Páginas

lunes, octubre 03, 2011

Microrreviews Octubre'11 - I

Tómome un descanso duns días no blog, pero antes un pouco de rock'n roll ;D


Daedalus - Motherland (2011)
Progressive Metal
Myspace
Motherland é o terceiro disco dos italianos Daedalus, grupo ata o de agora desconocido para mín. O estilo co que nos obsequian tende a un Metal Progresivo con moita influencia do Rock Progresivo. Logo, aparte hai os seus matices de Jazz, Rock, música clásica... que enriquecen ó conxunto, facendo que o disco sexa o suficientemente heteroxéneo. A proposta é moi ambiciosa, e este tipo de grupos, teño visto que pecan de sonar forzados ó querer introducir diferentes elementos, pero Daedalus móvense bastante ben facendo esa mezcla entre Dream Theater, Rush e Marillion (por decir 3 que me viñeron á cabeza rápidamente). A pesar de ter case 1 hora de duración, Motherland óese bastante ben, e non hai duda sobre as habilidades artísticas de execución nin da producción, polo que en teoría, creo que a calquera do mundillo Prog-Rock-Metal lle podería gustar.
Como apunte, en Motherland, Daedalus contan con colaboracións de Roland Grapow (Helloween, Masterplan), Trevor (Sadist) e Elisa Montaldo (Il Tempio delle Clessidre).
Bon disco de Progresivo. 7/10




Valtyr - Verinen Saagat (2011)
Pagan-Viking Metal
-
Curioso, intentando atopar información sobre este disco na rede, encontreime cunha crítica do que considero blog irmán e no que colaboro esporádicamente, Pagan Dreams, na que RMS me quitou as palabras case literalmente; pouco máis se pode aportar que non dixera él; Valtyr é un grupo do que é difícil encontrar info, non sei se polo trvismo da banda (que me ule a one-man band) ou pola vagancia extrema, porque mira que é fácil poñer un "puesto" na rede con algo de info se tes un grupo. O único que souben é que é un proxecto italiano (ninguén o diría con ese título).
Pero máis vagancia é coller ó grupo que máis che guste e intentar exprimilo facendo tú unha música idéntica. A Valtyr válelle clonar a Falkenbach e listo. Nada de introducir algún detalle novo, influencia distinta nin leches. A producción non é coma a dos últimos de Falkenbach, pero pode cadrar perfectamente cos primeiros discos dos germanos. A mín este tipo de tributos poderíanme parecer ben cando a banda da que se trata está extinta e non vai volver a facer música (caso de Thulcandra), pero se ainda está activa, non ten sentido sacar un disco plaxiando o estilo.
Non creo que volva a oílo, posto que a creatividade na música para mín conta moito e abúrreme oír clones coma Valtyr, porque xa hai uns Falkenbach e fano mellor.
Falkenbach vol. 2: ahora en italiano. 2/10



ICS Vortex - Storm Seeker (2011)
LinkProg Black'n Roll / Dark Heavy Metal
Myspace
Estaba ansioso por ver qué podía facer o Ex-Dimmu Borgir, Ex-Borknagar e Ex-Arcturus agora que tiña o seu propio proxecto e a total liberdade de traballar para sí mesmo. Oíralle había tempo o tema The Blackmobile e era algo moi raro, un estilo inclasificable, pero tiña o seu gancho. Esa sensación de rareza continuome co seu disco debut, no que hai unha mezcolanza musical extrañísima pero que máis ou menos funciona coma un todo.
Na parte musical hai elementos do Black'n Roll, do Rock Progresivo setentero e ata de Brit-Rock (ou eso me pareceu a mín XD). Sempre me gustou que un grupo me diga cousas novas que non oíra antes, e é algo que non suele pasar habitualmente. ICS consigueuno, ademáis facendo cancións curiosas e novedosas, e en certo sentido atmosféricas e pegadizas.
Na parte negativa, encontro que ICS Vortex é o absoluto protagonista, todo parece xirar en torno a él e as súas psicodélicas e teatrales lineas vocales, que executa e executou sempre cunha personalidade abismal. E a mín encantábame, en todos os grupos que cantou, pero neste disco notei un excesivo liderazgo vocal. Tal vez algún cambio de rexistro de vez en cando, algún rasgado ou participación diferente teríalle dado ó álbum un tono distinto. Penso que tiña potencial para ser un disco ainda mellor, haberá que esperar ó seguinte.
Empacho de Vortex. 7/10


