Sempre pensei que o xusto é empezar por un principio, redundando na redundancia, así que aquí vai un pequeno resumen da historia musical-vital de Enlil aka Enuma Elis aka enumaelis aka Diego para os que trebellaron conmigo desde outros medios non interneteriles, antes de empezar co caderno de bitácora actual (en 3ª persona é máis molón, así que non me digades nada sobre elo eh? XD)
1-Os nomes usados poden ser reales ou realistas ou todo o contrario.
2-Todo parecido coa realidade pode ser outra cousa.
Nun frío inverno de fai xa anos, creo que máis dos que parecen polo que dí algunha xente, Enlil nace, e nace xa fastidiando, arruinándolle o fin de ano á familia, como debe ser. Nunha infancia feliz, o pequeno cativo crece, gracias ó primoxénito, con moreas de cintas TDK e Sony que se enchían e re-enchían a base de cancións en programas de radio e a amigos que de vez en cando se pasaban e traían as súas propias TDKs co celo superposto. Ainda así, que non se escandalice o Mamoncín, que de vez en cando, entre os caixós das nosas mesillas se escondían orixinales, entre os primeiros, recordo especialmente un casette de La Orquesta Mondragón, outro chamado "Hero Hero" de Judas Priest, algunha da SuperPop cos maiores éxitos do ano ochentaepico entre os que figuraban estrellas coma Frankie Goes To Hollywood, Roxette, Pet Shop Boys ou Samantha Fox, algo de Stryper e unha de Iván, gran estrella ochentera ó nivel do que pode ser hoxe en día Bustoamante, David de Manía ou Bebe (...que Bebe). Xa daquela o destino iba forxando a mistura de estilos no subconsciente do cativo Enlil.
Ah qué tempos...
... pero progresivamente, o caixón da mesilla foise enchendo con máis e máis pirateo casettero dos clásicos Maiden, Accept, Mötley Crue, Europe, Metallicas e demáis, así o pequeno rapás foise forxando coma un joven padawan del metaleo en toda regla; deixándose unha crin decente cando a mamá o deixaba ou se olvidaba de levalo á peluquera... e escribindo a lápiz e con letras de espadas y metal nos pupitres de 2º de EGB "Heavy Metal".
Ah, pero non toda a infancia foi alegría na vida do padawan metalero, sempre houbo momentos malos, coma aquela vez...
...bueno, aquela vez !Zas! en toda la boca! tamén foi un momento malo, pero refírome a algo máis espiritualtaltal....
...un bon día e gracias ó diseño nunha libreta de bolsillo cuadriculada, o primoxénito da familia debuxou dúas carátulas infernales e inmortales da historia guitarrera: "Piece of Mind" e "The Number of the Beast", para que a nai os fora buscar nunha das súas ocasionales visitas á cidade da Coruña. Gracias ós logrados diseños, o dependiente da tienda de roupa e accesorios rockeros adivinou correctamente as camisetas... pero non tanto as tallas...
O pequeno metaleiro xa estaba fachendeando na escuela ante os seus amigos da gran sudadera del metaaaaaaal que iba traer ó seguinte día, cando... non era que fose grande o envoltorio, senón que era posible que con él posto se parecese máis ó cavernicola de Pier Nodoyuna con J'Hayber que outra cousa.Triste e vilipendiado, o pequeno padawan non puido vestir aquela "Piece Of Metalmind" e sufreu con lágrimas de acero tal avatar do destino mentres oía "Here comes the Tears" de Judas Priest (posiblemente a peor canción da súa historia, non me extraña que lle chamaran así).
Unha vez que o estirón chegou, xa non se puido facer nada, a camiseta xa fora usada e usada unha e outra vez pola outra alma del metal da casa, que supoño que non se puido resistir a levar tal obra de arte que ninguén usaba.
Ah!.. os camiños do metal...
O fluír do rock pesado xa era un feito na súa vida, e mentres os seus conxéneres empezaban a descubrir o mundo da música gracias a outros grandes papanatas como Chimo Papayo, Mecagono.. e as corrientes dun tal Bacallau empezaban a aflorar ante as hombreras, Enlil dedicábase a silbar "They Want War", "Looks That Kill" e "Invaders" (por decir unha calquera de IM) mentres andaba polo patio do colexio.
