Páginas

martes, mayo 22, 2012

Microreviews Maio'11 - II


Forgotten Horror - The Serpent Creation (2011)
Blackened Thrash Metal
Myspace
Ainda que Forgotten Horror é un grupo de reciente creación, os seus membros xa son suficientemente experimentados dentro da escena underground extrema do seu país. De feito, os seus tres compoñentes forman parte duns clásicos do Death-Thrash finlandés coma son os Deathchain. Neste novo proxecto chamado Forgotten Horror, os nórdicos dánlle á vena máis clásica do Thrash-Black con toques Death, facendo temas de estructuras simples pero de xeniales e pegadizos riffs. The Serpent Creation é un disco moi ben balanceado entre os estilos mencionados, que non aporta moito novo, pero que tampouco o pretende, e que se basea en lanzarnos un bo puñado de riffs en crudo que fácilmente se che enganchan e te meten a headbangear sen nin sequera darte conta.
Por suposto, gran producción, como manda o país, e... discazo!
35 minutos de meneo sen stop. 8/10


Enlace
Glorior Belli - The Great Southern Darkness (2011)
Black'n Roll
Myspace
Tiña curiosidade cando vín os nominados a mellores discos de Black Metal de Metalstorm por escoitarme o novo dos franceses Glorior Belli, xa que se decía desde que era unha obra maestra (xa... desas a estas alturas créome poucas) ata que exploraba novos horizontes dentro do Black (por ahí xa me ganan un pouco máis).
E ben, o veredicto é... sí, aquí hai unha aproximación a uns novos horizontes antes non vistos dentro do Black Metal e que sorprendentemente empastan ben a pesar da súa inicial desconexión: o Black e o Southern Blues-Rock. Oístes ben, Glorior Belli mezcla con éxito sonidos do Rock sureño americano, coa escuridade do Metal extremo, sendo éste último a base da que parten. Pero non se amilanan no experimento en cuestión e incluso introducen partes de Southern Rock propiamente ditas por exemplo no tema que dá título ó álbum, con voz clara e guitarras acústicas, facendo unha conxunción extraña de primeiras, pero cuio resultado é sen duda exitoso. As partes máis ortodoxas en canto a Black Metal se refiere xa non me gustaron tanto, pareceronme á altura de calquera grupo medio, pero é innegable que os franceses abriron unha porta máis hacia a heteroxeneidade dentro deste mundo extremo (ou alomenos que eu non tiña oída ata o dagora).
En definitiva, penso que é orixinal, pero tamén que se podería ter feito un álbum mellor. Ainda así, disfrutable para todos os amantes do Black'n Roll.
Por la glorior de tu madre! 7/10


Týr - The Lay of Thrym (2011)
Viking Heavy-Power Metal
Myspace
Os das Islas Feroe lanzaron o ano pasado o que foi o seu sexto traballo, no que parece que tentaron coller os puntos fortes do seu aclamado anterior By the Light of the Northern Star e poñelos baixo o seu particular sello unha vez máis.
Sen que a música de Týr neste The Land of Thrym sexa significantemente distinta ó que levan facendo desde hai dez anos, sí que se notan algúns pequenos cambios, sendo o máis palpable a tendencia a facer temas cada vez máis simples, de duración reducida e onde durante un 40% do tempo se repitan estribillos-hímno coreados.
Como dixen, non é que Týr cambiaran drásticamente o seu estilo, os punteos doblados de melodías folk e a voz clara e distinguible de Heri Joensen seguen levando a batuta, e, certamente seguen sabendo cómo facer coros pegadizos, pero a mín resultoume un disco moi cansino, que, unha vez sabidos os anteriores, éste se queda nunha versión fácil e reiterativa deles. Non me extrañaría que fose un disco-proba, para saber se sacando un CD máis "directo á melodía-estribillo" poden acaparar máis fans sacrificando o seu lado prog de estructuras complicadas de antaño. Como me ule que non será así, apostaría a que no próximo disco meten un par de temas rondando os 10 minutos XD
Unha versión empobrecida de Týr. 5/10


