Páginas

domingo, marzo 24, 2013

Roubos ou similitudes? Sideburn Vs Judas Priest

Casi me dá un pallá ó oír este estribillo XD
Sideburn - Good Boy (2011)


Judas Priest - Hell Bent For Leather (1978)

jueves, marzo 21, 2013

Vivir en Estonia: Precios

"Lonxe quedaron aqueles tempos nos que Estonia era un país de precios asequibles". Eso foi o que pensei na miña volta ó país en 2011, e poidoo confirmar no 2013.
Cando vivín neste país báltico en 2006-07 non era así. Tampouco era a bicoca que moitos se pensaban, pero sí que en xeral podía comentar á xente de España que máis ou menos todo era "un pouco máis barato" que alí.
Desde esa, Estonia ingresou no euro, e todo se incrementou á alza, pero dun xeito máis exponencial do "normal". A sensación que tiven neste último par de anos foi que Estonia se quixo "norteuropeizar". Para empezar, subindo as taxas para ofrecer novos servicios. Por exemplo, a partir de Abril ou Maio, todos os residentes en Tallinn, que alberga a maior parte de población do país, poderán viaxar completamente gratis en calquera medio de transporte público; tranvías, trolleys ou buses. Logo tamén ofrecendo Wifi gratis en moitos lugares, haino na maior parte das cafeterías, centros comerciales e terminales. Desde logo se dalgún xeito creceu Estonia foi a través do fomento tecnolóxico, xa que o país carece prácticamente de recursos naturales.

Todo esto sona moi bonito, pero hai un factor que impide a Estonia ser un país completamente "nórdico": os salarios. O salario mínimo está agora mesmo en 320 euros (ollo que cando chegara eu en 2006 estaba en 191!). Sólamente superados por países coma Rumanía, Bulgaria, República Checa e os outros dous bálticos dentro do continente. Realmente hai familias que o pasan mal para chegar a fin de mes, e coma en España, o normal é que os fillos non se vaian das casas ata moi tarde (ó contrario que en Finlandia, por exemplo, que ata o Estado creo que dá axudas para emanciparse).

Se a estes salarios, unimos uns precios que agora mismo SUPERAN á media española, prácticamente en calquera producto, os estonios están jodidillos. Sí, lestedes ben, Estonia agora mesmo para moitas cousas é máis cara que España.

Cando vou ó Super, flipo en colores cos precios dun país que hai escasos anos era asequible na cesta de compra. Era de esperar que en cousas que importan, como por exemplo o brócoli (que importan de España e Italia, coma a maior parte da fruta/hortalizas), os precios lóxicamente sexan maiores... pero que unha cabeza que no Gadis costa 0'50€ aquí coste 3'30€ é superesaxerado.

Xa me pareceu un roubo cando quixen facer 5 fotocopias a color do currículum (un dos primeiros días) e me atopei que me clavaron... ollo! 3'80€!!! pero é que a lista é larga... moitas das cousas comunes que suelo atopar nos supers en Galicia aquí están un 10-50% máis caras. No caso de cousas importadas a veces están o doble... pero o caso é que hai moitas cousas importadas, xa digo que excepto certos productos, coma os lácteos ou a carne ou salmón, o resto suele vir de fóra do país. Eso ten a súa parte positiva, xa que aquí nun súper normal pódense atopar productos de moitas partes de Europa, o cal é máis ca interesante. 

O tema da roupa tamén é bastante caro se un non vai a tendas de segunda man (que aquí vexo que son máis populares que en España, penso que vendo o poder adquisitivo xeral é algo normal). 

En fin, que non vos pensedes que por ser un país relativamente desconocido e con salarios máis baixos que España vos vades atopar cunha ganga á hora das compras ou vivir tendo un sueldo dentro de Estonia. 

