Páginas

viernes, septiembre 16, 2011

Microreviews Septiembre'11 - III


Opeth - Heritage (2011)
Prog-Rock
Myspace
Åkerfeldt says: "We don't care about the opinions of others, if the DM fans cannot handle this, that is their problem". Also, he became tired of extreme metal already in the 90s and says that he has wanted to make this kind of record ever since he was around 20 years old.

O novo disco de Opeth prometía ser diferente do que levaban feito, e de feito foi así. Ós que seguimos a Opeth desde hai anos, sen duda Heritage traeranos á mente aquel disco experimental e acústico chamado Damnation. Unha rareza para o que levaban facendo Opeth a principios do 2000 que non estaba exenta de calidade e emotividade. Neste novo a parte metálica e, xunto con ela, os growls, están totalmente fóra. Hai algunha que outra guitarra eléctrica, eso sí, pero para nada facendo riffs Death, senón que está máis cerca do Rock Progresivo e Jazz-Rock que outra cousa, é decir, é coma se fixeran un álbum no que afondaran nos extractos máis calmados e as partes máis Jazzies, funkies e progresivas de Watershed e Ghost Reveries. Adeus a calquera atisbo de agresividade, gutural e o Metal progresivo está case que contado. Para mín sen duda eso é malo, moi malo, porque Opeth perden a mezcla tan interesante entre sonoridade extrema e a melancólica atmosférica setentera, para dedicarse completamente a adentrarse no mundo Prog-Rock no que Pink Floyd, King Crimson, Yes, Cream, Jethro Tull ou incluso Beatles poden virse á mente.
Pero o realmente malo de Heritage non é que sexa excesivamente suave, Damnation érao, o malo de verdade é que por primeira vez en moito tempo Opeth non me dicen nada personalmente. O disco faise largo e, por suposto Mikael e a tropa tocan ben, pero a mín non me chegaron en absoluto as súas composicións aquí.
Mención aparte para unha das portadas máis ridículas do ano.
O peor disco de Opeth que saleu? Para mín sen duda, poido aceptar que esteña ben tocado e que incluso a alguén lle parezca un álbum decente -e non moito máis- de prog-rock ambiental, pero a mín non me gustou e supoño que se siguen este camiño direi adeus ó grupo poñendo o Ghost Reveries, Deliverance ou Still Life no reproductor, e contareilles coma último concerto o de Vagos deste 2011 (gran concerto, por certo, pero non quero ver outros Anathema a próxima vez). Así que, sen asustarme polos fans incondicionales dos suecos, e sendo coherente co meu pensamento sobre esta banda e este disco, non teño medo de botar por terra un dos -hoxe xa extintos- "pesos pesados" do Metal dos últimos 20 anos. Dedicado ó señor Åkerfeldt -que sempre lle gustou rirse moito dos demáis- e a tódolos fanáticos de Opeth que se están poñendo o álbum 10 veces seguidas por día ata que lles acabe gustando porque a cuberta leva o nome Opeth.
3
/10
Seica hai xente que se enfadou e todo co álbum éste XD



Dust And Bones - Rock And Roll Show (2011)
Hard Rock
Myspace
Outros adoradores máis do Hard-Party Rock ochentero, que conseguen exactamente a mesma sonoridade, coa mesma forma de compoñer, mesmos clichès, mesmos estribillos e mesmas letras que todos aqueles que saliran en masa ata colapsar o mercado do Hard Rock americano. Ofrecen o que prometen desde a primeira canción e non decepcionan. Aqueles que lles guste o Hard Rock do tipo de Aerosmith, Tesla, Danger Danger, Motley Crue, primeiros Bon Jovi, etc igual encontra algo que lle interese. Para o meu gusto, hai centos, miles,... houboos e haberáos, que toquen este mesmo álbum con pequenos matices diferenciales. Polo resto, non poido decir que esteña mal, pero a mín aburríronme moito. 2/10