Sectu - Inundate (2011)
Death Metal
Myspace
Sectu é un dos múltiples grupos de Death que están a saír de Suecia. A pesar de estar formados hai máis de 5 anos, o primeiro álbum lanzárono o ano pasado, falo déste chamado Inundate.
O primeiro que me chamou a atención sobre Sectu é que non teñen o típico sonido "Swedish" -cousa rara-, senón que se decantan un pouco máis polo lado americano e técnico. A súa música, lonxe de ser orixinal, pareceume tremendamente ben feita. A pesar de ter a súa complicación interpretativa, non se introduce de cheo en tecnicismos protagonistas sobre a ambientación; é o sentimento introspectivo e oscuro que pretende transmitir Inundate o que manda sobre o resto. Todo un acerto baixo o meu punto de vista, xa que parece que afloran por todos lados grupos de Death Técnico capaces de facer instrumentísticamente virguerías, pero que non saben compoñer unha canción e que non contagian nada máis que a sensación de estar asistindo a unha fría "master class".
Outra característica atípica de Inundate, sendo un disco de riffs intrincados e disonantes, é que os temas rara vez pasan dos catro minutos e o CD é de pouco máis de media hora. Tal vez un/dous temas máis estarían ben, pero mellor acabar media hora polo alto que 50 minutos con peor sensación.
Pouca orixinalidade suplida con técnica e composición. 8/10


Kromlek - Finis Terræ (2011)
Melodeath/Viking Metal
Myspace
Xusto agora acabome de enterar de que os alemanes Kromlek se separaron en Marzo do 2012, pregúntome se éste Finis Terræ tivo algo que ver nesta decisión... o máis probable é que sí.
O cambio dado pola banda neste disco póstumo é desconcertante, non me extrañaría que ou algún membro non se sentira contento con él, ou que as ventas e críticas non fosen todo o boas que esperaban Kromlek.
Recordo terlles oído os dous primeiros discos, máis ca interesantes, nos que facían un Pagan Black traballado, con doses Folk e algún deje de Melodeath nórdico. Para Finis Terræ, Kromlek decideu que iba probar sorte cun disco diferente, un disco que pegara coas "modas" imperantes hoxe en día no Metal extremo pero melódico: Melodeath con arreglos electrónicos e Viking tipo Equilibrium/Ensiferum con moita máis dose Power que Viking.
Unha vez postas as ideas sobre a mesa, sinto ter que decir que ambas influencias non pegan, alomenos na forma que Kromlek as traballou. O resultado está cerca duns Skyfire-Kalmah con samples e mínima influencia folky, cousa que non está mal de por sí, pero aquí fáltanme boas composicións. Vendo a historia da banda, os seus anteriores discos e cómo encararon este novo, penso que a intención de chegar a un público máis amplio puido co potencial da formación ata hundila, facendo un CD pouco sincero e traballado, que dudo que gustara nin ós seus fans habituales nin ó resto.
RIP Kromlek. 2/10


Autopsy - Macabre Eternal (2011)
Death Metal
Myspace
Celebrando 25 anos, os norteamericanos Autopsy retornan logo de moitos anos de parón márcanse un señor disco de putrefacto Death old school con Macabre Eternal. Coma sempre, non cabe esperar un sonido nin limpio nin técnico nin pulcro; esto é Autopsy con todo o que elo conleva; zombificados guturales demenciales e agónicos, riffs retorcidos, incómodos e asfixiantes, sempre cunha base moi da vella escola americana do Death e Thrash que combinan co Doom/Death, e sección rítmica cambiante e variada que vai desde algún blast ata a densidade macabra de tempos lentos.
A ambientación insana de peli gore serie B de Autopsy vese reflexada unha vez máis en Macabre Eternal, ainda que os estadounidenses decidiron aportar algunhas gotas a modo de novidades sonoras para este novo CD, como é a inclusión dalgunha guitarra acústica (que eu non tiña consciencia de ter oído noutros discos da banda, ainda que tamén é certo que hai moito tempo deso), e un maquiavélico tema de estructura máis traballada do normal de nada menos que 11 minutos!
O único "pero" é que se me antoxou un pouco largo de máis, pero pareceume un bo disco, aconsellado a todo fan do Melodeath-core que crea que os seus grupos son os máis "extremos".
Macabre Death Metal. 7/10


Isole - Born from Shadows (2011)
Doom
Myspace
Quinto álbum dos suecos, logo de sacar un gran Silent Ruins, co que comparto a gran maioría de críticas positivas que acolleu durante o 2009.
Este Born From Shadows prometía moito, xa que os halagos volvíanlles dar a cara a Isole, pero a mín non me convenceu tanto coma me gustaría. Dinlle bastantes oídas durante un tempo, sempre deixándoo reposar para ver se ó día seguinte me convencería máis que o anterior... Hoxe collino outra vez, púxeno, e dinme conta que non crecera absolutamente nada en mín. Unha pena, pero teño que ser sincero, e decir que non mo volvería a poñer máis porque me aburreu bastante. Aquí recordo o que dixera naquela microreview sobre o de que cando me encontro (ou a xente en xeral, polo que vexo) cun álbum de Doom que non me enche, teño cautela por decir que é un mal álbum e acabo decindo que non está mal, e que lle gustará a algún seguidor do xénero. Neste caso, non creo que Born From Shadows esteña mal, a realización e coidado nos detalles é palpable que está feita por un grupo pro, pero os temas a mín non chegaron a tocarme a fibra, case que en ningún momento. A sensación de ter todo xa oído e estar feito anteriormente tamén xogou na contra deste disco, que segue a pies juntillas o legado de principalmente 3 bandas: Solitude Aeturnus, Candlemass e While Heaven Wept, ó que lle añaden algún growl contado. O estilo non é novo; melancólico Doom con tintes épicos e alternancia de tempos entre o low-mid, pero os temas e composición tampouco son novos.
Por debaixo das expectativas. 5/10


