Páginas

viernes, abril 13, 2012

Interrogantes de Metal - Black VS Death?

Nova sección, na que lanzarei preguntas ó aire sobre este estilo de música que nos fai mover o pescozo ata ter contracturas e deixar a voz e capacidade auditiva concerto tras concerto XD Non pretendo que ninguén as conteste -ainda que se vos atrevedes, ahí tedes a posibilidade de facer un comentario, a pesar de que desde que apareceu facebook, a xente xa sólo se interesa no que se postea ahí ¬¬... por algo o fun deixando de lado últimamente XD-, sólamente deixalas nalgún espacio de internet, para que as futuras xeracións vexan que alguén noutra era xa se planteou este tipo de desconcertantes cuestións.
A primeira desta lista vai ser:
01 - ¿Porqué, gustándolles un xénero de Metal Extremo, as tías prefiren o Black Metal ó Death Metal?
Estíveno pensando, e, realmente a maioría de amigas que gustan do Metal Extremo... pero cerca do 100%!!, se me van pola rama Black (Melódico, Primitivo, Gótico, Sinfónico, Pagano... calquera deles) antes que polo Death, tamén en calquera forma. Non sei se tamén vos pasa o mesmo.. pero é curioso XD