Páginas

martes, abril 05, 2011

Microreviews Abril'11 - I


The Eternal Suffering - Miasma (2010)
Black Metal
Myspace
Moi bon segundo disco destes gregos que practican un Black moi influenciado pola escola sueca e noruega dos 90, mezclando partes rápidas e propiamente "blackmetaleiras" con grandes riffs e melodías que poden recordar a Dissection, Marduk, Naglfar ou Immortal. Todo dentro dun halo e ambientación moi fría e malévola, cunhas guitarras con gran distorsión e, en xeneral, todo sonando como un disco de black metal debería de sonar.
Ainda que de primeiras non me pareceu que me fose enganchar, Miasma colle carrerilla a medida que pasan as cancións e empatan auténticos himnos coma Assail The Creation, Miasma (a cal me recordou ós primeiros Dimmu), ou a impresionante e "Dissectional" Nocturnal Delight. Un disco que sen duda mellora coas escoitas. 9/10

Auvernia - Afraid Of Me (2010)
Progressive Metal
Myspace
Cunha base moi Power Metal (non do mal pop-power metal), estes arxentinos (sí, arxentinos!) sacan o seu segundo disco, e qué disco! Unha auténtica opus de prog-power con toques de melodeath que á vez ten gancho, ten unha composición impresionante, ten forza, ten pasaxes calmados, ten cambios de ritmo épicos... teno todo o que miles de bandas intentan e non poden porque lles falta algo do que carecen por moitísima técnica que teñan: talento. Auvernia teñen talento compositivo, que mezclado con orixinalidade, fan unha proposta impresionante como é Afraid of Me.
Recomendadísimo a todos os amantes do progresivo. 10/10


Lost Dreams - Wage of Disgrace (2010)
Melodic Death Metal
Official
Tiña un bon recordo dos anteriores discos desta banda austríaca, e non se acabou de ir con este novo álbum no que mezclan elementos de Deathcore, Death técnico e ocasionales tecladillos "modernos" con bastante gusto. A pesar de que este estilo ou fusión de estilos pode estar un tanto saturado, sobre todo por clones de Soilwork e demáis americanos que intentan fusionar o "Gothenburg Melodeath" con "Metalcore americanoide", Lost Dreams apórtalle un toque máis "europeo" e con riffs decentes (e non hai voces "melódicas" nos estribillos, co que baixo o meu gusto, gana).
Bon álbum de "melodeath europeo", sen ter gran orixinalidade, ten cancións bastante boas... sería un digno sucesor do "Chainheart Machine" de Soilwork en lugar do que éstes se foron convertindo. 8/10


Frosttide - Dawn of Frost EP (2010)
Melodic Death-Viking Metal
Myspace
Tal e como pasara na súa época con Children of Bodom, desde fai uns anos debe haber unha total fascinación coa forma de facer metal de Ensiferum sobre todo no seu país de orixe (como máis abaixo nas reviews hai outro exemplo) para moitos aqueles que se deciden por formar un grupo de folk ou viking metal.
Frosttide son outros que desde Jyväskylä se montan ó carro de semiplaxiar tanto melodías coma a forma de traballar de Ensiferum. Por tanto, a orixinalidade é cero por parte destes finlandeses, ainda que de vez en cando se saquen riffs dignos e pegadizos. O malo é que a sombra de Ensiferum está tan presente que por veces un xa non sabe se está oíndo unha das demos do grupo citado ou qué. 5/10


The Breathing Process - Odyssey (un)Dead (2010)
Black-Death Metal
Myspace
Mal o vía vir cando souben da bandeira deste grupo, pero a primeira oída por encima fará cousa de... 10 meses? non me resultou desalentadora.
Os americanos The Breathing Process, que anteriormente facían Metalcore (vaia sorpresa... en USA todos os novos metaleiros actualmente deben empezar por oír dese pao xunto con Metallica, aparte que o nome do grupo ben podía dar nalgo core...), agora dedícanse a facer un Black-Death cañero con numerosas influencias, tanto do metal máis moderno, brutal death, black sinfónico ou ata partes "hardcorianas". ¿non sona mal de primeiras, non?
A mín polo menos paréceme que se está feito con xeito pode dar de sí. Pero non, unha vez que se oe este álbum, parece un montón de ideas perdidas en cancións que poden ter algunha cousa interesante pero que se acaba deixando no olvido. As influencias modernas... pois son coma se extractos de Evanescence ou Lacuna Coil se insertan no medio dun álbum de Death Metal, e a verdad é que non me fixo ningunha gracia atoparme sin xeito con eses extractos.
O sonido fai pensar nun montón de postproducción e artificialidade, e as cancións parece que moitas veces non levan a ningún lado.
Sería un álbum interesante se The Breathing Process soubera, primeiro facer cancións, e segundo se ordenara as súas ideas, ainda así, veremos en qué dán para o próximo, será interesante ver si o poden conseguir. 3/10


