Páginas

domingo, junio 23, 2013

Interrogantes de Metal - Portadas xaponesas

¿Porqué hai un alto número de bandas xaponesas de Melodeath e Power Metal que utilizan debuxos manga para as súas portadas? 
É máis, se a banda é instrumental o porcentaxe elévase ata case o 100% das que vín.
É máis ainda, se a banda utiliza debuxos manga, o máis probable é que na portada salga unha tipa!!!





domingo, junio 02, 2013

Top 20 actores-músicos

Sylvester Stallone - Too Close to Paradise (1978)
Sorprendente oír a Stallone cantando o último tema da banda sonora da película "Too Close To Paradise"


Bruce Willis - Comin' Right Up (1987)
Do debut discográfico de Bruce Willis, cantando R&B.


Don Johnson - Tell it Like it is - Let it Roll (1989)
Do seu segundo e último álbum.


Russel Crowe
Así pintaba Russell Crowe nos 80. Curioso que a súa primeira canción como Rus Le Roq se chamara "I Want To be like Marlon Brando" e agora él faga de Marlon Brando na última de Superman...
Este tema-entrevista é da súa banda Roman Antix, que posteriormente derivaría en TOFOG.


Tia Carrere - Why You Wanna Break My Heart - Dream (1993)
A cazatesouros máis famosa tamén tivo carreira musical, o seu disco debut Dream chegou a ser Platino en Filipinas!


Keanu Reeves' Dogstar - 32 Stories - Quattro Formaggi EP (1996)
Dogstar é a banda de Pop-Rock-Grunge de Keanu, que tivo actividade durante os 90, e que posteriormente se foi deixando debido á axenda apretada de Reeves.


The Bacon Brothers - Boys in Bars - Forosoco (1997)
Os irmáns Bacon, Kevin e Michael sempre tocaron xuntos, pero non sería ata 1995 cando o fixeron oficial.


Lucy Lawless - Come2Me - Come2Me EP (2007)
Ainda que fixo algunha aparición cantando en Xena, o éxito chegoulle con este single de música "dance". Creo que estaba mellor co peinado de Xena...


Eddie Murphy - Party All Time - How Could It Be (1985)
Con 5 álbumes básicamente nos 80-principios dos 90, Eddie intentouno tamén nese terreno, pero parece que non tivo moito éxito. 



Carmen Electra - Go Go Dancer - Carmen Electra (1993)
Para promocionar a súa entrada na vida dos famosos, Carmen Electra conseguiu o patrocinio de Prince para sacar este único álbum da súa carreira. Se é que cando un ten contactos (e cartos, e... quén sabe qué máis..) pódese conseguir todo.


Mark Wahlberg - Good Vibrations -Music For The People (1991)
Seguro que moitos non sabíades que o irmán de Mark Wahlberg foi membro de New Kids on the Block, e que lle produciu o primeiro álbum a Mark a principios dos noventa antes de que fora conocido como actor. Con estas pintas andaba "Marky" neses anos.


David Hasselhoff - Crazy on Saturday Night - Night Rocker (1984)
Ainda que o video de Hooked on a Feeling é o máis conocido polo seu bizarrismo e "lamentabilismo" XD, a súa carreira discográfica é amplia, escollo o seu disco debut, Night Rocker, que ademáis ten unha portada moi molona e para nada intentaba sacar proveito da serie Knight Rider... como tamén se nota no título de Knight Lover, o seu terceiro álbum do 1989...


Viggo Mortensen - Lagrimas Puras - One Less Thing To Worry About (1997)
Para música bizarra, hai que chequear o que fai Viggo Mortensen... cun estilo bastante indefinible, o arxentino leva máis de 10 discos lanzados. Nun deles incluso fai colaboracións co famoso guitarrista Buckethead!


Steven Seagal - Better Man - Songs From the Crystal Cave (2005)
Tocando a guitarra nunha especie de Pop-Country-Rock, Seagal non parece tan letal...


Mr. T - Treat Your Mother Right - Mr T's Commandments (1984)
Cunha forma de cantar moi auténtica, Mr. T deixou de lado por un tempo o Equipo A, para facer un video educativo no que se incluía este tema, parodiado xenialmente pola Hora Chanante como "Hijo de Puta Más".


Clint Eastwood - Are you Satisfied? - Rawhide's Clint Eastwood Sings Cowboy Favorites (1962)
Non lle chegou co éxito dos seus films do oeste, senón que tivo que sacar un álbum tamén con temática similar. Lamentablemente, ninguén llo pediu e ninguén llo comprou.


Jackie Chan - Love Me - Movie Star (1984)
Nada menos que 20 albums sacou a estrella de artes marciales. Fixo carreira nunha prestixiosa escuela de canto en Pekín, sendo o seu debut "Kung Fu Fighting Man" no 1980.


William Shatner - Rocket Man (1978)
O capitán de Star Trek sacou varios discos, o primeiro data de 1968, The Transformed Man, e o último sacouno hai 2 anos sólamente, Seeking Major Tom. Fíxose famoso pola súa forma de facer música, altamente incomprendida, xa que nos seus temas William non canta, senon que recita as letras de maneira esaxerada e sobreactuada.


Leonard Nimoy - The Ballad of Bilbo Baggins (1968)
Ó señor Spock, tamén de Star Trek, deulle tamén por cantar por aló dos 60-70, facendo un dos temas máis bizarros da historia da música, non sólo por quén o canta, senón tamén pola música e a temática.
Porqué Peter Jackson non a incluíu na BSO de "O Hobbit", ainda non se sabe...


Christopher Lee - The Omens of Death (2013)
Celebrando o segundo disco de Heavy Metal de Christopher Lee neste 2013, non podía deixar a este maestro fora da lista. Con 91 anos, o británico declárase fan acérrimo do Metal, e para demostralo saca este ano Charlemagne - The Omens of Death.