Páginas

viernes, diciembre 23, 2011

Microreviews Decembro'11 - III


M.ILL.ION - Sane And Insanity (2011)
Hard Rock
Myspace
M.ILL.ION é unha banda sueca creada en 1989 polo baixista Lanely BJ, que estivo de xira con Magnum , Nazaret , Michael Schenker Group e Waysted entre outros.
Sane And Insanity é o seu séptimo disco e reflexa unha mistura entre o Hard Rock, AOR e o Metal melódico con base setenta e oitentera. O sonido é de primeira e a música, ainda que moi mallado xa este estilo, non está nada mal. Penso que contentará a todos os fans de Magnum ou Gotthard, grupos que especialmente me viñeron á cabeza oíndo este disco. Tal vez o punto malo é que non me enganchou tanto coma as dúas bandas mencionadas, pero penso que M.ILL.ION ten calidade e é recomendable para os amantes do Hard'n Heavy.
Por certo, a canción do video desde logo non é a mellor para mín, non entendo esta elección como single, pero.. en fin..
Para amantes do Rock clásico. 6/10



Lycanthropy - Instinct For Vengeance (2011)
Black Metal
Myspace
Lycanthropy, outro nome máis para non escoller se un se quere facer un grupo (agora heino decir sempre que me atope con mil na Metallum e que logo teño que mirar un a un para sacar a portada XD). Neste caso, éste é un grupo ruso de recente creación, ainda que con recursos, xa que tiran a disco por ano desde o 2008.
Na media hora que dura Instinct For Vengeance encontrámonos un Black Metal bastante típico e crudo. Riffs inspirados na escola escandinava dos noventa, con guiños ó Thrash e ó Death, que de vez en cando se volve máis presente cando o cantante comeza a facer guturales. Producción cruda e fría, con batería secuenciada que pasa o trámite e baixo pouco perceptible, onde o que mandan son os, por veces máis, por veces menos, inspirados riffs nas guitarras e a voz, que penso que peca de sonar demasiado por encima.
A verdade é que pasará desapercibido polo mundillo Black.
Sen instinto. 5/10


Malevolentia - Ex Oblivion (2011)
Symphonic Black Metal
Myspace
A escena francesa de Black Metal, ademáis de vasta, é amplia, coma o demostran Malevolentia, grupo que se atreve cun Black Metal sinfónico macabro e decadente. As comparacións máis recurrentes dentro do SymphoBlack, que sempre son Dimmu e Cradle, non serven exactamente neste caso, xa que diría que Malevolentia pódense emparentar máis rápido con Carach Angren ou unha versión máis relaxada e a medio tempo de Anorexia Nervosa.
As orquestacións usadas polos franceses empastan perfectamente sendo máis ou menos intensas e máis ou menos "BSO" segundo o momento, cousa que me "satisface", xa que vín a bastantes grupos que abusan dunha línea continua orquestal que á larga dun disco, se non se controla ben, pode causar cansancio no oínte. O sonido e as cancións superan a media e dán como resultado un bon álbum sen máis de Black nada pasteloso pero épico e con aires dramáticos, como a mín me ghusta.
Malevolent Blackers. 6/10


Novembers Doom - Aphotic (2011)
Death-Doom Metal
Myspace
Éste xa é o octavo disco de Novembers Doom, que polas críticas que vín lendo, ten tanto detractores coma fans que se atreven a comparalo co que foi o disco que lles abreu máis portas, The Pale Haunt Departure. Ben, primeiro hei de decir que eu tamén os coñecín con aquela obra de arte do Death-Doom, pero bueno, gardo un bastante mellor recordo que o que me deixou este Aphotic, sen tampouco ser un álbum malo, unha cousa non quita a outra.
En Aphotic, os americanos pretenden indagar noutros terrenos que anteriormente tocaban de refilón, e pode que fora ésto o que os antigos fans lles recriminen no caso de que non lles gustara. Dentro do Death-Doom que viñan practicando, e sen perder o seu particular sello, hai novas incorporacións que non me atrevería a chamar de vanguardistas, pero que sí os acercan a un campo introspectivo diferente. A maior proba delo é a canción "What Could Have Been", un tema íntegramente acústico no que únicamente teremos a voz invitada de Anneke Van Giersbergen (a ex-The Gathering) coa voz limpia de Kuhr acompañada de violín e guitarra. Unha balada en toda regla, con certo toque Opethiano. Polo demáis, tamén temos a participación de Dan Swanö, aparte de masterizando e mezclando, cantando nunha das mellores do disco, "Of Age and Origin", que está dividida en dous. Logo temos outras destacables coma "Harvest Scythe" e "The Dark Host" -tamén cun cambio de ritmo 100% Opeth-, onde nos encontraremos cos Novembers Doom habituales, misturando brutalidade e melancolía a partes iguales.
Polo que diría que Novembers Doom abren as miras tímidamente, veremos en qué dá esta evolución, eu sólo espero que non se acaben convertindo nunha versión Doom dos de Akerfeldt.
As portas abríronse.
7/10


