Páginas

martes, junio 26, 2012

Diario dun viking XVIII - Crónica vista desde dentro do concerto no Castro

Editado: crónica de Furia Asgardiana

Podedes pinchar nas fotos para velas mellor


Como xa dixera no outro post, penso que entre nós consideramos éste dos Castroconcertos, coma realmente o concerto inicial de Mileth. Tanto pola oportunidade de compartir concerto con sólo outro grupo xa reconocido nesta cidade, como por non ter aquel límite máximo de 30 minutos, como por ter nesta ocasión a todos os compoñentes e así poder vernos a nós mesmos en versión completa. Así que deixemos aquela media hora de maratón coma un experimento fulero no que ademáis non nos axudaron demasiado desde a mesa.. ehem.. nós sabemos do que falamos...

A cousa foi interesante, o escenario do Castro é grande e polo menos collimos todos sen apretujarnos. Tamén convencemos a Dana e Raquel para que foran de blanco :P, mentres que nós ibamos de oscuro, penso que lle deu finalmente un toque máis "pagano", máis vendo as fotos XD Pensamos nun momento en levar faldas, pero ó ser sólo dous os que as teñen... ademáis de que pode que sendo o primeiro concerto fose algo arriscado... ó final pasamos.

Así que empezamos coa nova intro, un tema moi galego, que penso que quedou ben ainda que o deixáramos na metade. Tal vez para a seguinte ocasión se faiga enteira.
Arriba a cousa empezou mal para mín, porque logo desa intro foiseme o pedal ó pisalo (outra vez os dichosos pedales jajaj) e fixen de chiquito durante 5 segundos intentando volvelo poñer ben e nun acorde que non era XD Ahí xa dixen: "empezamos bien... " XDD

Logo a cousa foi salindo pero houbo moitísimos fallos individuales. O curioso é que o público pareceulle gustar e non se percataron demasiado deles, polo que me comentaron. Tamén supoño que ó ser temas que oían por primeira vez, non sabían exactamente se fallabamos ou non. Parece que se fixaron máis nos fallos de sonido, xa que Dana non se oeu durante un rato, tamén Marcos parece ser que cantaba algo alto, algo lle pasou ó micro do violín, que o técnico subeu e estivo metido no medio noso un rato, Marcos rompeu outra corda!!! vaia gafe o que levamos con eso XD Menos mal que desta vez levamos unha guitarra de reposto, vendo o que pasara da anterior vez...

O técnico amañando cousas polo escenario... como eu non vía nada cos pelos diante, atopeimo nos pés e case dou un salto para atrás do susto XD

Cando acabamos o set de 6 temas propios que tocamos, a xente pedía outra, e o certo é que tíñamos unha máis gardada, pero decidimos que a cousa non estaba salindo todo o ben que podía ser, e mellor rematar ahí, xa que esa última que non tocamos non estaba tan preparada coma as outras e era arriscar moito poder acabar o que víamos de peor maneira. Aparte, eu polo menos estaba perdidísimo en canto a qué hora era, non sabía a qué hora empezáramos exactamente nin se eran cerca das 00:00 ou no (hora de acabar)... eso que polo menos a mín pasouseme rapidísimo.

Outro punto malo foi o aire que soplaba, a mín tapábame a cara a cada pouco porque me viña de lado e por veces fíxome perderme ó non ver o mástil ou enredarseme o pelo nas cordas.. en fin.. polo menos a cousa tirou para diante. As críticas foron positivas (ainda que sendo a maior parte amigos/familiares, non me fío moito). E incluso Txomi nos dedicou unhas palabras no seu foro:
http://solucionsextremas.mforos.com/2049704/10719568-2012-06-22-strangled-with-guts-mileth-en-castroconcertos/

Muy buena noche la de ayer con una asistencia bastante buena y un ambiente cojonudo.

Mileth dieron un muy buen concierto. Presentan una formación curiosa formada por voz femenina, voz masculina en gutural y coros, 2 guitarras, bajo, violín, teclado y bateria. El estilo está cojonudo ya que mezclan folk de raiz gallega con un metal CELTA (para mi más ke vikingo) con partes melodicas y oscuras aderezados muy bien por la armonia que les brinda el violín el teclado y el contraste de las voces femenina y masculina gutural.

Llegaron bastante bien al público que estuvo muy espectante y metido en el concierto. A pesar de ser una banda novel, apunta a ser una banda con mucho que decir ya que tienen temas muy guapos.

Espero verlos más veces.

Desde aquí agradézcolle a él (e Strangled With Guts) que compartiran escenario nesta primeira experiencia "real" de Mileth, e tamén as súas palabras, que desde logo nos animaron despois de que estiveramos un par de días un pouco pensativos de máis con fallos que considerabamos moi básicos.

As reaccións do público (que por certo, nunca me imaxinaría que houbera tanto... andarían a simple vista entre 80 ou 100??) foron, como dixen, en principio boas, e o abanico de parecidos e comparacións que nos comentaron foi amplio. Desde alguén que falou de Skyclad, unha rapaza que nos veu no maratón dixo algo de Turisas e Korpiklaani.. ata o amigo Victor Cores que me sorprendeu cun contundente: "estivo ben, ainda que non facedes nada novo; esto xa o fixo The Sins of Thy Beloved e Dismal Euphony". Desde logo unhas comparacións que na vida esperaría XD sobre todo porque os nosos riffs son moito máis "pagan" que os deses grupos e salvo un tema, somos un pouco máis rápidos ca eles, creo eu. De todos xeitos, estas comparacións tan diferentes véxoas como algo positivo. Supoño que significa que facemos algo difícil de identificar e eso véxoo bon.

Así que... estivemos unhas horas de baixón, pensando que case fora peor que o do maratón, pero logo de ver estes comentarios positivos, pois animounos bastante, e agora incluso pensamos que pode que tampouco fora tan mal coma nós o vimos desde arriba. Eso sí... medo lles teño ós videos... XD