Logical Terror - Almost Human (2011)
Industrial Metal - Modern Thrash
Myspace
Non son un gran entendedor do Metal Industrial "moderno" do estilo de Mnemic ou Fear Factory, de feito controlo pouco o traballo destas bandas, porque tampouco é que me chamen moito a atención. Igual que tampouco me chaman a atención os italianos Logical Terror, que parecen clonar ós mencionados añadindo máis dosis de electrónica en certos momentos.
Logo, teñen un lixeiro aire a Linkin Park nalgún estribillo en limpio; nas guitarras e ritmos recordan a unha banda de Nu-Metal con algún que outro detalle máis técnico que podería emparentar con algo Post-Thrash en certas ocasións -vamos, tal cual Mnemic e Fear Factory-, e o cantante doblase entre o rango máis propio do semi-rasgado Thrash-Nu Metal e a voz limpia. Desde logo o mellor é a producción, impecable, pero o resto resulta plano e con pouco feeling.
Non o tipo de Metal Industrial que me gusta precisamente. 3/10


Portrait - Crimen Laesae Majestatis Divinae (2011)
Heavy Metal
Myspace
A cantidade de bandas surxidas de Suecia é digna de salientar, moitas delas cunha calidade que sobrepasa a media holgadamente, coma é o caso de Portrait. E como ven sendo habitual, desta vez o revival ochentero (xa dou por feito que se collo un grupo de Hard Rock ou Heavy Metal sueco vai ser inspirado nalgo daquela época XD) ven de maos de Mercyful Fate/King Diamond. Se Ghost pillaban do lado máis rockero, psicodélico e setentero de Mercyful Fate, Portrait vanse directos ó riff tras riff da época ochentera dos grupos de King Diamond; puro e elaborado Heavy Metal, de numerosos cambios de ritmo, voz aguda e sonido puramente 80's (cando na primeira canción deu un berrido, pensei que se trataba dun clon de Barón Rojo ochentero!). Non é que entusiasme a idea de que haxa un grupo que colla tanto da forma de facer doutro, pero éstes saben o que fan e qué caray! copiar a King Diamond e Andy LaRoque non é tan sinxelo coma copiar a Falkenbach coma fan Valtyr. De todos xeitos, tampouco debería falar de copia, porque os riffs son distintos e non hai cancións parecidas a outras xa feitas, senón que é un feeling global.
Para seguidores do "heavy metal de riff" do estilo de Mercyful Fate, Wolf, Hell, Metal Church,...
Fatal Portrait goes swedish. 8/10


Woods of Desolation - Torn Beyond Reason (2011)
Atmospheric Black Metal
Myspace
De verdade pensaba que este grupo levaba máis de 2 álbumes e que por algunha razón eran máis antigos, pero non, Torn Beyond Reason é o segundo dos australianos depresivos Woods Of Desolation.
A música deles tenta coller a parte máis melancólica e depresiva do Black con elementos Doom mezclada con elementos máis propios do Post-Rock, na onda de Agalloch, Les Discrets ou Alcest. Con teclados sinfónicos de fondo, partes de guitarra acústica, uns berridos desesperados e cunha sonoridade entre grandiosa e lúgubre, o novo de Woods of Desolation óese bastante ben de primeiras. O único que poido decir en contra é que moitas melodías me recordaron a outras cousas, nun principio supuxen que sería porque xa oín a uns cuantos grupos deste estilo e esas melodías largas e tristonas se me puideron repetir na miña cabeza, pero pouco despois dinme conta da asombrosa realidade que se me recreou na mente acerca de Woods of Desolation: estaba oíndo á música de Andrea Bocelli en plan Black Metal!!!
Seguramente pensedes que desta vez se me foi a pinza completamente (se xa estaba ida un pouco de antes), pero anímovos a oír esto, e logo esto, e despois decídesme. Buscade máis alá da música... o feeling que desprenden é o mesmo!!
Melancholic Symphonic Post-Black-Bocelli. 6/10

Link
Winterus - In Carbon Mysticism (2011)
Black Metal
Myspace
Eu sigo coa miña idea de que en USA, salvo Absu e algún outro máis, non saben facer Black Metal. Winterus é boa proba delo, un grupo que colle un pouco de influencia do Black nórdico europeao unido a pasaxes máis atmosféricos de guitarras acústicas e breaks que poden recordar a outros estadounidenses coma Agalloch. Esta influencia dalle un toque máis "pagano" ó álbum, pero o feeling de que as cancións están pouco traballadas e que hai algo que falla foime continuo. Ademáis, segundo a canción que se esteña reproducindo, hai mellor ou peor sonido!!! ¿¿Cómo sacaron eso así?? Parece que esteña grabado en diferentes épocas ou lugares segundo a canción XD
Hai partes que poderían ter potencial, pero sigo coa miña idea de que polas terras ó outro lado do océano moitos intentan copiar o Swedish Melodeath mezclándoo co Metalcore e sale esa cousa horrible, e intentan copiar o Black escandinavo dándolle o toque Post-Rock-Metal e fano ainda peor.
Un máis á lista de Blackers-USA para olvidar. 3/10


