Páginas

jueves, agosto 02, 2012

Microreviews Xulio'12 - Os demáis


Crucified Barbara - The Midnight Chase (2012)
Groove Heavy-Rock Metal
Oficial
Tema: Into The Fire
Teño que decir que non son un seguidor desta girl-band, tan sólo oín un par de temas delas hai tempo e parecéranme bastante mediocres polo que recordo, así que non controlo sobre a evolución desta banda. Polo tanto, este é o meu primeiro contacto cun disco enteiro de Crucified Barbara, un grupo composto por mulleres moi feas XD que por algún motivo estivo xirando por toda Europa (ata viñeran a un Metalway) desde hai anos, a pesar de que as críticas non as acompañaban.
O que temos en The Midnight Chase é unha colección de temas que andan entre o Hard Rock moderno e o Heavy Metal bastante basicote pero ben producido, no que a estrella é a voz de Mia Coldheart, cun toque sucio que lle fai estar moitas veces entre Doro e un Blackie Lawless pasado de hormonas. Sen grandes complicacións nin en riffs, nin en estructuras nin en solos, Crucified Barbara desenvólvense ben nun Rock de fácil audición que é probable que sirva para unhas cuantas escoitas e logo deixar olvidado nalgún caixón. Ainda así, algo mellor do que eu lles recordaba. 5/10


EnlaceRe-Armed - Worldwide Hypnotize (2012)
Death/Thrash
Oficial
Tema: Natural Backlash
Cando vín que neste álbum participaba o líder de Waltari, Kärtsy Hatakka, tocando o baixo, a miña curiosidade polos finlandeses Re-Armed aumentou en gran medida. Pero hei de decir que rápidamente se esvaeceu co transcurso dos temas de Worldwide Hypnotize. Supoño que Kärsty non participaría no aspecto compositivo, porque Re-Armed non contén ningún vestixio do seu estilo de compoñer nin de experimentación algunha, senón que o que nos ofrecen é un Thrash con moitas trazas Melodeath, ben executado, con temas traballados e con bo sonido, pero tamén moi trillado. Xa é un caso habitual co que me veño atopando (tamén porque cada vez parece que o número de bandas se multiplica nos últimos anos, e esto tamén implica máis mediocridade), que a pesar do bon facer técnico da banda, non consiguen que os temas se queden na cabeza do oínte, que se limita a ver pasar o disco sen máis, algo así coma con Angelus Apatrida XD
A escola de At The Gates deu para moitos seguidores, e Re-Armed non sobresale de entre eles. 6/10


Avatar - Black Waltz (2012)
Melodeath / Industrial Rock
Oficial
Tema: Torn Apart
Cando despois de oír o disco vín a portada dixen: "tal para cual, desconcertante". E eso que iba con boas perspectivas, porque recordo que o anterior disco destes suecos tiña uns cantos temas que estaban bastante ben. Con este Black Waltz, realmente non sei qué pensar de Avatar como banda.
¿Hacia dónde se dirixen? ¿cál é o seu perfil de público?
Conste que sempre me gustaron as mezclas de estilos, pero cando éstes están cohesionados, non que un tema sexa dun pao moi diferente ó seguinte ou que nun mesmo intercalen de sopetón unha parte chocante. Así temos cancións de unha especie de Rock Industrial, outras máis ben Melodeath, arrancadas Groovies ou de Southern Rock, de repente un solo Heavy, un estribillo que parece de Punk-Pop americano... dalgún xeito gardan a inherencia de estar tocados pola mesma banda co mesmo tipo de sonido, pero a mín deume a sensación de non saber moi ben qué é o que queren. Atopámonos con que moitas veces comparten escenario riffs e cambios de tempo realmente interesantes con auténticos cortes de mexada.
Non sei qué dicir, salvo que se vos gusta Marilyn Manson e The Haunted a partes iguales lle dedes unha oída. 5/10


End of September - End of September (2012)
Gothic/Alternative Metal
Oficial
Tema: Isolated
Álbum debut destes suecos, liderados por unha voz feminina do estilo de Sharon Den Adel nos últimos e máis Rockeiros Within Temptation. A música tamén recorda a Within Temptation en canto a certos arreglos de teclados e en líneas vocales, pero o sonido máis moderno e por veces Metalcorero/Nu-Metalero (hai veces que xa non distingo moito un do outro) das guitarras pódelle gustar ós seguidores dos últimos Lacuna Coil e de Evanescence. Por veces ademáis asoma unha voz masculina facendo tanto voz limpia coma rasgados máis "coreanos" XD
Está claro a qué audiencia se dirixen estes End of September, que realmente non o fan de todo mal para ser un primeiro disco, pero hoxe en día fai falta algo máis para sorprenderme. Eso sí, mellor que os últimos bodrios de Lacuna Coil está. 5/10


