Páginas

lunes, noviembre 21, 2011

Microreviews Novembro'11 - IV


Astral Doors - Jerusalem (2011)
Heavy Metal
Myspace
Os eternos adoradores de Dio están de volta, e sen moitas novidades, a decir verdade. Logo dun álbum tan mediocre coma o seu anterior Requiem of Time, os suecos lanzaron un "best of", e non poido decir que me esperara moito deste novo, dedicado parece que a cruzadas e batallas entre moros e cristianos, ainda que polo medio metan un tema que se chame "Child of Rock'n Roll" (cousa que me fixo a súa gracia, é coma se fás un disco conceptual sobre o Valhalla e polo medio metes unha canción que se chama "Pure Fucking Black Metal" XD).
Musicalmente non dice nada que non dixera xa o desaparecido Dio, Ozzy Osbourne ou Saxon nos 80, por decir 3, ainda que a voz de Nils Johansson é tal calcada á do fallecido Ronnie que durante todo o álbum é difícil pensar noutra banda. Ademáis, pode que o máis importante é que por moito que se inspiren nesas bandas ochenteras contando coa producción do século XXI, hai algo que lle falla a Astral Doors. Fáltalles alma e dar no punto para que os temas enganchen, e tanto Requiem of Time coma Jerusalem carecen delo, por moi ben que sone e moi bos músicos que sexan. A mín non me dixo nada.
Diors, Astral Diors. 3/10

O mellor do disco, o video, que podería estar no meu apartado de grandes perfectamente XD e que ten moito que ver con batallas de cruzados e tal XD



RoutaSielu - Pimeys (2011)
Melodic Death/Suomi Metal
Official
A verdade é que é difícil sonar máis Suomi que do que o fan estes rapaces de Lahti, en Finlandia, comandados polo imparable Tuomas Saukkonen, mente de Before the Dawn, Black Sun Aeon, Dawn of Solace, e agora tamén RoutaSielu, cantando e tocando os baixos.
Neste disco debut os fineses aglutinan todo o sentimento do Metal propio da nación, empezando polos medios tempos de guitarras potentes, pero con melodía e tirando a melancólicos, de grupos coma o de Timo Rautiainen ou Kotitellosuus, utilizando riffs máis thrashers-death coma os de Stamina ou Mokoma, un aire místico en certas cancións que pode recordar a Ajattara ou Amorphis, e cómo non, reminiscencias á parte menos Doom e máis directa das bandas de Saukkonen.
Por suposto, o sonido é moi bon, coma todo o que trata este home, e, en xeral, non está mal, ainda que penso que tendo tantos proxectos, podería diferencialos algo máis entre sí.
A cabeza non para. 7/10


Satyros - Riven (2011)
Melodic Black Metal - Progressive Death
Myspace
Satyros é unha banda alemana que saca este ano o seu segundo LP, facendo un Black Metal para nada ó uso, xa que incorpora elementos progresivos procedentes do Death/Melodeath e Thrash. Desde logo non me esperaba algo así cando lín a etiqueta de "Melodic Black Metal" baixo o seu nome e o corpse paint nos membros; esperábame algo do estilo de Old Mans' Child ou incluso algo de Pagan-Black, pero nada máis lonxe. Por eso tamén lle añadín á descripción a etiqueta de Prog-Death, penso que neste Riven. A influencia de bandas coma Edge of Sanity ou os Death de Chuck Schuldiner é palpable.
Esta mezcla extraña deses clásicos co Black Metal melódico e noventero de bandas coma Rotting Christ e con algo de Melodeath melancólico finés... pois non teño consciencia agora mesmo de tela oído antes, ainda que os grupos son de sobra coñecidos e imitados.
Polo resto, temos estructuras máis complexas do normal nos grupos Black, batería que tende por momentos ó Progresivo, algúns teclados sinfónicos e moito lead guitar. Para un servidor, o álbum gana enteiros a medida que transcurre, tendo como punto álxido o final, con 2 grandes temas coma "Lost In Grey" e "Moments of Mine". Tal vez o talón de Aquiles desta obra sexa a calidade do sonido, xa que a mín recordoume a algo de Thrash/Death progresivo de principios dos 90. Sona como falto de forza, cunha mezcla mediocre, e é unha pena, porque o potencial está latente.
Se un día os colle Swäno, líase! 7/10

Link
Subliritum - A Touch of Death (2011)
Melodic Black Metal
Myspace
Coma se dun irmán xemelgo de Keep of Kalessin se tratase, os noruegos Subliritum lanzan o seu segundo disco no que prácticamente calcan o estilo da banda. Non en vano entre os seus fundadores contaban co cantante -agora xa fóra da banda- e o batería de KoK, pero, aparte deso, tanto o sonido coma os propios riffs, a cabalo entre o Black, o Thrash e o Death técnico poderían estar perfectamente compostos para a banda citada. De feito, desde os primeiros acordes de "No Tomorrow" tiven que mirar un par de veces o reproductor para asegurarme de que non estaba poñendo o Reptilian.
Pode que Subliritum intentaran diferenciarse un pouco dos seus compatriotas metendo algunha voz clara e contados teclados, pero acaba sendo algo mínimo no cómputo global. Diría que se vos gustan Keep of Kalessin, lle dérades unha escoita, os tíos non se desenvolven mal no que fan... se non, pasade olímpicamente.
Para mín xa existe un grupo que fai exactamente o mesmo e faino mellor.
Attack of the KoKlones. 4/10


