Páginas

domingo, mayo 01, 2011

Microreviews Abril'11 - IV


NightShade - Lost In Motion (2011)
Metalcore-Deathcore
Myspace
Engañáronme coma un chino. Esperando volver a saber do grupo de Death Melódico sueco Nightshade, propúxenme oír este disco e atopeime cuns franceses que fan un Deathcore (por moito que poña no metal archives Groove Death) ó que non lle vin demasiado aliciente. Bon sonido, eso sí, e boa técnica, pero demasiado "core" para o meu gusto. Se a esto lle añadimos certas voces limpias totalmente retocadas en estudio, que me recordaron a Paulina Rubio en tío, apaga e vámonos. Hardcore Metal máis duro para a juventú, algo xa oído demasiado últimamente por desgracia.
O único interesante que aprendín ó buscar sobre Nightshade foi que os suecos se desfixeron :/ 1/10


Evergrey - Glorious Collision (2011)
Prog-Power Metal
Myspace
Despois dunha completa decepción de Evergrey coma foi "Torn", non me esperaba gran cousa deste novo, e non foi unha falsa sensación, porque o patrón de emo-power metal collérono e xa non o soltaron. Quén os veu e quén os vé!
As cancións de Glorious Collision son máis ou menos similares entre sí e entre os anteriores 2 discos... non poido decir que sexan iguales, pero a forma de cantar de Tom Englund fíxoseme soporífera e axuda a sobremaneira a que estemos revivindo unha e outra vez os mesmos temas que empezaramos a oír en "Monday Morning Apocalypse" e "Torn". Progresións parecidas, certos aires de canción fácil (=pop) que busca o -emocional- estribillo, e algún detalle chulo que nos recorda que estamos oíndo a aqueles que a principios dos 2000 eran uns dos grandes do Prog-Power europeo.
Non me atrevería a decir que sexa un mal álbum, seguramente a quen lle guste o Metal "emotivo" poida flipalo con Evergrey nas súas noites pensando en porqué a súa moza/o o/a deixou...
Todo sexa dito, está ben executado e producido, pero debe ser que vou vello para estas trangalladas, a mín onde se me poña un "Recreation Day" ou "In Search of Thruth" que se quiten os novos, blandengues, e hipersensibles Evergrey. 3/10


Artillery - My Blood (2011)
Thrash Metal
Myspace
Despois de nada menos que 30 anos de historia, os daneses Artillery demostran que seguen sabendo facer boa música. My Blood é un disco entretido e con moi bos momentos nos que Artillery se luce con geniales riffs coma o que empeza logo da primeira -con certo toque árabe- "Mi sangre", unha das mellores do disco. A mín chegáronme especialmente cortes coma "The Great" (buuuf! qué par de riffs hai nesa canción! -a mellor para mín-), "End of Eternity", "Death Is An Illusion" ou "Warrior Blood".
Todo un exemplo de bon Heavy-Thrash con certa variedade sen necesidade de ningunha influencia "metalcoriana" ou "modernilla" como moitos novos grupos están a facer, nin pseudocopiar a clásicos ochenteros de ningún tipo ehemgelus! Salú! 7/10


Hidden - Dead Land Energy (2011)
Progressive Black-Doom
Sen myspace
Teño que recoñecer que cando vexo escrito as palabras "Progressive" ou "Avantgarde", para mín supón un extra en canto a darlle unha escoita a unha banda. E se xa o unimos a "metal extremo" vou directo a por él. En principio vénseme á mente "novas ideas", "novas mezclas de estilos", "traballo invertido en buscar algo diferente"... pero grupos coma Hidden son os que me poñen os pés no chan para confirmarme que non todo o que reluce é ouro. Parece ser que nesta banda está o Killjoy, ese de Necrophagia, e mais alguén de Sigh -os xaponeses que sacaron un discazo o ano pasado-, e bueno, o resultado deixa moito que desexar, porque a música de Hidden cabalga entre o Black Metal e o Doom con certo aire "espacial" e experimental, pero cunha producción sucia e cuns temas bastante caóticos, e baixo o meu parecer, sonrojecen de malos que son.
Un disco a evitar por todos os medios. 0/10


Debauchery - Germany´s Next Death Metal (2011)
Death Metal
Myspace
Esperemos que esto non sexa o próximo Death Metal provinte de Alemania, dito sexa de paso, país que non se caracterizou porque entre as súas fronteiras saliran grandes grupos de Death.
Debauchery fan algo así coma unha mezcla entre Bolt Thrower e AC/DC, un Death'n Roll que recordará a grupos do estilo de Six Feet Under, Rob Zombie ou Gwar. Penso que con todos estes grupos xa vos podedes facer unha idea bastante boa de Debauchery. A mín resultoume bastante aburrido, pero é que tampouco me gustan demasiado eses 3 últimos citados... 2/10


