Páginas

jueves, septiembre 27, 2012

Microreviews Septembro'12 - II

Black Light Discipline - Against Each Other (2012)
Industrial Gothic Metal
Oficial
Curiosa a portada deste segundo álbum dos electrónicos finlandeses Black Light Discipline, na que aparecen uns cantos espermatozoides robóticos intentando fecundar un óvulo mecánico XD ademáis chamándose o disco "Uns contra outros"... 
Ben, no tocante á música, Black Light Discipline demostra unha vez máis o gusto que hai en Finlandia  polo Metal industrial con certo deje extremo. Así podemos unilos ó saco de Turmion Kätilöt, 2 Times Terror, Fear of Domination, Diablerie, Ruoska... e demáis grupos que parecen ter boa acollida polo país. As influencias son suficientemente heteroxéneas como para facer un álbum ameno de Industrial, indo desde o Gothic Metal, o Melodeath, o Suomi Metal e incluso o dance ochentero-noventero. Os que vivistes a época entenderedes porqué añado esas décadas á descripción obviando os últimos anos, e os que no, comparade esto co house, techno house, dance, minimal e demáis morralla actual; é unha obra de arte comparado coa música "bailable" que fai agora, xa non falemos de reggaeton XD Certo é que aqueles videos se vén hoxe ridículos, pero cómo pensades que se verán a maioría dos de hoxe en día dentro duns anos? (e non fai falta irse a anos futuros, que hoxe en día xa hai uns cuantos que producen vergüenza ajena).
Volvendo con Black Light Discipline, dependendo da canción atoparémonos con voces femeninas ou rasgados, predominando sempre a voz masculina en limpio, e ainda que non se parezca á de Kärsty, sí me veu moitas veces á cabeza os intentos máis electrónicos dos seus compatriotas Waltari (e tamén me viñeron To/Die/For). É decir, música electrónica sí, pero coidando os detalles dos temas e a parte guitarrística.
Ademáis hai versión escondida, "Self Control" de Laura Branigan, que nunca me dín conta do moito que se parece a "Maria Magdalena" de Sandra, as cales confundín ó oír este CD.
Pegadizo e ameno. 7/10


 
Maryann Cotton - Free Falling Angels (2012)
Rock / Hard Rock
Oficial
Tema: Die in Britain
Vaia sorpresa que me deu ó ver á plantilla de King Diamond case ó completo tendo un proxecto paralelo de Hard Rock! A curiosiade era demasiado grande e non deixei escapar a ocasión de oir a Andy LaRocque, Snowy Shaw, Pete Blakk e Hal Patino na súa vena rockera. Era algo case bizarro cando o pensei XD pero máis bizarro foi cando finalmente reproducín o disco: "qué é esto? Alice Cooper? Rock setentero?"
Tiven que buscar máis información do proxecto, porque non podía crer que esta xente estivera metida aquí -ainda que bueno, no seu día Snowy Shaw tamén creara unha superbanda delirante do estilo de Illwill-, e hei de dicir que todo tén a súa explicación: resulta que Hal Patino convenceu a todos os seus colegas para que tocaran no disco debut do seu vástago, Jack Patino.
O resultado é un tipo de música que difiere bastante do que un poida esperar da mente de Snowy Shaw e Andy LaRocque; é un Rock moi influenciado polos setenta e ochenta, pero sobre todo moi inspirado en Alice Cooper, do que Jack Patino parece ter unha fascinación fóra do normal, basta con ver as súas pintas e xestos no libreto e videoclip. Ata elixeu un seudónimo de muller para a súa banda, tal como Vincent Furnier fixera. En canto á música, penso que os fans de Alice Cooper descubrirán un valor seguro no rapaz, pero a mín non me acabou de convencer. Tal vez necesite algún disco máis e descubrir o seu propio camiño sen seguir o doutros. Eso sí, hai algúns temas decentes en Free Falling Angels, pero creo que en xeral será un disco que pasará desapercibido.  
Unha pena non saber aproveitar os valores que tén nas súas filas, seguro que lle podían aportar bastante para facer un tipo de Hard máis personal. 5/10

