Páginas

jueves, abril 19, 2012

Novas de Gigatrón!

Cando pensaba que xa se desfixeran, volven cunha nova esperanzadora.. un videoclip?

¡Horda de Ñus! ¡Es la hora de apoyar el regreso de los Dioses del Metal!

Acude a la llamada del Consejo de la Barbarie y forma parte de la Horda que aparecerá en el videoclip oficial de Gigatron: “Apocalipsis Molón”.

  • - Pásatelo dabuten con los colegas.
  • - Ponte a privar de buena mañana.
  • - Comparte chustas, chascarrillos y chupitos con tus ídolos.
  • - Siembra el terror.

¡Tendremos de todo!

  • - Catering de calimotxo, papas, gusanitos y fuagrás.
  • - Aerobic heavy
  • - Cacería de pijos
  • - Concurso de mugidos.
  • - Y si aguantas hasta el final llévate una invitación para una actuación brutal clandestina de Gigatron esa misma tarde ¡Solo para miembros de la Horda!

¡ATENCIÓN! DRESS CODE

  • - Los miembros de la Horda son heavys. Solo podrás salir en el video y acudir al concierto si eres un Hijo del Trueno. No importa tu rollo: Vikingo, yonqui, bárbaro, tártaro, valkiria, gótico, cólico, amazona, sádico, infernal, ultrazorra, primitivo, powerful, leather, cabronazo, aplastapijos, cowboy from hell, diosa, macarra, glam, hijo de Satán, gañán, mostrenco, gilisexy, hell angel, authentic…
  • - Queremos melenas, crines, chupas, cuernos, tetoishons, capas, cascos, porros, cascoporros, cachiporras, botarras, butifarras, guitarras, mejilions, mallas, cazallas, cuero, tralla, tachas, mostachos, bragueros, paquetones, huchas, ouijas, rajas, gaitas, flautas. ¡Ponte guap@ para tu audiencia con los Dioses!
  • - También se necesitan pijos para atormentar y masacrar. Eso sí, solo por esta vez, sin sangre y de buen rollo.

EL BOLO

  • - Las invitaciones al bolo son solo 150. Se reservaran por orden de llegada y se entregaran al final de la grabación, a las 14,30.
  • - El bolo será a las 19’30 a puerta cerrada en un local que se comunicará en las invitaciones. Solo los miembros de la Horda y los falsos pijos previamente ajusticiados podrán pasar. Sin excepciones. Si quieres entrar, hay que cazar pijos o ser atormentado como tal.

¡Ojo trones! El mapa que pone el facebook no vale. Ni caso. Os esperamos en:

LOCALIZACIÓN:

  • Tasca el Racó
  • C/ Bernat Descoll esquina C/ Bernardo Morales Sanmartin. 46026 Valencia Cerca de Carrera Malilla nº 50

¡Gracias trones! ¡Nenaaas! ¡Vallekas! ¡Esa peña! ¡Arriba esos puños! ¡Pillaje! ¡Saqueo! ¡Vicio!

¡El Apocalipsis es nuestra oportunidad para aberrar! ¡Os esperamos en el Infierno de Malilla!

Charly, Mike, Mazinger, Dave, Marx-Karl, Odin, Satán, Conan, Tarzan, Godzilla, King Kong, Chewbacca, Atila y Sansón.

