Páginas

jueves, noviembre 17, 2011

Microreviews Novembro'11 - III


Metsatöll - Ulg (2011)
Folk-Pagan Metal
Myspace
Metsatöll, una de las bandas más conocidas a todos los niveles dentro y fuera de Estonia (y esto ya es raro en una banda de Pagan Metal) sacan nuevo disco, su segundo dentro de la finlandesa Spinefarm Records.
Hace un par de años celebraban su décimo aniversario con un doble CD/DVD con más de 5 horas de contenidos musicales, y lo redondeaban firmando un contrato con la compañía finlandesa Spinefarm para lanzar en 2010 Äio. Contrato que, junto a una gira europea con Ensiferum en 2009 les dió a conocer fuera de sus fronteras dentro del panorama Folk-Pagan europeo.

Ulg sigue los estándares formados y consolidados por Metsatöll durante los últimos años, siendo una perfecta continuación de su anterior Äio. El álbum fue grabado en los bosques del sur de Estonia, en donde pretendían sacar unas versiones demo de los temas de su próximo disco, pero finalmente se decidieron a sacar todo el material de vez, ayudados por Mikko Karmila y Keijo Koppel, grabando en ese mismo lugar y adelantando la previsión de la fecha de salida.

Nunca fuí muy seguidor de los trabajos de estudio de Metsatöll -en vivo siempre me parecieron mucho mejores, y ya van 5 veces que tuve la oportunidad-, pero creo que en éste se han perfeccionado a sí mismos encontrando equilibrio con un estilo propio y un ambiente que realmente te lleva a evadirte entre los sonidos folk de los intrumentos tradicionales confeccionados por el mismo Lauri "Varulven", las guitarras guerreras y pesadas, de riffs a veces imprevisibles, un bajo potente donde los haya, batería simple que nos sorprende de vez en cuando con ritmos extraños (véase el ejemplo de "Kahjakaldad") y los cánticos épicos, corales y por veces furiosos de Markus.
Por lo demás, letras en estoniano, que tratan sobre naturaleza, batallas épicas e historias antiguas del folklore nativo. La presentación está a cargo de Jüri Arrak, un reconocido y veterano artista estoniano que ya había trabajado con la banda en pasados LPs y cuyos trabajos empastan muy bien con la música del grupo.

Para mi gusto, Ulg arregla los defectos de su predecesor, siendo un álbum más compacto, más inspirado y que, sin variar prácticamente nada, consigue transmitir mejor el universo Metsatöll.

O seu mellor ata a fecha? 8/10


1. Agu / 02:17
2. Sõjasüda / 04:36
3. Küü / 04:07
4. Muhu õud / 03:50
5. Kivine Maa / 03:53
6. Rabakannel / 04:47
7. Isata / 02:14
8. Kahjakaldad / 04:49
9. Tormilind / 02:57
10. Ulg / 06:02
11. Eha / 04:02

Tiempo total - 43:34

Review para Pagan Dreams




Autumn - Cold Comfort (2011)
Atmospheric Rock-Gothic Metal
Myspace
Facía moito que non oía nada sobre esta banda holandesa de Gothic Metal a pesar de que me acabo de enterar que sacaron un disco no 2009. Parece ser que xa nese álbum, titulado Attitude, non estaba a que era a súa cantante de toda a vida, unha guapa rapaza chamada Nienke de Jong, que se foi por problemas de salú.
Nese disco pillaron a unha descoñecida vocalista, inexperta no mundo do metal, chamada Marjan Welman, que non ten mala voz, tal vez máis intimista e "indie" que a da súa predecesora. Alomenos eso é o que ensina neste novo disco titulado Cold Comfort, un traballo onde Autumn cambia completamente do estilo que eu lles tiña oído. Agora as guitarras non sonan tan profundas nin os arreglos son tan sinfónico-góticos. A música de Autumn transformouse nunha versión dos The Gathering post-Nightime Birds/Anathema post-Judgement con voz femenina, con numerosas reminiscencias ó Prog-Rock'70s, ó Soft Rock e música ambiental, e cunha cantante que pode estar máis cerca de Alannis Morissette que de Nienke.
O disco a mín resultoume bastante aburrido, pero pola mesma razón que os últimos de Anathema e The Gathering me resultan aburridos. Incluso pode que éste de Autumn esteña un peldaño máis abaixo que os citados, porque teñen cancións que realmente considero malas para o meu gusto personal.
Autumn non eran demasiado allá facendo Gothic Metal, pero facendo Soft Rock superáronse. 2/10


