Páginas

domingo, abril 01, 2012

Diario dun viking - XIII: paganos directos

...e chegou o día. Parece que xa está todo disposto para que Mileth probe sorte encima dun escenario, e a fecha será o 14 de Abril, no lugar habitual de ensaio dos últimos meses: Vigosónico.
Hai certa confusión acerca da hora, pero pensamos que será tirando á tarde-noite. Este pequeno lío é debido a que se tratará do II Maratón de grupos de Vigosónico, logo de que o primeiro fose xusto este fin de semana, e como haberá 8 grupos, ainda non se sabe moi ben cál será a orde.
Teremos media hora, na que tocaremos 4 temas: a primeira creación Ith, a máis "single" Cuarta Pregaria Na Lúa Morta, a larga de case dez minutos ...E Na Novena Onda Caeron os Deuses, e a máis que complicada para un servidor, pero eficaz e arabigalaica Esperta! Letárxica e Erma Fraga.
Será emocionante tocar en frente de público, pero hai unha presión añadida que será a de que nos grabarán o audio, e incluso creo que hai unha cámara fixa. Non sei, pero para o primeiro concerto paréceme moito jajaj sólo espero que non salga moi mal a cousa, senón decímoslle ós técnicos que graben ós seguintes por encima do noso XD
A nivel personal, non me imaxinaba que un día subiría a un escenario finalmente, en principio porque sempre pensei que nos levaría moito tempo reclutar a xente, e si algún día faríamos algo sería coma Xerión, con prácticamente todo pregrabado XD Así que vai ser todo un reto, sendo un total autodidacta da guitarra tentar facelo ben, sobre todo cando fai un par de anos non podía controlar os nervios con sólo un par de personas mirando para mín :D Agora vai bastante mellor, pero todo se verá unha vez arriba dun escenario.
A nivel de grupo, e ainda que me estou ganando o estatus de "agonías", penso que realmente nos fai falta un chisco máis de práctica, sobre todo porque últimamente non damos un ensaio no que esteñamos todos. Aparte, houbo moitos cambios de líneas en teclados e violín nos últimos días, un instrumento especialmente complicado xa de por sí. Se a esto añadimos que na semana santa non faremos ensaio... sólo nos queda o día antes dese miniconcerto. En fin... a ver qué sale...
Ademáis parece que xa empezamos a ter algunha fecha para o verán, a expensas de que a todos nos veña ben, esa é a parte negativa de ser tantos, sempre hai alguén que ten traballo ou cousas que facer. Pero creo que era o 22 de Junio (ou Julio? xa o confirmarei) nos Castroconcertos. Ademáis estase xestando a segunda edición do Amaro Open Air, en Cabral e tamén no verán, Agosto, Quizáis Setembro, no que aparte de Mileth, Herexía daríamos o primeiro concerto.
As cousas van marchando :D


Despídome ata despois de Semana Santa!