Páginas

jueves, octubre 18, 2012

Diario dun Viking XIX: primeiro concerto en sala

Hai tempo que non me paso por aquí, e as novas son sustanciales, sentádevos e cóntovos:

Vou empezar con Mileth, porque é onde máis novidades hai.
Este verán Marcos e mais eu estivemos compoñendo, e sacamos o novo "hit" milethiano. Ainda sen nome, con letras a medio facer, pero musicalmente rematado, o tema empezou cunha idea de Elías a cal reformamos absolutamente para crear unha canción bastante diferente da que en principio él tiña en mente. De feito sólo pillamos unha melodía XD O resto foi cousa de ir dándolle voltas e finalmente saleu un tema bastante redondo, que gustou bastante á pouca xente que tivo ocasión de escoitalo. As críticas foron todas de boas a moi boas, incluso alguén dixo que era o mellor tema dentro do repertorio de Mileth. De momento non hei de postealo por aquí, porque sólamente está recreado en guitar pro e en algún ensaio con batería midi. A pesar de telo rematado a principios de Septembro, eu o considero case unha vergoña que con 2 meses no medio non a vaiamos tocar finalmente no próximo concerto por motivos que non veñen a cuento... Sólo decir que me gustaría que o día que a toquen sexa o máis parecido a como a fixemos Marcos e eu...
E sí, esa é a outra gran noticia, Mileth dará o seu primeiro concerto oficial en sala.
Será o día 3 de Novembro, sábado, acompañados dun grupo amigo coma é Tharanis. O lugar será o Hangar 77 de Vigo, na calle Fragoso, con apertura de portas ás 21:00 e o prezo será de 3 €.
 
Se queredes tirarme tomates ou lechugas polo ben que toco, serán recibidos, que estamos en crisis e dame para facerme unha ensalada ó día seguinte. Ademáis será a última ocasión que teredes de verme encima dun escenario porque pode que sexa a miña última aparición con Mileth. Supoño que esa é a outra gran noticia.
Por certo, xa vedes, estrenamos logo:
É unha pena, porque unha das cousas que sí me gustaría ter feito é un concerto con eles na Mariña lucense, onde básicamente se xestou a idea primeiriza da banda. Alí teño algún veciño en Alfoz que nos podería axudar cunha gaita nalgún tema incluso, pero xa dudo que ningún dos nosos amigos nin sequera nos viñeran a ver. Bástanos con observar o pouco que sempre se interesaron porque Marcos e mais eu tiveramos unha banda. De feito dudo que algún sepa que a día de hoxe somos un grupo de 7 personas ou que estamos dando os primeiros concertos, a non ser por este blog, que intúo que é usado por algún para asexar "a escondidas" a ver qué facemos con este meu "diario de" ;D Digo a escondidas, porque a pesar de que vexo visitas das provincias do norte, ainda ninguén se dignou a deixar un comentario, algunha pregunta, ou un "ánimo", ainda que fora de cortesía, ainda que ésto pásame con moita xente de moitos lados, todo sexa dito. Pero bueno, últimamente xa non me extraño de nada e ninguén. Eso sí, unha pena non poder facer un concerto pola miña parte aló arriba, espero que eles o poidan facer nalgún futuro.
Por certo, falando das nosas terras, tería sólo unha petición para cando deixe o grupo, que sería non ter nada que ver con promoción de parte de A Bola de Metal. Motivos propios e axenos á banda, sería petición personal para Mileth e Herexía (se existe cando me vaia XD), ainda que obviamente poden facer o que queiran XD eso sí, tampouco que creo que os susodichos se interesen (sei que decir cousas do estilo é raro en mín, e tampouco lle faigo máis caso a estes asuntos -se ata me conseguín levar ben con eskinjes en terras nórdicas XD-, pero esto tiña que decilo, e non serán os únicos cos que me quede a gusto, máis abaixo falarei dalgún máis, hoxe estou "on fire" XD).
Noutro orden de cousas tamén pensamos na idea de participar no concurso Bonebreaker edición Galicia, pero por varias razóns crimos que tal vez non era unha boa opción. A primeira é que os premios non nos convencían; parece que o ganador podería grabar un EP en Portugal, tería un concerto alí e tamén podería grabar un videoclip nese país. Pero esas 3 viaxes serían a conta do grupo, así como a alimentación e hostal. O certo é que no caso de ganar, ir 7 personas a Portugal 3 veces, cos consecuentes gastos de viaxe de 2 coches, comida e aloxamento, creo que non compensan para grabar un EP e video (que me temo que sería cada un feito nun día, e non creo que déramos feito nese tempo, case seguro que saldría un churro XD). Con todos eses cartos que gastaríamos entre os 7, daría para unha grabación decente e con tempo por aquí, creo eu.
A segunda razón, non é tan importante, pero vimos que un dos que organiza esto, e supoño que é un dos jueces, resulta ser un homiño que puxo a parir nun foro a Armiferum, un grupo novo que facía o seu primeiro amago de concerto no Vigosónico, coma fixemos nós no seu día.
Podedes ver o que escribeu aquí, ainda que co aluvión de críticas que lle choveu, deixou de comentar e incluso quixo quitar o que puxo, lástima que cando quoteas a alguén esa primeira versión queda impresa XD
Pero ben, dixo algo así coma que.. no, mellor quoteoo aquí tamén, así non poño palabras na boca doutro:
"Armiferum me pareció una puta coña,un grupo de 7 tíos tocando horterada viking,con un buen batería y unos guitarras nifunifa,pero un bajista malo como el solo y un teclista con un keytar,que a mi me daba la risa,la verdad,y dos cantantes de gutural que cantaban prácticamente igual.Eso si,todos muy jebis y sus colegas haciendo pogo eran los más malos de la trave
Luego ya preferí irme porque aquello era cuanto menos,de risa."
Como escribo no comentario, penso que criticar tan duramente a un grupo que dá o seu primeiro concerto é bastante miserable, pero o que xa non me entra na cabeza é eso de "horterada viking", tamén que lle dea a risa un keytar -eu teño un amigo que lle dá risa ver a cans cagar, en fin, hai xente pa todo, verdad Angel? XD-, e o resto penso que non merece a pena ser comentado, xa o fixen no seu día.

