Páginas

sábado, julio 02, 2011

Microreviews Xulio'11 - I


Sect - Doomsday (2011)
Black Metal
Link
Segundo álbum desta desconocida e misteriosa banda rusa de Black. Digo misteriosa porque polo que vín, pouca información hai deles polos mundos interneteriles.
O estilo de Sect poderíase definir coma "old" Black Metal no que a banda se explaia con composicións atmosféricas que rondan os 8-10 minutos, maiormente a medio tempo. Doomsday caracterízase pola densidade e oscuridade de melodías largas, con moito muro de guitarra, moito tremolo-picking a media velocidade e un baixo máis ca omnipresente. De feito penso que está a un volumen un pouco alto e a voz a un pouco baixo, pero bueno, co que un se debe quedar sen duda é o sentimento totalmente blackeiro que os rusos lle imprimen, con crudeza, algunha que outra repetición que se lles vai de máis, pero aguantable, e experimentación curiosa coma a da rapaza que aparece sorprendentemente cantando uns extractos nun par de cancións. 7/10


Decrepitaph - Profane Doctrines Unburied (2011)
Death Metal
Myspace
Cun sonido realmente sucio, grueso e "crusty", o dúo americano Decrepitaph, lanza o seu terceiro larga duración que está a recibir multitude de boas críticas. O seu estilo anda entre o Death áspero e old school e o Doom, recordando á escena sueca de Dismember e Emtombed nos 90 e tal vez tamén un pouco a grupos do estilo de Incantation, Demigod, Asphyx...
Para o meu gusto todo sona un pouco saturante, ainda que entendo que o estilo de old Death-Doom o chame, e os temas a decir verdade fóronme pasando sen pena nin gloria, polo que o álbum estivo máis ou menos ben como música de fondo con certos brillos e punteos -que sonaban noventerísimos con eses ecos XD- que me despertaban, pero en xeral non me dixo moito. Eso sí, a quen lle guste o old school e os grupos citados, penso que podería ser de interés darlle unha escoita a Profane Doctrines Unburied. Xa digo que para mín, psé. 5/10


Hammerfall - Infected (2011)
Heavy Metal
Myspace
Hammerfall creo que foi a primeira banda de Heavy Metal nacida na década dos 90 que me gustou. Recordo que daquela había unha sequía importante en canto a novos grupos que fixeran este estilo, que quedara un pouco denostado logo dos 80 en pos de Marilyn Mansos, Naininaino Nails, Kornos, Limbikis, e outra broza grunge que empezaron a encher todos os magazines e MTV. Como sexa, o meu recordo de Glory To The Brave, e sobre todo, Legacy of Kings é inmellorable, algo así como "o jevi volve!!" e foi unha pena que cos seguintes discos o nivel fora baixando a base de mediocridade ou de plaxiarse a sí mesmos... de feito penso que se oín enteiro un dos seus últimos 2 ou 3 discos sería por casualidade.
Con este novo, parece que Hammerfall quere darlle unha vuelta de tuerca en principio ó concepto, facendo que a súa "mascota" desaparezca da portada, e cambiando a temática de batallas e acero por... zombies?? verían demasiado "Walking Dead" últimamente? O que non parece que cambiara moito é o estilo musical, que segue a ser ese heavy metal, que sen estar realmente mal, non deixa de ser un refrito de riffs de todos os seus discos. Se ata a balada se parece a unha mezcla entre "Glory to the Brave" e "Forever" de Stratovarius.... en fin... máis do mesmo que contentará ós seus fans máis acérrimos, e que ó resto nos abrirá a boca. 5/10


Axenstar - Aftermath (2011)
Power Metal
Myspace
Axenstar é o típico grupo que se estás metido no mundillo do Power Metal che sona pero non acaba de despuntar para estar na primeira división e ser máis coñecido. E a verdade é que vendo o que ofrecen en discos coma este Aftermath, é algo pouco explicable que Hammerfall siga a ter tantos fans e sen embargo os seus compatriotas esteñan no ostracismo logo de 5 CDs.
O estilo de Axenstar é un Power tranquiliño basado nas melodías vocales de Magnus Winterwild, cunha voz que dentro do que cabe dá certa personalidade a Axenstar e que os fan mínimamente diferenciables entre a maraña de Powers. Os teclados non levan a batuta absoluta da instrumentación, senón que se quedan máis ben como atmosféricos e algunhas poucas veces acompañan ás guitarras, pero nun segundo plano. Falando das guitarras, non son nada doutro mundo, os riffs son simples e sirven básicamente de acompañamento para o lucimento vocal de Winterwild, pero penso que sen estar recargados son perfectamente efectivos no estilo dos suecos.
Realmente non é ningunha proposta nova, pero o que fan, fano ben, e teñen temas moi pegadizos, ainda que eso xa era marca da casa en anteriores LPs. The Dead Kingdom é mostra delo. 8/10