Fuente

lunes, abril 16, 2012

Diario dun viking XIV: Mileth no Vigosónico


Bueno, aló foi, primeiro concerto na historia de Mileth, e tamén primeiro concerto para metade dos integrantes entre os que me inclúo. A sensación é agridulce, máis ben agria que dulce para ser sincero.
Empezarei pola parte positiva; subirse a un escenario por primeira vez non resultou tan traumático, foi unha experiencia nova e diferente, e de seguro enriquecedora para futuros concertos. Ademáis xuntamos a unha boa recua de xente, a pesar de tocar sólo media hora e nun lugar bastante afastado de Vigo, como é Valladares.
E sigo pola parte menos positiva, na cal podería explayarme XD; o primeiro, ter a baixa dun instrumento coma o baixo -valga a rebundancia- a absolutamente última hora (falleceulle un familiar) foi un golpe. Se este infortunio que tivo pasara 1 semana antes, probablemente non tocaríamos.
De todos xeitos, pensamos que era mellor tirar para diante e asistir. Para elo estivemos 2 horas e pico o día anterior probando sonido e ecualizando co home da paciencia e sabiduría infinita :D, Gustavo. Chegamos a pulir prácticamente todos os detalles para que tanto arriba coma abaixo se oíse o mellor posible. Foi exageradamente minucioso, nunca imos ter ese trato en futuros concertos e é algo que lle agradecemos moito a Gus.
Chegado o día, salimos de segundos, todo listo e con confianza de que o traballo do día anterior tería un bo resultado, alomenos en canto a sonido... logo nós xa nos podemos equivocar no noso, pero bueno, eso xa dependería de nós mesmos. O caso é que cando estamos nos momentos previos, Gustavo, tal vez pola confianza de xa ter todo atado anteriormente, vaise, e deixa a outro ó cargo. Este outro, que estivo por alí o día anterior vendo o que estabamos facendo e incluso axudando nalgunha cousa, tivo unha actitude durante o pre-concerto mentres probábamos bastante lamentable. Quero decir: "olvidouse" -eu diría "pasou"- de que xa o tíñamos todo preparado, e cando facemos unha proba para ver si estabamos equilibrados, resulta que salimos co sonido dos anteriores, ante o cal, houbo que volver a empezar a calibrar todo, e o home parecía incluso molesto con que lle dixéramos cousas. Por exemplo: Marcos díxolle "pódes baixarlle á guitarra e subirlle á miña voz?" por varias veces e o tío non fixo nin caso... foi un comportamento que non nos esperábamos; eu non oía a batería con propiedade, de feito sólo me oía a mín. Pensei que se correxiría co paso das cancións e incluso algunha vez me acheguei a Juanjo, pero non sei qué me daba decirlle algo ó técnico vendo cómo se puxo xa con Marcos. Tiña toda a cara de estar pensando: "a ver se empezan dunha puñetera vez estes cansinos". O peor é que todo o traballo do día anterior foi absolutamente en vano... comentarémosllo a Gustavo a próxima vez.
Así, se xa estábamos cos nervios normales, puxémonos algo peor. Pode que fruto deso e tamén de ser a primeira vez en público, Juanjo acelerara as mans e nos fixera tocar bastante máis rápido do normal (ainda que diga que no XD pero algo sí que o fixo). Eu noteino moito, non son un gran guitarrista, pero se o que levo ensaiando na casa, que para mín xa tende a complicado nalgunhas partes, mo aceleran, acábanseme atropellando os dedos. E con eso... máis estrés. Ah! e as luces nos ollos.. máis estrés XD acabei vendo colorines dunha vez que mirei ó frente XD
Para acabar de rematala, no segundo tema, unha canción na que as guitarras xogan doblándose moito, a Marcos rómpeselle unha corda, e deixa a guitarra de lado. Logo dese tema, absolutamente desangelado pola falta de baixo e guitarra rítmica, tivo que pedirlle unha guitarra a outro dos grupos que tocaban...
A medida que iba salindo todo, eu, a pesar de non salir nervioso, funme estresando un pouco por esto do sonido, de tocar máis rápido, de non salir á vez nun blastbeat, de gambazos... pero en fin, ahí son eu o máximo responsable XD
Ah! en canto a sonido, é que nin fóra se oeu ben! que xa é o colmo. Segundo estiveran posicionados oían cousas diferentes polo que nos dixeron un par de amigos. Na parte esquerda parece ser que a batería oíase máis, na dereita a miña guitarra oíase máis. O teclado non se oía (eu xa nin o percibía) salvo no último tema, xa me diredes o complicado que tén darlle co dedo para arriba ó boton de volumen de teclado desde a mesa. O violín por cachos tamén... en fin...
Supoño que estas cousas pasan a mares, pero fastidia moito ter todo finiquitado o día anterior para non usalo e acabar tirando para diante de forma cutreira con descontrol de volúmenes...
Por suposto, non vou decir que a culpa é toda do técnico "pasodevuestroculo", pero desde logo axudou a que falláramos moito máis e meter moitos máis gambazos por estresarnos a medida que ibamos tocando (alomenos a mín pasoume).
Eso sí, foi unha experiencia que tiñamos que pasar, e que seguramente pasaremos máis veces, supoño que todo curte, e eso está ben, pero a mín quedoume ganas de volver ó ruedo canto antes para a revancha.