Einherjer - Norrøn (2011)
Viking Metal
Myspace
No no no no no! qué está pasando que últimamente non escoito un disco decente? Pero bueno, o máis importante... a qué están xogando Einherjer? porque para sacar "esto" ben podían deixar a cousa como estaba. Xa cando uns amigos os viron este verán no Summer Breeze e parece ser que fixeran un concierto estático e aburrido, segundo eles, que quedaron bastante decepcionados, algo ulía mal coa volta dos noruegos que o deixaran por aló de 2003 cun discazo coma Blot. Despois de oír Norrøn, confírmanme a mín mesmo que na volta dos Einherjer hai algo que non funciona. Se en directo parece que esteñan desexando acabar desde que empezan e logo sacan unha colección de cancións que pouca honra lle fai ó nome do grupo, quédame claro que ahí houbo intereses non artísticos para que Einherjer retomaran o camiño 8 anos despois. Tal vez se leven uns diñeiros bonitos coas confirmacións en festivales e quixeran facer un novo tour para recaudar máis? Tal vez os proxectos que empezaran quedáranse en borrajas? Pode que ambas cousas...
Bueno, falando un pouco do disco, poido falar sen duda dun dos albumes menos inspirado dos noruegos. Algo obligado é darlle un vistazo a traballos anteriores, e ainda que todos son diferentes entre sí, mellores ou peores, tiñan un algo que os facía especiales e moi orixinales. Este novo tamén é diferente ós previos, pero nunha onda moito máis mediocre, que calquera grupo medio que fixera Viking Metal nas alturas do 2011 podería facer. As melodías, os riffs.. ah aqueles riffs viciantes do Blot... desapareceron completamente. O que nos encontramos agora é moito máis medio tempo lento, que nos pode recordar a uns Bathory ou Moonsorrow por cachos; hai certas melodías que logo das 3 ou 4 veces que oín o disco, pois non están mal, pero resultan do menos atrevido que fixeron e case que calquera que leve un tempo oíndo Pagan-Viking Metal podería emparentar con algo. Os solos parecen estar feitos nunha mañá de resaca, moitos riffs son unha versión mala do seu estilo, pero polo menos poderemos contentarnos con algún marca da casa que deixa un bon sabor de boca momentáneo, as estructuras non sorprenden coma o fixeron case que en cada un dos seus traballos pasados... ademáis para empezar encontrámonos unha canción de 12 minutos que é do máis vacía e insulsa, que fai temer polo resto.... realmente mal comezo. Einherjer convertéronse nun grupo de segunda división, e eso vindo duns tipos que fixeron álbumes épicos e orixinales é un baixón total. Tiñan razón, e dalgunha forma sabíano, cando pararon porque dixeran que non poderían mellorar o que fixeron en "Blot". Obxectivamente... cóstame poñerme nesa situación con Einherjer, pero obxectivamente, o álbum non é horrible, pero esperábame moito máis. 4/10
Link

Mike Tramp - Stand Your Ground (2011)
Hard Rock
Myspace
Levo un bon rato pensando antes de empezar a escribir esta microreview, oíndo por segunda vez o disco do ex-cantante de White Lion:
-"Mike Tramp... ¿a qué coñe se me parece este estilo con esta voz que xa oíra antes?... Def Leppard... sí tal vez un pouco, pero no... obviamente tamén un pouco de White Lion, xa que foi o cantante deles... podería ser algo de Hard Rock ochentero... pois sí, ten ese aire, pero este disco ten un punto moi, como dicen por ahí "radio-friendly", non hai case solos de guitarra antes da parte final e os riffs son bastante básicos... Bon Jovi ou Aerosmith? penso que me estou acercando.... tal vez un pouco máis comercialillo, si... e eso que con Aerosmith case dou no clavo... pero ehmm xa o teño! Summer of 69!! Brian Adams con pelo longo e con guitarras distorsionadas que se distinguían.. ah! cómo perdeu cos anos e tanta baladurria...
... que me perdo! Pois eso, este álbum de Mike Tramp é a combinación entre os anos rockeros de Brian Adams cun toque Hard'80s e un outro a The Chramberries, a mellor definición que se me ocorre, e non está nada mal.. Rock 'n Roll radiable e disfrutable, do que xa non se fai en anos e do que nin incluso as radios apostan por él xa."- 6/10