Para rematar, vouvos deixar un producto que moitos reconoceredes.... comparad y bebed todos de él... ou mellor no.. ainda que sexa unha delicatesen española XD

Gran Duque - 2011 = 2'69 €
 

Gran Duque - 2013 = 3'29 €

martes, marzo 19, 2013

Spheric Universe Experience - The New Eve (2012)

Spheric Universe Experience - The New Eve (2012)
Progressive Metal
Oficial
O novo disco de Spheric Universe Experience é un claro reflexo do que veño pensando sobre moitas bandas "modernas" nos últimos anos: que os músicos sexan de alto nivel e que o sonido do seu álbum sexa absolutamente "Pro" non significa para nada que lancen bos discos ó mercado. Esto pódese extender ó 80% das bandas de Death Melódico e Metalcore nacidas a partir dos 2000 (e que me perdonen os amigos que lles gusten, pero eu valoro antes que o sonido (que se pode pagar) e a pericia (que se pode obter con algúns anos de clases), a orixinalidade/creatividade (que poucos artistas teñen, e parece que a cantas máis bandas xurden, máis difícil é de encontrar, sobre todo en determinados estilos -supoño que pola masificación/moda-). 
No caso de Spheric Universe Experience, non é que os franceses se dediquen a copiar a outros do estilo de Dream Theater ou Symphony X, dos cales, coma a maioría de bandas de Progresivo, teñen a súa xenerosa dose -sobre todo dos últimos-. Con este The New Eve, este quinteto tenta entrar nun terreo máis accesible, a veces cercano ó Groove/Nu Metal de riffs gruesos envoltos en elementos electrónicos en pos da carencia do virtusosismo máis propio do estilo e solos (creo que non hai nin un en todo o disco!), e de líneas vocales que derivan entre o Rock Alternativo e o Pop-Rock con trasfondo épico. Realmente non teño nada en contra de ambas cousas, salvo que a mín personalmente non me gustan en grandes cantidades dentro dun disco, e que non creo que Spheric acerte nesta aproximación en temas coma "Never Heal", unha prometedora "Self  Abuse" que se acaba facendo demasiado pesada, ou a semibalada "Angel". Non quero nin falar da final "My Heart On The Cross", que por momentos me fixo pensar que estaba oíndo un disco de Linkin Park (...)
Polo resto, hai momentos bastante bos en certas cancións, sobre todo cando non lles dá por envolver os riffs con electrónica, xa que a veces queda un pouco caótico para o meu gusto. O sonido é espectacular (salvo neses momentos de sampleados excesivos e creo que innecesarios), e os músicos son de primeira, pero témome que The New Eve quedará coma un disco máis na historia do Metal Progresivo. 
Penso que os desaparecidos Divinity Destroyed practicaban un estilo tremendamente similar ó que pretenden Spheric Universe Experience no seu novo disco, e non hai color entre uns e outros.
Novos aires non significa "melloría". 5/10


miércoles, marzo 13, 2013

Cosecha de Troopers

Desta vez tócalle anunciar bebida ós que faltaban. O maior grupo de Heavy Metal da historia non podía pasar sen subirse ó carro do mercado dos viños e cervezas. 
A presentación da cerveza "The Trooper" corre a cargo de Bruce Dickinson:
"I'm a lifelong fan of traditional English ale; I thought I'd died and gone to heaven when we were asked to create our own beer. I have to say that I was very nervous: Robinsons are the only people I have had to audition for in 30 years. Their magic has been to create the alchemical wedding of flavor and texture that is Trooper. I love it."


Fuente

lunes, marzo 11, 2013

Diario dun Viking: reloaded epilogue (Pt II)

Se na parte I xa compartira varios extractos de Herexía, desta vez toca mostrar un pouco do que foi o concerto de Mileth naquela noite de xaneiro no Torreiro da Festa... Esperta!

Gracias a todos os que participaron e ós que asistiron, quedará para o recordo!

sábado, marzo 09, 2013

Vivir en Estonia: Flores

Ontes 8 de Marzo foi o día da muller traballadora, e con él recordei unha das cousas que xa me chamaran a atención hai anos sobre Estonia: a fixación coas flores!

No traballo era normal ver a mulleres portando cada unha unha flor, e non sólo a xente se regala flores por ser ese día, senón tamén en cumpleanos e demáis celebracións, polo que é factible que un día calquera un observe a algunha rapaza pola rúa cunha flor na man. Eso probablemente signifique que esteña de cumple ou teña un aniversario co mozo ou algo do estilo. 
 
"Flower Market" en  Viru Gate. 

