... E un vinho especial que eles ponhen nunha pota, anhadenlle especias, e a bebelo quente coma o caldo! Realmente sabe ..... mal!!! pero o outro dia volvino a beber e bueno.... non estaba mal, pero era coma tar tomando un xarabe!
Creo que o que compraron para esta cea era realmente barato, segundo as minhas fontes...
Chapter IV: Festas e ultimas festas de Erasmus 2006
Aqui realmente non hai moito que falar...
Por certo, mirade! un italiano intentando meter lengua!! cousa nunca vista, chico!
Mais festa no piso dos italianos...Mira que son guapo! todos me miran cunhas ansias!!! XDDDDDDDDDD
A ultima festa no hostel con todos xuntos, pasillos abarrotados, e policia aa 1 da manha, cousas cotidianas por aqui...



Non me acordei ata agora!
O dia da hispanidad en novembro!
Os espanholes fomos "invitados" (hmmm mais ou menos) polo embaixador a tomar algo na embaixada de Espanha en Estonia!
Con Roland, afterparties no corredor!
Ese foi un dia duro para Roland como podedes ver...
Esa cousa que ten na man ... e veneno!!
Vodka de 80 grados, nunca vira cousa tal!!
E bueno, chega con verlle a cara...
Partidas de poker na casa de Gartxot (o terceiro pola esquerda e Justus, finlandes, primeiro pola dereita). Agora comparten piso con Cristian e Manuel...
Drinking parties no hostel hehehe,
Esquerda a dereita, Eu, Ricky, Eray, Maria, Manu (salvo Eray, todos italianos e bos rapaces todos!!!)
Mais afterparties nos corredores...
Aleman e austriaco tolos! Creo que a estes xa case os conocedes bastante ben... Lars e Michael
Mais....
Os meus novos colegas!

Chapter V: Cea de Nadal dia 25 no hostel
O 25 preparamos unha cea entre os que quedamos no hostel para todo o nadal... fomos uns 10 ou 12 e estivo realmente ben...
Chinos, aleman, austriaco, australiano (xa, non me preguntedes, pero non sei que fai un de Australia en Estonia en Navidad (e ainda que non fose Navidad!)) e espanholes...
Cada un de nos preparamos comida, intentando que fose o mais tipica do noso pais posible... , logo xuntamos todos os platos e hala!! a fartarse!
Pola minha parte eu preparei unha tortilla (non me vou erniar....) pero eso si, de doble piso, e Cristian fixo uns cortes de queixos e salmon (xa, non moi espanhol, pero bueno, por aqui fixamonos que ninguen come salmon da maneira nosa, e dicir, cun pouco de limon e encima de pan con philadelphia...) ...
Realmente enriquecedor!
Outra perspectiva...
A tia china que ta ao fondo ee Rebecca, a minha nova vecinha, que xa vos contarei no proximo chapter...
A que saluda, chamase Hu, que xa se foi para China...
E o tio que mira como perdonando a vida chamase Dima, un ruso que ninguen conhece... veu porque era amigo de Hu. O pouco que sei deste tio e que e un destes ninhos ricos... que ten un coche que segun el atravesa todo Tallinn en 10 minutos, e atencion o mais importante... cando lle dixen que era de Espanha, el dixo... " hmmm Spain.... eu tenho algunha propiedade ali, e de vez en cando voume de vacacions..." ...
adivinades que sitio??
...
...
...
Marbella.....
...
Cough coughmafiarusacough cough
huhuhuhuhu
Logo da cena, a facer parvadas...
uuuuuuuuuuuh its's me!!
Espirito Navidenho!

Chapter VI: Dias 30 e 31 de Decembro
Este que vedes aqui e Anton, un dos rusos colegas cos que pasei o fin de ano...
Vaiamos por pasos...
O dia 30 de decembro, o cumpre meu, funme cuns colegas estonios a Parnu. Parnu e unha cidade que queda a mais ou menos unha hora de Tallinn. A principal amiga que me invitou e Katrin, a rapaza coa que fun ao concerto de Swallow the Sun e cos colegas dela...
Pois ben, alo me fun aa sua casa ao mediodia, unha peazo de casa nun sitio lonxe da cidade, algo asi como poderia ser Alfoz, con casas desperdigadas e moito verde.