Helrunar - Sól (2011)
Black Metal
Myspace
O dúo germano Helrunar puxéronse as pilas para sacar o ano pasado un álbum extenso, de feito dividido en dous, de Black Metal consistente ainda que non diga moito novo. Penso certamente que hai bos momentos en Sól, e tamén creo que a medida que lle fun dando escoitas me foi entrando mellor, pero sigo coa idea de que máis de unha hora e media de disco é demasiada. Sobre todo cando o tipo de Black Metal non me resulta especialmente chamativo de primeiras.
O tipo de música de Helrunar é un Black esencialmente a medio tempo, ainda que hai heteroxeneidade rítmica suficiente que varía entre algún blasting, e incluso low-tempos máis atmosféricos que lle dán a Sól un aire ocultista e pagano, axudado por sonidos sampleados, voces diferentes e distorsións extrañas de vez en cando. Os temas son extensos e, ainda que de riffs largos, o dúo consegue facelos o suficientemente variados como para que o oínte manteña a atención en saber qué é o próximo que se vai atopar, unha das miñas principales queixas na maioría de grupos desa moda "shoegaziana" que vén sobre todo de USA.. -que non saben facer cancións atraíntes-. Helrunar sí sabe.
Non é un disco orixinal, pero vai conseguindo o que pretende, sobre todo en sucesivas escoitas, cousa que recomendaría se vos gusta este xénero e Sól non vos parece gran cousa ó principio. Ainda que sigo coa miña idea de que un disco de unha hora sería mellor que un doble de hora e media.
Gana co tempo. 7/10


EnlacePagan's Mind - Heavenly Ecstasy (2011)
Prog Power Metal
Myspace
Os noruegos Pagan's Mind son un seguro para calquer aficionado ó Power Progresivo. Na súa década larga de existencia e seis discos con éste Heavenly Ecstasy conseguiron algo bastante difícil: manter unha constancia de alta calidade con cada un dos seus traballos -salvo no anterior según se dí, pero lamento non telo escoitado para emitir unha opinión-.
Este novo CD non difire excesivamente do que estes nórdicos xa expuxeron en discos tan imprescindibles coma Infinity Divine ou Celestial Entrance: unha base de potente Heavy-Power Metal moderno con moitos arreglos progresivos e con influencias por veces máis Hardrockeras e Progrockeras, ás que lle añaden algún guiño ó Metal un pouco máis extremo, coma certos riffs ou rasgados. Ó fronte da formación Nils K. Rue é un seguro coa voz, e no resto o equilibrio entre virtuosismo moderado, composición e melodías pegadizas fai que unha vez máis Pagan's Mind seguramente acertaran para cos seus fans.
Facía bastantes anos que non oía a Pagan's Mind, de feito lín cousas non moi positivas do seu anterior e lonxano God's Equation (2007) e pasei de darlle un vistazo, así que perfectamente haberá máis de un lustro que non escoitaba a esta banda, e o reencontro case que non puido ser mellor. O único negativo que lle encontro é unha balada chamada "Where Angels Unite", que está entre a dun grupo AOR ochentero con empacho de glucosa e un villancico... non pinta nada. Polo resto, bo álbum.
PS: Puntazo para ese deje Queensryche en "Walk Away In Silence".
Á altura do mellor que lles recordaba. 8/10


Grendel - Corrupt To The Core (2011)
Melodeath/Gothic Metal
Myspace
Se hai algo que guste facer (e saben facer) especialmente en Finlandia, é a mezcla entre sonoridades máis cercanas ó Metal extremo, con melodías melancólicas, moi melódicas e pegadizas (vamos, o que eu entendo por Suomi Rock-Metal), a veces rozando o Pop-Rock gótico. Este terceiro traballo dos ata hoxe descoñecidos para mín Grendel é unha mostra máis dese gusto, un estilo sobradamente usado e sobado xa en Finlandia, que pretende acoller tanto a fans do Death Melódico con elementos modernos, coma a seguidores de Metal melancólico moi propio do país no estilo de Sentenced, To/Die/For ou Amorphis (para os cales estiveron abrindo na súa última xira por terras finlandesas).
O certo é que Grendel realmente consegue contaxiar certos estribillos e Corrupt To The Core ten unhas cuantas boas cancións, pero tal vez a idea que me foi rondando a cabeza durante o disco é que este estilo xa está utilizado de máis por bandas do seu país, que se vé coma o seu "target" principal, e terano difícil para competir con moitos outros grupos que tentan un estilo similar do tipo de Omnium Gatherum, Black Sun Aeon, Eternal Tears of Sorrow, Norther...
De todos xeitos é un álbum que se oe fácil e cumpre para entreterse durante un rato. 6/10