Logo á noite tiramos de licor café para "celebrar", pero ningún de nós saleu contento do primeiro show.
Déixovos con algunhas fotos, e esperemos que o próximo vaia mellor.


Durante o tema no que se lle rompeu a corda:

E coa posterior guitarra prestada -para a seguinte ocasión seremos máis precavidos e levaremos outra :/ :



Máis fotos no facebook de Mileth

domingo, abril 15, 2012

Metal stereotypes

Gracias a Grilo do Demo, descubrín este post dun blog que á súa vez colleu "prestado" doutra páxina os seguintes debuxos de esterotipos do Metal. Fíxome a súa gracia, e á súa vez vin identificados a algúns amigos, a veces dunha forma tal calcada que case dá medo XD
http://lusoskav.deviantart.com/











viernes, abril 13, 2012

Interrogantes de Metal - Black VS Death?

Nova sección, na que lanzarei preguntas ó aire sobre este estilo de música que nos fai mover o pescozo ata ter contracturas e deixar a voz e capacidade auditiva concerto tras concerto XD Non pretendo que ninguén as conteste -ainda que se vos atrevedes, ahí tedes a posibilidade de facer un comentario, a pesar de que desde que apareceu facebook, a xente xa sólo se interesa no que se postea ahí ¬¬... por algo o fun deixando de lado últimamente XD-, sólamente deixalas nalgún espacio de internet, para que as futuras xeracións vexan que alguén noutra era xa se planteou este tipo de desconcertantes cuestións.
A primeira desta lista vai ser:
01 - ¿Porqué, gustándolles un xénero de Metal Extremo, as tías prefiren o Black Metal ó Death Metal?
Estíveno pensando, e, realmente a maioría de amigas que gustan do Metal Extremo... pero cerca do 100%!!, se me van pola rama Black (Melódico, Primitivo, Gótico, Sinfónico, Pagano... calquera deles) antes que polo Death, tamén en calquera forma. Non sei se tamén vos pasa o mesmo.. pero é curioso XD

jueves, abril 12, 2012

Cuando Larsy conoció a Hulky

Pois a noticia é que Hulk Hogan, o artista do Pressing Catch fixo audicións para entrar en Metallica durante os primeiros anos da banda, segundo afirmou o musculitos hai un tempo. Parece ser que antes de dedicarse ó teatro ese lle iba dando ó baixo no instituto e tocou nalgunhas bandas amateur, ata que oeu falar dunha nova banda que despuntaba e se decideu a probar para eles, resultando que Ulrich e Hetfield eran os jefillos daquel grupo.
Nunha reciente entrevista a Lars, o batera dixo que o sentía, pero que non se acordaba de nada, que podía ser que lle fallara a memoria, ou que Hulk fixera a proba co seu nome real que nin a súa familia xa se debe acordar.
Xa Trujillo pinta raro en Metallica, pero ter a un baixista musculado sería demasiado bizarro para Ulrich e Cia. XD


METALLICA drummer Lars Ulrich has shot down professional wrestling legend and reality TV star Hulk Hogan's recent claim that Lars once asked him if he wanted to join METALLICA as the band's bass player.

Speaking to The Sun in January, Hulk Hogan said, "I used to be a session musician before I was a wrestler. I played bass guitar. I was big pals with Lars Ulrich and he asked me if I wanted to play bass with METALLICA in their early days but it didn't work out."

During yesterday's (Tuesday, April 10) appearance on "The Howard Stern Show", Ulrich was asked if there was any truth to Hogan's claim that he almost joined METALLICA.

"You know what?! I'm blessed or cursed, depending on how you look at it, with having more or less a photographic memory for pretty much anything that I've been a part of," Lars replied. "That one, when that showed up two or three months ago, I was scratching my head over that one. Unless he went by… I don't know Hulk Hogan, I don't know enough about him… I'm not a huge wrestling [fan]… Unless he went by, like, his Christian name or something, and I don't know if anybody knows what his Christian name was — Dave Smith or something — if there was a whole thing that we had with him under a different name, but I certainly have no recollection of doing anything with quote Hulk Hogan endquote. That one, I was scratching my head on that one, too."

