Páginas

miércoles, febrero 15, 2012

Microreviews Febreiro'12 - I


Widescreen Mode - Fallen From the Sky (2011)
Heavy-Power Metal
Myspace
Widescreen Mode é un grupo finlandés que coñecín hai un par de anos a través do single do anterior disco, "Serotonin". Aquela era unha canción con moito gancho que me fixo interesarme por cómo sonaría The Hanging Man, que tiña as súas cousas interesantes, pero que non creo que chamara a atención de forma internacional coma o fixeran outros compatriotas seus do xénero.
Con Fallen From The Sky, os finlandeses mostran un lado máis escuro e groovie con respecto á maior rapidez do que remotamente recordo do anterior que alternan co Heavy simple (que non simplón) pero eficaz que practicaban. Despois de rematar o disco pensei en cómo os clasificaría, porque, indudablemente é Heavy Metal cunha presencia vocal imponente que de vez en cando se sale do rexistro típico do xénero para interpretar momentos máis duros, e teclados que lle dán un toque prog-power sen propasarse que non saturan. Pero había un grupo que levei na cabeza durante as miñas escoitas e que non me daba salido... ata que o vín todo claro logo de escoitar máis atentamente o álbum, sendo a clave o tema "Too Much". Primeiro pensaba que sería algún grupo finlandés, pensei na influencia de Sentenced, Before The Dawn ou incluso os últimos Amorphis -Angels in the Snow!-, grupos dos cales Widescreen Mode se notan fans, pero "Too Much" foi "Too Much" Nick Holmes. Sí, e cando dín co quiz, xa non me puiden quitar da cabeza a Paradise Lost. Eso sí, uns Paradise Lost post-One Second facendo Heavy-Power sin os punteos tristeiros de Mackintosh. Interesantes.
Fallen from Suomi Paradise Lost -Heavy Metal version-. 7/10




Christ Agony - NocturN (2011)
Black Metal
Myspace
Había moito tempo que non oía destes polacos comandados por Cezar, única cabeza ó mando do grupo que vai "alquilando" novos músicos prácticamente para cada lanzamento de Christ Agony. De feito, o último que recordo deles remontase ós 90, época na que se consagraban coma unha das apostas firmes vidas de Polonia en canto a Black Metal. Pero parece ser que a finales desa década sacaron un par de discos que non funcionaron como se esperaba e que fixeron conxelar o grupo durante case dez anos. Así, en 2007, Christ Agony revivía cun EP chamado Demonology, posteriormente seguido polo LP Comdemnation, dos que non tiven constancia.
Para este 2011, Cezar recluta a Inferno, batería de Behemoth, para que lle axude na súa nova obra, NocturN.
Ben, o primeiro que pensei ó poñerme con NocturN era que estes non son os Christ Agony que eu recordaba. Todo sona moito máis pesado, denso e a medio tempo, con certa influencia Death e sen aqueles coros "ocultistas" en limpio (sólo nunha canción os vín), cousa que me pillou descolocado. Ainda así, unha vez pasado ese período de extrañeza que me produxeron o primeiro par de cancións, a influencia do Black Metal de principios dos noventa é clara; fácilmente poden vir á cabeza bandas coma Hellhammer-Celtic Frost ou Samael. O segundo que percibín é que dalgunha forma, Inferno está pouco explotado a pesar de que na mezcla a súa batería sona atronadora. E o terceiro é que Christ Agony perderon un pouco da maxia compositiva, xa que en xeral o álbum non me pareceu gran cousa. É certo que as guitarras, máis metódicas e escuras que técnicas, o sonido opresivo e a ambientación mística cumplen ben, pero deixoume un pouco frío, nunca mellor dito.
A pesar deso, tampouco é un álbum para tirar por terra. Penso que acerta no que intenta comunicar e que os fans do Black Metal, sobre todo do primeirizo, poderano disfrutar.
Viaxe ó early-Black Metal. 6/10