Pero eso non é todo, resulta que me vexo o video que subiron os do Vigosónico, e me atopo con esto:

que eu creo que está lonxe de calquera "horterada viking" ou "technoviking", coma outro os chamaba nese hilo do Vigosónico (supoño que deben de ser amiguetes, xa os vexo ós dous na última fila con sonrisa burlona e brazos cruzados vendo "tan esperpéntico show" no que uns cuantos o están a pasar ben tocando e outros a montar un pouco de pogo porque lles dá a real gana). De feito eu o que oigo é máis ben Gothic Metal sinfónico con trazas de Melodeath, pero que me expliquen dónde hai a parte vikinga...
Por eso, con tales razonamientos do que entre os colegas solemos chamar "un ilustrado do metal" -moi típico de terras españolas, con esforzo algún día este rapaz chegará a ser un Xan_Warblade :D-, pensamos que un juez dun concurso de Metal que non sabe diferenciar entre Gothic Melodeath e Viking Metal non ten demasiado bagaje musical para mostrarse como crítico, aparte de que dudo que fallara nunca ao noso favor. Incluso dudo que nos chegara a ver enteiros antes de que lle pegara un ataque de indignación, ou de risa se vé que levamos unha pandereta, que igual non é tan simpática coma un keytar, pero ten a súa grasia XD

Volvendo co tema, o único interesante de verdade sería facer pouco a pouco que sone o nome de Mileth cos concertos de Vigo e Portugal, pero ainda así, eu non acabo de ver que o estilo cuaje entre tanto fan de Thrash-Death por estas terras. Igual hai que pensar en mirar para afóra, coma Xerión :D
Pero eso, dudo moito que tiveramos gañado algo na edición de Galicia.