Hulk Hogan told the Chicago Tribune's "About Last Night" column in 2009 that he always wanted to make it big in music and even yearned to play bass in METALLICA at one point. The WWE Hall of Famer said, "When METALLICA was looking for a bass player, I called and never heard a word back from them . . . I would have quit wrestling in a heartbeat to be a bass player for METALLICA." Hogan added that he also tried to join another legendary act, revealing, "I was in England presenting an award with Jerry Hall, Mick Jagger's ex, and she told me THE ROLLING STONES were looking for a bass player. I sent her a ton of merchandise that she asked for and said 'Tell Mick I'm a great bass player.' I never heard a word back."

METALLICA changed bass players twice in their recording history: first in 1986 when Cliff Burton died and was replaced by Jason Newsted, then in 2001 when Newsted quit and Robert Trujillo took over two years later.

Hogan took up the bass when he was younger and played high schools and frat parties in various bands.

Fuente

Link

martes, abril 10, 2012

Microreviews Marzo'12 - III


Avven - Kastalija (2011)
Folk Metal
Myspace
Grata sorpresa vida desde Eslovenia a que traen estes Avven, que fan unha especie de Folk Metal bastante melódico pero con bo gusto. Cando vín a procedencia e que dispoñían de dúo vocal, pensei que sería o típico combo de bella-bestia facendo as típicas melodías eslavas, pero nada máis lonxe. Avven podería ser unha banda de Rock con trazas Heavies á que lle añadiron unhas líneas vocales cun deje folky europeo-eslavo e unha envoltura rica en matices de acordeón, frauta, coros e certo aire sinfónico, alegre ou melancólico segundo toque a ocasión. Por folk europeo-eslavo, diría que utilizan tanto influencias nórdicas, celtas, balcánicas coma eslavas, facendo un collage que realmente sona máis compacto do que un podería pensar nun principio. Na parte vocal, a principal é a masculina clara, pero queda acompañada prácticamente en tódolos temas por algunha feminina, coral, e incluso algún semi-growl.
Os temas son de corta duración, case sempre rondando os tres minutos e o disco óese dun tirón sen ningunha dificultade, con momentos realmente pegadizos e "facilóns", pero que de seguro engancharán a calquera que lle guste o Folk Metal.
Se tivera que comentar algo negativo sería algunha melodía vocal que parece un chisco similar entre algunha canción, pero nada grave. Logo tamén hai un par de cousas que me chamaron a atención, como é o comezo de "Tarak", moi similar a Aces High de Maiden ou o aire ruso ala Dschinghis Khan de "Ibo". Pero en fin, nimiedades.
Se queredes gastar nun disco de bon Folk Metal, deixade o novo de Korpiklaani e dádelle a Avven unha oportunidade. 8/10




Wolves in the Throne Room - Celestial Lineage (2011)
Atmospheric Black Metal
Official
Ben, aquí estamos co que en teoría foi o mellor lanzamento de Black Metal para moitos este pasado 2011. Eu recordaba telo oído pero sen chamarme especialmente a atención. Eso sí, deixeino apartado para darlle unha escoita máis profunda posteriormente, e eso suele englobar discos que eu considero interesantes a priori (o resto cheghan e vanse nun santiamén XD).
O caso é que estes norteamericanos conseguiron unha boa lexión de fans cos seus xa catro discos, e cun estilo que se puxo moi en boga por aqueles lares nos últimos anos e que a mín non me acaba de entrar. Sí, falo do Black Metal melancólico e shoegaeziano que xurdiu de bandas coma Agalloch, grupo por certo que está a anos luz da gran maioría que se inspiraron neles.
Con Celestial Lineage, WitTR non aportan nada novedoso ó asunto; é un disco que pretende evocar sentimentos profundos de melancolía, poesía onírica, beleza pagana, etc etc etc. O certo é que o conseguen en parte, ainda que a mín non me deixa de parecer, coma o resto que lles oín deles, que son unha versión máis dos seus compatriotas Agalloch, Drudkh ou In the Woods... (que tocaban esto xa hai máis de 15 anos e ninguén lles fixo puñetero caso).
Con esto non quero decir que WitTR o faigan mal, conseguen envolver ó oínte coas súas atmósferas, moitas veces reforzadas por algún teclado que toca notas largas por detrás, unhas guitarras cavernosas e un sonido con dose de suciedade blackera. O malo é que mirando máis aló desta atmósfera vemos -ou eu vexo- pouca chicha. Hai un par de riffs que me chaman a atención por tema, e logo todo está alargado dunha forma deliberada para causar "ambiente". Quizáis ahí é onde os fans encontren a "maxia" de WitTR, pero baixo o meu gusto, temas de 10 minutos dos que saques tres cambios de ritmo e o resto sexa "atmósfera" non me chega a convencer de todo.
Mellor ca outros Black-gaze USA, pero tampouco a maravilla que pintan. 6/10


