Páginas

miércoles, septiembre 28, 2011

Microreviews Septembro'11 - IV


Chthonic - 高砂軍 / Takasago Army (2011)
Epic Melodic Black Metal
Myspace
É realmente raro que un grupo taiwanés fora fichado por unha compañía europea coma é a finesa Spinefarm, pero éstes viron o potencial dos traballos pasados dos asiáticos e foron correndo para adoptalos en Mirror of Retribution, un discazo onde Chthonic deixaba claro o seu bon facer no que algún que outro empezou a definir (bastante erróneamente) coma os "Cradle of Filth chinos". Tal vez a única similitude sexa a voz, pero polo resto, temos un Black-Death Metal moi melódico, de temática folklórica nacional, e onde hai pasaxes totalmente épicos e case que ambientales que acompañan uns riffs de Black-Melodeath de corte europeo que non son algo precisamente impresionante, pero que os transforman nalgo totalmente novo. Chthonic danlle unha volta de tuerca ó que conocemos normalmente coma Metal Extremo ó introducir melodías folk autóctonas feitas por instrumentos folk autóctonos e atmósferas bastante épicas sen sonar exactamente a BSO. Unha aposta orixinal e que calquera que guste do Black extremo creativo e con melodía debería de escoitar.
¿É mellor que Mirror of Retribution? Buff cuestión complicada, ambos son grandes discos, pero se vos gustou ese, en teoría disfrutaredes con éste.
Onde as etiquetas empezan a sobrar... 9/10



Khaos Aeon - Exitus (2011)
Black Metal
Myspace
Exitus é o primeiro álbum do dúo germano Khaos Aeon logo de 5 anos de existencia. O que plasman Khaos Aeon é desde logo un gusto evidente polo Black-Death nórdico de mediados dos 90, especialmente por uns xenios coma Dissection, ainda que Khaos Aeon leva ese estilo por uns derroteiros moito máis crudos e menos melódicos, o cal se agradece, porque cuns Thulcandra chegan. Ademáis de Dissection, penso que na súa xuventude, o dúo debeu de oír tamén bastante dos primeiros Hypocrisy, e, ainda que a súa música tampouco chega a ser tan épica coma ningún dos dous grupos, o disco que se curraron está ben e ten os seus momentos. Tal vez o único achacable sexa certa linealidade e que non haxa cancións coas que un rememore ó grupo posteriormente; máis ben o que se recorda é que aquela parte se parecía máis ou menos a ese ou aqueloutro.
Está ben mentres está sonando, logo, quédase un pouco no olvido, ainda así, haberá que seguirlles a pista por se desarrollan un sonido máis propio.
PS: A cover de Frozen demostra que realmente lles gusta o grupo de Nödtveidt XD
Tributo ó Black-Death sueco de entre o 92 e o 95. 6/10


Infinight - Like Puppets (2011)
Power Metal
Myspace
Outro grupo alemán, desta vez facendo Power Metal no estilo de Iced Earth ou Symphorce, e sobre todo, outro dos grupos que tamén hai tempo que viveu o seu momento glorioso coma é Brainstorm. Prácticamente todo me sonou ós seus compatriotas, desde a voz ata a forma de estructurar e compoñer, e o certo é que pode que Like Puppets esteña mellor que Memorial Roots e Downburst, ainda que non é cuestión difícil.
Cancións dunha media superior ós 6 minutos, bon sonido, bon cantante, e, en xeneral decente álbum de Heavy-Power que adolece duns excesivos 71 minutos ós que se lles debe quitar o xa clásico silencio de 8 minutos do último tema de 18 antes dalgo máis de música (neste caso totalmente innecesaria). Hai certa monotonía entre cancións, cousa que tamén deberon copiar de Symphorce ou Brainstorm, e sen estar mal, na miña segunda audición, prodúxome certo cansancio que fixo que non me dera ganas de poñelo outra vez.
Coma outro álbum de Brainstorm. 4/10