Abinchova - Versteckte Pfade (2011)
Folk-Death Metal
Myspace
Casualidades da vida, fai pouco falaba con Marcos sobre as portadas debuxadas, que hoxe en día resulta raro, e queda un tanto cutre, ou coma decía meu irmán, queda un tanto "power noventero".. cando con poucos coñecementos fotochoperos pódense facer cousas curiosas, a partir de fotos ou de modificar/conxuntar outros modelos xa existentes.
A cousa é que me quedei un pouco co sorriso na boca cando vín a portada do debut en larga duración destes suízos...
Musicalmente, Abinchova é un deses grupos que nacen da inspiración doutro ó que consideran como modelo a imitar. Neste caso, ó igual que moitos outros nos últimos anos, o grupo a imitar é Ensiferum, ainda que fan amagos por intentar desligarse, por veces tirando máis cara o Pagan Metal, por veces metendo voz feminina, e por outras recordando vagamente a Manegarm por ese violín. De primeiras non me gustou nada o disco, pero oída dunha segunda vez non me resultou tan malo, eso sí, abstédevos os que non usedes moito desto do folk-melodeath. 4/10


Dreamshade - What Silence Hides (2011)
Melodeath - Progressive Metal
Myspace
Dreamshade son outros suízos coma Abinchova, que practican un death melódico, ainda que musicalmente poderían ser un grupo de Metal Progresivo; non o vexo tan lonxe de grupos coma Symphony X ou Pagan's Mind, teclados incluídos. É a voz rasgada do cantante a que fai este grupo entrar na saturada lista de Melodic Death Metal.
Para ser un primeiro álbum, sona moi profesional, a pesar de que hoxe en día cada vez me sorprende menos que novos grupos sonen tan ben nos primeiros traballos. Como decía na anterior tanda de microreviews, hoxe en día case que basta con ter un pouco de pasta ou contactos (nesto segundo parece que non lles vai mal, xa que nada menos que a finlandesa Spinefarm apostaron por eles).
Penso que é un bon álbum de Metal Progresivo-Melodeath técnico, non hai nada que achacar, ainda que me falla un pouco que haxa determinadas partes do disco nas que non se consegue a rabia e forza que me pide o estilo e baixa enteiros. 7/10


Amaranthe - Amaranthe (2011)
Modern Metal-Pop
Myspace
Un álbum de música plana é o que nos ofrecen estes finlandeses que contan nada menos que con 3 cantantes, todos muy guapiños eso sí, que parece ser o que conta: a rapaza canta dunha forma moi Dance-Pop, logo hai un que fai voz clara no estilo de algúns grupos de Power Metal e outro que lle dá á voz rasgada a modo de Metalcore.
A música pode ser unha mezcla entre unha canción de Eurovisión e Nu-Metal/Metalcore con algo de Melodeath "moderno" , é decir, cancións con profundidade nula, de estribillo fácil e deglución rápida cun ambiente de Metal "contemporáneo" no estilo de Sonic Syndicate ou Soilwork.
Metal para xente que lle gusta o Pop. 1/10


Lazarus A.D. - Black Rivers Flow (2011)
Thrash-Groove Metal
Myspace
Tras un decente disco debut como foi "The Onslaught", que tomaba influencias do Thrash Metal clásico ochentero según recordo, os americanos Lazarus A.D. toman unha dirección un pouco máis hmm metalcorizada... sonan un pouco coma mezcla entre Pantera, Trivium e Unearth, con riffs moi groovies e ese toque "core" e modernillo que a mín non me gustou demasiado.
Coma en Trivium, o que se salva son 4 cousas, nas que inclúo a técnica, algún riff, e os solos de determinadas cancións. Seguramente lle gustará ós amantes dos grupos citados, pero a mín moi pouco. 3/10


Symfonia - In Paradisum (2011)
Power Metal
Myspace
O nome do grupo xa dice bastante sobre a creatividade esta banda finlandesa... symphonia, symfonia, symphony, symphonic... cántos grupos haberá con eses nomes polo mundo adiante!
En canto á música temos a Timo Tolkki facendo unha e outra vez o mesmo disco. Levábao facendo con Stratovarius, logo con Revolution Renaissance e agora con Symfonia. Así que os que sodes fans de Strato desde fai tempo, coma un servidor ata o Visions (logo xa me pasou a ser un grupo de autoversións facendo cada disco máis mediocre que o anterior), probablemente rememoredes extractos de varias cancións xa feitas mentres oídes a Symfonia. De feito parece un disco de versións de Stratovarius cantado por André Matos.
Orixinalidade cero absoluto, aburreume un mundo, soplei 7 veces por canción e suspirei 4 ata que dixen basta e parei todo no medio da que empeza como "Forever" de Stratovarius...... sí, a que vai despois da que ten unha línea vocal igual que "Future World"...
Técnicamente son bos e teñen un bon sonido, como o podería ter calquera álbum de Strato da era Tolkki, pero penso que pode ser un álbum que sólo lle podería gustar a alguén que empezou a oír Power Metal fai pouco ou que sexa un fan sin cabeza.
Se hai algún Tolkki-fan lendo esto, dedícolle o que eu penso de Symfonia: 1/10

No hay comentarios:

Publicar un comentario