Symphony X - Iconoclast (2011)
Progressive Metal
Myspace
Comezarei dicindo que coñezo a Symphony X desde aquel xa lonxano The Divine Wings of Tragedy, que tiña trazas progresivas, pero tamén moi neoclásicas. Co paso do tempo, Symphony X foron acollendo sonidos máis escuros, olvidando esa perspectiva máis "bonita" e clásica e adoptando riffs máis "duros", que ainda que sexa un sacrilexio para algúns amantes de Darrel XD, a mín por veces parecenme máis "Panterescos" que outra cousa XD Xa o eran en Paradise Lost, o seu anterior CD, e volveno a ser en Iconoclast, que realmente non difire en exceso compositivamente daquel.
Polo tanto, o que veño a comentar noutras palabras, é que temos o mesmo tipo de Prog-Power, agresivo e épico ó mesmo tempo, cun seguro coma é Russel Allen á voz e Romeo á guitarra, composicións de riffs e estructuras máis ou menos complicadas e gran producción.
Dito esto, Iconoclast déixase oír moi ben de primeiras, pero a mín acaboume saturando un pouco en posteriores escoitas, tanto polo tipo de riffs graves e entrecortados que parecen repetirse ó largo do disco e rememoran demasiado ó anterior Paradise Lost, coma polas líneas vocales de certas cancións, demasiado parecidas para o meu gusto.
Co cal, non poido decir exactamente algo puramente negativo sobre Iconoclast, todo sona moi ben, e coma sempre hai partes brillantes, e cancións tremendas coma "Heretic" -coa súa dosis de Darrel XD- ou a última "When All is Lost", probablemente a miña preferida, pero hai algo que me impide volver ó disco coma xa o fixera en V e Odyssey, probablemente sexa esa sensación de impredecibilidade e sorpresa.
Gustará ós fans. 7/10


West Wall - On My Shield (2011)
Death Metal
Myspace
Este é o meu primeiro contacto con West Wall, e non resultou unha mala primeira cita. O que ofrecen estes estadounidenses é un Death Metal con moita base Thrash e da vella escola de Metal extremo. Vín por ahí unha comparación con Bolt Thrower e non me parece un mal símil, xa que ambos teñen ese tipo de Metal agresivo, con guitarras ásperas, batería potente que segue medios tempos nos que os riffs, sen ser excesivamente técnicos transmiten unha gran épica guerrilleira e fan que non pares de abanear a cabeza corte tras corte con temas tan pegadizos coma "Bridgehead Narva", "The Hammer" ou a que abre "Dogs of War".
Eso sí, non nos atoparemos cunha gran variedade entre cancións, pero dalgún xeito, West Wall consegue que non apartemos o oído do disco desde o mesmo momento en que s lle dá ó play.
Ainda que algunha parte pode recordar a uns Amon Amarth máis crudos, penso que a referencia esencial de West Wall baséase na escola primixenia do Death-Thrash noventero tendo coma mentores ós mencionados Bolt Thrower, Asphyx, Grave ou Entombed.
War! 8/10


