Páginas

viernes, diciembre 13, 2013

Cosecha italiana


Desta vez toca falar dos italianos Fleshgod Apocalypse, que pretenden conseguir ingresos extras xa non só a través de viños (tinto e branco) senón que lle dán nome á súa propia pasta!!!

Bueno, a este paso un día vanse quitar da música e montar o seu propio Mercadona...

Eu creo que chegar a estes niveles xa empeza a ser un pouco absurdo, pero desde logo a última palabra sempre a teñen os dichosos fans e coleccionistas pedantes... porque un viño australiano que pon Amon Amarth na cuberta non vai saber mellor porque teña esa etiqueta, ou unha pasta dun fabricante italiano aleatorio vai ser máis adecuada para tí si che gusta o Death Metal porque esteña escrito "Fleshgod Apocalypse" no envoltorio... 

O de sempre, eu espero que Keep of Kalessin lancen o seu champú e Cannibal Corpse a súa marca de carne á brasa... Behemoth nuns anos terá o seu primeiro desfile en Cibeles e Arjen Lucassen patrocinará a primeira expedición humana a Marte...

Por se fora pouco, Fleshgod Apocalypse enseñannos cómo preparar pasta no seguinte vídeo...



Fuente

domingo, diciembre 08, 2013

Roubos ou Similitudes? Grave Digger VS Grave Digger

Hai pouco oínme o novo dos veteranos germanos Grave Digger, que coma ven sendo habitual para o meu gusto, desde hai anos fan discos bastante similares nunha visión global, que combinan cousas mellores e peores, facendo que ningún dos CDs que sacaron despois dos 2000 sexan destacables, nin creo que o serán cando nun futuro se mire a discografía do que un día foron. Unha das principales causas é que nos últimos discos, Grave Digger xa non sorprenden porque xa non aportan cousas "innovadoras" ou que chamen a atención se os comparamos co que fixeron no pasado. E non, non é que sexa un metalero anclado no "todo o que se fixo antes é moito mellor", pero no caso de bandas coma Grave Digger, xa sabes o que che van a ofrecer antes de oílo, e pode que incluso pases un bo rato, pero é inevitable pensar "ehm este riff é calcado a aquel do "The Reaper"...", "Eu creo que "Circle of Witches" é demasiado parecida a ésta do "The Clans Will Rise Again"...", "este cambio de ritmo xa o oín, estaba claro que iban tirar por ahí...".

Penso que cousas coma estas fan que o aficionado á música que xa leva certo número de anos e discos, se canse antes de certos grupos e riffs ultratrillados. Supoño que esa tamén é a razón pola que a "nova ola de Thrash" me tén sin absoluto cuidado. Todo o que fan estas novas bandas xa estaba feito hai 25 anos, e alomenos daquela tiñan o mérito de estar "creando" un novo estilo. As de agora simplemente copian esa era de forma descarada. 

Volvendo a Grave Digger, como dixen ó principio, oínme o Clash of the Gods, que comparte temas interesantes e pinceladas por aquí e acolá que chaman a atención co mítico de sempre que se pode esperar da banda. O que sí que non me esperaba era que fixeran unha versión a velocidade reducida do seu clásico do 1996, "The Dark of the Sun". Cousas coma ésta son as que me tiran pa trás con "Grave Diggers" desde hai anos.

Call of the Sirens (2012)

The Dark of the sun (1996)