Dauden i Mørke - Nephilim (2012)
Black Metal
Sóname de ter revisionado o anterior disco -e debut- desta banda estadounidense de Black, e tamén me sona que non me deixara boa impresión, como suele ser habitual nos casos dese país. 
Nephilim é o segundo CD desta extraña formación de, ollo: únicamente 2 guitarristas e 2 vocalistas (e un dos guitarras parece que tamén fai voces, ou sexa, 3 cantantes?). Os rasgados (penso que hai unha voz de muller e outra de home) non son especialmente do meu agrado, pero as limpias teñen delito... Como sexa, o estilo de Dauden i Mørke é un Black Metal bastante mediocre con teclados presentes, normalmente de background, eso no referente á metade do álbum, xa que algúns temas parecen provir coma doutro grupo ou dunha dimensión paralela de Dauden: por exemplo "Spawn of Subversive Desires" deriva nalgo industrial e extraño, "Slaying Ravana" ou "Remnants of an Arcane War" teñen certo aire mesopotámico ó estilo de Melechesh ou Absu, "Nephilim" recorda ós grupos de Black-gótico vampirico dos 90...
Por se fora pouco os temas ademáis teñen distinto sonido entre sí, polo que nos poderemos atopar tanto uns que sonan a cú coma outros que manteñen máis ou menos o dunha producción decente para un grupo underground. Ambas cuestións, tanto a do sonido coma a da extrema heteroxeneidade que case fai que parezca que esteñas oíndo un Split de varias bandas, penso que claman ó ceo se pretenden sacar un disco "serio". 
Por favor, decídanse. 2/10

 
Blut Aus Nord - 777 Cosmosophy (2012)
Atmospheric Dark Metal
Vín por ahí numerosas clasificacións para este extraño grupo de culto francés, tales coma Atmospheric Black Metal -supoño que máis na súa primeira etapa-, Industrial Ambient Black, Avantgarde Black... pero eu decidinme por "Dark Metal atmosférico" porque dentro da etiqueta "Dark" Metal se acolle un abanico máis amplio, que é o que nos poderemos encontrar en Cosmosophy, a terceira entrega da serie "777" de Blut Aus Nord. Eu xa non consideraría Black Metal ó que fan os franceses, que rara vez usan agora voces rasgadas en pos de cantos máis "rituales" e líricos. Como moito podería aceptar a acepción de Post-Black, xa que é coma un paso máis aló do estilo, do que ainda conservan certas características, sobre todo en sonido de guitarras e ambiente opresivo. 
En fin, é un lío decir qué é o que fan agora mesmo Blut Aus Nord, porque é bastante personal, cousa que é de agradecer nestes tempos. O malo é que ainda que os levo observando desde hai anos, a mín nunca chegaron a tocarme a fibra de todo. E o mesmo pasa con Cosmosophy, un álbum comtemplativamente escuro e esotérico, con elementos de diferentes estilos, no que sempre hai de fondo un aire industrial dado sobre todo polas baterías que empezaron a usar desde hai algúns discos atrás. Logo, temas largos, case hipnóticos, pesados e repetitivos ainda que non se fan cansinos, porque en cada esquina hai un detalle novo que supoño que ganará con sucesivas escoitas -ainda que a mín á terceira xa o deixei, segue sen convencerme en certos sentidos este grupo-. 
Cosmosophy é un traballo suxestivo e sustancioso, pero diría que para determinados momentos e para determinados gustos. 6/10

Xenocide - Galactic Oppresion (2012)
Technical Death Metal
Tema: Space Rot
Xa case suele parecer habitual que os grupos de Death Técnico se tiren a falar do cosmos e filosofía universal. É curioso, ainda que a mín o tema letrístico me importa en xeral pouco. Máis ben me suelo fixar na música e logo, como si falan de Fu Manchú (qué grandes aquelas pelis de Christopher Lee XD). Neste caso, temos unha nova banda deste estilo (e xa van...), os canadienses Xenocide, que debutan con Galactic Oppresion, un disco que me pillou de sorpresa, porque polo nome pensaba que sería de Metal Progresivo, e que realmente me gustou a pesar das certas reservas que teño hacia o "Technical Death Metal"... ¿Que porqué as teño? Pois por unha razón similar a que tamén as teño co Brutal Death, co Power Metal e co Female Fronted SPM: que hai unha cantidade de clones inmensa que sonan case igual, tendo os mesmos clichés, as mesma forma de copiar a outros e se me apuras, incluso un sonido similar. 
Con Xenocide, a producción e certas características sí son comunes a moitas outras bandas que levo oído do estilo; gran capacidade técnica dos músicos, cambios de ritmo imprevisibles, shredding puntual, hipervelocidade de pedal, progresións complicadas e tempos imposibles, etc. pero teñen esa chispa que fai que cando poñas un álbum acabes dándolle á cabeza ainda que xa sepas de qué vai. Ó final todo se reduce á composición, supoño. Se a esto lle añadimos que non lles importa introducir algunha guitarra en limpio (que xa sei, tampouco é novo) e algún piano (esto igual sí que é máis, deberían de facelo máis, xa que en "Space Rot" queda bastante ben), Galactic Oppresion convírtese nun disco que merece a pena oír, tanto para amantes do estilo, coma para proggies abertos de mente en xeral. 
Interesante debut. 8/10