Páginas

jueves, septiembre 08, 2016

Diario de Enlil: Maniakk at Rest

Hai tempo que non me pasaba por aquí para falar do que estou facendo últimamente no que se refire á música, polo que vou expoñer o que foi este ano 2016 ata o momento:

No meu último post mostraba un teaser do que sería a próxima bit-demo de Enuma Elis. Pensaba que tería listo ou case listo todo neste punto do ano, pero quedeime máis ou menos onde estaba debido a que os amigos locales me lían. Polo tanto, non hai novedades de momento sobre "Delirium Tremens". 

En canto ó proxecto dos amigos que me propuxeron axudarlles cunha segunda guitarra, acabou coma me comentaran nun principio (ou un pouco máis tarde, nun principio era solo ensaiar e jammear por diversión): cun concerto na sala dos amigos. Xa non estou eu para trotes de concertos, nin sequera de bandas nas que se me esixe unha regularidade nin compoñer/ensaiar na casa. Por eso Must Maniakk era unha boa excusa para liberarme por uns momentos do traballo e facer algo diferente entre semana. Nin ensaios na casa nin composición, perfecto. A lea foi cando de repente había que facer un concerto. Nin o estilo dos temas era o meu, nin a súa música tiña suficiente variedade nos riffs pa un servidor.. vindo de facer cousas con Mileth, no que metíamos 10 riffs diferentes por tema, cada guitarra tamén facendo unha cousa distinta da outra sempre, os temas de 4-5 minutos e 2 riffs, por un lado non me ocasionaba ningún quebradero de cabeza, pero tamén acaba aburrindo un pouco. 

Así que o punto final foi o 21 de Maio do 2016:

O certo é que foi un concerto divertido, incluso me tomeu un par ou tres birras antes de ir tocar, cousa que nin se me pasaría pola cabeza en ningún concerto anterior. Tal vez debido a eso tiven algún erro puntual pero penso que á xente lle deu igual. O carallo foi velo despois en vídeo xa pasada a festa!

Algún se quedou medio cego no público debido ó reflexo da miña guitarra.

Sempre me acordarei cando de repente, ó cantante-guitarra, que facía tamén a música (o proxecto era del e mais do batería), a 3 horas de empezar o concerto me dixo: "teño un novo riff para esta canción, tocámolo despois de "aquela parte" e a ver cómo vai, tranquilo, se hai algún fallo estamos pa divertirnos e non pasa nada". Xa claro, se estiveramos no ano 94, non pasaba nada, pero na era da tecnoloxía na que todo queda grabado por alguén e súbeo para que o resto da xente o vexa no seu canal de Youtube, etc... xa non hai eses concertos "entre amigos e sólo entre nos" máis.

Por aquí unha mostra sonora do que foi aquel día, non me pensaba que naquel antro que teñen os meus amigos se dera un sonido máis ca decente, mellor que algúns concertos que vin na Iguana, o Bar de Juan-Anoeta, etc. Xa vedes que o estilo que tiñan os meus colegas non é nada doutro mundo pero igual pa tomar unha birra mentres se escoita non está mal! (tampouco me esperaba que nas grabacións se oíra a miña guitarra por encima do resto, arriba recordo que todo estaba compensado).


Máis ca nada, foi un concerto de grupos primeirizos e de amigos, posto que salvo Surmarõõm, o resto de grupos nunca tocaran en vivo. 

O curioso é que o último grupo en saír a escea foi o proxecto personal do batería de Must Maniakk. Fóralles a algún ensaio, e asegúrovos que eran 3 personas, pero no concerto apareceu él só xunto cun PC. Supoño que vería que os 2 restantes non deron feito a tempo pa ter listo un concerto, pero debeu ser moi pouco antes de subir! Esto é algo que vexo moi a miúdo nas bandas: a présa por sair a un escenario incluso sen ter suficientemente mallados os temas, o mesmo con sacar álbumes/demos. Pero en fin... 

Este proxecto chámase Joy At Rest e é un caso absolutamente contrario a Must Maniakk: cancións de riff tras riff tras riff, progresión absoluta con estructuras complicadas, de feito hai algún tema que eu consideraría que non ten estructura, senón que é unha sucesión de riffs nos que a canción non volve a nada anterior. Eu optaría por unha mezcla de progresividade con reminiscencia a algún riff ou melodía anterior, é decir, que se note que estamos na mesma canción coa mesma temática a vista de paxaro. Por ese motivo, escoitar a Joy at Rest resulta por veces complicado, porque non sabes a onde van parar as cancións, e se che poñen mil riff pegados uns a outros, parece que non hai un fin. 

Aquí podedes ver o que fai, grabación xusto do concerto que nos toca nesta entrada:


Como sexa, o rapaz ten ideas interesantes, ainda que baixo a miña percepción personal, un pouco de orde nelas non lle viña mal. 

Logo deste concerto, penso que ata o mesmo día, veume falar de que estaba buscando novos integrantes, e debeu ser a alegría da noite, que pois finalmente accedín a axudar cunha segunda guitarra. A sopresa veu uns días despois cando parece que xa había un concerto programado e outro na mesma sala que tocamos en maio como "ensaio pre-concerto". E sería o 3 de decembro e 19 ou así de novembro... recordades o que dixen hai unhas líneas sobre apresurar as cousas..? Ben.. pero bueno, agora estou xa ensaiando con él mais outros dous, baixista e batera que son bastante bos, a verdade. O que non me esperaba é que o primeiro concerto serio sexa nunha sala de renombre aquí, a mesma na que tocaron Cradle of Filth, Moonspell, Sepultura, Death TBA, etc hai uns meses, e teloneando a un grupo sueco! Interesante, ainda que por veces me da a impresión que xa vou vello pa estas cousas.  

Por esta razón, xunto coas vacacións de verán é pola que me foi imposible concluir unha demo de Enuma Elis e supoño que non será este ano, esperemos que para o que vén teña algo máis de tempo. 

 Post-concerto I
Post-concerto II - Must Maniakk


Por outro lado, tamén me gustaría destacar que hai uns poucos meses Mileth sacou "Petros, Axioma da Terra" por fin en formato single, xunto coa inclusión das demos anteriores nunha compilación chamada "Recolleita dos Demos que han de Ser Esquencidos". Gustoume o sonido que lle sacaron a esta canción, que realmente non é nova, fixémola haberá 5 anos, nin sequera é a última que fixemos na banda mentres estaba eu. De feito sempre dixen que teño moita gana de que saquen algo novo sin min pa ver cómo sonan! 
Polo resto, A Novena Onda sona ben, coma fixeran na demo do 2014. É curioso, sempre pensamos que esa canción quedaría un pouco deixada comparada coas outras que considerábamos "mellores" e finalmente foi a máis conocida. E sinceramente non me gusta nada cómo quedou o sonido das 2 da demo. Prefíroas na primeira versión, sona moito máis blacker e "trve". Nesta nova o sonido de guitarra quedou moi comprimido e casi non se sabe qué fai cada unha. De feito costoume acabar de oir ese par de temas, cousa que non me pasa nas versións demo de hai 4 anos. 

Pois nada, haberá que seguir esperando para oír algo novo de Mileth, eu sigo con ansias desde que marchei!

No hay comentarios:

Publicar un comentario