Páginas

martes, octubre 25, 2011

Reunións e desunións

Vaia! un tempo que non me meto no mundo do metal e atópome con varias novas interesantes:

1. Running Wild vólvense a xuntar para sacar próximamente un disco... logo de... 2 anos!? nos que o Rolf se aproveitou a gusto para sacar material de despedida e encabezar un Wacken'09 no que se debeu sacar un bo pellizco. Penso que estaba máis ca visto que era por cousa de cartos, xa que os últimos álbumes da banda eran máis ca mediocres e estaban decaendo a pasos axigantados.
Hala! tour de "reunión", e algo máis para a saca.

2. Dismember sepáranse logo de 23 anos. Neste caso xa non me ule tanto a negocio, parece ser que varios membros decidiron formar outro grupo chamado Dagger de Heavy&Rock (?)

3. Battlelore teñen un descando "indefinido". Neste caso a banda non anuncia unha disolución, senón que se separan momentáneamente para volver nun futuro con novas forzas creativas. Non me extraña logo do petardo que é o último disco. Seguro que o caché lles baixou considerablemente nestes últimos anos, xa que logo dos 2 primeiros a cousa non é que fose hacia arriba precisamente.

4. E máis importante... José Andrea vaise de Mägo de Oz. ¿Tal vez se vaian indo o resto progresivamente ata deixar a Txusiño solo na batería? Será cuestión de tempo...
Un homenaje para este gran home, no o Andrea no, o Txusy XD cunha canción de Mägo de Oz...
ah no... do proxecto infantil do habilidoso batería... ¿a que hai unha abismal diferencia?