Firebird – Soul Warming Rage (2011)
Folk-Pagan Metal
Myspace
Primeiro álbum destes paganos rusos que perpetúan a especie do Folk-Pagan eslavo con teclados case omnipresentes, rasgados masculinos e unha rapaza que asoma coa mítica voz e línea vocal do xénero. Os temas son de corta duración, e pásanse relativamente rápido, con simpleza pero con escasa repercusión polos nosos oídos.
Non hai demasiadas ideas innovadoras, pero alomenos conseguen que nunhas cuantas cancións un servidor movese os pés ainda que fora lixeiramente. É certo que musicalmente non se diferencian moito doutros compatriotas coma Izmoroz, Butterfly Temple, Kalevala, Alkonost, Nevid... e moitos máis, e supoño que para os que non lles caiga en gracia este tipo de Metal Eslavo, Firebird serán obxecto a evitar, sobre todo pola pobre producción que salta á vista. Tal vez cun mellor sonido, cunhas guitarras máis potentes e con algo máis de imaxinación poderían facer algo máis interesante para o próximo álbum.
Sentíndo que sexa un disco debut, non me queda outra que decir: máis pagan-folk eslavo. 5/10


Scar Symmetry - The Unseen Empire (2011)
Melodeath - Power Metal
Myspace
Levo oíndo este disco desde hai moitos meses, case desde que saleu en Abril, e nunca me dín decidido a comentalo por aquí porque me crea moitas dudas. Por un lado temos que o dúo de novos vocalistas Lars e Roberth parece compaxinar mellor coa música de Scar Symmetry do que o fixeran no anterior Dark Matter Dimmensions, ainda que por veces cando Lars canta parece que esteñamos oíndo a unha versión elaborada de To/Die/For, coas implicacións que eso conleva. Quero decir, dependendo do momento, Scar Symmetry introduceu certos elementos dunha música moito máis ehm... comercial dirán algúns por ahí... outros "cursi"... eu diría Pop-Metal.
Coma en moitos casos, certas decisións e cambios sobre a forma de facer música dos grupos medianamente consagrados, provoca contradiccións e iras nos fans, e xa non digamos se éstes cambios se tornan para o lado máis "asequible" da "balanza comercial".
Non se pode negar que a esencia da banda segue ahí, e que hai componentes máis cercanos ó Melodeath e ó Metalcore progresivo (sí, dixen Metalcore) que os fan unha banda de Metal extremo, pero hai certos elementos máis melosos que chirrían ó oído, e tamén certa influencia do Metal "moderno" e "core" que pode asustar sobre o futuro da banda. Eu ainda non sei qué pensar, sólo espero que o próximo álbum non sexa coma o de Mercenary.
A incertidumbre da progresión. 6/10


Shub Niggurath - A Deadly Call from the Stars (2011)
Black Metal
Myspace
Facía moito que non oía falar dos mexicanos Shub Niggurath, auténtica banda de culto no Black Metal do seu país. Recordo que aquela revista que se volvera tan fulera chamada Black Light mos dera a coñecer nun dos seus sampler-CDs e recordo ter feito "recopilatorios dos recopilatorios" nos que aparecía unha das cancións de Shub Niggurath. Pouco máis lembro desta banda, que sacou o seu anterior e ata este ano único álbum no 97, chamado The Kinglike Celebration (Final Aeon on Earth).
E a verdade é que a música de Shub Niggurath no 2011 segue a estela xusto onde a deixou, porque A Deadly Call from the Stars sona totalmente a unha producción de Black Metal noventero con influencias Thrash-Heavy e Death, tanto pola forma de compoñer, con certa melodía e solos "heavies" pero sonando underground, coma polo sonido. A mín recordoume a outros grupos daquela época máis 90's coma Varathron, Masters' Hammer, Mystifier ou Deviser. Se vos gustaron/gustan eses grupos, dádelle unha oída ó novo destes mexicanos.
Volta ás raíces noventeras. 7/10


Lost in Thought - Opus Arise (2011)
Progressive Metal
Myspace
Este disco recordoume enormemente a cando descubrira o ano pasado a outro grupo procedente do Reino Unido facendo Progresivo e debutando cun pedazo álbum coma era Aquarius. Falo de Haken, un dos mellores descubrimentos dentro do xénero nos últimos anos.
Neste caso, Lost In Thought veñen desde Gales, e o seu debut pode ser difícilmente mellorable tamén. As reminiscencias á mellor época de Dream Theater con Images & Words (para un servidor é indiscutible) son obvias; oír este disco foi coma un déjà vu, foi coma volver á miña inocencia sobre o Metal Progresivo e me atopara con Images & Words, pero nunha segunda entrega que colle elementos da primeira parte, pero que para nada os repite. Líneas vocales con sentimento e moi ben enlazadas, cunha voz parecida á de LaBrie, pero sen chegar a ser tan pastelosa. Riffs e estructuras complicadas, pero dixeribles, nas que un nunca perde o obxectivo do tema entre desvaríos varios, ó igual que a sección rítmica e o baixo, que mantén unha línea simple dentro do que cabe, e que deixa todo o seu poder a disposición da canción e da emotividade. Polo resto, gran producción, e non queda máis que comentar. Recomendado.
Images & Words Pt. II, era 2011. 8/10