Legio Mortis - The Human Creation And The Devil's Contribution (2011)
Symphonic Black Metal
Myspace
Se hai tempo oía a cada dous por tres grupos belgas, ahora pásame cos alemanes... este azar... neste caso é o turno dos blackmetaleros e desconocidos ata hoxe para mín, Legio Mortis. The Human Creation And The Devil's Contribution é o seu cuarto traballo, e basta con darlle unha oída por encima para saber porqué non chegaron nunca a ser populares nos últimos 10 anos que levan facendo música; o que propoñen é un Black melódico bastante estándar, cun sonido mellorable e cunhas performances tamén mellorables salvo no caso do batería, que lle dá bastante ben, hai un continuo teclado "atmosférico" e "oscurillo" que lle dá un aire de Black sinfónico, ainda que esteña a un volumen inferior ó das guitarras... A orixinalidade é case que nula e a música é fácilmente olvidable, nada importa que esteña producido por Alex Krull, que Liv Kristine lles colabore nunha canción ou que versioneen mediocremente a Paradise Lost con Pity The Sadness.
Mediocre e (ab)usado melodic Black. 2/10


Leprous - Bilateral (2011)
Progressive Metal
Myspace
Hai xa un tempo que este grupo noruego me sorprendera gratamente con Tall Poppy Syndrome, e a cousa non desmellorou con Bilateral. Apadriñados por Ihsahn, que colabora no álbum e que se leva case ó grupo enteiro para tocar nos seu proxecto personal, estes nórdicos traballaron duro para sacarse da manga un puñetero discazo de Metal Progresivo orixinal (a pesar da incoherencia intrínseca da do que eu entendo por "progresivo", moitos grupos deste estilo pecan de ser bastante pouco creativos). Neste caso, teño a satisfacción e alegría de decir que non hai plaxio de Dream Theater nin Symphony X (alomenos non tan descaradamente coma a maioría de grupos progresivos que están salindo). Hai eso e moito máis; Rock, Pop, Jazz, Heavy, ProgRock-Metal, guiños ó Metal extremo, e o importante e máis complicado, todo está cohesionado, con cancións que se notan limadas ata o último detalle.
Superaronse.
Non teño moito máis que añadir, sólamente aconsellar a súa escoita e flipalo.
Bye bye Dream Theater, hello Leprous. 10/10


Modern Superstar - Under My Skin (2011)
Rock-Hard Rock
Myspace
Teño que idear outro sistema para buscar discos dentro das miñas microrreviews (por certo dinme conta logo de case un ano, que o levo escribindo mal XD sería con 2 "r", non? XDDD).
Digo esto, porque este grupo americano me recordou un montón a outro do que me rín a rabiar... sabía que me chocara en primeira instancia porque tiña un nome latino e eran suecos... espera! xa sei (levo 1 hora pensando en cómo se chamaban e veume ahora escribindo esto XD) Sanchez!!
Eu un día vou ir á fogueira por rirme do mal facer dos outros XD pero é que me supera, é coma as pelis bizarras que comento en Albor Bizarro XD
Discos coma os de Sanchez e Modern Superstar son tan inocentes e inconscientes que lles acabas collendo cariño. Tal vez Modern Superstar esteñan un paso por diante dos suecos, pero eso non lles quita o galón de clones chapuceros de toda a movida Hard Rock-Sleaze ochentera e hortera americana. Supoño que as influencias principales serán unha mezcla entre Poison e Guns'n Roses, pero púxenme a bucear nos meus recordos gracias ó Youtube e por un día vou poñer outros grupos diferentes dos míticos que sempre escribo, e que seguen na mesmiña onda que Modern Superstar (e probablemente sendo 20 anos máis antigos sonen mellor... bueno, algúns XD): Lionsheart, Bonfire, Eyes, Jailhouse, Cinderella, Vice, Vain, Badlands, Electric Angels, The Stage Dolls, Kiss... a lista de grupos que son case idénticos a Modern Superstar é infinita.
Seguramente pensaredes que falei pouco deste álbum, pero... realmente é necesario? Sólo añadir que encadenan 3 baladorrios seguidos a partir da segunda canción que case me deixan K.O.
Party Rock dos 80 hortera, pero un escalón máis abaixo da media. 2/10
PD:
She likes girls
She likes girls

She likes girls
She likes giiiiiiiyeeeuyeeeeeaah
...
and so do I

so do IIIIIII
so do IIIIIaaaaiaaia
so do IIIIIaaaaaaaaaaaaaaaaa

I give my heart to you

and you know just what to do
you took another men
you do it again
... e non lle entendo máis.. pero.. a mín chegoume ahí