Dibbukim - Az A Foygl Un A Goylem Tantsn (2011)
Yiddish Folk Metal
Myspace
Sei que vos estades a preguntar o mesmo que me preguntei eu no seu momento: "qué coñe é Yiddish Folk Metal?" Ben, neste enlace tedes o que é o Yidis ou Yiddish, eu tamén o aprendín agora mesmo XD xa que non me sonaba de nada!
Indo coa música, o que nos ofrecen os suecos Dibbukim é un folk metal bastante extraño e inclasificable. No proxecto están dous membros de Yggdrasil e mezclan ese folk con metal ó estilo de moitos novos grupos que se atreven a fusionar ritmos étnicos ou do folklore popular con guitarras eléctricas. Aquí sempre me suelo preguntar, cómo é que o único grupo cercano ó metal que o fusionara con gaitas e folk galego foi Astarot?... a Mallory deixémolo coma o que se definían, "gaita'n roll"... Pero Astarot eran Hard Rock... e ainda así moita xente ríase deles... en fin... penso que ainda hai algo por facer co folk galego que ninguén fixo, o malo é que me temo que a audiencia local proferiría carcajadas e menosprecios... onde esteña un grupo de "Thrash" que se quite o resto XD
Pois eso, que me vou polas ramas, o resultado de Dibbukim é un folk que ten un aire ó dos grupos de folk metal ruso, pero non exactamente, por veces sona máis a unha polka-metal extraña. No apartado vocal hai dueto, tanto ela coma el cantando en voz clara. E a verdade é que é digno de escoitar. A mín deixoume contrariado, xa que dependendo da canción e do momento chegoume a gustar bastante... ou todo o contrario -hai certos desafines por parte da rapaza que... ou eso mo parece a mín, claro, non coñezo se as melodías vocales Yiddish se crearon desa maneira-.
Logo, hai covers de cancións tradicionales Yiddish mezcladas con orixinales deles, que obviamente calquera de nós non diferenciará XD unha rareza digna de darlle un vistazo e que acabei pensando que tiña potencial para ter sido algo moito mellor... haberá que esperar ó seguinte disco. 6/10


Black Tide - Post Mortem (2011)
Pop-Metalcore
Myspace
Oín decir que os membros de Black Tide, os xovenes membros desta banda estadounidense, tiñan como influencias principales a Iron Maiden, Megadeth e Pantera, e de feito, ainda que mezclaban moitas cousas no seu primeiro disco, Light From Above, sí que se vía certa influencia, e realmente era un album bastante decente e decía boas cousas cara ó futuro desta nova banda. Cando me puxen a oír Post Mortem, realmente quixen quitar o álbum logo da segunda canción, porque o cambio a venderse completamente ó mercado quinceañero de Pop-Rock-Metalcore é brutal. É realmente unha bazofia de disco coma unha catedral, peor aínda que o de Morbid Angel. Non hai por onde coller este Pussy-Core para fans de Crepúsculo, tantos queixidos e "uuuuuuuhneeeuuunaaaa" queimáronme, tal vez teña esta tan mala sensación porque crín no seu día que este grupo tiña potencial para ser un bon grupo de Heavy-Thrash...
Post Mortem é o enterro prematuro para esta banda, a pesar de que haxa un bo traballo instrumental e de producción, pero sinceramente, esto é unha vendida e un dos peores discos do ano, tal vez as únicas que non opinen o mesmo sexan as fans de Bullet For My Valentine, Avenged Sevenfold ou Funeral For A Friend, que encontrarán nos novos Black Tide outra nova banda que adorar. Para o resto, a evitar a toda costa. 0/10


Edguy - Age Of The Joker (2011)
Hard Rock/Power Metal
Myspace
He aquí un grupo sobrevalorado cun frontman sobrevalorado. Oín decir de todo sobre Tobias Sammet, un xenio, unha mente maravillosa, un creador sen límites, un dos que fixo renacer o Power Metal en Europa con calidade fóra do normal...
xa... e qué máis?
Non vou decir que todo o que fixo Edguy e Avantasia sexa cutreiro, cada unha destas bandas ten as súas cancións concretas que non están mal, pero dahí a considerar ambas bandas coma algo fóra do normal... un bon exemplo é este novo álbum, á altura de todo o último que lle oín ás bandas de Tobias nos últimos anos.
Logo de oír a mediocre canción Robin Hood, fíxen un xogo parecido a aquel de "sigue la canción", pero dun xeito moito máis divertido, que sería seguir, sobre todo os estribillos, logo das primeiras notas, pero sin ter oído previamente o álbum. E bueno, penso que calquera que seguise o Hard&Heavy ochentero e o Power noventero poderíase sacar un bon montón de puntos, porque, e ahí tá o quiz da cuestión, Sammet é simplemente un recopilador de riffs, melodías e estribillos Pop-Rock-Hard&Heavy-Power de entre o 1980 e o 1995 ós que varía a veces con mellor gusto, a veces con peor, e a veces máis descaradamente e a veces menos. ¿Eso é ser un xenio? Por favor...
...o que non quita que para os que viviron menos toda esa movida, Edguy resulte un grupo atractivo e cun punto de personalidade (XDDD). Xenios foron outros, que a partir dunhas influencias sacaron no seu día algo totalmente diferente e que non sonaba exactamente a nada feito anteriormente. Edguy sona a outros e por encima tamén a repetición de sí mesmos en moitas partes de Age of the Joker. O colmo.
Sempre crín que arredor deste tipo houbo un gran despliegue de márketing porque non pode ser doutra forma que hoxe en día sexa tan popular. 3/10