Thy Catafalque - Rengeteg (2011)
Avantgarde Metal
Myspace
Mimadriña o que se sacou da manga o señor Tamás Kátai, único membro de Thy Catafalque. Tiña oído falar da banda, pero nunca me coincideu de oíla ata fai uns días... parece que merecerá a pena botarlle un ollo ó resto da súa discografía se está á altura deste Rengeteg.
A música que sae da mente de Kátai está lonxe dunha clasificación concreta, e esto pode botar por terra as esperanzas daqueles seguidores do Black metal máis ortodoxo e o Black-Folk sombrío que en principio desprende Rengeteg. E é que este álbum ten moito máis que ofrecer, moita experimentación indefinible e suficiente variedade de tema a tema. Por exemplo, podémonos atopar partes máis "trues" mezcladas con elementos electrónicos, coma ocorre en Vashegyék, temas extraños e vanguardistas coma "Kel Keleti Szél", que me recordou ós tolos lituanos de Pergale, con aqueles organillos pouco comunes nesta música, logo en "Trilobita" sorpréndenos unha melodía que podería ter salido do Tales From a Thousand Lakes mezclada con outra do Folk nórdico, hai aparte experimentos electrónicos-ambient en "Ko koppam" ou "Holdkamp" ou estribillos imposibles de sacar da cabeza coma o de "Kék Ingem Lobogó"... e para colmo o disco acaba cun trallazo de viking-black imposible de esperar coma "Minden Test Fq" logo dos anteriores temas.
Rengeteg é un album feito sen complexos e sen medo, no que sen duda a heteroxeneidade reina dentro dun mar de Black-Folk Metal avangardista ben hilado e pegadizo coma non vira.
Para os que non teman os experimentos. 10/10


Forefather - Last of the Line (2011)
Viking Metal
Myspace
Facer un álbum moi bon a veces é un lastre, porque é moi difícil de superar e no momento das comparacións o novo material acaba perdendo. Esto é máis ou menos o que pasa co novo de Forefather, que collín con ilusión pero con excepticismo.
Ilusión, porque son un grupazo, que sacaron un dos mellores discos de Viking Metal da historia no 2009, e importame un pimiento que utilicen unha "drum-machine" ou que os seus primeiros discos non teñan un sonido "Finnvox", "Fredman", "Abyss" ou "Slaughterhouse"... algo que suele preocupar a moitos fans -especialmente españoles- (cada vez que recordo esto, recordo a anécdota de Valhalla grabando nos Finnvox XD, realmente crían que melloraría considerablemente a súa música e ventas? XD).
Excepticismo porque o single sacado despois do Steadfast, chamado Summer's Flame era máis ca nada, mediocre.
Levo xa 4 oídas ó disco, e a miña sensación é a de que Forefather puideron dar máis de sí, como primeira conclusión, e como segunda, que na tónica xeral, ralentizaron un pouco o ritmo, tal vez para imprimirlle un pouco máis de épica? Non sei, simplemente, a sensación é de que "está ben", e, en certa maneira queda coma un baixón desde "Steadfast".
En canto a estilo, é prácticamente o mesmo: viking metal de temática histórica anglosaxona (ainda que esto implique contradicción, non? porque eles falaban de batallas contra os vikingos... non sei, supoño que a marca "viking" xa inflúe directamente neste tipo de Metal a pesar da temática). Forefather tamén utilizan de maneira totalmente secundaria algún teclado, e alternan entre a voz clara e os rasgados, mantendo toda a forza os riffs de influencia folky-heavy-black, vamos nada sorprendente respecto á historia da banda. Neste caso o que xa non ten o mesmo "carisma" son as cancións en sí mesmas, que non son malas, pero o dúo de irmáns xa me tiñan acostumbrado a temas épicos que me rebotaban na cabeza ó rematar o disco.
PD: tema 5: "Up High" // minuto 0:40 = melodía clavada a unha da canción "Mitolóxica errante - ...e na novena ola caeron os deuses" de Mileth...
Non é un mal album, pero esperaba -incluso- algo máis. 6/10


Guilthee - Homunculus Paradoxon (2011)
Experimental Thrash Metal
Myspace
Tiven moitos problemas á hora de barrenar un estilo que se axustara á música de Guilthee..., finalmente decanteime polo Thrash Experimental, pero é que nin sequera agora mesmo estou convencido delo. Guilthee propoñen unha mezcla de xéneros bastante inusual, no que parten dunha base de Thrash a medio tempo, ó que lle inclúen numerosos momentos "ambientales" e psicodélicos, momentos de tranquilidade que se vén asaltados bruscamente por tralla e que rompen os esquemas do oínte. Se a esto añadimos 4 voces, unha feminina clara bordeando o operístico moitas veces, que tamén fai growls, e unha masculina que alterna da mesma maneira clean-growl... obtemos un disco imposible de clasificar, que tanto te pode levar a momentos de calma atmosférica e psicodelia ata o Death-Thrash.
Penso que realmente merece a pena darlle unha escoita polo inaudito da mezcla, ainda que a mín non conseguiran inmiscuírme totalmente na música de Homunculus Paradoxon, e eso que prometía moito nun principio.
Rompendo estilos. 6/10