Ali comin tipica comida estonia de Navidad e paseino moi ben... Ela suele invitar cada fin de ano aos seus colegas ali a pasar un par de dias. O punto malo e que case todos eran parexas e de sobre 28-30 anos e eu sentiame un pouco deshubicado debido a eso (incluso unha das parexas vinha co fillo de 12 ou 16 meses!). Pero bueno, o ambiente foi moi acolledor e moi familiar. Conocin a un monton de xente e vivin un dia tipicamente estonio, tal e como desexaba.
Incluso un dos que taban ali (o pai da criatura) era cantante dun grupo de Death metal estonio chamado Symbolic State, e tivemos falando un bo cacho sobre musica...
Esa noite probei a sauna e non me molou moito, a minha piel queimabame e case non podia respirar... asi que non me levei moi boa impresion...
Ao dia seguinte fomonos de excursion monte adiante (iba dicir monte arriba, pero no hehe)... levaronme ata unha antiga fortaleza estonia, onde os estonios do medievo loitaron contra os cruzados! E logo ata un pantano inmenso, acabei ata arriba de caminhar!
Debimos andar sobre 2 km pantano adiante, e estivo xenial, porque sobre as 16:00 da tarde empezaba a ser noite e era un ambiente coma de neboa, verde escuro e silencio! Wow!!!
Logo voltamos aa fortaleza e metimonos dentro dun dos antigos refuxios dos estonios a beber te aa luz do lume! Tremendo!!!
E unha lastima que me olvidara a camara e non tenho ningunha foto daquel inolvidable dia...
Asi ata as 18:00 da tarde, hora na que tiven que volver para Tallinn, para encontrarme cos meus colegas rusos, aos cales lles prometera desde facia dias que iba pasar o fin de ano con eles.
Collin o bus e aas 19:30 cheguei aa estacion en Tallinn. Logo tiven que pillar un taxi ata a estacion de trenes, e logo pillar un tren aas 20:40 para un pueblo perdido a 1 hora en tren.
Cheguei ata o lugar e logo outros 20 minutos andando pola neve (si!! aquel dia nevou algo!!!por finnnnn!!), bueno, andando pola neve, sen luz, sen carretera coa mochila aas costas....
E ao fin cheguei!
Era unha casa perdida no bosque, nun ambiente coma de peli de terror hollywoodiense hehe
E ali estabamos! Outra vez comida estranha, carne ao forno, moi boa por certo, e demais cousas de picar tipicas daqui...
Aqui podedes ver, de esquerda a dereita, Nikita (o seu irman, Ivan, e un dos xefes do portal web www.metalstorm.ee), Eddie (o meu primeiro colega) e Anton, logo estaba Arthur, que non sae na foto.
Pois eramos estes e paseino de diferente forma que cos outros, estes son mais juerguistas e os outros estonios mais... maduros...
O primeiro que fixen no ano novo foi, aparte de beber champagne, meterme na sauna outra vez!
Logo de que me insistiran varias veces, aceptei e moito mellor ca a do dia anterior! sudar moito si, pero non me queimaba a piel... e podia respirar, non perfectamente, esta claro, pero mellor... e logo de 15 minutos, de cabeza aa neve en coiros!!
Hahaha e a tradicion!
E logo outros 15 minutos de sauna a 80-100 grados
E logo a saltar na neve outra vez!!
Foi moi divertido, un fin de ano que non esquencerei!
Logo incluso me regalaron unha camiseta moi chula, acordandose do meu cumpre!!
E bueno, tenhovos unha sorpresa por ahi aos de Lugo e Vigo, este veran non vou voltar solo, Nikita e Eddie vanme acompanhar no vuelo e vanse pasar unha semana na minha casa!!!
A verdad e que me sorprenderon, pero por supostisimo cando me dixeron se me podian facer unha visita aceptei encantado!!
Asi que xa conheceredes a un par de rusos que non son matons, nin da mafia, nin nada do estilo!
A verdad e que son cojonudos!
Chapter VII: Contos asombrosos
Se flipastes co da historia da disco rusa... hehehehe
con esto vaisevos ponher a piel de galinha...
Esto sucedeu un dia que quedei con Eddie para coma sempre tomar unhas birras...
Ese dia chegou algo tarde e solo, cousa rara, porque normalmente sempre vinha con outros 2 ou 3 .. e diceme... hoxe... hmmm hai un dilema... podemos ir tomar algo por ahi os 2 solos, ou podemos ir aa festa de cumpleanos dun amigo dun amigo meu, onde seguramente atopemos ao resto de xente...
enton eu dixen, por que non? vaiamos enton aa festa esa
Subimos ao tranvia e fomonos a unha especie de parque.
