Páginas

martes, marzo 31, 2009

De crises e capitalismos...

Uhm non me gusta nada falar de política, pero é algo que parece inevitable nestes tempos de cambio. Pareceme saturante e aburrido, pero bueno, eu teño unha visión un poco distinta a aqueles que xa empezan a anticipar o final do "malvado" capitalismo logo desta crise. Non creo que o sistema capitalista se viñera abaixo, o que pasou foi un toque de atención, pero o capitalismo non é algo que vaia a desaparecer, é algo que teño claro.
O que sí que se evidenciou foi que necesita de moitas melloras e sistemas de control. Estanme a sobresaturar os medios sobre o que está pasando coa crise, e eso que non lles faigo moita atención, e últimamente tamén nas miñas clases na universidade me falan cada 2x3. Calquera que sexa a asignatura, RRHH, Empresa Familiar, Teoría de Organizacións, Matemáticas Financieiras.. sempre hai algún comentario sobre esto ou o outro relacionado coa crise..
Bueno, do que sí me acordo perfectamente, e faleino cun amigo, é que fai uns 4 años tíñamos un profesor que nos decía que o crecemento que estabamos experimentando era anormal. E era algo predecible que logo habería un descalabro serio, pero aquí parecía que todo era cor de rosas porque o crecemento de España era uno de los maiores da UE, e todo o mundo melloraba e estaba contento... ainda que se endeudaran hasta as muelas. Os bancos non miraban moito e veeeenga creditos...
Volvendo ó profesor de fai 4 anos, aquelo dame que pensar que inevitablemente máis expertos economistas, non só ese profesor e outro que por veces tamén divagaba (o resto vivían da empresa familiar que supón a Universidade de Vigo e dipoñíanse-dispoñense a soltar o seu monólogo sen que nos preocupemos demasiado da realidade do mundo), tiñan un "presentimento" (presentimento con certas bases reales) sobre un futuro oscuro e próximo. Ademáis as economías son ciclos, era obvio que despois dun gran crecemento viría un período de recesión. Ó igual que é obvio que pasaremos esta crisis, sexan 2 ou 3 ou 4 anos e volveremos a ter crecemento positivo. Ó menos é o que se prevé.
Pero esto faime pensar hasta qué punto os políticos (non son fiel a ningún partido, nin políticos en xeral) fan caso de expertos en economía.
Fai pouco veu o premio nobel de economía, Paul Krugman a España, e vaticina que o noso será un caso especialmente duro de recuperación dentro da UE. Non é tampouco algo difícil de prever, España ten un problema estructural grave en moitos niveles. Pero o que me asusta é oír dicir ó líder que nos goberna que "este señor exagera".
Hasta qué punto os políticos ignoran á realidade e a expertos a favor dos seus propios intereses?
O único que pode facer España para que non se nos coman o doble que o resto é facer politicas innovadoras e atrevidas ante una situación de partida peor que as outras economías. Todo o que está salindo últimamente de ZP en competencia a empleo hasta ahora é chamusquina que non funciona, dame igual que me tachedes de pepeista ou izquierdaunista ou beneguista, impórtanme un carallo todos xuntos. O único que me importa é que a nosoutros neste país non nos toque pagar máis o pato que ós demáis, situación moi probable se non cambian as cousas. E as "ideas" que están a surxir do actual goberno non van. Alomenos eso é o que se nos está a facer ver a nós, estudiantes de materias económicas. Exemplos?
"En este sentido, Zapatero explicó que mientras en Europa el 20% de los contratos son a tiempo parcial, en España el porcentaje es la mitad, y "esa es una de las razones por las que tenemos la tasa de paro más alta"."
Alguén lle tería que decir a Zapatero que o traballo a tempo parcial non impulsa a creación de empleo. Alomenos eso é o que se nos enseña, posto que as posibilidades de que un traballador a tempo parcial se introduzca no tempo completo son moi limitadas e produce un deterioro das condicións dos demáis traballadores a xornada completa. Ademáis o traballo parcial exime ós currantes de posibilidades de formación e promoción, algo propicio para o crecemento a nivel de empresa. O que debería facer por exemplo unha rebaixa de impostos de sociedades, e reducción de impostos temporal, alomenos, para as empresas, sobre todo Pymes, para que non se vexan tan estranguladas; fomentar a creación de empresas de I+D+i, etc. E é que crear unha empresa en España sale moitísimo máis caro que creala noutro país... esto é bon para nos? é bon para encontrar traballo? O índice de fracaso empresarial é realmente grande neste país se o comparamos con outros da UE, penso que os tiros deberían ir máis por ese sentido, e non é porque eu estudie tal ou cual, penso que é de perogrullo.
O que pasa é que parece que a oposición xa comentou sobre medidas desa índole e non sei hasta ónde temos que chegar para que se lles faiga caso, sendo unha boa medida e beneficiosa. A rivalidade electoral nestes tempos non é nada boa, tanto polos que tan ahí -que non queren facer o que os outros din- como polos outros -que se fan as cousas á súa maneira van decir "gracias a nós que nos fixeron caso", e se as cousas van mal van dicir "ves?? non nos fixeron un caso e así vamos mal". Todos son uns bos peixes...