Ainda son frescas as lembranzas daqueles primeiros anos sentado na parte de atrás no autobús "cos maiores e malutos", observando cómo se disputaban coas rapazas qué cinta de casette se debía de poñer no autobús: se Ozzy ou Mecagono, se Megadeth ou Mecagono, se Bon Jovi ou Mecagono... mecagonomecano!!
Esas batallas cambiaron drásticamente co tempo cando, ó igual que o heavy metal baixouse do triunfo dos 80 para deixar paso a uns anos escuros, os "malutos e maiores" foron deixando o colexio e por tanto o autobús (a vida ten unhas ironías do carallo). Os anos escuros proseguiron equivalentemente no día a día da poboación transportada ó colexio, que medraron ante a infumabilidade de Antonio Floresssh JOhBK e Camella, unha das grandes lacras da historia musical española que se introduciu nas mentes dos que posteriormente, e xa no siglo XXI, se deron a coñecer coma os futuribles... Nininis (nin estudian, nin traballan, nin oíron música heterogénea na súa vida, sólo o que lles metían polos ollos, e que crían e cren que polo feito de oír U2, Bisbal e Dance o fin de semana, teñen un amplio espectro de gustos). Non vou ser eu! ... quen diga que houbera relación entre os anos escuros dos principios dos 90 e a posterior debacle cultural musical de próximas xeneracións en España ... soamente o deixarei caer...
...un exemplo do que este pequeno ser con sangre alta en ferro tivo que soportar durante un par de horas de bus por día (a reseñar a monotemática do 90% das cancións, nas cales nas letras, que chegou un momento que se quedaban grabadas a fuego de tanta repetición, se reiteraban unha e outra vez as ideas "sufrir", "te arrepentirás", "te veo pasar", "él no te quiere"... aderezado con eses horribles teclados de cabra, ese aire a Azucar Moreno... e aquelas voces que por veces instaban a meter a cabeza debaixo do asiento):
Enlil mesmo tivo momentos de oscurantismo; o principio dos 90 non auguraron nada bon. Os grupos de speed metal alemán e da NWOBHM empezaron a desaparecer das revistas, Rockopop, Plastic e Clip Clap Video convertíronse en historia, Bruce Dickinson deixaba Maiden, Judas Priest quedouse na estacada, Kiske renegaba do metaaaaal e Hansen íbase de Helloween,...
Un novo estilo vendido pola mass-media norteamericana empezou a convencer ós novos: o Rock non é só diversión, nenas e pasalo ben... ahora os novos rockeros teñen conflictos personales, fan música máis insulsa e "escura" e non hai lugar a tanta distorsión, virtuosismos, nin pataditas ó aire... adiós ós cardaos, mallas e tachas y cuero, e bienvenidos ás camisas de leñador, aspecto descuidado, caras tristeiras, pesimismo existencial e primeiras marcas comercializando o "agrungeamento" de América, cousa que non pasara anteriormente co rock nin o metal.
O grunge... uns emos primigenios? tal vez... eu máis ben diría "unha etapa de moda da que habería que pasar páxina rápidamente"
Ajeno a todo esta moda, Enlil continuaba a oír os clásicos ochenteros, xa que non se podía con ningunha outra cousa nese comenzo de década.
Supostamente, estas son as 10 mellores bandas de grunge según os fans, posiblemente coas súas mellores cancións tamén (...) e pensar que a maioría dos metaleiros da época pasaron a oír esto...
Pasemos tema...
Tal vez o primeiro signo de paganismo na vida do futuro tunante chegou cando, ó contrario que a maioría de pijolas dos seus conocidos que facían a comunión vestidos de marineritos por seus pais (cousa que nunca entenderei, porqué mariñeiro e non bombeiro ou guardia civil?), Enlil, ainda que non por decisión propia, pero debidamente acertada, vestiuse co traxe rexional galaico. Magna honra posterior, sen dúbida.
Algo se empezaba a cocer xa...
Que dura la vida del metalero, ains... pero que encima la tenga que leer en galego no me puede hacer reprimir grandes carcajadas a estas horas...
ResponderEliminarEsperamos la segunda parte!!