Páginas

martes, febrero 05, 2013

Volta ó blog tipo personal

Pois ben, como me é moito máis fácil esto que enviar centos de mails respondendo un a un, vou retomar o camiño inicial do blog, que foi dar a conocer pequenas cousas do que me vai pasando na miña vida fóra de España, pero sen deixar de lado a última etapa máis musical (que se vai ver recortada de todos xeitos, porque aquí xa non disporei do mesmo tempo libre). 

Vou empezar pola viaxe de ida do 1 de febreiro; A verdade é que resultou unha viaxe bastante cansada, eu por mín xa me quedaba en Barcelona XD pero quedábanme nada menos que 4'5 ou 5'5 horas de avión, el jet lag me confunde (ademáis de que en Estonia é 1 hora máis). Coma sempre pasa conmigo, atraigo anécdotas extrañas, coma que dous guardias civiles me perseguiran pola terminal ata que me sentei nun sitio. Entón achegáronseme e logo de preguntarme: "eghpic ingris?" "ah eh ehpañol! (cun acentazo andalú) pedíronme documentación e tarjeta de embarque. Miraron que non tivera antecedentes e preguntáronme a onde iba e porqué... cando lles contei a miña historia xa parece que me tomaron como amiguete e ainda tivemos falando un bo rato. Dixeronme que me pararan polas botas! xa que pensaron que sería (ollo) ou militar foráneo ou músico XDDD eu díxenlles que unha das cousas casi podía ser, e preguntáronme qué música facía (pasei de decirlles Herexía, síntoo rapaces, pero un guardia civil andaluz igual non se tomaría a ben que tocara nunha banda "profana" XD), e cando lles dixen.. "ehm.. folk metal, algo parecido a Mago de Oz pero con más guitarra", un deles díxome "hombre! si a mí me gusta eso!", e o outro miroume raro e díxome "pero para tí, qué tipo de música hace "La fuga"?" (???). Logo desexáronme sorte e fóronse amablemente. 

Xa me iba achegando para a porta de embarque, e o ambiente xa se iba convertendo en bastante máis báltico ca hispano: Rubias supermodelos serias coma paos e un tipo bebendo unha botella de viño antes de entrar no avión atestiguábano.

Unha vez no avión, tocoume ó lado dun tipo ucraniano que me recordou moito a Viktor "o ucraniano" (os que salides en Vigo por Churruca ou Beer and Bones igual o conocistes). Unha máquina de falar e sacar temas de conversación, unhas 5 horas case ininterrumpidas durante as que me comentou cánto lle gustaba España, da independencia de Cataluña, enseñoume fotos de Lloret del Mar, da súa consulta (era médico-naturista), faloume de cousas saludables que tiña que facer para vivir máis e mellor, deume de comer mitad dunha naranxa (e eso que a mín en crudo non me gustan moito, pero parecía que se non lle sentaba mal), etc. Incluso me dixo que intentaría ver qué posibilidades tiña entre os seus clientes de atoparme algo, xa que moitos tiñan influencias, eran millonarios ou incluso ministros! Tamén me dixo que do meu iba ser difícil, xa que o que está en boga por aquí son as novas tecnoloxías, informática, ingenieros, etc. Un tipo moi dicharachero e amable, que falaba perfectamente español sólo estando 3 anos ahí! pero que non calou ata que botou unha soneca de 20 minutos XD Teño que decir que logo de repetirme nonseicantas veces que a carne tiña componentes cancerígenos, que me fixera vegano, que o alcohol tiña 44 toxinas que me farían envellecer antes e que podía ser incluso peor que a heroína, que ata a pasta e calquera cousa industrial podía ser mala... durante un momento fíxome dudar... unha pena que cando vín que me estaban esperando cunha fonte de salchichas e patacas e un par de cervezas locales xa non me acordara máis delo XD
Ainda así o seu era algo extremo de máis, cando lle dixen que o meu avó durara 100 anos bebendo tódolos días un vaso de viño ó comer, él quedouse como contrariado, e logo de un pouco dixo.. "pero é que o ser humano está feito para durar entre 140 e 150 anos" XD Logo él díxome que para durar eso o secreto eran 3 cousas: fruta, verduras crudas e aceite de oliva, o cal él bebía directamente da botella, a razón de unha por mes! En fin, finalmente deume a súa tarxeta e cando chegou a Tallinn foise con 2 fermosas maduritas ás cales él chamou "os meus ángeles" :D

Polo demáis, logo dun fin de semana instalando cousas e todo eso, o lunes tiven unha entrevista de traballo, de 2 horas! 1 das cales foi dedicada a un examen de inglés. Se o sei, estudiaba algo antes! Ainda así o resultado deume como "apto para labores habituales, responder teléfono e redactar cartas formales con supervisión posterior". O resultado non o terei ata dentro de 1 mes, así que a rapaza xa me dixo que fora mirando outras cousas, porque tamén había moita xente optando a ese tipo de puesto. 
Dinme unha volta pola cidade, que non está tan fría como suele estar (entre-1 e -7º) neste tempo, e dentro de pouco atopareime cun amigo que non vexo desde hai 5 anos, Viggo, que pode tamén ter unha oferta para mín no sitio no que traballa (igualito que España, cada un con algo posible onde traballar XD).

Polo demáis xa me vou facer o carnet de estoniano, co cal poderei viaxar GRATIS en calquera medio público por Tallinn, para elo necesito SÓLO un par de días, xa que a burocracia está moito máis informatizada do que un se pode pensar. De feito, voume facer unha foto para o DNI e no sitio onde vou non salirá un papel, senón que vai automáticamente ata a administración vía internet. 

Por outro lado xa estiven mirando opcións de ocio, e xa lle teño a pista a un concerto: Finntroll + Metsatöll + 2 bandas locales, por 10 €! Tamén igual que España..  (e eso que os precios nas outras cousas son hoxe en día case idénticos). Vín outro de Stone, a banda de onde salira o Roope Latvala, pero ese xa se vai a máis de 20 €, e logo Sabaton+Eluveitie+Wisdom (18€), Messhugah (25€, pero xa me chegou con velos unha vez), Overkill, Agalloch... pero bueno, de momento estou ó que teño que estar XD