Páginas

miércoles, octubre 20, 2010

Bizarradas Musicales: De Infernali

Xusto este mes se reeditou unha das bizarradas que me tocou oír xa fai moito tempo, por aló do 97!
Non sei qué amigo me deixara este álbum no que participaban eminencias do metal extremo nórdico facendo algo máis Ambient. Esas estrelas non eran outros que Jon Nödtveidt e Dan Swano, que colaboraba nunha canción. Pois ben, sería curioso ver qué farían estes homes fóra do seu mundillo habitual, e... a decepción foi monumental. Non é que sexa un amante do dark ambient/industrial ambient, pero poido oír cousas por ahí sen problema.

Por suposto olvidádevos de Dissection e Edge of Sanity, eu diría que máis ben vos metérades a xogar á un xogo de acción na Super Noentiendo ou Mega dryf con esto de fondo.
A min recórdame ás cancións techno que eu mesmo facía co Impulse Tracker para ir probando dunha forma rápida instrumentos e efectos (que tamén empecei sobre esa época) XDD

Non sei moi ben qué tería na cabeza Nödtveidt ó facer este disco... Por ahí lín que era un proxecto compartido co seu compañeiro de habitación, un tal Damien ou Damian. Non sei qué se fumarían os dous nos ratos libres, pero esto é bastante avergonzante. E logo está a colaboración de Dan Swano, algo que queda como nota curiosa e do que supoño que tempo despois se retractaría XD

1. Into The Labyrinths Of Desolation 5:08
2. Ave Satan 04:31
3. Orcus Cursus 04:37
4. Sign Of The Dark 05:40
5. Revival / Paroxysmal Winds / Forever Gone 06:27
6. Atomic Age 04:09
7. Liberation 01:51
8. X 01:41

-"Into the Labyrinths of Desolation" podería ser un comenzo digno para un álbum de ambient.
-"Ave Satan" é coma se alguén se lle ocorre facer en midi unha versión satánica da banda sonora de Mortal Kombat con toques da BSO de "Viernes 13".

-"Orcus Cursus" é unha peza ambiental que... non está mal (por non decir outra cousa)
-"Sign Of The Dark" é a canción cantada por Dan Swano, a mín recórdame a algún grupo de pop electrónico ochentero (Depeche Mode, Black,...) tamén mezclado coa banda sonora de Mortal Kombat...pero a de supernintendo.. ou case que a de Game Boy? XDD
-"Revival / Paroxysmal Winds / Forever Gone" pode fácilmente evocar a Sorgens Kammer, a do Stormblast orixinal que fora plagio doutra.
-"Atomic Age".... e aquí chega Paco Pil ou Chimo Bayo. Dá ganas de soltar un "bombas bombas" polo medio da canción. Podería valer perfectamente como banda sonora do Final Fight ou Streets of Rage.
-"Liberation" e "X" son pezas testimoniales da decadencia do mundo... despois de escoitar este bodrio.


Descarga
Pass: www
.mediaportal.ru

E xa sabedes "
Remastered and re-released by Metal Mind Records in October 2010 in a digipack edition limited to 2000 hand-numbered copies."

A correr se non queredes quedarvos sen ela!

No hay comentarios:

Publicar un comentario