Páginas

jueves, diciembre 13, 2012

Esperando o Heavy Metal Messiah

Parece ser que xa é oficial: en Reino Unido o ascenso espiritual dos metaleiros é unha realidade! Segundo as estadísticas do censo do 2011, dos británicos que se declararon coma procesantes "doutra relixión" -uns 254.000-, máis de 6.000 siguen a visión relixiosa do Heavy Metal -non me preguntedes cál é, pero en seguida vos faigo un decálogo para un seguidor do Metalpaco God se mo pedides XD-. 

As conclusións deste estudio son que por un lado, os procesantes da relixión do Heavy Metal incluso superaron ós que se declaran satánicos, que apenas chegan ós 2.000. Logo, a pesar de que o número de "caballeros Jedi" (cómo se diría en galego se non existe a "j"? Xedis? XD) segue a ser o máis grande neste grupo (176.000 practicantes), notouse un descenso nos últimos anos. E por outro lado, o paganismo gana terreno con máis de 56.000 afiliados. 

Detrás da historia da "relixión do Heavy Metal" semella que hai certa broma propagada pola Metal Hammer UK edition, que animaba ós seus lectores a unirse a esta causa. O apoio de Biff Byford, cantante de Saxon, fixo que a iniciativa ganase en popularidade, e así chegaron a estes 6.242 adoradores do Metal!
Quén dá máis!
  
Fuente

En honor a todos aqueles que morreron por obra e gracia do Metal, toquemos un solo e mostremos os nosos cornos ante os pecadores da radiofórmula.