Con respecto a Herexía, o grupo está tamén un pouco a velas vir. A reincorporación de Miguel logo de un ano fóra foi extraña, posto que como membro fundador él tiña as súas ideas de por ónde quería que a banda fora, ideas que hoxe en día son claramente diferentes a cando nos deixou a nós co proxecto. Polo que hai un certo choque de vontades entre él e o batería. Mentres que él quere que o grupo leve un tono máis Thrash/Death (outra vez Thrash-Death, agora todas as bandas queren facer o mismo..), o batería aboga porque lle gusta o que facemos, e que no tempo no que estivo fóra, a banda evolucionou sóla (ou máis ben evolucionei eu segundo o que me decía o batera).
Como tamén lles dixen que deixarei a música e a guitarra definitivamente, quedaron un pouco a velas vir, e sen saber se conservar o feito ou non. Unha pena, porque con eles e con ese estilo máis Black-Death sería moi divertido facer un concerto para un servidor.
Como probablemente esta sexa unha das últimas ocasións nas que fale de Herexía neste diario, creo interesante poñervos algún exemplo do que facíamos e que prácticamente sólo amigos chegaron a oír nos ensaios. Estas grabacións non as deixei a ninguén salvo ós da banda, posto que eran "demos" de temas-proba para ver si convencían ó resto de personal. Hai fallos de execución a esgalla, non me matei en facelo ben nin repetir tomas. De feito creo que hai partes que están feitas do tirón sen segundas oportunidades e incluso hai riffs improvisados no momento XD Ó igual que na voz, hai partes nas que non sei o que digo e que simplemente tiro para diante (sí, son eu o que "canta" jajaj). E qué mais decir... as baterías son feitas por ordenador, e o baixo tamén, cando o hai, porque desde que entrou Chema dinlle libertade 100% e pasei de facer baixo nos últimos temas e a guitarra e voz están grabadas con este xenial aparello de 3cm cuadrados XD. 
Así que en definitiva, estas demos eran básicamente para eles, e para pillar as ideas dos cambios e riffs. Nada de propósitos comerciales XD, porque hai gambas, idas de tempo, etc. pero sirven para ver qué facíamos cando nos xuntábamos. Podedes ver a evolución que me foron esixindo, de máis blacker a máis Death, e tal vez tamén máis medio tempo.
1. O Renacer dos Mártires (versión con voz)
2. Dominio de Corvos (versión con voz)
5. Veredicto 666 (versión con voz)
6. (sen nome) (versión sen voz)

Botarei en falta os ensaios con eles, e doulle as gracias a Victor por pensar en mín para o seu proxecto. O último día de ensaio foi un dos mellores que tivemos, e cando falamos sobre todo esto recibín tantas alabanzas que case me poño rojo, a pesar de que non creo que sexan grandes temas XD  podedes ver e oír que tampouco son para tanto, ademáis a Miguel non lle acaban de convencer.

Con respecto a Enuma Elis, hai tempo que non faigo algo para mín mesmo. Pode que no 2013 empece outra vez a compoñer no meu propio estilo.
É tamén curioso que en moi pouco tempo tiven como 3 ou 4 ofertas para axudar en proxectos de xente en Vigo, tanto xente que oeu o que faigo con Enuma Elis, coma xente que oeu algo de Herexía. Curiosamente non de xente que me falase a partir de Mileth, a pesar de ser o proxecto máis "enderezado" dos tres. Creo que o Folk-Pagan-Viking non está demasiado en boga por estas terras...
Pero sí, falaronme de axudar nun grupo de Black, nun de depressive Black, nun dos mellores de Gothic a nivel galego, nun de Nu-Metal con proxección nacional, nunha nova versión de Herexía, e incluso nun de Dubstep Extreme Metal! (este último sería a leche de curioso). Mola, pero poida que non teña xa tantas ganas de formar grupos coma antes.
Falando de compoñer, como dixen, a nova canción que empezara a facer Elías para Mileth foi posteriormente totalmente cambiada por Marcos e por mín, pero hai unha versión máis, feita por mín sólo. Moito máis fiel na orixinal de Elías -en vez de 1 melodía, deixeille esa melodía e un par de riffs XD- pero cambiando bastante a idea primixenia súa, tamén cortándome un pouco no que son as velocidades, posto que a fixen coa idea de que se poidera tocar algo en vivo, e eu son moi amigo de meterlle brasa ás cousas que faigo.
Eso sí, introducín moitas ideas "Enuma Elis" que non foron aproveitadas na versión final de Mileth, que se torna máis folky do que fixen co Tracker. Pero esta versión non me gustaría perdela, xa que a mín non me disgusta e houbo incluso algún que despois de oíla prefírena á composición final de Mileth. Non sei, a mín gústanme as dúas. Supoño que a de Mileth teredes ocasión de oíla nun futuro, a miña déixovola por aquí (o de sempre, sonido MOD, así que informático total XD).

PD de última hora: parece que pode haber un concerto máis con Mileth, ainda queda acordar cousas, pero podería ser compartido con Herexía e algunha banda máis. Seguiremos informando.