For All We Know - For All We Know (2011)
Progressive Rock
Official
Parece ser que Ruud Jolie, o guitarrista de Within Temptation se aburría bastante no grupo (non me extraña, as líneas de WT deben ser 4 quintas por canción XD), e decideu sacarlle partido ó seu instrumento sacando un proxecto paralelo que pouco ten que ver coa banda de Symphonic Pop-Metal. Así creou For All We Know, un grupo de Rock atmosférico que se podería emparentar directamente con Porcupine Tree; con moitas partes acústicas e introspectivas que poden derivar posteriormente nalgo máis cercano ó Metal Progresivo ou ó Post-Rock.
Cunha producción coidada e moita sensibilidade, For All We Know óese dunha tacada cunha facilidade tremenda. O disco enteiro segue unha onda moi similar polo que é deses dos que debería terse en conta coma un todo, no que paseniñamente un tema desemboca no seguinte e segue unha liña conceptual moi ben marcada, deixando ver que se trata dun álbum feito sen présas comerciales e para o que o señor Jolie se tomou o seu tempo en deixar todo ben entrelazado.
Conta ademáis con colaboracións de altura coma as de Daniel Gildenlöw (Pain Of Salvation), Sharon den Adel (Within Temptation), Damian Wilson (Threshold, Ayreon), Ruud Houweling (Cloudmachine), Anke Derks y Tom Sikkers (Daybroke) ou John Wesley (Porcupine Tree)
For All Those We Know. 8/10


Blood Stain Child - Epsilon (2011)
Melodeath/Metalcore Dance Metal
Myspace
Tiven as miñas dudas ó poñer o estilo de Blood Stain Child, pero decanteime por "Dance" Metal debido a unha cousa que me dixo un amigo amante destes estilos electrónicos ó preguntarlle eu a diferencia que había entre House, Techno, Dance e blabla... Parece ser que no Dance, a diferencia do Techno (a miña duda principal), suele haber voz e suele cantar unha rapaza (non me preguntedes, é o que me dixo).
Pois eso sen dúbida cúmplese na música destes xaponeses, que mezclan riffs puramente Melodeath-Metalcore con elementos electrónicos. A mistura entre ambos estilos, en principio tan alonxados, queda sellada cunha cantante feminina -a debutante grega Sophia- ó máis puro estilo Dance-Pop discotequero, que se intercala periódicamente cun cantante facendo rasgados bastante chirriantes-core. Recientemente oíra ós rusos Xe-None, e non andan moi lonxe uns dos outros, por poñer un exemplo cercano.
Desde logo, o que teño claro é que este tipo de grupos non son do agrado dos máis puristas, pero calquera combinación extrema nunca resultou agradable ó principio. Penso que tanto Xe-None coma Blood Stain Child teñen o mérito de combinar bastante ben dous xéneros case opostos coma son o Pop electrónico bailable co Metal Extremo... pero.. -sempre hai un pero XD- penso que ambos grupos o poden facer mellor. De feito, recordando a Mozaiq, o anterior de Blood Stain Child, aquel deixarame mellor sensación que éste novo, tal vez debido a que o baixón a partir da metade é considerable en Epsilon; "Dedicated to Violator" é unha canción horrible, sexa do estilo que sexa, "Merry-Go-Around" ten unha línea de baixo que xa oín -atreveríame a decir varias veces- e quédase en sosa a rabiar, "La+", moi Gothenburg Melodeath, ten unha línea de guitarra xa moi oída en clones de Soilwork e In Flames, "Sai-Ka-No" coma "outro" sona un pouco fóra de lugar e deixanos cunha sensación extraña por ser un tema de "ambient-electrónico" bastante raro. Convenceríame coma EP coas 7 primeiras cancións, pero non así.
PD: teñen a un travesti no grupo?
Para bailoteos en tu bar metalero favorito... 4/10


Immortal Souls - IV: The Requiem for The Art of Death (2011)
Melodeath
Myspace
Immortal Souls é un grupo finlandés con bastante traxectoria detrás, ainda que para o público en xeral non resulten demasiado coñecidos. Sen ir máis lonxe, este cuarto disco IV: The Requiem for The Art of Death, é a primeira toma de contacto que un servidor ten con eles a pesar de que leven 20 anos co grupo.
Parece ser que son un grupo de temática cristiana, non sei se esto xogaría na súa contra dentro do mundillo do Metal Extremo, ainda que é unha cousa que a mín nin me vai nin me vén. O que me importa máis é a música que fan e teño que decir que non está nada mal. Immortal Souls decántanse por un Death Melódico que a primeira vista non sorprende en absoluto, pero que está bastante traballado. A base que toman está moi influenciada polo Melodeath patrio, no que hai riffs míticamente suecos mezclados co "feelin suomi" máis melancólico de bandas coma Insomnium, Eternal Tears of Sorrow ou Omnium Gatherum. Immortal Souls tamén comparten con estas bandas un sonido de primeira, co que se vos gustan estas tres últimas, vexo difícil que non lle collades gusto rápido a temas coma "Evil Believer", que abre o CD dunha forma xenial, "Reek of Rotting Rye" cuns punteos tamén moi "suomi" os cales se van repartindo por todo o disco, ou a máis diferente, "One Last Withering Rose", con voz limpia sonando moito máis Suomi-Heavy-Rock que Melodeath.
Típico combo finlandés de melodía-caña con dose de melancolía. 7/10


Illuminata - A World So Cold (2011)
Symphonic Power Metal
Myspace
O día en que o power-medievo de dragóns e fantasía deixou de estar de moda, xa había outra que pouco a pouco estaba cuajando entre os fans do Metal melódico, e da que moitos músicos que estaban tocando en grupos dese estilo se nutriron posteriormente, abandonando os seus proxectos que iban perdendo interés e repercusión. Falo do Power sinfónico con "toques de Gothic Metal" e cantante feminina. O que algúns deron en chamar por ahí "Chocho Metal" XD e que ten notable relevancia aínda hoxe en día en países coma España, Italia, Finlandia, Hungría ou Austria. Obviamente esta é a miña visión do asunto, e por suposto non é palabra del Señor XD pero bueno, vín moitos grupos españoles que cando se deron cuenta de que cantar sobre espadas e batallas xa non era rentable, colleron de cantante cachonda enfundada en cuero e volvéronse máis "escuros" e "dramáticos" en lugar de "happies" nos seus novos proxectos. Xusto agora acabo de ver un exemplo coa xira de Leaves' Eyes e Atrocity por España, levando a un grupo coma Diabulus in Musica, con varios ex-Dragon Lord.
Non vou decir que todo o que esteña baixo a etiqueta do Female Fronted Symphonic Power esteña mal, dentro do que cabe, houbo -máis ca hai- bos grupos deste estilo coma After Forever, Nightwish, Aesma Daeva incluso os comezos de Sirenia, Within Temptation ou Epica estaban ben. O problema vén cando o xénero se expande e empezan a surxir clones con moi pouco que ofrecer e sen excesiva personalidade. Lamentablemente, hoxe en día non paro de atoparme con este tipo de clones, e lamentablemente, ese é o caso dos austríacos Illuminata.
Bueno, diredes que nesta microreview non falei moito sobre o disco... ok ok! poido comentar que comparten musicalmente moito con seus compatriotas Visions of Atlantis, e non vou decir que os seus instrumentistas sexan malos, nin que as orquestacións esteñan realmente mal, non... non vos vou mentir...
A World so ... 2/10


Earth Flight - Blue Hour Confessions (2011)
Doom-Rock
Myspace
Se hai algún motivo polo que estivera oíndo centos (sí, centos XDD) de discos desque empezou o ano, ese era sin duda o de encontrar entre o underground aqueles grupos que pasarán sin facer moito ruído, pero que atesouraran calidade sobrada como para tumbar ás bandas míticas no seu propio terreno. Ese é o caso que me ocupa entre estes 4 últimos discos revisionados, discos de bandas que dudo que moita xente oíra, e que probablemente non pasarán do anonimato -desafortunadamente-. Co caso de Earth Flight, a sensación que tiven foi parecida á de cando descubrín a Ghost o ano pasado, tema o dese grupo, por certo, atípico, xa que pasaron de non ser ninguén a facer xiras mundiales en meses. Conste que Opus Eponymous era digno merecedor dese salto, pero esto non suele pasar normalmente, e sorprendeume gratamente que un descubrimento que consideraba "personal" -xa que non víra/lera ningunha mención a eles por ningures cando os descubrín- se convertese nun fenómeno coma o está sendo.
Digo que os alemanes Earth Flight recordáronme a Ghost por varias cuestións; a primeira é o estilo, que sen ser igual, bebe do mesmo Doom-Rock setentero; o segundo é a forma en que está feito, tanto Ghost coma Earth Flight non inventan nada novo nos seus campos, pero o cariz das súas composicións fanos ser algo fóra de serie, refacendo estilos dunha maneira personal e recoñecible; e terceiro a calidade palpable, os riffs inspirados, e as atmósferas tan conseguidas.
Agora ben, como dixen, non direi que Earth Flight son exactamente iguales que os suecos, xa que eses tomaban moito do Rock diabólico setentero de Mercyful Fate, mentres que Earth Flight parten dunha base Doom-Stoner-Hard Rock á que añaden altas dosis de ambientación melancólica. Blue Hour Confessions teletransportate dunha maneira amena ó seu propio universo e engancha automáticamente co oínte, ó que lle fai pasar por un estado hipnótico-nostálxico, no que correrán polo seu aletargado cerebro momentos de Type O Negative, Lake of Tears, Anathema ou Radiohead, ainda que eles mesmos se definen coma "unha mezcla bastarda entre Black Sabbath e Placebo" XD
Great Hour. 9/10


Gromth - The Immortal (2011)
Orchestral Black Metal
Myspace
Gromth é o proxecto de Grimd, membro de Khold que se xuntou co astro das baquetas Tjodalv, para dar saída ó universo de Metal extremo que tiña na súa mente. Segundo conta a Metal Archives, unha gran parte do que levaban creado entre 2006 e 2008 foi accidentalmente destruído, polo que, despois dun momentáneo parón, decidiron seguir con este proxecto partindo de material totalmente novo.
Non é un disco fácil de primeiras este debut de Gromth, máis que nada pola complexidade das estructuras que manexan, que asemellan máis as dunha banda sonora que as clásicas de calquera conxunto de cancións de Rock ou Metal. O cariz do álbum ten pinta de ser conceptual, e en parte recordoume ó último traballo de Septic Flesh. Ainda que éstes tiren máis hacia un Death Metal e Gromth hacia o Black, ambos discos teñen unha carga orquestal abundante, e uns esquemas compositivos que lindan máis propiamente cunha "BSO", facendo que rara vez te poidas imaxinar cómo pode seguir ou acabar cada un dos temas. Esta característica pareceume bastante mellor traballada en Gromth que en Septic Flesh; hai máis heteroxeneidade e as partes atmosféricas e metalicas estan mellor cohesionadas baixo o meu gusto. Ó estar ben hilado, esto supón alto grado de entretemento en cada escoita, cousa que non me pasou con The Great Mass, cuia envoltura caótica saturoume, sin evolucionar case a cada escoita. Con The Immortal, a sensación é a dunha experiencia "boombástica", na que os temas vanse enlazando, expandindo e/ou acortando, a veces repetindo esquemas e melodías de diferentes formas, e con cada escoita vai ganando (na primeira a mín non me chamara moito).
Polo demáis, haberá xente -os menos labrados no tema do Black orquestal- que emparente Gromth con Cradle of Filth, pero o único que é similar pode ser os rasgados de Ole. Algo parecido xa lle pasaba a Anorexia Nervosa, que moita xente catalogaba coma uns Cradle franceses, pero que pouco tiñan que ver. Tanto Anorexa coma Gromth beben de influencias moito máis clásicas que pseudogóticas e teñen un componente máis "orquestal" que "sinfónico", entendendo coma eso, un maior traballo e aproveitamento de instrumentos clásicos (sexan samples ou non, pero tanto ventos, coma harpas, timbales,... sonan bastante reales).
Auténtica banda sonora cinematográfica de Black Metal. 9/10