Nocturnal Fear - Excessive Cruelty (2011)
Thrash-Death Metal
Myspace
Ainda que o álbum destes thrashers americanos empeza cun riff made in Slayer, o que nos atoparemos é unha mezcla curiosa entre voz máis ben blacker con riffs e sección ritmica que cabalga entre o Thrash old school e o Death Técnico. Así, por momentos pódenos vir á cabeza uns Witchery, Destruction, Overkill os mesmos Slayer ou incluso algún riff parecido a algo de Sabbat vín nalgunha canción. Excessive Cruelty é un album totalmente headbanger e sen tregua, con moi bos momentos e temas. No punto malo encontrámonos cunha falta de orixinalidade que a suplen con riffs en xeral moi agresivos e molones -ainda que máis dunha vez nos poidan recordar a outra cousa-, e algún que outro solo de guitarra que non me convenceu nadiña (uff Human Shield...). De todos xeitos, sen ser un hito na historia do Thrash, os Nocturnal Fear marcáronse un bon disco. 6/10


Dream Master - Spread Your Wings (2011)
Heavy-Power Metal
Myspace
Dream Master son un grupo argentino nado no 2001 que alterna entre o Power europeo-americano e o Heavy clásico. Un referente fiel para atinar por onde andan os tiros con esta banda pode ser o traballo de Tobias Sammet no último de Avantasia, ou os Edguy menos hardrockeiros, que á súa vez, como dixen antes pillan bastante influencia dos clásicos dos xéneros mencionados. Tamén podemos adiviñar influencia duns Stratovarius sen teclados e menos neoclásicos ou Iron Maiden (co que o cantante mantén un certo aire).
Realmente, non creo que este álbum esteña mal, hai, eso sí, altibaixos e cancións bastante decentes mezcladas con outras mediocres. Tampouco se lle pode achacar nada ó aspecto técnico nin sonido, polo que volverei con ese "algo" intanxible que fai que un disco non che acabe de entrar por algunha razón e que se condene ó olvido en cuestión de horas logo das primeiras escoitas. Tal vez a falta de gancho de moitas cancións e a de orixinalidade (e é que hai moitas bandas facendo case o mesmo) xoguen en contra de Dream Master. 3/10


Serenity - Death & Legacy (2011)
Symphonic Power Metal
Myspace
Acordábame destes austríacos polo anterior disco, que era un máis de Power europeo con moito teclado, pero non moito máis. Cando puxen este novo Death & Legacy hei de confesar que foi dar as notas da primeira canción logo da intro, e xa me estaba frotando as mans para matinar epítetos contra Serenity. Sobre todo cando hai o parón guitarrero e entra a voz co baixo e batería. Buf a miña mente rebosaba daño. Pero foi poñerme con todo o álbum, e, a pesar de que me costou oílo de primeiras enteiro.... bueno... e de segundas e incluso terceiras, hei de admitir que a cousa mellorou considerablemente e con elo a miña opinión.
O estilo non é nada novo, Power sinfónico cunha influencia máis que notable, sobre todo na voz, de Sonata Arctica. Tal vez ese sexa un dos puntos polos que me costou pillalo e ainda hoxe Serenity non me acaba de gustar de todo. O vocalista rállame a unha altura inimaxinable; é coma o Tony Kakko pero máis pasteloso. De feito sempre que canta, imaxinome a un tio con ollos pechados cara ó ceo e movendo as máns dun lado para outro con moito dramatismo, extendéndoas, agarrándose o peito, os xenitales, cerrando puños... ehm espero que non faiga esas dúas cousas ó mesmo tempo XD
A cuestión é que Serenity móvese bastante ben polos terrenos musicales que persigue, con boa composición, que non peca de excesivo pasteleo, e dando o que promete. Piano, arreglos orquestrales e moita épica están de trasfondo e proporcionan certa variación ó traballo, que, por outro lado e como segundo punto negativo adolece dunha duración demasiado extensa (1:07:13). Penso que se prescindiran de un par de temas, o conxunto gañaría, pero... eles decidiron que non... Polo resto é un bon álbum para os amantes do Power Metal orquestal con tintes progresivos. 7/10