Shy - Shy (2011)
Symphonic AOR/Melodic Heavy Metal
Official
Pasaron seis anos desde que os veteranos Shy sacaron o último traballo, e a formación británica volve con forzas e cantante renovados. O anterior, Tony Mills parece que quixo que TNT fora o seu proxecto prioritario, e o novo que pillaron é un desconocido Lee Small que demostra de maneira sobrada que o seu fichaje non foi en vano.
Neste autotitulado temos o mellor AOR/Hard Rock, con temas traballadísimos, composicións moi melódicas pero con ese aire grandilocuente que lle otorga os arreglos orquestales e por veces boombásticos, grandes solos ben introducidos e un sonido espectacular que mezcla do clásico do Hard-AOR'80s coa modernidade. Precisamente nesa mezcla entre elementos modernos e ochenteros, épicos-BSO e tradicionales, de NWOBHM e AOR, é onde reside a orixinalidade que fai que Shy poidan sobresalir e sexan recoñecibles entre todo o resto de bandas de AOR que na maior parte dos casos seguen a pés juntillas o sonido de Treat, Journey, Ten...
E o dito, gran fichaje o de Lee Small, que directamente supón o pulo extra para considerar a este disco de Shy coma un dos mellores discos de Hard-AOR do 2011, senón o mellor.
Epic AOR. 9/10


Andromeda - Manifest Tyranny (2011)
Progressive Metal
Official
Facer Metal Progresivo suele ter un talón de Aquiles para moitas bandas, que é empezar a irse polos cerros de Úbeda do Prog, con tecnicismos, estructuras e solos de teclado e guitarra que hai que oír 10 veces para pillalos ben, olvidándose de que a veces o máis simple funciona mellor, e que ahí tamén é onde se pode enganchar co oínte. Ou eu véxoo así, pero desde logo non disfruto de discos que teño que oír moitas veces para tragarme 8 temas de 10 minutos cada un que case teño que estudiar para saber qué me vai vir. Neste campo, os suecos Andromeda, dos cales tiña bo recordo dalgún album anterior, máis ou menos defendéronse ben en Manifest Tyranny. E, ainda que as cancións teñen unha media de duración que ronda os 7 minutos, non caen en excesiva complicación nin en cousas coma solos que empatan a solos que empatan a solos. O álbum tanto tende ó Heavy Melódico coma ó AOR-Prog Rock, cuns teclados polivalentes que tanto tiran de vena setentera e "jamondera", coma electrónica e máis moderna ou incluso clásica. Penso que calquera que oia a Andromeda podería citar a Dream Theater coma influencia directa, pero penso que éstes se desmarcan o suficiente dos americanos, de feito diría que están entre Shadow Gallery e os primeiros Pain of Salvation, así que con esto xa case o digo todo.
Manifest Prog. 7/10


Fear of Domination - Create.Control.Exterminate. (2011)
Industrial Metal/Melodeath
Myspace
A escena finlandesa de Metal Industrial é grande e bastante característica. Hai uns anos, o único que conocía de fusión Metal-Electrónica do país nórdico era And Oceans... e Diablerie pero foi no último lustro cando explorei máis ese terreno e encontreime sorprendentemente cunha escena relativamente amplia con respecto a este estilo. Tal vez a raíz do éxito mundial de Rammstein e o relativo éxito de bandas que tiraban hacia algo máis extremo coma The Kovenant nos seus inicios, moitos en Finlandia se animaron a seguir os pasos das dúas bandas mencionadas durante esta primeira década do novo milenio, cousa que penso que foi a máis coa derivación a terrenos modernos-electrónicos de bandas máis propias do Metal Extremo coma Soilwork ou Crematory tamén a principios dos 2000. Así, no país foron salindo bandas coma Turmion Kätilöt, Ruoska -os Rammstein finlandeses-, Scorngrain, 2 Times Terror, The Wicked (o proxecto fallido dos "moonsorrows" Henri Sorvalli e Marko Tarvonen)... ou estes Fear of Domination, que debutaron no 2009 cun álbum bastante decente e que agora traen o segundo.
Pois ben, a pesar de que Call of Schizophrenia era un debut máis ca digno polo que recordo, Fear of Domination parece que o deron todo nel, porque con este novo metéronse nun bon bache. E non é que a nivel técnico ou de producción a cousa sexa mala, o que decepciona sobre todo é a ausencia de momentos-melodías-riffs-explosións que chamen a atención. Todo parece tan sobado e tan falto de inspiración que non importa que lle dera máis de 5 intentos a este CD. Sígueme sin entrar nin un mísero tema, a pesar de que o estilo tampouco o variaran en demasía. Pode que o que máis me chamara a atención fora unha certa transición do Black Metal que deixaban asomar de vez en cando hacia o Melodeath industrializado. Algo así sucede coa voz, que sona a veces coma unha mezcla entre Fridén e Laiho... por desgracia nas últimas etapas de ambos. No resto, hai unha atmósfera decadente e envolvente continua regada por samples e teclados modernos, algunha voz feminina, e unha batería moi sintetizada. Unha pena que as cancións sexan tan olvidables, porque a combinación en principio era cando menos, interesante, coma o fora o seu disco debut.
Recalling other good Schizophrenia times. 3/10