Xa hai anos me sorprendera toparme con tantas floristerías, pero en datas coma ésta do 8 de Marzo ver a case todas as mulleres portando unha flor ou un dulce (tivemos dulce gratis no traballo!) é cando menos curioso. Ata un compañeiro me recriminou que non comprara flores para ningunha muller durante o transcurso do día! pero qué vai ser esto! XD
Falando do traballo: hai un ruso alí que se apellida "Panfilov"! XD

miércoles, marzo 06, 2013

Cyst - Requiem of Ruin (2012)

Cyst - Requiem of Ruin (2012)
Thrash Metal
Oficial
Terceiro disco destes thrashers americanos, auténticos fanáticos do old school americano. Requiem of Ruin é todo un homenaxe ó movemento de Thrash de mediados-finales dos 80, que nos recordará a Slayer, Overkill, Kreator, Exciter, Hirax ou Nuclear Assault. Durante media hora, Cyst bombardea os nosos miolos con once temas de Speed/Thrash Metal agresivo e intenso, sen un momento de descanso.
O cantante aseméllase bastante a Tom Araya, ainda que lle imprime certos growls de vez en cando. O disco pásase moi rápido e ofrece unha escoita agradable, ainda que realmente non hai puntos álxidos, tendo todos os temas un aire bastante similar entre sí, e tamén entre todas as bandas que salían daquela que se quedaron en "segunda fila". Esto último probablemente faiga que Cyst non consiga chegar máis aló, parécese demasiado ó que facían outros hai case 30 anos, e cuia maioría non sobrepasaron a década dos 90 sen ser tampouco malos. Polo tanto, disfrutable, pero témome que non sairá dos seus círculos. 
Máis revivals. 6/10


martes, marzo 05, 2013

A canción de Tony Iommi para Eurovisión 2013

Así parece! o guitarra de Black Sabbath co-escribeu a canción que presentará Armenia a esta desfachatez de festival.
"La identidad de los creadores de esta canción — Iommi (música) y Vardan Zadoyan (letra) — ha sido guardada en secreto hasta ahora."
Bueno, podería ser Tony Iommi ou Camilo Sexto, porque non hai nada do estilo que o fixo famoso. Aparte é un tema aburrido de caray.

sábado, marzo 02, 2013

Woods of Ypres - Woods 5: Grey Skies & Electric Light (2012)

Woods of Ypres - Woods 5: Grey Skies & Electric Light (2012)
Melodic Black Gothic Doom Metal
Myspace
Sendo sincero, hei decir que nunca me metín de cheo no mundo dos canadienses Wood of Ypres. Foi a raíz da morte do seu líder, David Gold, en Decembro do 2011 cando me deu por profundizar no seu disco póstumo (parece que a banda xa non existe, ainda que algo lín de que pactarán con Earache para sacar material inédito). 
E en parte, este quinto disco chegoume a sorprender, porque me esperaba algo menos doomy e máis na onda "hipster" do blackgaze. Para empezar, hai moi poucos momentos cercanos ó Black Metal, case nin sequera hai voz rasgada, senón que a dominante é unha mezcla entre a de Vintersorg, Peter Steele e Michael Poulsen, de Volbeat. Neste sentido, a inicial "Lightning & Snow" pode causar certa confusión polo seu comezo e detalles cuasiprogresivos que recordan vagamente a uns Borknagar ralentizados. A música deste álbum definitivo de Woods of Ypres poderíaa encasillar entre Paradise Lost e Katatonia con licencias do Post-Rock (ainda que os últimos álbumes de Katatonia xa tiran para ese estilo), a veces incluso do Grunge de Alice in Chains e arreglos góticos de teclados, piano e violín en certas partes. Letras pesimistas e ambiente melancólico intentan penetrar nas emocións do oínte, cousa da que os canadienses salen airosos na maior parte dos temas. Pero -sempre hai un pero-, Woods 5 non é un álbum perfecto; hai cancións que non me gustaron demasiado, hai recursos coma certos punteos de guitarra liderando que xa temos oídos noutros álbumes de Paradise Lost, e o álbum acábase facendo algo largo. De todos xeitos, violines, guitarras acústicas e atmósferas equilibran a balanza, facendo que en xeral, a hora que dura o disco non sexa desperdiciada para nada se un é amante do Gothic-Doom. 
Bo álbum, sen moito máis. 7/10