Páginas

martes, noviembre 27, 2012

Os grandes grandes grandes videos metaleros: Chris Holmes (CHP) - They All Lie And Cheat

Parece que hai vida despois de W.A.S.P. para o seu mítico guitarra Chris Holmes. O último que tiña entendido era que unira forzas con Randy Piper para sacar esa segunda versión do disco do 2006 de Randy Piper's Animal baixo o nome de Where Angels Suffer (WAS?), pero parece que o home decideu montarse tamén o seu propio proxecto personal CHP (Chris Holmes Project?), do cal poderedes ver o seu debut disco-videográfico neste post (case primicia, xa que non hai nada que saleu). A música... o video... ah! qué gran combinación, cando o vín non o pensei máis e collino para esta sección, por méritos propios, eso sí. 
Parece que a canción trata sobre as mentiras dos políticos e certa denuncia social, pero eso non é o máis interesante deste proxecto... incluso a melodiosa voz do ex-WASP se queda en pouco cando un vé o seguinte video promocional:


Momento épico 1: O escenario e os efectos Windows Movie Maker
Eu teño unha teoría sobre este video: Chris tén un familiar, poñamoslle sobriño, estudiando un ciclo de Imagen e Sonido, e díxolle ó rapaz que lle prestara as chaves dun cuarto de proxección cando non houbera ninguén para grabarse o seu videoclip. Sólo así se explica que haxa unha pantalla verde detrás que ninguén usa, e que a sala esteña completamente vacía, pero con todo o material por ahí, como se pode ver nunha toma de random zoom de 1 segundo que hai... 
Na súa casa editou todo cun par de efectos Windows Movie Maker en un cuarto de hora e fuera!

Momento épico 2: as 3 tomas do videoclip
Primeiro plano fijo da cara, onde podemos observar que CH fai o playback peor que Juan Pardo:
Plano estático de CH coa guitarra acústica:
Primeiro plano da guitarra eléctrica mentres fai solos:
  
Logo hai zooms sin moito sentido, ¿para darlle certa dinámica ó video? XD De todos xeitos o cambio de dinámica e de planos chega co 3º momento épico:

Momento épico 3: A muller 
Se ó principio do video xa nos preguntamos qué fai unha pantalla verde e unha batería electrónica sen usar detrás de Holmes, cando aparece "a muller" xa roza o surrealismo, que con esas frases sen sentido no medio da canción (temazo, por certo) móstrase coma secundaria de lujo. Ademáis témola en dúas modalidades: modo rosmón sentada ó lado da batería e tamén en plan bullero con Chris Holmes (?)
"Pero qué che fixen oh!!!"
"I win"
E agora a pregunta que máis de un nos facemos: ¿estaba realmente borracho Chris cando rodou o videoclip???
Nah, os clásicos sempre o recordaremos por cómo era nos 80