Somnolent - Renaissance Unrevealing (2011)
Progressive Doom-Ambient
Myspace
Pareceume moi raro cando fun a Metal-Archives a buscar a portada do álbum, que houbese tanta unanimidade con respecto ó primeiro disco de Somnolent. Todo o mundo os pon a parir, así que supoño que onde o río sona... de todos xeitos, eu fun buscar a portada deste segundo álbum para comentar as miñas vanales impresións sobre él, non o primeiro; álbum que en principio é diferente daquel debut no que parecía que os ucranianos facían Funeral Doom, xa que agora a cousa derivou nun Doom-Sludge con bastantes cambios, sobre todo na parte rítmica, e cuns riffs por veces atmosféricos e por outras bastante intrincados e caóticos. Éstes de vez en cando consiguen chamarte a atención, pero fano dunha maneira moi irregular, na que parece que as cancións non leven a ningún lado e na que este matiz provoca unha falta de interés gradual.
Hai momentos en Renaissance Unrevealing, pero non me atrevería a decir que éstes faigan que merezca a pena todo o álbum.
Cando as ideas están desenfocadas... 3/10


Pÿlon - Armoury Of God (2011)
Doom Metal
Myspace
Pÿlon é unha banda suiza de Doom cristiano con voz limpia da que nunca oíra falar, a pesar de que éste é o seu cuarto álbum e terceiro dunha triloxía que empezaron hai uns anos.
A música componse de riffs tortuosos, densos e lentos, cunha voz clara que recorda ós clásicos do Doom, empezando por Black Sabbath e acabando por Candlemass ou Lake of Tears (In From The Funeral Fields parece sacado do A Crimson Cosmos), pero se unha banda vén definitivamente á mente, eu diría que se trata de Count Raven, en calquera dos apartados musicales de Pÿlon. Pero, sempre mantendo unha distancia con estes refutados nomes, xa que Pÿlon fanse aburridos por ratos, e sobre todo faise un álbum larguísimo, o que deriva en máis aburrimento si cabe. O sonido non é o mellor tampouco, pero non o considero primordial... a hora e pico que dura faise realmente longa, e non é porque a mín me resulten pesados os grupos doom de melodías largas e decadentes. Tal vez tería sido un bon EP se escolleran as mellores cancións.
Aburre a Cristo. 2/10


Absu - Abzu (2011)
Occult Black Metal
Myspace
É extraño que logo dun album autotitulado en 2009, agora os míticos Absu nos veñan cun que se chama case igual ca eles XD pero bueno, cousas de ser oculista, perdón, ocultista.
Cando me puxen co novo dos xenios texanos, foi flipar e menearme na silla co primeiro temazo de Abzu, Earth Ripper; unha bomba sónica, e realmente algo difícil de superar para abrir un disco. Técnica, caña e uns peabzu rifacos impresionantes. Listón que se mantén cunha segunda na que o Black Metal con tintes speed heavy-thrash de Absu se entremezcla con partes de guitarra acústica moi efectivas. Todo apuntaba a que este era o disco do ano, a emoción era máxima, as campanas mesopotámicas, sumerias e cimerias resonaban con furia... pero cara o medio o ardor vaise disipando... Non é que esteña mal, Absu seguen sendo Absu, e a día de hoxe son das mellores e máis orixinales bandas americanas de Metal extremo que hai, e incluso se hai algún momento de flaqueza nun disco deles, probablemente sexa superior ó de moitas outras.
Ainda que Skrying in the Spirit Vision e Ontologically, It Became Time & Space, non son tan boas coma as 2 e incluso 3 primeiras (¿o listón desas será tan alto que me faiga pensar que son cancións que "non están mal"?), a atención tivena posta en qué será esa cousa de case 15 minutos que cerra o disco. E bueno, non estivo mal tampouco, é unha canción intensa e rápida, con numerosos cambios e cunha parte final de 4 minutos de guitarras acústicas que desembocan nun blastbeat bastante caótico.
Sólo 36 minutos con esa "outro" de 4 antoxouseme coma un cerre antes de tempo. Pero de todos xeitos, aquí hai calidade, e sólo por ese principio, que poucos grupos saben facer, mereceu a pena.
Ainda que sexa corto, é Absurdo non gustar de Absu. 8/10