Manigance - Récidive (2011)
Prog-Power
Myspace
Francia é un baluarte estes últimos anos en canto ó Metal, sobre todo en estilos máis extremos, pero pouco coñecín deles en terrenos máis clásicos coma o Heavy ou Power, e xa en Progresivo... buff... Ellipsis, Adagio e non se me ocorren máis.
Cando vín este disco, o nome de Manigance sonabame moito, pero non son consciente de telos oído antes. E do que me sonaba non era de nada bon; toda aquela recua de bandas de principios do 2000 facendo Power, vidos principalmente de Italia, Alemania e España, e dos que poucos sobreviviron. Así que a primeira impresión non foi exactamente a mellor.
Cando mirei a discografía no Archives, parece que non iba moi desencamiñado, o único no que fallei foi na procedencia, porque sí que sacaron o primeiro disco nos primeiros anos da última década e así foron a lanzamento cada par de anos ata que no 2006 se tomaron "un descanso". Cuestión ésta, penso que bastante habitual nas bandas de Power nacidas a finales dos 90. No caso de Manigance, parece que o quixeron volver a intentar de novo no 2011, e así sacan Récidive, un disco de Prog-Power europeo bastante clásico e íntegramente cantado en francés. O disco ten bon sonido, algunhas boas cancións e un cantance polivalente, pero está cheo de clichés e sorprende bastante pouco, a mín recordoume a unha versión franchute de Firewind. Este é o típico disco que se xunta cos centos salidos no estilo durante os últimos 10 anos e queda no montón que, sen ser realmente malos, aportan pouco e son pouco diferenciables.
Reiterativo. 5/10


Falconer - Armod (2011)
Viking-Folk Power Metal
Myspace
Falconer era unha banda que daba prácticamente por perdida cando a mediados dos 2000 sacaran un par de discos que non me gustaran nadiña. Foi co anterior Among Beggars and Thieves cando me reconciliei con eles e tiven boa predisposición para acoller este Armod.
Se hai algo positivo que se poida decir de Falconer é que posúen un estilo absolutamente propio de facer esta especie de Power-Heavy con influencias folk, para as que non precisan de introducir prácticamente instrumentos tradicionales -salvo algunha guitarra acústica e violín- para recrealo; estes suecos realmente consiguen contaxiar un sentimento folk, pagano e vikingo, básicamente con instrumentos eléctricos. O feito de que en Armod se apegaran moito máis que en pasados traballos á súa lingua nai tamén xoga a favor de imprimirlle o feeling de folk nórdico, que se vé sobradamente reflexado tanto nas líneas vocales, con ese deje melancólico brillantemente interpretado por Mathias Blad, coma nos punteos e riffs, máis inspirados ca nunca e que rememoran por veces gloriosos tempos vikingos de Mithotyn e outras se deixan levar por terrenos folkies e pseudoprog.
Armod é un album que non se cerra nun estilo, e que penso que pode gustar tanto a fans do Power-Heavy Metal coma a fans de Folk Metal e coma a xente de gusto máis extremo ainda que a voz limpia sexa a única presente. Como sexa, penso que é indiscutible que Falconer é unha banda con identidade propia, cousa hoxe en día difícil de atopar, e Armod un dos seus mellores lanzamentos.
PD: Ollo a ese comezo de "Gliftefrid"!!
Falconer, a banda que desafía toda clasificación. 8/10