Black Sun - Dance Of Elders (2011)
Power Metal
Myspace
Black Sun son unha banda procedente de Ecuador que lanzan o seu segundo CD este ano facendo unha música fortemente influenciada polo Power Metal alemán na onda de Freedom Call, Edguy ou uns Gamma Ray/Helloween na súa faceta máis suave e hímnica. Pero a música de Black Sun dá a impresión de que nunca chega a arrancar, quédase coma se a Dance Of Elders lle faltara forza, tal cual os discos mediocres de Freedom Call.
O que está claro é que desde logo, o cantante non é o que falla, xa que se move nuns rexistros que, salvando as distancias, se queda a camiño entre un Geoff Tate e Sammet imitando a Kiske (ahí é nada!), polo que o principal fallo véxoo no aspecto compositivo, con melodías moi happy-ñoñas (véase "La pinta, la niña y la Santa María", que pode evocar a algún tipo de debuxo animado daqueles ochenteros do tipo de Los trotamúsicos, Osos Gummy ou David el Gnomo -algo do que adolecen certos grupos de Power e que moita xente acaba chamando Flower Power pola cursilería latente-). Ademáis contan cunha sección rítmica falta de recursos e forza, básica ata o extremo.
En canto ó sonido, pois non está nada mal, xa que está a cargo de Arne Lakenmacher (Sodom, Gamma Ray, Amon Amarth...), e grabado nos estudios de Hamburgo de Kai Hansen, polo que a profesionalidade está asegurada.
Os cartos poden comprar un bo sonido, pero non a creatividade ou a composición. 2/10


Srodek - Förfall (2011)
Black Metal
Myspace
Seguindo a moda de Black depresivo que se extende polo mundo adiante nos últimos anos, este grupo sueco aporta bastante pouco á escena. Riffs burzumescos e repetitivos, medio tempo persistente, voz rasposa trollera con algún que outro alarido, algunha guitarra acústica que asoma, e unha producción bastante mala, tal vez buscada aposta. A voz sona cun eco "retro" e as guitarras cunha distorsión cortante e fría, ainda que as melodías que persiguen son máis atmosféricas e melancólicas que "malignas". Srodek busca esa dualidade de beleza-crudeza con insistencia en Förfall, ademáis cun aire que tamén está de moda últimamente en grupos de Black Metal nacidos nos 2000; eso que deron en chamar "shoegaze" que tal vez é máis habitual en grupos de Post-Rock con alto grado melancolía onírica. Sexa como sexa, non acabou de convencerme. Pareceume excesivamente repetitivo, e un sonido tan cutreiro, dame igual que buscado adrede ou no, lastima os meus oídos.
Black depre que deixa depre, e que incita a oír outra cousa. 2/10


Chryst - PhantasmaChronica (2011)
Avantgarde Metal
Official
Chryst, antes chamados Korovakill, antes chamados Korova. Parece que logo de Waterhells, o único disco editado por Korovakill hai dez anos, Christof Niederwieser quixo volver á actualidade musical, desta vez cunha banda na que él se quedou como único membro e que rebautizou coma Chryst.
Recordo ter oído a Korovakill e Korova, pero moi vagamente, supoño que non me chamaron o suficiente a atención, senón poñeríaos no baúl da mente no que gardo con agarimos a todos aqueles desaparecidos que un día me sorprenderon, coma Golden Dawn, Phlebotomized, Grand Alchemist, Gardenian...
No primeiro disco do proxecto Chryst, Christof aúna todo un repertorio de influencias baixo unha única canción de 47 minutos nos que maioritariamente nos traslada unha sensación de Metal psicodélico que vai desde algo moi atmosférico e experimental ata o Thrash-Black pasando por momentos que certamente me recordaron a Devin Townsend. O que pasa é que Christof nin é Townsend, nin ten a súa voz nin habilidade compositiva, polo que o resultado final é curioso e interesante por tramos, pero non nun nivel de xenialidade coma a do canadiense, xa que pode dar a sensación de batiburrillo de moitas cousas con escaso orden.
Un álbum complicado, para certas audiencias, e que requerirá o seu tempo de deglución. 6/10


Morton - Come Read The Words Forbidden (2011)
Heavy-Power Metal
Myspace
Morton é o proxecto personal de Max Morton, un ucraniano que participou en varios proxectos de Metal melódico anteriormente. Nesta nova banda, o home atrévese con todo, desde a composición,voz e guitarra, pero apoiado por un grupo que se nota o suficientemente profesional como para facerse un hueco entre os grandes do Power europeo (deste ano alomenos). Porque Come Read The Words Forbidden é un disco que está por encima da media, mostrando un Power Metal bastante elaborado sen que se faiga excesivamente cansino nin pasteloso. Os riffs guitarreros teñen un certo compoñente Hard-AOR e Progresivo, pero mantéñense nunha línea bastante Heavy e contundente que por veces pode recordar a Nocturnal Rites, Mystic Prophecy ou Firewind; na voz, Morton demostra ser un gran cantante, pero, o máis importante para mín, é que se notan melodías vocales traballadas e que pegan ben. O resto de compoñentes cumplen dunha forma solvente, facendo deste CD un digno debut.
Non é o máis orixinal, pero non é malo. 6/10