Wolverine - Communication Lost (2011)
Melodic Metal
Official
Facía tempo que non oía falar destes suecos, creo que o último que lles oíra era un disco do 2003, ainda que sacaron outro no medio polo que vexo. A sensación que me quedara deles fora máis ou menos a mesma que con este Communication Lost: hai boas ideas e boa execución, pero fánseme demasiado pausados e baladeros. Prácticamente todo o álbum transcurre sen guitarras eléctricas (ou eso mo parece a mín XD), e flúe dunha maneira moi atmosférica, entre teclados, pianos, guitarras acústicas, batería e baixo. Gústame a voz e coros, ainda que non o suficiente como para poñerme este disco unha e outra vez.
O estilo de Wolverine é cando menos interesante, xa que xogan co ProgRock moderno con trazas de Pop, Gótico e guitarras pesadas de vez en cando. Realmente creo que teñen calidade, pero non é un grupo que me decida a escoitar por mín mesmo. O que non quita que se vos gusta o Rock melódico con trazas experimentales lle deades un ollo, desde logo. 6/10


Conspiracy - Hope Over Board (2011)
Thrash Metal
Link
Ata máis de 10 bandas existen/existiron que se chamaran Conspiracy e fixeran Thrash segundo o Metal Archives! Ante tal panorama, para buscar a portada, sólo me quedou buscala polo título do disco XD na encyclopedia metallum.
Neste caso temos o debut en longa duración dunha banda grega que sona polos catro costados ó Thrash máis clásico, con toques máis Speed-Heavy Metal e eses míticos coros que case a día de hoxe poderíamos chamar "retro" en canto a este estilo. A mín veume á mente case automáticamente Tankard, ainda que parece que éstes gregos tratan temas algo máis serios que o bebercio XD
Hope Over Board resulta un álbum rápido e que se pasa nun santiamén; compacto e cun sonido añejo pero máis ca decente para un primeiro disco. O malo é o de sempre; acaba sendo algo que xa todos oímos repetidas veces. 6/10
PD: á pregunta que sempre me fixen de porqué todos os grupos de Thrash cantan sobre residuos tóxicos, guerras nucleares e política, e desde o éxito de Pantera e Sepultura, o 80% levan pantalóns pirata con motivos militares, añado outra ó ver a portada de Conspiracy: porqué ós grupos de Thrash lles gustan tanto as portadas de debuxos feitos a mán e con moito colorido???


Archspire - All Shall Align (2011)
Technical Death
Myspace
Archspire é un dos numerosos exemplos de banda que empeza nos últimos anos facendo un estilo para o que se precisa dunha gran técnica e habilidade en cada un dos instrumentos coma é o Death Metal técnico-Deathcore. Aquí temos todo o típico que atopamos na maior parte das bandas que se dedican a elo hoxe en día; partes complexas e progresivas, riffs cortantes, groovies, frenéticos e moita "masturbación de mástil" -como lle chama un amigo meu XD-... tan perfectamente executado coma carente de alma.
Témome realmente, unha saturación en pouco tempo -se non empezou xa- deste tipo de bandas que afloran por calquera rincón dos conservatorios e que se xuntan á cada vez máis inxente cantidade de Deathcore e Metalcore progresivo. Menos mal que de vez en cando salen cousas coma Obscura. Doulle algún punto porque os tíos realmente tocan ben e saben o que fan... pero é un álbum dos que o corpo me pide quitar canto antes porque non me dicen absolutamente nada. 3/10