Wigelius - Reinventions (2012)
Melodic Rock/AOR
Oficial
Tema: Angeline
Outra vez desde Suecia vennos un grupo de Hard Rock, ainda que neste caso Wigelius sexa máis ben da rama ultra melódica do Rock. As influencias son claras: Hard/AOR dos 80 do estilo de Toto, Dare, Richard Marx (ainda me enterei o outro día que vive e saca discos! XD), Journey, Asia... e non tratan de escondelas... máis ben todo o contrario, mostran sen pudor temas calcados ós deses grupos, moitas veces predecibles a rabiar. Volvo a decir que non creo que sexan malos músicos, pero no tocante a "tocarme a fibra" están lonxe por xustamente basarse en exceso en cousas feitas (a veces feitas e re-feitas). Os teclados típicos do AOR tan pastelosos tampouco son o meu gusto precisamente, o mesmo que eses coros tan sobados, pero perdonaríaos se realmente se vira algo de inspiración e creatividade.
En certo sentido recordáronme a The Galvatrons, pola fixación ochentera e pola juventú... por certo, ainda que esteña bastante basada en aquela canción de Van Halen.. Cassandra é un hit -ochenteril máximo-!
Como nota curiosa, o cantante parece ser un rapaz novo que se fixo popular a raíz de saír na TV sueca cantando a Journey. Sorte vivir nalgúns países... 4/10
PD: como se vé no vídeo... ¿tamén a moda emo invadeu ós novos AORockeros? Se Marx levantara a cabeza...
Ah é certo! que vivía! XD


Septic Christ - Guilty As We Were Born (2012)
Thrash Metal
Facebook
Tema: Heird Instinct
Cunha curiosa intro comeza o disco dos thrashers germanos Septic Christ, desde logo, non é o que un se podería esperar vendo cómo é a sucesión de temas de Guilty As We Were Born.
Aquí é onde unha vez máis me planteo esa duda recurrente en mín: ¿un disco que non ofrece nada novo pero está ben tocado sería un bo disco? Cando me atopo con casos así suelo recurrir á composición, é decir; se a banda en cuestión mellora en algo ó xa feito, se ten riffs memorables cos que te quedes ou cousas curiosas que por algún motivo te chamen a atención. E o certo é que nin unha cousa nin outra neste caso. Septic Christ acaba sendo un grupo máis que non sobresale en nada sobre o resto de bandas Thrash que toman coma referencias as mesmas ca eles: Overkill, Sodom, Exodus, Death Angel, Kreator... A mín particularmente recórdanme ó caso de dous grupos galegos que tamén comparten un par de palabras coma nome de banda (e que prefiro non mencionar, non vaia ser que alguén se me bote enriba decindo que "boto abaixo á escena" XD). Coma ese par de grupos galegos compostos por xente nova, pero populares en certa maneira, os Septic Christ teñen unha boa base técnica, e de vez en cando sácanche algún riff que che fai mover á cabeza, pero é que sempre tés a sensación de ter oído algo parecido nalgún momento do pasado. 6/10


Superchrist - Holy Shit (2012)
Heavy Rock
Oficial
Tema: Hot Tonight
Este é outro dos grupos nos que participa Chris Black, un ex-Nachtmystium que se decideu por seguir unha onda moito máis clásica e rockanrollera para os seus proxectos, como era o caso do disco debut de High Spirits que revisionei por aquí hai uns meses.
Con respecto a Superchrist, a banda trata de homenaxear ós grupos de Punk Rock/Hard Rock/Heavy Metal de hai 2 e 3 décadas, tendo como referencia palpable a Motörhead e á primeirísima movida de NWOBHM que empezaba a desligarse paseniñamente do Punk Rock para adentrarse un pouco máis en terrenos metaleros e riffs un chisco máis complexos.
Non descubren nada novo, e probablemente non o queiran facer. Holy Shit é a perfecta banda sonora para tomar unhas birras nun local cheo de fume e pósters nas paredes, cunha chupa de cuero ó lombo (ainda que dentro te ases de calor!).
O único é que en tan só media hora non che dará tempo a moitas cervexas XD 6/10


