Páginas

domingo, agosto 24, 2014

Vivir en Estonia: 25 anos do "Baltic Way"

Hai poucos días, o 20 de Agosto, foi un dos poucos, pouquísimos días festivos que temos en Estonia; este foi o Día da Restauración da Independencia, desde 1991. 

Hoxe, 24 de Agosto, non é festivo, pero os locales teñen algo que celebrar. Hai 25 anos, en 1989, estonios, letóns e lituanos uníronse nunha das maiores cadeas humanas nunca feitas para protestar contra a ocupación ilegal da Unión Soviética desde 1940, a "cadea báltica". A cadea humana, constituída por 2 millóns de habitantes dos 3 países bálticos, atravesou Tallinn, Riga e Vilnius, logrando un total de 600 km de percorrido. 

Esta ansia de volver a ser países independentes da URSS ocasionou unha resposta dura do xigante, que afirmou ser un serio desafío para o destino das xentes dos países bálticos, guiadas polos intereses dos seus líderes nacionalistas. A Unión Soviética incluso amenazou ós 3 países, indicándolles que en caso de lograr os seus obxetivos de independencia, o resultado podería ser catastrófico para eles. Debido á presión internacional e das Nacións Unidas, finalmente o asunto non pasou dahí e Rusia calmou o seu discurso, que seguía (e sigue) mantendo que non se tratou de ningunha ocupación, senón que foi un acordo bilateral cos líderes de Estonia na metade do século pasado. Ten certa gracia, xa que a URSS introduceu a miles e miles de rusos nos 3 países para traballar e vivir (conquistar), e ó mesmo tempo desterrou por exemplo en Estonia a outros tantos miles cara a terras siberianas para ser escravos. Moitos estonios teñen avós e bisavós desaparecidos durante eses escuros anos en terras rusas. O resto malviviron durante a ocupación da URSS dentro do seu propio país neses anos de comunismo extremo.

Este movemento tamén se chamou "Singing Revolution", ou Revolución Cantada, facendo alusión á protesta non violenta, e tendo como máximo exponente o Festival da Canción -ou Laulupidu-, que se celebra cada 5 anos en Lauluväljak (este ano foi un deles) e que conta con un coro dunhas 30.000 personas. Eu particularmente estiven hai uns anos neste evento, e a imaxen que tiven foi abrumadora durante os primeiros 15 minutos. Despois todo se volve un pouco máis do mesmo e acabeime aburrindo, ainda que o público (uns 80.000) escoita bastante emocionado, e incluso algúns deles tamén cantan eses temas sobre a independencia, liberdade e historias similares con lágrimas nos ollos. Supoño que é algo máis interesante para os locales que para o resto.
PD: Por certo, estiven ocupado últimamente e non andiven no blog nada, pero a partir de agora intentarei postear unha vez por semana, nos sábados ou domingos.