Ordog - Remorse (2011)
Doom
Myspace
Ordog é unha banda finlandesa de Doom que leva 6 anos e saca o seu terceiro album. É a primeira vez que oio falar desta banda, e a impresión en xeral foi de bastante olvidable. É un caso curioso, por certo, que coma no Metal Progresivo, no Doom é raro ver unha crítica negativa sobre un álbum, ahora que o penso. Non sei as razóns, pero para mín non hai dúbida de que tanto en ProgMetal coma en Doom hai discos mediocres a esgalla, e penso que non son o único que o pensa, pero pode ser que a xente en xeral teña medo a meter a pata falando mal dun disco que simplemente non lles gustou. Bueno, eu non poido decir que me parecera horrendo este de Ordog, pero poido confirmar que non é do mellor Doom que oíra. Os tempos das poucas cancións de Remorse son bastante lentos e por consiguiente as cancións son largas tirando hacia os 10 minutos de media. A base de moitas consiste na repetición, que por veces está ben, cando enganchan certos momentos; pero que outras veces se fan un pouco rallantes e acabas por evadirte do álbum. Hai tamén momentos de piano bastante minimalista pero efectivo, que acentúa un sentimento bastante melancólico e atmosférico, para proba, o de "Betrayer", ainda que repiten a melodía ata o infinito.
En canto a sonido, desde logo podería ser mellor, non me acaban de gustar esas guitarras ásperas e con lixeiro sonido "crust".
Se sodes moi seguidores de bandas coma Dolorian, Esoteric, Mournful Congretation ou Mourning Beloveth, podédeslles botar un ollo, pero penso que todos éstes están un escalón por encima de Ordog. 6/10


Heavenfall - 7 sins (2011)
Symphonic Power Metal
Myspace
Buff outro novo grupo máis facendo power sinfónico... neste caso non hai vocalista femenina e operística, xa me empezaba a acostumbrar a que todos os discos deste estilo estiveran compostos polos mesmos elementos XD
Falando da música de Heavenfall, o disco comeza logo da típica intro de 1 minuto co tema que dá título ó disco, moi inspirado en Nightwish con eses coros-teclados chan-chan!. Desde logo a influencia instrumentalmente de Nightwish é clara, ainda que tamén se nota do Metal Progresivo, especialmente de Dream Theater, diría eu. En xeneral é un álbum ó que lle falta carácter e peca un pouco de blandiño, pero mantendoo de fondo non se oe mal. Digo mantendoo de fondo, porque chega un punto no que parece inevitable que a mente se vaia a outras labores... e sí, sona ben, coma moitos máis hoxe en día, pero é un disco que non chama a atención -coma moitos máis hoxe en día-. 4/10


Diamond Lane - World Without Heroes (2011)
Hard Rock
Myspace
Hard-Glam Rock, Hair Metal, Sleaze Rock... creo que son máis ou menos o mesmo, non? tal vez o término "sleaze" sexa algo que conleva un toque americano... non sei, pero bueno, estes Diamond Lane practican un "sleaze rock" -logo-, que pilla moito do que foi a escena americana dos ochenta capitaneada por Motley Crue, Poison, Quiet Riot,... pero que á súa vez ten un toque modernete tamén bastante propio do mesmo país.
Eu diría que en World Without Heroes (curioso nombre, un tributo a Kiss?) hai cancións que sonan polos catro costados a Motley Crue sobre todo; Time Bomb ten un riff e unha forma de comenzar que case podería ser un plaxio de Too Young To Fall in Love! (e mira que esa canción xa é diferenciable de por sí, poderían pillar outra calquera XD). Como sexa, hai cancións que son puro plax.. son puro homenaxe ó Glam Rock ochentero, pero tamén as hai que son máis carne de cañón para MTV, con marcado tono adolescente, coma City of Sin. Sempre que penso neste tipo de bandas venme á cabeza un videoclip de quinceañeros tirándose nunha piscina ó lado dunha mansión XD
A mín pasoume bastante bastante desapercibido. 2/10

2 comentarios:

  1. Decrepitaph y Conspiracy pa escuchar.
    Archspire a mi me gusto.
    Hammerfall? Mi ma, pensei que morreran XDDD

    ResponderEliminar
  2. Eu penso que Decrepitaph che poden resultar interesantes, por ahí adiante están tendo moi boas críticas polos fans do Doom-Death old school.
    Conspiracy... buff oín tantos grupos tan parecidos...
    Sobre Archspire, realmente o fan ben, pero é que tamén hai máis grupos indeferenciables facendo ese xénero...

    ResponderEliminar