A todo esto, mentres ibamos no tranvia Eddie empezoume a meter algo de medo, porque me iba dicindo... bueno, na festa esa, vamonos atopar con algun personajillo cos que tes que ter cuidao... de feito un deles cando bebe vaiselle a cabeza moito e e capaz de soltarche un punhetazo, asi que non te acerques moito... e logo hai outro, que ninguen invita aas festas, pero que sempre se autoinvita, e un tipo gordo, que a ninguen lle cae ben... ese tipo rompeume o nariz o ano pasado...
...
e a todo esto xa podedes imaxinar a minha cara de ... onde me estou metendo.... mentres el me ia dicindo todo eso...
A cousa e que chegamos... e non vos podedes imaxinar o panorama que me encontrei...
...
O 90% da xente que taba ali levaba pantalons militares... botas militares.... diversos emblemas... cabezas rapadas.....
Si! adivinhastes.... skins, ou nazis ou o que sexa!!!!
E ahi, a verdade entroume un pouco o cague...
Nun parque, totalmente oscuro, rodeado unicamente de esa xente...pffffff e eu co pelo largo!!!
Asi que me procurei arrimar todo o tempo a Eddie...
Pero aconteceu algo que non me esperaba en absoluto!!
Eles acercaronseme e fun o centro de atencion!
Todos preguntandome cousas sobre que estaba facendo aqui, porque elexira Estonia, que me parecia o sitio, que se lles podia aprender tacos en espanhol.... a verdade e que incluso mo pasei ben!! Invitaronme a birras, contaronme historias da mili (hahaha), historias moi surrealistas! todo xenial!
Habia unha rapaza que cada vez que me vinha falar deciame: bebe! brinda por Rusiaaaaa!!! Hahahaha
E logo atopeime co tipo que me dixo Eddie que era peligroso, e taba totalmente bebedo....
enton pois eu retrocedin un pouco... calquera sabe que venada se lle podia pasar pola cabeza!
Pero nada!, o tipo colleu e dime: de onde eres? Espanha???
E vai o tipo, levanta o brazo e dime:
Arriba Franco!!!!!
e eu estaba eheheheh si si ...
pero ata que non lle levantei un pouco o punho dicindo ... arriba arriba... non parou de mirarme...
hehe .. visto desde ahora fai gracia... pero no momento.... uffff
E nada! ao final cando me fun para a casa todos eles sabian o meu nombre e abrazabanse a min!!
Incluso me invitaban a ir a facer sky ao dia siguiente, ou a un concerto de punk-oi aa semana seguinte... cousas que non puiden facer porque me iba de festival...
Eso si, non lle fallei aa proxima festa de cumpleanos a outro dos que taba ali, que me insistiu que fora. Ese tio, parece ser que era da armada de Estonia e un alto cargo! E empezoume a explicar que el tinha un anillo (ensenhandomo todo orgulloso) que solo 3 personas mais tinhan en todo o exercito, e que unha delas xa morrera e que ahora quedaban 2...
que estivera 3 dias sen comer e sen beber... e que era unha maquina de matar , que non pensaba, solo obedecia,... ufffff
historias incribles...
coma as que me pasan a min...
hahahaha
menos mal que vou tendo sorte...

Chapter VIII: A vecinha china
Pois como vos dixen tenho nova vecinha no cuarto do lado. Unha rapaza china moi moi rara, xa veredes...
Cando chegou... pois nada moi ben, ao dia seguinte preguntoume incluso se queria probar comida china, ao cal, por suposto! Encantame probar cousas novas!
E bueno, a comida, non e gran cousa, pero esta ben... en xeral, demasiado pouco sal, e gustalles moito o picante...
Pero ao tema, a rapaza empezou e non parou! Quero dicir, leva 3 semanas facendome a comida!!!!!
Incluso me levanta! (menos mal que desde fai uns dias xa deixou de facelo) por ahi da 13:00 e dime " A comida esta na mesa!!"
Nunca me imaxinei ademais comer en Estonia rabo de porco, ou incluso orella ou lengua!
Vale, por unha parte cojonudo!, tenho algo asi como unha nai que me fai a comida, espera por min incluso pa comer e non me deixa nin siquiera fregar os platos, ainda que llo pida 5 veces!
Pero todo ten a parte mala....
