Páginas

martes, octubre 02, 2012

Microreviews Septiembre'12 - Os demáis

Behexen - Nightside Emanations  (2012)
Black Metal 
Tema: Circle Me
Desde Finlandia, os Behexen veñen de sacar hai escasos días o seu cuarto traballo en longa duración, toda unha oda ó Black Metal ortodoxo, misántropo e añejo. Con poucas concesións melódicas, o traballo de Behexen baséase nun Black a medio tempo, pero bastante pesado, que vai alternando con blastings e algún que outro momento "slow-tempo" que me foron recordando bastante a Marduk. Certos ecos da voz, que lle dá unha cobertura moi orgánica e que sonan moi ben, tamén acentúan esa parte máis old school, así coma o sonido da batería, tamén cos ecos de tom típicos noventeros. A producción é a que un se pode esperar nun grupo do estilo: profunda, con guitarras cavernosas e ambiente denso e frío. 
Non está nada mal o que fan estes finlandeses, ainda que resulte en certa maneira predecible nalgúns temas, e que non diga demasiado novo noutros. Ainda así, quen guste do Black Metal satánico ben feito, ten un valor seguro con Nightside Emanations. 6/10

Humiliation - From Strength To Strength (2012)
Death Metal
Tema: Fastkill
From Strength To Strength é o terceiro álbum desta banda procedente de Malasia, que vai a bo ritmo de disco por ano co seu Death Metal old school. Moi groovie, áspero e con influencia palpable do Doom, os Humiliation beben directamente de Bolt Thrower e Asphix, as dúas principales bandas que a un se lle poden vir á cabeza cos asiáticos. 
Así pois, Death Metal guerrilleiro, pétreo, grueso, primitivo e sen demasiada concesión á técnica, no que é difícil destacar temas e que adolece de certa linealidade que por veces é case hipnótica, pero logo dun tempo faise monótona. Menos mal que Humiliation gardan para o final a súa munición máis selecta cos meus dous cortes preferidos: "Fastkill" e "Manifesto of Lie". O resto, pasa un pouco sen pena nin gloria. 6/10

 
Sacrario - Beyond the Violence (2012)
Thrash Metal
A cantidade de bandas procedentes de Brazil facendo Thrash é abrumadora. Supoño que ter un referente coma o de Sepultura e os irmáns Cavalera é unha gran influencia para tentar o que conseguiron eles a finales dos 80 e principios dos 90. O malo é que repetir unha e outra vez o esquema non quere dicir que o éxito tamén se repita. E eso era o que me estiven atopando nos últimos anos: unha inxente cantidade de bandas de Thrash old school que bebían primordialmente de Sepultura, Slayer e en xeral a Bay Area. 
Sacrario tamén practican ese Thrash da vella escola, pero aquí xa non me sona a Sepultura e todos os clones que saíron deles, ainda que garde certa similitude debido ó común corpo do que ambas bandas beben. A mín ó que me recorda é a un máis calmado Thrash germano que se inspira en bandas coma Kreator e Sodom, con pingas técnicas por aquí e por alí que poden rememorar ós Death de principios dos 90.
O CD é bastante corto, de menos de media hora de duración, ainda que a última pista está oculta detrás de quince minutos de silencio, e non me pareceu un mal álbum, tal vez non diga nada novo, pero ten destellos. 6/10

Irdorath - Dekonstrukteur des Fleisches (2012)
Black Metal
Parece que por algún motivo os grupos de Black alemanes en términos xerais nunca tiveron demasiada repercusión no mundo metalero, e non é por número, xa que a cada pouco atópome con algunha banda germánica blackera.
O caso de Irdorath penso que é extrapolable a un bo % desas bandas, que fan un Black bastante duro, con afinación  grave e influenciado polo Death Metal e Melodeath sueco. Hai algúns casos que sí creo que merecen ter certo recoñecemento, coma Ivenberg, Der Weg einer Freiheit ou Agrypnie, pero hai outros que se quedan en simplemente discos decentes, pero que non sobresalen nin creo que sobresalgan. Irdorath pertence a este último conxunto, e a pesar de facer unha música agresiva, con partes realmente ben feitas, con sonido decente e cantante cumplidor, fáltalles ese algo para chegar a ser populares. Tamén é digno de mención que se trata dun segundo disco e que teñen capacidades. Veremos de qué son capaces para o seguinte. 6/10