As razóns de paro, ó igual que a educación, explotación, dispoñibilidade e dependencia exterior de recursos, e outras tantas cousas, son problemas estructurales, é decir, sostidos durante un largo período de tempo que requirirían de antemán un acordo entre as forzas maioritarias xa desde moi antigo para formar as liñas a seguir da nosa economía e procurar unhas estratexias de crecemento sostido e de defensa contra inconveniencias graves. Non hai eso? pos jodidos...
sólo queda esperar que se lles ocurra algo realmente innovador e botarse para adiante incluso con medidas que poden ser impopulares (algo que temen demasiado os políticos das 2 forzas maioritarias neste país desde sempre) a expensas de mandarnos ó carallo a todos co paso dos anos.
Xa sei, visión pesimista, pero hoxe estou pesimista. Non sei cómo se pode estar senón nun país no que a educación está á cola de Europa (algo importantísimo para o futuro dun país; aquí sempre houbo mala alta formación, desacorde á realidade, a inversión en I+D+i sempre foi irrisorea comparada con outros países, -e xa falarei de Bolonia se me sinto con ánimos-), os traballadores perden empleo a ritmo de caída libre, as empresas están estranguladas,... o panorama non é moi bonito...

Outras medidas... a verdade é que non se lle oen falar tampouco demasiado sobre outras medidas concretas...
Agora xa me estou vendo a moitos de vós "aaaaaah este antiZP"... éme igual, cando vexo a cámara dos diputados dan noxo todos. O único que fan é tirarse os trastos sobre actuacións pasadas uns a outros. Pero neste momento quen goberna é o PSOE e é a éste a quen se lle debe esixir que dén o máximo e que teñan as boas ideas. Lamentablemente cando falan eu non oio dicir máis que "cando fai 12 anos .." "cando fai 7 anos..." "cando os outros estaban..."... home idevos á .. A min non me interesa o que fixo ou fai ou non o outro...
Creo que igual que á maioría dos españoles, impórtanos, sobre todo neste momento, o presente e medidas cara o futuro, cousa que parece que se deixan a un laissez faire a veces.. ou que salen dalgúnha revelación onírica... ou xa non sei...
Os políticos deberían empezar a charlar e facer consenso sobre certas cousas para evitar unha caída terrible que se empezaba a avistar xa fai anos -creadelo ou non- e deixar de lado leis "cortinas de humo" de aborto, etc. Para falar sobre eso pódese esperar un tempo, ou no? Creo que a prioridade agora mesmo é empleo e crecemento e deberíanse de centrar neso e realizar acordos e seguir os consellos deses "expertos que exageran", os cales, como xa alvisquei a oír por ahí, xa hai xente que os culpa da situación de crise global que padecemos por non ter visto a tempo a explosión do globito.
A min dame que había máis de un que sí o veu, pero cando un está na praia tomando o sol e lle vén un vello a decir que hai unhas nubes ó fondo, é mellor primeiro acabar de tomar o sol e conseguir un bronceado rápido decentiño... logo se empeza a chover vai resultar que por alí "non pasou ningún vello", non sei se me explico.