Draugr - De Ferro Italico (2011)
Symphonic Viking Metal
Myspace
Aglutinando un montón de grupos, desde Turisas, Moonsorrow, Finntroll, Stormlord e ata algo de Bal Sagoth -por favor, "Roma Ferro Ignique" é un compendio deles ou é orixinal de Draugr?-, pero sobre todo Blackguard! grupo que tamén copian neses agudos blackeros ala Dani Filth que resultan a veces moi cansinos, estes italianos sacan o seu segundo disco chamado De Ferro Italico.
O certo é que, a pesar de ter unha gran producción, gracias ó eterno Mika Jussila e ós Finnvox, este disco non consigueu chamarme a atención o suficiente. É verificable que hai un equilibrio sonoro meditadamente conseguido entre instrumentos folk e metálicos, tamén que as cancións, en xeneral manteñen un interés e cambios de ritmo ben levados, e ademáis entre elas son máis ou menos diferenciables. Na cuestión técnica, Draugr sale do paso con nota, pero a sensación de ter oído "este extracto daquí" e "este dacolá", fíxome pensar que a veces Draugr está entre un collage de grupos conocidos na escena Pagan-Folk da última década e unha versión evolucionada no sentido Folk dos Profugus Mortis, hoxe en día Blackguard.
É algo difícil de decir por qué, pero, sen apuntar directamente a algo malo, únicamente que sonan a outras cousas, ¿ pero cántos hai hoxe en día que o fan?, non me chegou a decir demasiado.
Eso sí, preferiría un grupo que non se gastara o diñeiral que costará grabar onde o fixeron, e que resultaran algo máis innovadores.
Merluzo! Pagano!* 6/10

*Oír "Legio Linteata", 5:54.


Goatmoon - Varjot (2011)
Pagan-Black Metal
Myspace
Goatmoon é un proxecto "one-man-band" dun finlandés que leva sacado un bo número de demos, EPs e discos desde hai unha década.
En Varjot, logo dunha envolvente intro, adentrámonos nun Black Metal de sonido sucio e crudo, cunha distorsión guitarrera bastante acentuada, pero que nos deixa o espacio xusto para degustar o resto da música de Goatmoon, no que os guiños ó Pagan Metal son continuos, de vez en cando con algún instrumento folky ou coros asomando por detrás e dándolle ese aire máis ou menos pagano dependendo da canción. O ritmo imprimido por "BlackGoat Gravedesecrator", o melodioso nome do jefe de Goatmoon, é esencialmente o medio tempo, no que a repetición de riffs podería supoñer un contra se non fose porque están perfectamente equilibrados coa duración de temas e disco.
A mín resultoume de agrado, Varjot escoitase bastante ben, e, ainda que o sonido tira hacia o "truísmo", penso que está en perfecta consonancia co que Goatmoon pretende.
Se a esto lle añadimos uns cantos riffs que se quedan, moi no estilo dos mencionados nesta Microreview, Forefather, non hai máis que falar, bon disco desde Finlandia.
Pagan crudo pero comible. 8/10


Azarath - Blasphemers' Maledictions (2011)
Blackened Death Metal
Myspace
Azarath é a banda paralela de Inferno, o gran batería de Behemoth, grupo co que garda unha resemblanza, ainda que mínima, porque Blasphemers' Maledictions é un álbum moito máis directo e menos técnico que os últimos de Nergal. Este disco rezuma odio e brutalidade, desta vez dunha forma máis rápida do que é habitual en Behemoth, polo que Inferno se emplea a fondo prácticamente en tódalas cancións con blastings e pedales a ritmo de locomotora.
No apartado guitarrístico, a maior parte dos riffs tenden ó Death con incorporacións máis Black e incluso Thrash que poden recordar a Marduk, Belphegor ou ós mesmos Behemoth.
Polo demáis, vocalista de voz rasgada que por veces parece querer meter guturales, temática satánica, e un sonido moi profesional.
Agora, na parte negativa, teño que decir que, a pesar de sonar potente e agresivo de sobra, Azarath non consigueu sorprenderme, tódalas veces que oín o disco, acabeino ignorando na metade-final inconscientemente mentres facía outras cousas. Houbérame gustado algo máis personal e menos lineal.
Sin innovación e predicible, pero indudablemente machacante. 6/10