Enochian Theory - Life... And All It Entails (2012)
Progressive Rock/Melodic Metal
Oficial
Tema: This Aching Isolation
Desde Gran Bretaña, Enochian Theory é un trío que saca o seu terceiro disco neste 2012 collendo o testigo que deixou Anathema probablemente en A fine day to Exit. Con esto xa case que o digo todo; o que nos ofrecen é un Rock melódico con dejes prog, líneas vocales emotivas, no que impera a calma que se vé rota de vez en cando por riffs máis metálicos tal e como os antigos Anathema, Riverside ou Porcupine Tree fan/fixeron. O certo é que non son moi seguidor deste estilo, de feito a Anathema deixeinos de seguir cando se pasaron de máis ó Rock "atmosférico" en A Natural Disaster, que supoño que tamén comparte moitas cousas con este Life... And All It Entails, e teño que ter un día moi raro para poñerme algo de Riverside, Porcupine Tree ou os modernos Pain of Salvation, así que pode que non sexa o mellor para criticar a Enochian Theory. Pero ainda así, direi que ós que lles gusten eses grupos creo que disfrutarán con eles, xa que se notan moi profesionales, e certas ambientacións e breaks de pianos son interesantes.
Baixo o meu gusto boto en falta máis orixinalidade e partes metálicas, pero son bos no que fan. 6/10


Flayed Disciple - Death Hammer (2012)
Death Metal
Oficial
Tema: The Shrine of Dahmer
Disco debut destes británicos que tocan un Death Metal moi Thrashizado, herencia directa da escola americana dos oitenta liderada por Slayer, Possessed, Death ou Morbid Angel. Death Hammer contén uns cuantos bos temas, que resultan un chisco homoxéneos entre sí, pero nos que se pode ver certa calidade e potencial. O único, teríanse que desmarcar un pouco desas influencias que se notan moi pesadas no transcurso do disco e que milleiros de grupos comparten. Ainda así, non é un mal debut. 6/10


Demoncy - Enthroned Is the Night (2012)
Black Metal
Oficial
Tema: Opening the Lunar Bloodgate
O tal Ixithra, único membro de Demoncy, polo que atopei, parece ser o típico "blacker" que está/estivo metido en mil grupos, de entre os cales a maioría son proxectos personales e, cómo non, entre os que haberá alomenos un que sexa de Dark Ambient XD
Non hai medias tintas: Black añejo e Ambient. Palabra de blacker, amén.
Falando de Demoncy un pouco, temos un Black Metal bastante crudo, no que o baixo o inunda todo o resto de instrumentos, ainda que realmente non creo que tape nada interesante, porque o blasting da batería é maioritario, -ainda que hai esforzos por facer os temas menos monótonos do que realmente son-, as voces son fuleras e as guitarras son monolíticas e simples. Tal vez máis graves do normal, é coma un disco de Black primitivo sona no 2012, supoño. De todos xeitos, penso que nos últimos anos, o Black Metal acolle un sonido máis grave en xeral que nas produccións noventeras.
Aburrido e repetitivo, o mellor, a portada. 3/10


Grand Magus - The Hunt (2012)
Epic Heavy Metal
Oficial
Tema: The Hunt
Grand Magus xa é un grupo bastante coñecido e recoñecido para os amantes do Heavy Metal con doses Doom da última década. The Hunt é o seu sexto disco e non varían prácticamente un ápice do estilo que os fixo populares; Heavy Metal épico, con influencia marcada dos pioneros do xénero. Con esto refírome a Black Sabbath, Rainbow, Judas Priest, Manowar, Virgin Steele e a NWOBHM, pero tomando exemplos máis cercanos, a referencia obligada sería unha mezcla entre Spiritual Beggars (grupo do que hai xente participando) e uns The Lord Weird Slough Feg sen o factor folky. Ben sei que esto non é nada novo para os que xa conocían o grupo, pero tampouco The Hunt ofrece grandes cambios con respecto á súa discografía. Penso que quenes disfruten deste Metal máis tradicional e épico han de atopar unhas cantas boas cancións, que como conxunto pode que non superen a Iron Will e Hammer of the North, pero que manteñen o tipo. 7/10