6 comentarios:

  1. Jajajaja peropordiós, conozco dos y en los dos estoy en desacuerdo contigo. El de Kromlek me parece mejor que los dos anteriores. De Týr no puedo decir gran cosa porque sólo conozco bien los dos últimos, pero me parece más "estribillístico" el anterior que este. No mucho más, eso es cierto. Pero al menos tiene la canción pelín más larga/progre del final, cosa que el "By the light" no.

    ResponderEliminar
  2. Jajaj A mín o de Kromlek, tal e como digo, pareceme que non acertaron co intento, e xa digo que non me extrañaría que esta cousa que sacaron levara ó grupo a desfacerse :S (a microreview fíxena antes de saber que se separaran)
    O de Týr, o anterior non me fixera moita gracia, pero éste novo pareceume o máis simplista que lles oín sin duda. Despois dos 3 primeiros pouco a pouco foi un grupo que me foi deixando de gustar, qué lle vamos facer :/
    En fin, gustos son gustos :D

    ResponderEliminar
  3. Sonábame de que lera algo hai case un ano en Pagan Dreams sobre o de Kromlek, e nesta quédaste tí solo Grilo XD

    http://pagandreams-zine.blogspot.com.es/2011/06/kromlek-finis-terrae.html#comment-form

    De Týr non atopo reseña na páxina de RMS e Falgarth, pero sería interesante saber qué lles pareceu :P

    ResponderEliminar
  4. A ver, por partes que se me acumula o choio :P

    Baixarei o de Forgotten Horror, por aquelo do non stop, e os Pagan's Mind pola nota.

    Ainda que estou bastante en desacordo con algunhas notas. Como o 7 de Autopsy: 10-merol all skull :P polos catro costados, so podia ser un 9 pr'arriba. Agora en serio, a min foi dos ultimos lanzamentos de death metal que mais me gustou nos ultimos tempos (con Puteraeon, uns suecos como non, "Esoteric Order" 2011).
    O de Helrunar pareceume un gran disco cando o escoitei, pero ben certo e que escoiteinos poucas veces mais (pareceme un disco que hay que ter tempo pra disfrutar ben, como dis). Tal vez un 8-9 non lle viña mal :P
    Sorprendeme tamen o raspado de Isole. Certo que eran melor os anteriores, pero non sei, o 6 minimo :D
    Kromlek como xa dixen nese mismo enlace que puxeches, mal en comparacion co anterior, pero 2 ? Puxeches algo mais baixo? (Seguro, pero non me lembro...)

    Y sin embargo, si estoy de acuerdo con ese discreto 5 para Tyr, un grupo que cada vez que saca algo nuevo, en mi opinion, se desdibuja mas del buen grupo que fue en sus inicios. Del disco solo salvo "Evening Star", mas porque me gusta que porque sea realemte un buen tema, creo que con eso lo digo todo.

    Ves como cando a xente esta en desacordo postea? :P Xa sabes, a poñer notas mal adrede xD xDxDxDxD

    ResponderEliminar
  5. Yo generalmente comento cuando conozco los discos... que suelen ser un par cada dos o tres hornadas... :P

    Sí, recordaba la reseña de Falgarth y lo de la portada emo jajaja, y efectivamente, fui el primero de nosotros en reseñar el disco http://furia-asgardiana.blogspot.com.es/2011/04/kromlek-finis-terr-2011.html y el único que lo puso bien, ni siquiera el "comentarista" de mi reseña está de acuerdo... Todo el mundo es raro menos yo ^^

    ResponderEliminar
  6. Anda! pos non me dera cuenta da túa! Pero bueno, o que dixen, gustos son gustos :D
    Puteraeon.. qué nombre tan gracioso XD sí que me sona de oílos, pero non me cadrou de poñelos en microreviews... o meu recordo foi de "algo máis de Death", pero se tal doulle unha segunda volta :D
    Uf vaia si puxen menos de 2 XDD agora estou facendo unha recopilación de todos os discos comentados en 2011 para facer unha tardía clasificación do mellor (vou ter que escoller mellor o que oigo, que se non acabo no 2014 XD) e hai uns cuantos de menos de 2... máis que deces seguro! :D

    ResponderEliminar