Wedding in Hades - Misbehaviour  (2012)
Gothic Doom Metal
Tema: Regrets
Rozando estilos coma o Gothic Metal e o Funeral Doom con añadidos de música clásica que lle dá un aire sinfónico en certo sentido, os franceses Wedding in Hades sacan o seu segundo LP neste ano. Hai un bo traballo de guitarra e arreglos, intercalando partes máis contemplativas e melancólicas nas que elementos clásicos coma o cello, violín ou piano son protagonistas, co universo depresivo do Doom. O principal referente podería ser uns My Dying Bride sen o toque malvado e retorcido, senón que moito máis melódico, mezclado coas influencias noventeras de bandas coma Moonspell, Paradise Lost e Type O Negative. 
De feito a sensación que me deu é a de ser un lanzamento típico noventero, ainda que a banda en teoría esteña formada no 2006. E bueno, penso que o CD ten os seus puntos, pero non me chamou tanto a atención como para poñer a Wedding in Hades á altura dos mellores My Dying Bride ou Moonspell. 6/10


Liv Moon - Symphonic Moon (2012)
Symphonic Metal
Tema: Amen
Ainda me poño a oír este disco sacado en Febreiro, e a banda nipona xa sacou outro máis! Desde logo a creatividade desbórdaos, con 4 discos propios máis un de versións en 4 anos!
Musicalmente, a cousa non cambia demasiado do que lles recordo ter oído, esto é; Power-Heavy Metal sinfónico de cantante pseudooperística, que leva a maior parte do peso dos temas. As influencias van desde o Japan-Rock, ata música clásica e ata bandas do estilo FFSPM europeo (Female Fronted Symphonic Power Metal) coma Nightwish, Edenbridge ou Visions of Atlantis. Pero a mín gústame máis que as dúas últimas citadas, tal vez ese toque medio gótico-medio japo lle dá un plus a esta banda, pero básicamente creo que as composicións en xeral están máis traballadas que as do clon medio de Nightwish. Non se pode pedir moito máis neste subestilo do Power. 7/10
 
Unleashed - Odalheim (2012)
Melodeath
Tema: Odalheim
Vaia! Tiña relativamente olvidados ós suecos Unleashed, que parecían acomodados nos últimos anos para simplemente deixar seguir o legado empezado hai dúas décadas e que con Odalheim chega xa ós once dicos... e atópome sen esperalo cun señor discazo. 
En realidade Odalheim non supón ningún cambio estilístico no Death Metal de lírica vikinga de Unleashed, pero sí que se pode decir que é o disco máis inspirado a nivel compositivo que eu lles oíra en moito tempo. Tal vez o mellor que sacaran nunca. Á maxia duns riffs enormes únese a convicción, a implicación, a experiencia e as ganas da banda, que se notan maiores ca nunca para sacar logo de tantos anos o mellor de sí mesmos. 
Non é nada novo, simplemente Death melódico sueco de toda a vida, eso sí, devastador e cheo de bon riffin e gusto. Tal vez Amon Amarth debería de aprender deles para non sacar o 3º disco consecutivo igual có anterior. 9/10
 
 
Rizon - Masquerade (2012)
Melodic Power Metal
Tema: Rise On
Terceiro traballo destes suízos, que fan un Power/Heavy Metal melódico moi clásico e moi sobado, ó cal lle falta forza. Tal cual pasa co vídeo oficial, cuia canción e producción dicen bastante de cómo é a música de Masquerade. Parece coma se á banda lle faltase esa chispa, ese toque de gracia, que fai ás bandas sobresalir dalgunha maneira do montón. Se aínda por encima, se meten a compoñer un CD de máis de 70 minutos, os poucos momentos salvables, que algún hai, antóxanse demasiado escasos como para tragarse todo o álbum e repetir outro día. 
Non aportan musicalmente nada novo, e tampouco chegan a destacar entre o resto de Power melódico europeo, ademáis fanse largos, xa non no álbum en xeral, senón que incluso dentro dos temas, entre os que por certo, colan un en español, "el Dios". 2/10
Winterthrone - The Godslayer (2012)
Black Metal
Tanto nome, coma portada, coma título de álbum anticipaban un disco de Black, e eso é o que nos encontraremos en The Godslayer. Seis temas de larga duración forman este CD de fiero e caótico Black Metal sinfónico que nada ten que ver cuns Dimmu ou Cradle, senón máis ben cuns Limbonic Art, Emperor ou Anorexia Nervosa con baixo nivel de producción. Bueno, non só baixo nivel de sonido, senón que tamén de entretenimiento, xa que Winterthrone nos bombardean con estructuras desordenadas que case parecen un puzzle feito a golpes. The Godslayer tamén desprende certa atmósfera industrial, quizá froito da sintetizada batería e certos teclados máis electrónicos que se unen a uns rasgados tamén pasados por filtros "industriales". É unha mezcla curiosa a de achegar desde arreglos sinfónicos a electrónicos no Black, pero Limbonic Art xa o fixeron hai moitos anos, e moito mellor. 3/10

