Páginas

domingo, junio 05, 2011

Diario dun Vi-king XI - Algunha actualización

Bueno, como fai tempo que non escribo nada neste apartado da miña vida artística XDDD voulle dar unha nova entrada para actualizar os 3 proxectos nos que ando metido.
De momento a demo de Enuma Elis anda con bon pé cara o final. O outro día metinme de cheo cunha canción que estaba totalmente anclada, e nunha tarde de inspiración saqueina por bon camiño. De feito lévolle 5:40 e creo que pode haber tema para un rato máis. Espero que sobre 7 minutos. O outro día enseñeilla a un par de compañeiros e as críticas foron boas, desde un que me dixo que tiña un cambio no medio que lle gustou moito, ata outra que dixo que nunca pensaría que eu fixera música así, logo de oír Mileth, supoño que oírme a mín metido entre tanto teclado e melancolismo chocoulle XD
Teño que facer unha máis, aparte de acabar esa da que falo, bótolle duns 5-6 minutos e creo que estará bastante finiquitado todo. Espero que a finales de Xulio xa poida colgar todo por aquí.

De Mileth, estamos progresando nas 2 novas. Co que suman 5 propias:
1. Ith (6:15)
2. Frío Inferno (6:00)
3. Mitolóxica Errante - ...E Na Novena Ola Caeron Os Deuses (8:50)
4. Esperta! Letárxica E Erma Fraga (7:16)
5. Sen nome de momento (8-9 minutos)
E xa case vai un disco se nos descoidamos porque 6 e 6 e 9 e 7 e 8... media hora larga! XD Un par de versións e case concerto no Castro XD En canto a eso, ás versións, a cada pouco andamos a cambialas, pero creo que pode haber algunha sorpresa, a mín gustaríame facer algo diferente a todo o que se fixera antes, alomenos a nivel gallego (cousa que, vendo o escaso movemento de pagan-folk metal non será moi complicado, por desgracia). Penso que o que non faremos será continuar coas que facíamos nun principio, as de "And the Wind Shall Scream My Name" de Stormlord, "Mourning Palace" de Dimmu versión pagana XD, e cada vez vexo menos a de "Brother Moon" de Amorphis que íbamos tocando desde o primeiro día que nos xuntamos Marcos e mais eu... pero veremos, gustaríame algunha sorpresa inesperada.

Para rematar, o outro día fixen a miña última aportación para Herexía, nome que pode que cambie o batería. Según dixo, non o acababa de convencer, parece que ese nome fora elexido polo que estaba de cantante antes e montara con él o proxecto, seguramente o coñezades moitos de vós por algún cartel na parte vella de Vigo ou pintadas a favor da súa liberdade, xa que está na cárcel por algo de actos bandálicos desde hai medio ano ou así (xa temos máis historia negra que Mayhem antes de empezar :S).
Ben, o que fixen o outro día é a miña segunda aportación, bastante blackmetalera sueca dos 90 e forzándome a non meter moita melodía XD (por algún motivo cando me piden black, sáleme ese estilo) e mañá verei se lles gusta ou non ós jefes, que son os que teñen a última palabra. Oficialmente é a cuarta canción que faigo para este grupo, pero, unha por motivos de que "era demasiado vikinga e non convencía" e outra por motivos de que quen participa compoñendo un riff foi o guitarrista do que falei algún día por aquí, que nos deixou de maneira bastante pouco educada e cobarde, pois ó batería non lle facía ningunha gracia de tocar. Ademáis eu creo que non estaba completamente convencido con ela.
Xa que é unha canción que quedou no limbo e que non creo que toquemos, poido colgar por aquí a versión demo que grabáramos para oír na nosa casa. Básicamente podería considerar que é unha "canción miña", pero o riff principal está modificado polo batería (a mín gustábame máis da maneira que o creara eu, peeero o boss manda XD). De todos xeitos, eu tamén creo que se pode facer mellor, así que non me deu especialmente pena o de deixala no camiño.
Vouna cortar na metade, xa que falta de grabar o solo e logo o baixista non se deu de conta de que estaba lixeiramente desafinado e hai unha parte na que canta moito hacia o final -así o fixemos de rápido XD-. As letras sacrílegas ó máximo XD son do ex-cantante, Miguel, e a grabación foi bastante rápida, tanta coma a confección -había como certa présa por facer as cousas cando estaba aquel guitarrista que se foi, cousa que non cheguei a comprender nunca-, pero bueno, era unha grabación para nós mesmos, nada serio.


No hay comentarios:

Publicar un comentario