Non sei se o toma asi como o que eu lle debo ... ou non sei... pero a tia empezou a preguntarme se lle podia facer exercicios de estadistica e matematicas, e claro, eu por suposto (como xenio dos numeros que son XDDDD) dixenlle que o intentaria... e bueno... a cousa e que os exercicios eran ... complicadinhos... algo asi como dunha vez... inecuacions de 5 incognitas, explicarlle que e unha integral ou unha derivada a alguen que non ten nin idea... etc...
nah cousas faaaaaaciles (@%#^&*#$!!!)
Pero logo ... a cousa empezouse a desmadrar e non no sentido de preguntas de estadistica....
A tia empezoume a preguntar sobre a minha vida personal....
e cada vez que eu lle dicia que eso non llo podia dicir ela insiste e insiste... pfffffffff
E ademais...
Poido chegar ao cuarto aas 2 da manha, aas 5 da noite aas 7 da madrugada... da igual,... en 2 minutos ela salira da habitacion... non sei para facer que...
As primeiras veces sempre era para preguntarme se queria que me cocinhase algo... de tolos...
E ultimamente e para ponherse un te ... si , aas 5 da manha.... hmmmm...
Ata o punto de que me esta chegando a tocar as narices algo, pero bueno, aguanto porque sei que se vai ir en 4 dias...
Logo outra cousa graciosa e que un dia que cheguei aas 5 da manha... e sabendo que ela se iba levantar 1 minuto despois de oir a porta abrirse, puxenme coma un fuego a facerme sandwiches para min... comida non chinaaaaaaa!! (e e que esa e outra, a comida que compro tenho que tirala, porque caduca! e non sabedes como me fastidia tirar comida, incluso o xamon que me enviastes, Carlos, non o dou acabado, porque a ela non lle gusta moito e sempre me encontro encima da mesa un plato cheo ata riba que tenho que acabar... )...
Bueno, pois puxenme a facer sandwiches coma un fuego (XDDD) e, como non, 2 minutos e saleu ela da sua habitacion a preguntarme se queria que me fixese algo... ao cal respondin que no, que xa estaba facendo... e ela vai... e sentase aa mesa e quedase mirando pa min cun ollo cerrado e outro aberto, e coa man sujetandolle a cara pa que non se lle caiga a cabeza (???) ... (aas 5 da manha!!!) . Enton eu digolle, queres que che faiga algo? E ela dime ... bueno...
Enton faigolle un sandwich e vai ela e dime... estoume rindo agora mismo de pensalo...
"Este e o mellor sandwich que probei na minha vida!" Hahahahahahahahahahahahahahaha
Pero e que logo ao dia seguinte apureime en levantarme antes ca ela e empezar a facer algo de comer ... e puxenme a facer pito...
E na comida dime...
"Este e o mellor pito que comin na minha vida..."
Pero non vos pensedes que ten unha obsesion conmigo... porque fai 2 dias Eray fixo pasta no noso piso, e ela volveu a dicir...
"Esta e a mellor pasta que probei na minha vida.... "
Hahahahahahah...
En conclusion... ta tola!
Ou se queredes que o diga mais suave... e rara de carallo! O que non quere dicir que sexa mala persona nin moito menos.... pero non sei, ten cada cousa....
Por exemplo, e coma os picaros... non se atreve a decir tacos... nin sequera en ingles!!
Cando tamos falando de tacos en outros idiomas entre varios (un tema moi interesante... hehehe), ela nunca di nada, pero cando se interesa por saber que significa unha palabra... pregunta.. "eso significa efe u ce ka??" hahahaha
Ah! e o outro dia puxoseme a ler a man (???), aas 2 da manha... e eu pensaba que seria cousa de 5 minutos e estivo 2 horas!!!!!!
Bueno, e por ultimo, decir que o outro dia deume unha nota en papel... e vouvos ponher literalmente o que pon a nota que tenho diante minha:
"Things Diego has to do before Rebecca's leave:
1. Play some guitar for Rebecca
2. Show how to shave moustache in Diego's way
3. Cook chicken once again
4. Expect to see what drunken Diego looks like"
...
Bueno, sen palabras,... sobre todo o punto numero 4 non o acabo de entender...
Pa que??
Argh!
Que xente mais rara!!
Por certo! o outro dia invitoume a ir cuns amigos seus ao ballet!!
O lago dos cisnes!!!
A verdade e que me gustou!!
Debia de ser unha imaxe moi surrealista... eu no ballet, rodeado de 4 chinas e un chino...
Mooooooola
Espero que tenhades suficiente!!
Necesito ver as vosas caras! ou respostas ou o que sexa!
Vemonos!!