Acid Death - Eidolon (2012)
Thrash Death
Provintes de Grecia, Acid Death non son unha banda novel ainda que sólo teñan no seu haber 3 CDs con éste. Durante os 90 movéronse na escena underground do seu país, colaborando en Splits e autofinanciandose unhas cuantas demos. 
O caso é que non chegaron a dar o salto nestes últimos anos, e non sei se o conseguirán con Eidolon, un disco que bebe de varias influencias, tanto do Melodeath sueco coma do Death técnico noventero, facendo especial fincapé neste último. Houbo unhas cantas bandas que se me viñeron á cabeza ó oír a Acid Death, entre as que valoraría coma influencias directas a Death, os primeiros Cynic ou Arch Enemy. Non está nada mal que sexan estes grupos os que rememore, pero o problema é que os griegos están coma un escalón por debaixo á hora de facer cousas interesantes, ademáis de que non hai temas que sobresalgan nin que chamen a atención na súa totalidade... Veremos en qué dan nun futuro. 6/10

Six Magics - Falling Angels (2012)
Power Metal
Os chilenos Six Magics non son novos nesto do Power Metal; os seus máis de 15 anos de historia e 5 discos atestiguano. Pero o tempo tamén atestigua que a pesar de todo o traballo, a banda non chegou a ser foco de atención na escena powermetaleira en ningún momento da pasada década (falando a nivel mundial, non sei a nivel nacional). Desde logo o mal facer técnico non é a causa, os de Chile teñen experiencia en composición e detrás dos instrumentos, e hai momentos bos en Falling Angels que supoño que calquera fan do estilo saberá valorar, pero eu achácolles pouca diferenciación dentro de todas as bandas que surxiron nos últimos anos, especialmente cando houbera ese boom de Power de finales dos 90 e principios de 2000. Xa levo oído moitas bandas similares de Female Fronted Power Metal; desta tal vez a parte de "Symphonic" queda un pouco no segundo plano, deixándolle máis vía libre ó riff "heavy" con guiños progresivos, cousa de agradecer, e a cantante non é tampouco de tono pseudooperístico, pero ainda así o estilo de Six Magics está moi visto, sobre todo eu diría que en países latinos, e a mín non me resultou unha escoita desagradable, pero a verdade é que tampouco me dixo moito. 6/10

Tulus - Olm og Bitter  (2012)
Black Metal
Tulus é o proxecto de membros de Khold, Sarke e Minas Tirith, previamente abandonado, pero que retomaron a actividade recientemente para sacar Olm Og Bitter, o seu 5º álbum e primeiro en 5 anos. 
O estilo destes noruegos é un Black Metal xa algo trillado, que bebe moito das influencias dos seus outros proxectos. Riffs bastante simples, batería que se move moi básicamente entre o blasting e medio tempo, e temas compostos dun xeito pouco imaxinativo e poderíame aventurar a decir que rápido, que rondan os 2 e 3 minutos. 
Pouco traballo vín neste último álbum, que se nota demasiado "acomodado" no estilo para ofrecer nada memorable.  4/10