Titans Eve - The Divine Equal (2011)
Thrash Metal
Myspace
Ainda que encontrei no Metal Archives que ésta banda canadiense lanzou The Divine Equal no 2010, éste álbum estaba na miña lista do 2011. De feito hai outras páxinas que afirman que a fecha de lanzamento é o 1 de Febreiro do 2011... Como sexa, éste é o debut destes rapaces, que se atreven cun Thrash-Heavy de boa factura, cun bo sonido e boas performances, ainda que lles falta un chisco para acabar de explotar.
De paso que estaba mirando a páxina da Metallum de Titans Eve, dinlle unha ollada á critica que hai colgada e estou en bastante desacordo co escrito ahí. O que a firma, afirma (avalga a rebundancia XD) que as principales influencias que atopa son as de Sepultura ou Slayer e incluso un rastro de Hardcore (?). Éste tamén me valía para unha "crítica a críticos" XD... porque eu non emparento demasiado eses nomes con Titans Eve, que me parecen moitísimo máis cercanos a Susperia, incluída a forma de cantar do vocalista, con esa voz clara pero co toque "sucio" de Athera. Pode que tamén collan cousas de Megadeth e algo do Power Metal americano, pero están lonxe das influencias descritas polo señor que escribeu na Metallum...
Non é un mal debut. 6/10

Link
Martyr - Circle of 8 (2011)
Thrash-Power Metal
Myspace
Os para mín descoñecidos ata hoxe Martyr son outro dos grupos que viven unha segunda xuventude logo de 20 anos no ostracismo. E non se pode decir que o tempo ou as modas pasaran por eles, porque o sonido deste novo Circle of 8 segue a estela ochentera do Power Metal americano de onde bandas coma Metal Church, Vicious Rumors ou os recentemente comentados Tokyo Blade deixaran o listón alto. Incluso o sonido peca de ochenterismo, cunha mezcla que podería ter sido mellor, penso eu.
As cancións manteñen un listón sen moitos altibaixos, con riffs decentes que andan entre o Thrash ochentero e o Groove noventero, pero que adolecen de chispa suficiente como para que se queden na mente logo dunhas escoitas. Tal vez os fans das bandas mencionadas e o Power americano o acepten de mellor grado do que eu o acollín.
Sensación parecida á do retorno de Tokyo Blade. 5/10



LinkSorrowfield - Heritage of Fire (2011)
Heavy-Rock/Gothic Metal
Myspace
Non coñecía a estes alemanes, que sacan xa o seu terceiro disco no que podemos observar unha máis que clara influencia de Poisonblack (ou a parte máis rockeira de Sentenced), sobre todo polas melodías melancólicas e as líneas vocales. Neste apartado, o cantante pareceume unha curiosa mezcla entre o tono de Ville Laihiala e a teatralidade de Bunburi.
Musicalmente, Sorrowfield son máis heteroxéneos que Poisonblack, introducindo elementos de diferentes estilos ainda que mantendo unha línea moi rockeira de "obxetivo estribillo" coma o facían Sentenced, Entwine ou os traballos de principios do 2000 de Paradise Lost.
Foi un disco que pillei de primeiras bastante mal, tal vez porque me recordou moito a Poisonblack e ese grupo paréceme bastante malo, pero a medida que o fun oíndo, foi crecendo en mín, e de feito levo varias escoitas e vai a mellor.
Para amantes do Metal Melancólico finés. 7/10

Link

Enthring - The Grim Tales of the Elder (2011)
Symphonic Melodeath/Prog-Power
Myspace
O disco debut destes finlandeses empeza coma un ciclón en "I, the Exiled" facendo unha mezcla curiosa que me levou o seu tempo de asimilar para poñer unha descripción. No Metal Archives está escrito "Symphonic Death/Viking Metal", pero penso que pode levar a engaños. Voume argumentar:
Symphonic Death: sí, definitivamente hai teclados a modo de arreglos sinfónicos, pero están moito máis nunha onda de Symphonic Power Metal, penso eu. Se deixamos a parte musical sóla sen a voz, o que teríamos é unha especie de Symphony X, Pyramaze ou Beyond Twilight, cuns riffs de Prog-Power máis que de Death. Comparade Enthring con Septic Flesh e veredes que eso de "Death" non ten xeito.
Viking Metal: aquí supoño que quenes escribiron eso, se basarían nunha máis que palpable influencia dos últimos Ensiferum en Enthring, pero non vexo a parte folk ou "vikinga" na música. Igual tal melodía podeeería ser un chisco folk e aquela outra tamén... pero desde logo creo que un grupo de "viking metal" é outra cousa. O que non quita, como dixen que Enthring se noten coma fans de Ensiferum, especialmente pola voz e por certas partes rápidas, pero tamén diría que teñen o seu toque de xente coma Eternal Tears of Sorrow, Kalmah, Norther ou incluso Nightwish me veu á mente en "Rend Me Asunder".
Eso sí, acepto que a última instrumental "The Grim Tales of the Elder" tira moito ós Ensiferum máis dramáticos XD
Un bon debut unha vez máis desde Finlandia que se une ó de Brymir este ano. 7/10