Svartsot - Mulmets Viser (2010)
Folk-Viking Metal
Myspace
Svartsot chegan desde un país do que non oín que saliran moitas bandas metálicas últimamente; Dinamarca. A súa proposta poderíase considerar coma unha máis no saturado mundo do folk-metal con growls que puxo "de moda" Ensiferum. Aquí temos melodías mediocres, melodías viciosas e melodías semiplaxiadas doutras oídas mil veces... sí, todo eso xunto; feitas por diferentes instrumentos coma frautas, acordeóns, e tamén algo así coma un ukelele. As estructuras das cancións non son -baixo o meu entender- demasiado traballadas, xa que abusan a sobremaneira de repetir melodías e riffs -que a veces están ben, pero aburren por saturación- dentro das mesmas cancións. De verdade, se este álbum tivera unha media de duración das cancións de entre 2 e 4 minutos como moito -coma fan Korpiklaani en xeral-, saldría ganando moito máis. 6/10


Garleben - Hammonia (2010)
Pagan-Folk-Black Metal
Myspace
Para todos os que degustaron os aires máis folk de Moonsorrow nos seus primeiros álbumes, este disco dos alemanes Garleben -disco debut-, podería ser interesante de oír. Moonsorrow (ou tal vez Finsterforst, que tamén collen moito dos primeiros) foi o primeiro grupo que se me ocorreu, supoño que debido ao tipo de melodías e os acordeóns, que eran moi do estilo do Suden Uni ou Voimasta Ja Kunniasta, pero pola súa música pódense adiviñar outras influencias de black metal ou viking metal. Bastante entretenidos, ainda que a hora e dez que dura o disco fíxoseme un pouco larga de máis, estaría mellor se quitaran un par de cancións que hai polo medio. 7/10


Dråpsnatt - Hymner Till Undergången (2010)
Folk-Atmospheric Black Metal
Myspace
Qué jodío gran disco! Estes suecos conseguiron tocarme a fibra case tanto coma cando oíra o "Ashes Against The Grain" de Agalloch. A mezcla de pasaxes atmosféricos, guitarras acústicas, pianos ocultos, gritos agónicos e black metal melancólico cun toque "malvado", tan ben feita coma a crearon, fai que te metas no seu mundo queiras ou no. Gran álbum do que algún podería chamar... post-black? depressive post-black? eu xa non me aclaro cos xéneros. 9/10


Riverain - Overstepping the Verge... (2010)
Prog-Melodeath
Myspace
O triunfo de Arch Enemy con Angela Gossow inspirou a moitos grupos a coller unha cantante feminina de bon ver e que practicara guturales. O caso é que poucos saliron das tevras do underground, posto que para vender máis discos e ser máis conocidos non vale sólo cunha cara bonita que emita growls, senón que tamén fan falta boas composicións, e non calquera pode ser un Michael Amott. Así que polas miñas palabras podedes intuír que os rusos Riverain non me chegaron a convencer de todo coa súa mezcla de Arch Enemy e Arjen Lucassen -que xa lles gustaría ter as partes boas dos dous-. É decir, a súa música é unha especie de death melódico de corte máis ben escandinavo con teclados ambientales e toques electrónicos e progresivos. Regular. 6/10


In Mourning - Monolith (2010)
Progressive Death Metal
Myspace
Cando un escoita unha maravilla de primeiro disco como foi o Shrouded Divine, empeza a ter altas expectativas en canto ó futuro do grupo que o fixo, ainda que como dixera ese fora sólo un primeiro disco. Estas altas expectativas pódense ver mermadas se o seguinte álbum, neste caso Monolith, non chega á altura á que un tiña posto ó grupo a partires de anteriores traballos, sen chegar a ser malo.
A mín decepcionoume un pouco... a medida que o fun oíndo, funo collendo mellor, pero esto non che achega ó seu primeiro disco nin moito menos.
O principal referente destes músicos penso que segue a ser os seus compatriotas Opeth, e técnicamente Monolith pode ser un álbum tan pulido, cuidado e impecablemente executado coma Shrouded Divine ou calquera de Opeth, pero cando as composicións non chegan é que non chegan. É unha sensación parecida á que tivera con aquel de Mercenary, o Architect of Lies. 6/10

No hay comentarios:

Publicar un comentario