Golden Dawn - Return to Provenance (2012)
Melodic Black Metal
Tema: Nameless
Menuda decepción que me levei co retorno dos austríacos Golden Dawn. Foi tal o mal sabor de boca que me deixaron as primeiras audicións de Return To Provenance, que decidín "recollelo" un tempo para tomalo meses despois xa sabendo que non era o que me esperaba. E nin con eso logrei disfrutar dun disco tan mediocre coma éste. Desde logo,  non é o grupo que eu recordo en The Art of Dreaming e Masquerade.
O cambio radica básicamente en que Golden Dawn decidiron "non arriesgarse" coma o levaban feito nos seus bos tempos, traendo un disco que non poido decir que sexa malo, pero sí mediocre e aburrido de Black Melódico con influencias de Melodeath e atmosféricas, incluso a veces cercanas ó Pagan-Black. Quizáis outra persona que non coñeza e vivise o pasado de Golden Dawn o poida disfrutar máis ca mín, pero esperar 9 anos a me saquen esto tan trillado, é unha decepción. 3/10

Dreamscape - Everlight (2012)
Progressive Metal
Tema: Restless
A pesar de levar xa case 20 anos e 6 álbumes con este Everlight, teño que dicir que Dreamscape non me sonaban de nada, polo que éste é o meu primeiro contacto coa banda germana.
O estilo está claro desde os primeiros acordes de "Restless"; Metal progresivo con 2 referencias claves e básicas: Dream Theater e Symphony X. Ademáis tamén puiden observar algún que outro deje Power da maneira de facer de Firewind e tamén roces co Progresivo máis escuro na onda de Beyond Twilight. Estes cambios son apoiados polas diferentes maneiras de cantar da case decena de vocalistas que participan no CD. Dito esto, está claro que Dreamscape non inventan nada novo, pero tampouco se manexan nada mal, tanto a nivel compositivo, no que se perciben arreglos moi pensados e cambios interesantes, coma a nivel técnico e sonoro. De feito gústame máis que os últimos de Dream Theater. 7/10

DreamScar - What Will Become of Us (2012)
Industrial Gothic Metalcore
Ainda que na descripción que lín cando me baixei este disco poñía que era unha mezcla entre Melodeath moderno e Gothic Sinfónico (o cal sería en principio interesante para darlle unha oportunidade), realmente o que un se pode atopar en What Will Become of Us é un Metalcore industrializado con estribillos que poden rozar nalgún momento os dun Gothic Rock adulterado e tamén industrializado. É decir, coma se Marilyn Manson/Linkin Park se fixeran Metalcore e lle añadira algún teclado ambiental/sinfónico/electrónico.
E teño que decir que a mezcla a mín non me cunde nada e foi toda unha sorpresa negativa a moitos niveles. Empezando polas lamentables voces, tanto limpias coma rasgadas, seguindo por unha música saturadísima por partes nas que as guitarras son presenciales,  carecendo de forza algunha, e acabando pola sintetizadísima batería que sona sen alma. Do baixo non falo, porque non parece que haxa, e consecuentemente fai que as cancións sonen bastante vacías. Un despropósito que se finaliza cun vídeo promocional que dá vergüenza ajena (como podedes ver no enlace do "Tema") cun cantante que non sabe se rapear, facerse o Ville Valo ou imitar ó Manson ó mesmo tempo. 0/10

 Oakenshield - Legacy (2012)
Viking Folk Metal
Tema: Wen Heath
Oakenshield é o proxecto unipersonal dun tal Ben Corkhill, home procedente do Reino Unido e que presenta Legacy, o seu segundo larga duración. A música desta one-man-band está baseada nun folk tradicional con moitas reminiscencias épicas mezclado con Viking Metal. Na parte folky sobresalen dependendo da canción, tanto a frauta/whistle coma o violín, que en moitas ocasións pillan totalmente as riendas da melodía predominante, e na parte máis épica/vikinga, hai teclados sinfónicos que acompañan á sección eléctrica. Se agora añado que os temas son tendentes a ser largos e o tempo a ser medio-lento, creo que a comparación con grupos do estilo de Falkenbach ou uns Moonsorrow menos densos e máis folkies é cercana a Oakenshield. Incluso un aire ós Bathory máis vikingos tamén se pode adiviñar.
Polo tanto, non hai nada que sexa exactamente novo en Legacy, salvo uns cuantos cortes ben feitos e con suficiente gusto polas melodías tradicionales. Un disco, en definitiva, apacible épico e bastante disfrutable. Por poñer un par de peros, algunha melodía fíxoseme bastante repetitiva, e a voz tampouco me gustou demasiado, a pesar de que os coros están bastante ben, moi "Ensiferum". 7/10