LinkNight in Gales - Five Scars (2011)
Melodeath
Myspace
Xa os tiña case olvidados a estes germanos que debutaran por aló do 97 cun bon disco coma era Towards The Twilight, ou alomenos téñolle bon recordo, porque debe haber máis de 10 anos que non o oio. E digo que os tiña case olvidados porque éste é o regreso deles logo dunha década de silencio, cun par de discos a principios dos 2000 nos que parece ser que experimentaron fallidamente con outro tipo de sonidos.
Hei de admitir que non oín nin Nailwork nin Necrodynamic, pero tampouco creo que tiveran unha difusión excesiva, pode que debido a malas críticas, ou excesiva ida de olla que non pegaba co Melodeath sueco dos primeiros traballos e que os fans rexeitaron, cuestión que non me extraña, porque ese final dos 90 e principio dos 2000 foron uns anos nos que moitas bandas tentaron sacar cousas diferentes, moitas veces mal acollidas. A maior parte daquelas bandas volveron co tempo ás raíces, ou algo próximo a elas, como poden ser os casos de Moonspell, Paradise Lost, My Dying Bride... -o certo é que foi no mundillo do Doom-Gothic onde máis se deu que eu pense agora... igual Satyricon tamén con aquel Rebel Extravaganzza e Megiddo... Amorphis facendo os mediocres Tuonela, Am Universum e Far From The Sun... Septic Flesh co sorprendente daquela Revolution DNA (experimento exitoso para mín)... os comezos electrónicos de Samael...-.
Pero estoume indo moito de madre XD... a ver, ó que iba, Night In Gales volveron á época do que eu lles recordaba: Melodeath con partes moi heavies, moi influenciados pola escola sueca, con moito lead e melodías dobladas xunto cunha parte vocal desgarrada no estilo de At The Gates. Producción perfecta a cargo de Dan Swano e temas bastante decentes nos que destacaría o que dá título ó CD, a rápida "Endtrip" e ese final cunha canción lixeiramente diferente do resto coma a "emotiva" "Blackmouth Blues" (qué lle vou facer, si xa a que máis me gustaba do Thunderbeast era a versión acústica de "From Ebony Skies" XD, estes tíos terían que profundizar neso, que creo que se lles dá ben e o Melodeath tradicional xa está moi sobado).
Para fans de At The Gates e os In Flames noventeros. 7/10


Lance King - A Moment in Chiros (2011)
Melodic Heavy/Prog-Power Metal

Myspace
Lance King é o dueño de Nightmare Records, compañía discográfica americana especializada en grupos de Progresivo e Power. Con 20 anos de historia, lanzou discos de bandas coma Prototype, Halcyon Way, Anubis Gate, Katagory V, Pyramaze...
En numerosos discos apadriñados por Nightmare Records, Lance King formou parte da sección vocal, coma en Pyramaze, Shining Star ou Balance of Power. Dito esto, un non se pode esperar outra cousa que Power Progresivo no debut en solitario do vocalista. Pero é obvio que éste non é un debut calquera, pois a experiencia de Lance é vasta, non sólo detrás do micro, senón tamén en labores de producción, composición, masterización e ata no apartado de diseño artístico. Entón, A Moment in Chiros é calquera cousa menos un debut dun grupo rookie; posúe boa creación musical, un gran sonido e boa execución. De feito a primeira metade de álbum é do mellor que levo oído en canto a Power Metal este ano, con temas para nada pastelosos, con gancho, caña e boas líneas vocales. Pode que a partir da metade a euforia se poida diluír, porque a power ballad "Kibou" é un somnifero eficaz, que remonta o voo con dous temas medianos coma "Infinity Divine" e "Joy Everlasting" para acabar cunha sensación de que o disco fixo unha curva cóncava (sempre me liei coas curvas convexas e cóncavas XD) con "Sacred Systems" (vamos, que tirou pa baixo).
Penso que Lance foi consciente desto e deixou un gran tema para acabar o LP, "Transformation", e tamén penso que sería un disco mellor se se quitaran un par de cancións.
O que empeza ben mal acaba, pero a parte boa era o suficientemente boa. 6/10