Anthrax - Worship Music (2011)
Groove-Heavy-Thrash Metal
Myspace
Moito se falou da volta de Belladonna en detrimento dun Bush que deu a sensación de ser un pouco ninguneado nos últimos anos. E moito se falou deste disco que en teoría volvería a poñer a Anthrax nos pilares do Thrash Metal mundial, tal vez esa xira cos Big 4 influeu en que Scott Ian quixera meter algo máis do estilo de Anthrax cando Belladonna estaba na banda. Pero aqueles que pensaron que con Belladonna, Anthrax volverían sacar un Spreading The Disease ou Persistence of Time (último disco decente para mín deles) están un pouco equivocados. Anthrax, coa decadencia do Thrash durante os 90 e co empuxe das novas tendencias do Rock coma o Grunge e o Nu-Metal, levaban cunha pájara da que difícilmente saldrían, navegando por terras un pouco raras, pero eso non era cousa do cantante, senón da composición, coma neste Worship Music, no que alternan momentos puramente Thrashers con outros que os acercan máis ó Rock Moderno; e salvo algúns cortes, o disco pasa un pouco sen pena nin gloria, sobre todo na metade e final. A mín recordoume un pouco á historia de Annihilator, que tamén tivo unha pájara similar, facendo cancións irregulares nas que tanto te podías encontrar un riff tremendo (aih Jeff Waters, Jeff Waters) coma un estribillo de banda de Rock USA para quinceañeros.
En resumen, ten un moi bon comenzo, pero a cousa vaise diluíndo co transcurso do disco.
Irregular, pero superior ós últimos, para un bon disco de Thrash recente, mellor oír Ironbound. 6/10


Sarke - Oldarhian (2010)
Black'n Roll
Myspace
Sarke parece ser unha superbanda noruega liderada por Sarke, batería de diversas bandas do underground nórdico coma Khold, Tulus ou Old Man's Child, na que participa xente da talla de Nocturno Culto, Asgeir Mickelson, Cyrus ou Steinar Gundersen, todos eles coñecidos por ser ou teren sido membros de bandas tan refutadas coma Darkthrone, Borknagar, Susperia, Satyricon, ICS Vortex, Dimmu Borgir, Enslavement of Beauty, Vintersorg, etc.
Este tipo de supergrupos rara vez sacan material orixinal e rara vez funcionan ben, pero en Sarke apostaron por sacar algo "diferente", ainda que a fusión entre o Black Metal e o Rock-Punk está sendo moi utilizado por moitas bandas escandinavas. Neste caso, Sarke parece coma un paso máis aló, no que a música contén o sentimento frío do Black Metal pero acercando outro tipo de influencias, facendo variacións de tempo, desde momentos moi lentos ata outros máis cercanos ó Heavy-Punky de Motorhead, e incluíndo ocasionales teclados retro'70s ou incluso piano nunha canción.
Resultoume difícil de encasillar esta música, pero poderíamola emparentar cos últimos traballos de Lake of Tears, en especial o último, máis directo e rockero. A voz de Nocturno Culto tamén é cercana á de Lake of Tears aquí, podendo recordar a un antigo Johan Edlund a ratos.
Véxolle potencial, pero o certo é que non me acabou de enganchar, prefiro o Illwill; ademáis a linealidade vocal de Nocturno Culto ralla un pouco, a veces é coma un Lou Reed con carraspera XD
Rock-Black-Fussion? 5/10


