... que obviamente non se move tanto por acó abaixo...
Recén salidos, directo ó número 1 en Finlandia chega o novo album de Stam1na, grupo bastante popular por terras finesas, ainda que non tanto polo resto de Europa, supoño que cantar no seu idioma natal xogará na súa contra. Oíralles o disco do 2006 e gustárame bastante, tal vez non lle pillei o punto a "Raja", o seu do 2008, que durou pouco nos meus oídos. Agora estou a punto de coller con non demasiadas boas perspectivas o seu novo traballo logo de oír as cancións dos videos, inda así haberá que darlles unha oportunidade.
Como dixen, "Viimeinen Atlantis" entra directo ó nº 1 no chart finlandés, certificando disco de ouro por vender 15.000 copias
Aquí tamén podedes ver o seu último video, recién salido do forno, "Rikkipää"
Por outra banda, os noruegos Keep of Kalessin chegan na súa primeira semana ó número 2 das listas do país! Dándolle cun canto nos dentes a todos os que vaticinaban que era un grupo que forxou o seu propio descenso ós infernos ó adentrarse na aventura eurovisiva... e ainda encima salirlles mal, supostamente "perdendo a proxección internacional que buscaban e perdendo ós fans que tiñan ó sacar unha canción que deslucía bastante o seu pasado musical". A mín, personalmente, "The dragontower" non me parecía tan mala canción, o que sí, tal vez non para un grupo coma Keep of Kalessin, pero parece que a experiencia non lles foi finalmente mal se conseguiron vender nos primeiros días ata chegar ó número 2!
Teño que decir que "Reptilian" non está nada mal, moi progresivo e con cantidade de cambios e rexistros, pode que "The dragontower" sexa a canción que máis desentona con respecto ó resto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario