Black Metal
Myspace
Rev 16:8, anteriormente coñecido coma Bloodshed eran un grupo totalmente descoñecido para mín ata hoxe. Hai 3 anos decidiron cambiar de nome, e este é o seu segundo disco baixo o "monicker" (sempre quixen utilizar esta palabra XD) Rev 16:8. Supoño que ver que hai coma 20 grupos dentro de calquera variante do Metal que se chaman Bloodshed influiría nelo, e xa non sei cómo alguén hoxe en día non pensa nesto antes de formar un grupo... é coma se creara unha banda chamada.. hmm Requiem. Hai nomes que xa están moi explotados, e... alomenos de seguro non hai moitos grupos que se chamen Rev 16:8.
En canto á música, a banda sueca practica un Black Metal que realmente non dice demasiado deles coma compositores. Black do montón fortemente influenciado por Dark Funeral e Gorgoroth que nin posúe bos riffs nin transmite sequera agresividade ou frialdade. A pesar de que son un gran fan do sonido Black-Death sueco, éste desde logo non é o mellor exemplo do saber facer da escena, e pasaron polos meus oídos con máis pena que gloria.
Black sueco por debaixo da media. 2/10
Requiem - Within Darkened Disorder (2011)
Death Metal
Myspace
E se Rev 16:8 se cambiaron de nome, tampouco lles viría mal ós suízos Requiem, porque o mundo está plagado de infinitos Requiems de todos os estilos. Éstes concretamente fan Death Metal nun sentido bastante estricto. A mín sonábanme, pero non son consciente de ter escoitado nada deles a pesar de ter no seu haber 5 álbumes con éste.
Musicalmente, Requiem están cerca de grupos coma Hate Eternal, Suffocation ou Immolation, cun gran traballo instrumental, unha voz cruda e que sorprenden de vez en cando con riffs bastante chulos. Non é nada que non se oíra xa, pero os suízos desenvolvense ben no seu campo e penso que é un álbum disfrutable para calquera acérrimo do Death Metal.
Máis ca decente, o único que lle cambiaría á banda é o nome. 7/10
En canto á música, a banda sueca practica un Black Metal que realmente non dice demasiado deles coma compositores. Black do montón fortemente influenciado por Dark Funeral e Gorgoroth que nin posúe bos riffs nin transmite sequera agresividade ou frialdade. A pesar de que son un gran fan do sonido Black-Death sueco, éste desde logo non é o mellor exemplo do saber facer da escena, e pasaron polos meus oídos con máis pena que gloria.
Black sueco por debaixo da media. 2/10
Death Metal
Myspace
E se Rev 16:8 se cambiaron de nome, tampouco lles viría mal ós suízos Requiem, porque o mundo está plagado de infinitos Requiems de todos os estilos. Éstes concretamente fan Death Metal nun sentido bastante estricto. A mín sonábanme, pero non son consciente de ter escoitado nada deles a pesar de ter no seu haber 5 álbumes con éste.
Musicalmente, Requiem están cerca de grupos coma Hate Eternal, Suffocation ou Immolation, cun gran traballo instrumental, unha voz cruda e que sorprenden de vez en cando con riffs bastante chulos. Non é nada que non se oíra xa, pero os suízos desenvolvense ben no seu campo e penso que é un álbum disfrutable para calquera acérrimo do Death Metal.
Máis ca decente, o único que lle cambiaría á banda é o nome. 7/10
Rock-Metal
Myspace
Attica Rage era un grupo que me sonaba, primeiro pensaba que serían os americanos Attika, que reviviran desde aquel disco de Power americano de hai 20 anos chamado When Heroes Fall, pero logo dinme de conta que eran os que participaran naquel festival que ninguén publicitara pero que estaba cheo de bandazas coma Battlelore, Alestorm, Tyr ou Die Apokalyptischen Reiter chamado Hard Rock Hell en Ibiza.
O certo é que ésta era a primeira ocasión que me topaba coa súa música e a experiencia non foi excesivamente boa. Recordoume a aqueles grupos nos noventa que pretendían subirse ó carro dun metal máis accesible para aquela audiencia. Así que, o que temos en Road Dog é un Hard Rock-Heavy Metal de carácter "post 80's HardRock" que flirtea por veces con converterse nun grupo MTV para adolescentes (mamaíña, qué bodrio de canción "Ashamed") pero que en xeral se pode encasillar no Heavy-Rock alternativo dos noventa de bandas coma Corrosion of Conformity, The Almighty ou Alice in Chains.
Non o meu gusto, pero podería selo de quen lle guste as bandas citadas. 3/10
Necrodeath - Idiosyncrasy (2011)
Thrash-Melodeath
Myspace
Un disco de Metal basado nunha película de Tarantino?? Flipado me hayo.
Os veteranos italianos Necrodeath dedican o seu último disco a facer unha especie de traballo conceptual sobre "Reservoir Dogs" no que todas as cancións forman parte dun todo dedicado á peli de culto mencionada. Sí, ok, ok, hai bandas que se dedican a falar de traballos de escritores coma Tolkien ou C.S. Lewis (ainda estou esperando polo primeiro que se atreva con Harry Potter XD), pero é realmente curioso que un grupo (non sendo participando na banda sonora) se anime a dedicar un CD a unha peli.
Indo ó estrictamente musical, que é o que importa, Idiosyncrasy é un álbum correcto de Thrash añejo con voz rasgada. Sen moita complicación poden vir á cabeza cousas de Possessed, Sodom, uns Slayer máis calmados ou incluso de Megadeth, pero é algo xa visto e pouco orixinal onde as cancións non acaban de brillar por sí mesmas. Nunca me acabou de gustar este grupo italiano, e os novos álbumes tampouco conseguen que me fixe neles.
Correctos "cans de presa". 6/10
Hagl - Irminsul (2011)
Black Metal
Myspace
O segundo disco dos blackers rusos Hagl é un bo exemplo de cómo sen ser excesivamente orixinales, se poden facer boas e memorables cancións dentro dun Black Metal bastante old school. Neste Black podemos encontrar influencias tanto do Heavy-Thrash coma puntuales adicións folkies -sen a colaboración de ningún instrumento aparte de guitarras-baixo-batería-.
O sentimento que desprende este Irminsul é de frialdade e agresividade, pero co punto xusto de melodía que o fixo suficientemente adictivo para un servidor.
As cancións son diversas pero ó mesmo tempo difícilmente se podería escoller unha, facendo un álbum bastante redondo. Toda unha sorpresa.
Media hora intensa de bon Black Metal. 8/10
Detonation - Reprisal (2011)
Thrash Melodeath
Myspace
Cuarto álbum dos holandeses Detonation, que se curraron un álbum totalmente autoproducido e autoeditado, xa que despois duns vaivenes nos últimos anos, quedáranse sen discográfica, asunto ainda pendente a día de hoxe. Esperemos que encontren compañía rápido, porque Reprisal é un álbum que merece a pena para todos aqueles amantes do bon Thrash con algunha que outra influencia core e Deathmetalera. Cancións variadas e con certo nivel de complicación e rapidez, cun cantante a camiño entre o rasgado thrasher e o "core" e moi bon sonido é o que contén Reprisal en apenas media hora que cunde o seu.
Como curiosidade, Detonation é a banda da que saleu o actual guitarrista de God Dethroned, Danny Tunker, un hacha que lle deu unha pequena volta de tuerca técnica tamén á banda de Black Metal.
Agresividade e técnica. 7/10
Abstrusa Unde - Introspection (2011)
Avantgarde Symphonic Black Metal
Myspace
Abstrusa Unde é o curioso nome dunha banda francesa que debuta este ano con Introspection, unha arriesgada aposta de fusión entre elementos sinfónicos con certas atmósferas circenses e psicodélicas que recordan a ratos aos últimos Arcturus facendo un coidado Black Metal. Aparte deso, a soprano que comparte protagonismo cos growls-rasgados masculinos dálle ó disco soplos de aire fresco que xa de por sí é rico en momentos curiosos máis cercanos ó jazz, electrónica e o Metal experimental, ainda que sen abusar e mantendo un equilibrio onde o Black Metal é o eixo sobre o que xiran todo o resto de influencias.
Certos momentos de caos-psicodelia controlada poden levar a pensar nuns Unexpected moito máis centrados, supoño que a inclusión hai 2 anos do guitarrista de Wormfood tivo que ver nese aspecto tamén. Definitivamente a movida dentro do país veciño é para envidiar.
PD: a última canción chámase "Chvte Totale"??? XD
Disco recomendado, gran debut dos franceses. 9/10
Ysengrin - Tragedies - Liber Hermetis (2011)
Atmospheric Black Metal
Myspace
...pero non todo o campo é orégano no país veciño, e Ysengrin están ahí para recordárnolo. O segundo disco destes franceses é unha especie de Black Metal ocultista cunha producción regulera, e que produce cansancio desde a primeira canción logo da intro, que parece tirar máis ben hacia o Doom. De feito, todo o disco parece ter un componente Doom bastante presente que alternan con algún teclado e cun Black Metal a medio tempo que nunca dá despegado, producindo unha somnolencia fóra do común.
Non lle vín ningún aliciente a este disco de Ysengrin, que parece repetir esquemas canción tras canción, sumerxindo ó oínte nunha desesperación insana. Ou moito van ter que mellorar, ou témome que se quedarán en terra de ningures, sentíndoo moito.
Non é Black-USA, pero podería selo. 1/10
King Kobra - King Kobra (2011)
Hard Rock
Myspace
Outra das reunións que se están producindo últimamente entre os grupos que alcanzaron a fama nos 80, e nos 90 desapareceron progresivamente é a de King Kobra, grupo que con moi pouco alcanzaron unha fama considerable e que posteriormente se quedaron no ostracismo.
Para esta volta, reuniron a case toda a plantilla orixinal e xunto con eles, a Paul Shortino (Quiet Riot, Rough Cutt) na voz. O mítico batería Carmine Appice xa tentara reunir á banda a principios dos 2000, pero parece que esta volta sí que é definitiva.
En canto á música, hei de ser sincero e decir que King Kobra pasaron polos meus infantes oídos coma centos de outros naqueles anos, e non sentín a necesidade con máis uso de razón de darlles unha segunda oportunidade, a pesar de que teñen un par de álbumes moi recoñecidos polo público do Sleaze-Hard Rock... E este novo autotitulado tampouco me abre o apetito de máis King Kobra, posto que o que atopamos é un Hard Rock bastante sobado e sen excesiva gracia. Nótase certa madurez rockeira que podemos comparar cuns Whitesnake ou Tesla, e, sen estar realmente mal, bótanse en falta temas que enganchen moito máis, eses hits dos que logo de oír o álbum sigas repetindo na cabeza.
Maduro Hard Rock, pero sen chispa. 5/10
U.D.O. - Rev-Raptor (2011)
Heavy Metal
Myspace
O novo disco de U.D.O. desde logo non persegue nin romper moldes no mundo do Heavy Metal, nin tan sequera romper os esquemas do que vén sendo o estilo habitual do pequeno germano. O estilo que o fixo famoso, ese Heavy Metal básico pero con gancho, con cancións-himno unidas ao Heavy-Speed Metal alemán cantado pola carismática e inimitable voz de Dirkschneider. Así que dentro do pouco novo que xa me intuía que me iba atopar, poido decir que Rev-Raptor é un álbum bastante normaliño, que parece máis unha excusa para poder seguir xirando e facendo tours arredor do globo... e que a mín particularmente me gusta menos que o seu anterior Dominator -e xa non digamos que o último de Accept-.
Nin sorprende nin cautiva, pero segue sendo UDO. 5/10
Chute en francés es caída :P
ResponderEliminarO fracaso, por lo que acabo de ver, eso no lo sabía... (aunque tiene más sentido)
ResponderEliminar