Link
Dream Theater - A Dramatic Turn of Events (2011)
Progressive Metal
Myspace
Antes de poñerme co novo de Dream Theater, heime de mostrar antes coma fan deles de dous discos básicamente coma foron o Images & Words e o Metropolis Part II, así coma dunha maneira máis difusa do resto de discos ata o 2000 e dunha maneira bastante anecdótica durante toda a carreira dos estadounidenses durante o novo milenio. Non sei qué me pasou con esta banda, pero a partir do Metropolis II, as súas composicións como que deixaron de terme gracia, parecéronme máis do mesmo pero peor. Salvando certas cousas, coma un par de cancións do Systematic Chaos e algo do Train of Thought, o resto pasoume moi inadvertido, a verdade.
Recordo tamén o día que os vín en Oporto con Opeth, e despois de ver o peñazo tras peñazo que estaban tocando, rematando a faena cunha canción interminable sobre as torres gemelas, díxenme que nunca máis vería a ese grupo (e non tocaron ni una do I&W! sacrilexio total!! ).
Así que con estas vistas me dispuxen a escoitar o novo, logo de oír algún adianto por ahí que nin me acordo de qué canción era. Pode que fose a primeira "On the Backs of Angels" de feito, que oíndo o resto do disco resulta ser do máis potable que lles oín en anos finalmente, mantendo un espíritu moi na onda dos meus 2 favoritos, e gardando o nivel con "Build Me Up, Break Me Down". ¿Pode que fora o primeiro disco dos post-90 que me gustara de DT?
O camiño continúa cun pequeno baixón, no que xa empezamos co case autoplaxio e, como dín os americanos (e que me fixo moita gracia), empezamos coa "instrumental wankery", onde os teclados de Jordan Ruddess aparecen cada pouco aportando nada, hai cambios que non levan a ningures, e un James Labrie que se fai por veces extra-pasteloso (unido a líneas vocales máis ben sosas). O malo é que esta tendencia dura todo o resto dos temas ata o Breaking All Illussions, case ó final. Pero para chegar a él temos que aguantar máis de 40 minutos de tedio musical. Eso sí, moi ben tocado... quén duda a estas alturas das capacidades deles? Pero tocar moi ben non significa compoñer moi ben, e o disco resulta moi cansino nun, digamos 40% do tempo. Non creo que volva a oílo despois destas 4 sesións que lle dediquei para escribir esta tontería de review XD pero bueno, gustoume polo menos plasmar a miña opinión.
Os fans de DT estarán máis ilusionados ca min. 6/10


Arckanum - Helvítismyrkr (2011)
Black Metal
Myspace
A mítica one-man band procedente de Suecia e liderada por Shamaatae lanza o seu séptimo álbum desde que empezara por aló de principios dos 90.
Nunca fun un gran seguidor do que esta banda fixo a través dos anos, sólo recordo que había un vídeo oficial bastante ridículo por ahí circulando á altura dun de Trollech ou Immortal XD
O único, recordo ter oído o seu anterior álbum, que tiña un nome rarísimo e que non me parecera que estivera mal.
Neste Helvítismyrkr, Arckanum practica un Black Metal con dosis de melodía que por veces parece acercarse a un grupo típico de Black-Death sueco ou incluso Melodeath noventero (ese riff da primeira Helvitt recordoume un chisco a uns Amon Amarth pasados polo filtro Black sucio). E non é a única referencia ó largo do disco, Nifldreki podería ser unha canción dos AA nos seus comezos, co mesmo tipo de guitarras e melodías largas. Esperábame algo máis crudo e menos melódico, máis trve onda Darkthrone, pero a mín váleme o cambio, e, sen ser unha obra de arte, Helvítismyrkr óese bastante ben dun tirón. Posúe unha atmósfera constante pero ben lograda ó largo do CD, no que é difícil escoller unha canción, e a producción mantense nun balance curioso entre áspera e fría, pero melódica.
Entre Darkthrone e Amon Amarth antigos? 7/10