Mournful Congregation - The Book of Kings (2011)
Funeral Doom Metal
Myspace
Despois de sacar o recopilatorio The Unskpoken Hymns, os australianos (país por certo do que últimamente non paran de saír bandas) Mournful Congregation lanzan The Book of Kings, un disco composto de catro largos temas no que profundizan sobre un lento e agonizante Doom Metal cargado de atmósfera depresiva. Cunha producción brillante, estes doomers basan a súa música en lánguidos punteos e riffs que se cruzan con guitarras profundas e numerosos momentos "meditativos" de guitarras acústicas. De feito, o terceiro tema "The Bitter Veils of Solemnity", de doce minutos, está tocado únicamente con guitarras en limpio e suxerentes voces susurrantes que se entrelazan coa impresionante atmósfera que recrea. No resto dos temas, o que domina é unha profunda voz gutural máis típica do estilo, coma na que sigue a esa terceira e cerra o compacto, un auténtico himno do Funeral Doom oscuro e granítico de media hora que dá nome ó disco.
O Funeral Doom nunca foi un estilo que me chamara especialmente a atención, sobre todo no referente a escoitar música de estudio (a primeira vez que escoitei Funeral Doom en directo foi con Skepticism e gustoume moito a pesar de que non tiña grandes expectativas), pero hei de recoñecer que Mournful Congregation souperon sacarlle partido a unha gran producción, creando un disco de música profundamente atmosférica, pesada, melancólica, cruda, e sobre todo cohesionada, con tempos a veces extremadamente lentos para mín, pero que cumple.
Música para certos momentos. 7/10

domingo, abril 01, 2012

Diario dun viking - XIII: paganos directos

...e chegou o día. Parece que xa está todo disposto para que Mileth probe sorte encima dun escenario, e a fecha será o 14 de Abril, no lugar habitual de ensaio dos últimos meses: Vigosónico.
Hai certa confusión acerca da hora, pero pensamos que será tirando á tarde-noite. Este pequeno lío é debido a que se tratará do II Maratón de grupos de Vigosónico, logo de que o primeiro fose xusto este fin de semana, e como haberá 8 grupos, ainda non se sabe moi ben cál será a orde.
Teremos media hora, na que tocaremos 4 temas: a primeira creación Ith, a máis "single" Cuarta Pregaria Na Lúa Morta, a larga de case dez minutos ...E Na Novena Onda Caeron os Deuses, e a máis que complicada para un servidor, pero eficaz e arabigalaica Esperta! Letárxica e Erma Fraga.
Será emocionante tocar en frente de público, pero hai unha presión añadida que será a de que nos grabarán o audio, e incluso creo que hai unha cámara fixa. Non sei, pero para o primeiro concerto paréceme moito jajaj sólo espero que non salga moi mal a cousa, senón decímoslle ós técnicos que graben ós seguintes por encima do noso XD
A nivel personal, non me imaxinaba que un día subiría a un escenario finalmente, en principio porque sempre pensei que nos levaría moito tempo reclutar a xente, e si algún día faríamos algo sería coma Xerión, con prácticamente todo pregrabado XD Así que vai ser todo un reto, sendo un total autodidacta da guitarra tentar facelo ben, sobre todo cando fai un par de anos non podía controlar os nervios con sólo un par de personas mirando para mín :D Agora vai bastante mellor, pero todo se verá unha vez arriba dun escenario.
A nivel de grupo, e ainda que me estou ganando o estatus de "agonías", penso que realmente nos fai falta un chisco máis de práctica, sobre todo porque últimamente non damos un ensaio no que esteñamos todos. Aparte, houbo moitos cambios de líneas en teclados e violín nos últimos días, un instrumento especialmente complicado xa de por sí. Se a esto añadimos que na semana santa non faremos ensaio... sólo nos queda o día antes dese miniconcerto. En fin... a ver qué sale...
Ademáis parece que xa empezamos a ter algunha fecha para o verán, a expensas de que a todos nos veña ben, esa é a parte negativa de ser tantos, sempre hai alguén que ten traballo ou cousas que facer. Pero creo que era o 22 de Junio (ou Julio? xa o confirmarei) nos Castroconcertos. Ademáis estase xestando a segunda edición do Amaro Open Air, en Cabral e tamén no verán, Agosto, Quizáis Setembro, no que aparte de Mileth, Herexía daríamos o primeiro concerto.
As cousas van marchando :D


Despídome ata despois de Semana Santa!