Páginas

viernes, julio 13, 2012

30 aniversario do Kill 'Em All con...

... con qué credes que Metallica vai celebrar o 30 cumpleanos do seu primeiro disco? Cunha edición especial del? unha destas xiras "temáticas" de Kill 'Em All que tanto se están a levar últimamente?...
Pois non! o máis do máis Metal é celebralo sacando unha línea "Kill 'Em All" das zapatillas de gafapastosos "Vans"!!! O que me leva ó que sempre ando decindo de que parece que as grandes bandas dedicidamente estanse a deixar levar polo lado máis comercial, xa que, e ahí tócalle ós fans, o gran negocio para estas bandas está no apartado extra-musical.
Xa digo que a culpa non é toda das bandas, senón dos fans delas, que parecen devorar moito máis rápido calquera merchandising relacionado con elas que incluso a súa música en sí. Esto faime recordar cando as revistas de música tiñan o seu apartado de camisetas nas dúas ou tres últimas páxinas, pero agora incluso ocupan máis da metade dunha revista "de discos" con toda clase de artiluxios, adornos, colgantes...
Eu sempre que vexo a alguén con miles de cadenas, roupa gótica carísima (porque esa moda a é!), botas inmensas e demáis.. penso; carallo, con todo o que se gastou en roupa podería comprar alomenos 100 discos! XD

En fin, volvendo a Metallica e marcas de zapatillas para hipsters neste 30 aniversario dun dos primeiros álbumes de Thrash da historia... qué baixo están caendo... pero a cuestión é que os seus propios fans se dén de conta, cousa que co paso dos anos vexo máis difícil.. porque.. teño a sensación de que "os fans son máis fans" ca nunca.