Hala! hoxe tocou ida de olla!
Pero bueno, decir que todo esto é unha simple opinión.

8 comentarios:

  1. Este artículo que acabo de leer ven que nin de perlas. Outro que se levantou mal e decideu escupir contra todos:

    http://www.ciudadanos-cs.org/prensa/Arturo_Perez_Reverte_Permitidme_tutearos_imbeciles/2024/

    ResponderEliminar
  2. Hola guapo, he "volvido" al blog, estoy actualizandolo y convirtiendolo en un portafolio virtual, poquito a poco, pero ahi estamos, no tengo tiempo para contarte nada mas, deberia estar en la cama que mañana tengo clase a las 8 ¿todo bien? espero que si, un besazo enorme y nos vemos por aqui (el facebook es un invento del demonio y apenas entro).

    Muak

    ResponderEliminar
  3. Hola!!:D
    Yo también tenía clase muy temprano, así que ya estaba en el segundo sueño cuando enviaste el comentario :P
    Por aqui todo igual que siempre, espero que por ahí también!
    Uhm a mí poco a poco me fué saturando todo internet y sus redes sociales, así que cada vez le hago menos caso. Incluso al msn, que ya me cansa nada más abrirlo, así que si estoy ahí lo hago como "no conectado", aunque últimamente cada vez más gente sabe que puedo estar y me cansa que al abrirlo me salgan mensajes de gente a cualquier hora del día para ver si estoy XD
    Ahora me dedico más exclusivamente a mis blogs, a ver pelis, a asistir a conciertos y a cosas de la universidad (aunque esto menos XD)

    Besos y ya estoy atento a tus nuevas entradas ;)

    ResponderEliminar
  4. "...me dedico a mis blogs, a ver pelis, a asistir a conciertos y a cosas de la universidad (aunque esto menos..."


    Si te dedicaras a traballar, carallo!!!


    XDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDD



    :)

    ResponderEliminar
  5. El Economista, Jueves 2 de Abril de 2009

    España también encabeza el paro entre los jóvenes de menos de 25 años (por 1 non vamos facer o feo XD) con una tasa del 31'8%, frente a la media europea del 17'5%(...)

    Qué che parece? :D
    Por cierto, o banco no que traballei o ano pasado dixeran xa daquela que desde Xaneiro de 2009 non contrataban a ninguén indefinidamente, nin sequera becarios... así che estamos...
    Mentres, na universidade, xa tiven un par de profesores que "suxeriron" a idea de ... "vosoutros estádevos por aquí 1 ou 2 anos mal, que incluso vai ser bon mentres que todo esto non vaia pasando..."

    Mentres tanto, ontes entereime que ós de Relacións Internacionales da Universidade de Vigo, non solo lles sobran postos de traballo que ofrecer, senón que ademáis sóbranlles os cartos... Explicoo no siguiente post, xa que esto me estaba quedando un pouco grande...

    ResponderEliminar
  6. non "1 ou 2 anos mal", senón "máis" XD ainda que unha cousa non quita a outra XDD

    ResponderEliminar
  7. Para non gustarche falar de política soltache unha boa parrafada, manda carallo.

    Por certo: a ninguén lle gusta falar de política pero ben que solta discurso cando se pon a facelo… eh??? Non miro a ninguén ;)

    Asique antiZPista eh??? Jajajja…. (Que non é o mesmo que Antizapatista… ollo, jajaja) Deixache ben claro que che daría igual que te considerasen dun partido ou outro, tranquilo home… cada un é da ideoloxía política que quere (ollo, non digo "partido político" que quere, que tamén), e hai que ser consecuente con eso, da igual o que pensen os demáis sempre que se lles escoite e te escoiten, non?

    De verdade crees que hai alguén que realmente se cree o do “fin do capitalismo”??? e sobre todo nas “altas esferas”??? pero home, si eso é a maior utopia neste mundo que creamos. "Un novo orde económico" JAJAJAJA... pero veñaaaaa....