Flaming Row - Elinoire (2011)
Progressive Metal
Myspace
Flaming Row é un proxecto que nace da visión do guitarrista alemán Martin Schnella, persona non excesivamente conocida polos seus outros proxectos (ainda que algo me dá que seguirá sendo descoñecido logo de Flaming Row, inmerecidamente, eso sí) de crear un disco conceptual de Rock Progresivo con moita participación vocal.
Así pois Elinoire é un complexo pero dinámico disco de Progresivo que mezcla orgánicamente elementos de moitos estilos, partindo do inicial Heavy-Rock Progresivo, encontramonos dependendo do tema, con lindes máis cercanos ó Power, ó Melodeath, á Ópera Rock, ó Pop-Rock e incluso ó Country-Folk. Elinoire é un álbum variado, que nos fai pasar por diferentes estados sen que en ningún momento o oínte se resinta. A escasa inclusión de virtuosismos innecesarios que practican moitos outros grupos de Progresivo en pos dunha delicadeza compositiva amplia e coidada desde logo inflúe positivamente no resultado, ó igual que a coidada producción. Ésta, especialmente elaborada no apartado vocal e coral de todos os invitados a cantar en Elinoire.
Penso que os amantes de grupos coma Shadow Gallery e uns Ayreon menos espaciales deberían de chequear canto antes este discazo de Progresivo, que sen duda debería figurar entre os 5 mellores do 2011.
Hai pouco lín recomendacións efusivas doutro novo proxecto con moitos cantantes entre os que estaban algúns populares coma Oddleif Stensland (Communic), Kelly Sundown (Adagio, ex-Beyond Twilight...) ou Rick Altzi (At Vance, Thunderstone...) chamado Epysode, pero resultoume extremadamente aburrido e lineal, ainda que a xente parece que o está poñendo polas nubes. Esto realmente faime recordar que, queirase ou no, no Metal somos igual que en calquera outro estilo, sempre mirando e admirando o que fan os "nomes populares", e ignorando a moitos outros que os superan pero que non teñen nin tanta historia detrás nin promoción. Pois ben, eu rompo unha lanza a favor de Flaming Row e non rompo nin un toxo nin por Epysode, nin os últimos de Pain of Salvation e Dream Theater, por moito nome ou fans que teñan.
Cando os novos superan ós clásicos. Arriba Leprous, arriba Myrath, arriba Haken, arriba Flaming Row. 9/10


Darkened Souls - Tales from the Dark Path (2011)
Melodic Gothic-Doom-Death
Myspace
Darkened Souls son outros coma o foron os mencionados anteriormente Ghost, ou os mesmo Bak este ano, que non parecen ser nombrados nin tidos en conta por ninguén a pesar de irrumpir na escena finlandesa cun moi digno primeiro disco. Estes nórdicos fan unha mezcla a priori pouco innovadora entre o Gothic-Doom, moi melódico e sinfónico, no que xogan en paralelo tanto punteos de guitarra e bos riffs, con teclados atmosféricos e pianos. Por veces tamén podemos oír algunha guitarra acústica, e as voces varían entre o rasgado/growl e un limpio que nos sitúa a mediados-finales dos noventa cos traballos de Paradise Lost e Lake of Tears. Grupos dos cales, Darkened Souls se notan fans e dos cales beben, ó mesmo tempo que lle imprimen á súa música ese sentimento melancólico e frío que tan ben se lles dán ás bandas finlandesas de Doom-Melodeath coma últimamente Enthrope, Barren Earth ou Black Sun Aeon.
Os temas teñen unha duración tirando a larga, habendo varios que sobrepasan os 7 minutos, pero que en ningún momento se fan pesados, gracias a un bon traballo compositivo, que aúna ó mesmo tempo bellas melodías con tristeza e dureza.
Tal vez aínda haxa que pulir algún detalle e a producción non sexa a das bandas que están a saír recientemente dos países escandinavos, ainda que cumple sobradamente. Alomenos Darkened Souls saben facer música que se queda no oínte, e eso vale máis que outras bandas que se pagan grandes estudios pero que tocan o mesmo de sempre.
Gran debut. 8/10

No hay comentarios:

Publicar un comentario