Centurion - Serve No One (2012)
Death Metal
Oficial
Tema: No One To Serve
Centurion son outros máis que non se mataron demasiado á hora de escoller nome e puxéronlle á banda un que xa escolleran outros moitos. Materia esta que nunca acabarei de entender, porque non hai maneira máis eficaz de decir "somos uns máis"...
Indo co musical, que é o que conta, probablemente me dera igual que se chamaran dunha ou outra maneira se fixeran música mínimamente orixinal e diferente, pero tampouco. Os polacos cíñense a facer un Death Metal bastante clásico, de temas cortos pero incisivos, repletos de clichés e riffs xa demasiado mascados. Curiosamente non teñen como modelo a imitar outros polacos, senón que tiran máis da escola americana da primeira metade dos 90, collendo do legado sobre todo de Morbid Angel.
Penso que quenes gusten do grupo mencionado, terán algúnha motivación para darlles unha oportunidade a Centurion, pero a mín fixéronseme cansinos e xa vistos. 5/10


Words of Farewell - Immersion (2012)
Modern Melodeath
Facebook
Tema: Sorea
Sen aportar nada realmente novedoso, esta banda alemana desenvólvese bastante ben no seu debut, no que practican un Death melódico a medio tempo con elementos prog-power e electrónicos, moi influenciado pola escola sueco-finesa de bandas coma Insomnium, Omnium Gatherum, os primeiros In Flames/Dark Tranquillity e Scar Symmetry.
Pero ó final é o de sempre; fai falta algo máis ca parecerse a bandas que sacaron grandes traballos algún día e ter un presupuesto que che permita unha producción limpia e coidada ó máximo, pero bueno, hai que ter en conta que este é un primeiro traballo, veremos en qué dan.
Eso sí, a pesar dos grandes medios técnicos, non deixan de ser "un máis". 6/10


Delain - We Are The Others (2012)
Alternative Symphonic Rock/Metal
Oficial
Tema: Hit Me With Your Best Shot
En efecto, lestedes ben a miña descripción: Rock/Metal alternativo, e se me apuras un pouco case lle añado un Pop diante, porque a senda que Within Temptation iniciou nos últimos discos hacia o Rock menos "gótico" e "sinfónico-boombástico" foi seguido ó dedillo polos seus compatriotas Delain. Poucos elementos escuros e orquestales podemos atopar no terceiro disco deles, que se torna moito máis accesible, e no que a cantante parece querer imitar máis ca nunca a Sharon. Con esto non vou decir que sexa un disco malo, de vez en cando tamén me gusta escoitar algo de Pop-Rock, pero un non pode quitar da cabeza que Delain se convirteu nun grupo "segundón" en calquera das súas características sonoras e que mira excesivamente por onde tiran os grupos que atraen certa repercusión ó redor, coma os mesmos Within Temptation ou Lacuna Coil (do cal absorben totalmente o estilo por exemplo en "Where is the Blood", co cantante de Fear Factory como invitado).
Unha pena, porque en pasados traballos parecían ter un xermen para facer algo interesante. 4/10


Jørn - Bring Heavy Rock to the Land (2012)
Heavy Metal
Oficial
Tema: Chains Around You
Novo disco de Jørn, desta volta deixando os aires de prog-power que lle recordaba dalgunha entrega e centrándose no Heavy-Rock máis clásico e tradicional de bandas de Hard de finales dos 70 e Heavy dos 80 do tipo de Rainbow, Black Sabbath, Thin Lizzy, o seu venerado Dio...
Jørn é a absoluta estrella da súa banda, como cabe esperar, e nótase no CD, no que él ten o protagonismo vocal sobre o resto de intrumentos, desenvolvéndose moi ben, pero as ideas nótanse especialmente escasas desde hai tempo no seu proxecto particular. Bring Heavy Rock to the Land é un álbum que non se podería catalogar como malo, pero cansa e dá a sensación de estar demasiado oído xa. 5/10


Lacuna Coil - Dark Adrenaline (2012)
Alternative Rock/Metal
Oficial
Tema: Trip The Darkness
Deixando atrás calquera resquicio de goticismo e oscuridade na súa música, así como orixinalidade, os italianos Lacuna Coil amárranse con uñas e dentes á fórmula do Rock facilón, de temas directos ó estribillo con pouco traballo instrumentístico. Guitarras graves cercanas ó Rock alternativo e Nu-Metal con contados riffs traballados e solos, gran producción e música basada en melodías vocales guiadas por Scabbia e seguidas polo "outro", que cada vez parece máis relegado ó papel de "Poochie" fan un disco orientado a audiencia americana de "Rock asequible" con moi pouca chicha. 3/10