    Que o crecemento que viñamos experimentando non era normal??? Pois claro que non era normal: “PAN PARA HOY…” Non nos engañemos, volveremos a repetilo en época de abundancia. E é que, quen se pode resistir a unha facturación doble (triple, cuadruple…) cando é posible, ainda que logo derive no que derivará de novo sin dubida???. Eche o que hai, non pensamos no MAÑÁ, igual que ecolóxicamente tampouco o facemos, nin en nada…

    Como ven sabes as economías son ciclos (como ben describiche), a nós toucounos vivir a “costa abaixo” da rampa da gráfica, que ademais desta vez é pronunciada e larga, que se lle vai facer. Os políticos estánche o que están, que é a coller “sillón” e aguantar ahí “á sopa boba” o máximo posible, que teñen bon soldo, horario, vacacións, e non “doe o lombo”. Esto é o de sempre, non é dagora.

    O noso caso é de maior caida, claro que o é, eso é porque tamén o foi de maior subida. E parece lóxico pensar que si basas a tua economia nun “sólo” sector como é o do últimamente chamado “ladrillo”, e o descalabro empeza no “ladrillo” pois como que asi chegamos a esas noticias que vemos de vez en cando nos telediarios deses pobos onde prácticamente TODOS os seus habitantes estan no paro, porque claro, TODOS se dedicaban ao mesmo: ao “ladrillo”. E eso fará que… por suposto… pagaremos mais “o pato” (usando a tua frase).

    En desacordo contigo cando falas da “cortinas de humo” de outras leis como a do aborto… etc… que NUNCA temos porque deixar de lado. Hai que estar o que hai que estar, todo é importante. Sí, a economía éo moito mais, pero que unha cousa sexa mais importante que outra non implica que nos teñamos que olvidar do resto. Non podemos seguir metendo a pata máis, si ata o de agora xa a metimos ben. A ver si por solucionar unha cousa vamos ter que empeorar outras. NON.

    E, por último (collícheme con tempo, jaja), tamén é certo que os políticos saben perfectamente no punto no que estamos é que pode ser peor, pero, de verdade pensas que axudaría máis que saíran todos os días decindo nos telediarios: “Tios, agora si que estamos jodidos” “Esto empeora a pasos agigantados” “Buuuuffff… esto non é nada, xa veredes os próximos 2 anos” “Esto non ten remedio, amigos, buscádevos a vida como poidades” “no siento las piernas…”…
    ¿crees que un sentimento xeral de pesimismo manifesto axudaría a unha recuperación mais rápida”????

    E por certo, se non querías que te saturasen nos estudos con datos económicos de crise… etc… haber estudiado outra cousa… Farmacia por exemplo… jajajajaj….

    ;) (é broma).



    Saudos.


    p.d. pa que logo digas que non opinamos. ;)

    ResponderEliminar
  8. Jaja gracias por escribir antes de nada, e parafraseandote:
    "a ninguén lle gusta falar de política pero ben que solta discurso cando se pon a facelo… eh???"
    Jeje pos si, e é que a semana pasada tiven todo o tempo oír falar do mismo en todos lados e quixenme soltar por algún lado.
    Sólo añadir un par de cousas: o das cortinas de humo, díxeno porque ás veces na política parece que se quere desviar a atención noutros sentidos. O da lei do aborto non me parece mal, de feito estou de acordo máis ou menos, o que me fai pensar que se trata de cortina de humo é que parece sacada da manga, porque ninguén falara antes desa lei e non a tiñan no que era o seu programa electoral. A mín sóname coma un "saquemos algo". Por suposto non hai que deixar as outras cousas de lado, pero eu penso que nestes momentos os esfuerzos deberían ser enfocados a unha misma dirección, con esto non quero decir que os políticos teñan que ser catastrofistas cada vez que falan, pero deberían de facelo claro. E se o premio nobel de economía (que algo saberá) dice que a crisis afectará especialmente a España, non se pode decir que ese home non se entera ou que ta hinchando a realidad.

    E logo tamén decir que é certo eso de pan para hoxe... pero non sei, habería que ter unha mínima base para facer frente a posibles recesións e defenderse decentemente. E eso consíguese tendo un pouco de colaboración entre as formacións en certas materias concretas. E máis se ves que España ten problemas estructurais.

    Gracias por comentar Mr. McMetal ;)

    ResponderEliminar