Páginas

martes, junio 21, 2011

Microreviews Xuño'11 - V


Grayceon - All We Destroy (2011)
Prog-Rock-Gothic-Heavy
Myspace
É raro hoxe en día atopar a novas bandas que teñan un sonido personal, e eso é un gran plus para Grayceon, unha banda de San Francisco bastante indefinible, pero non falta de calidade. Sempre me gusta señalar algunha banda nestas microreviews para facer unha mínima comparación con algo xa existente dentro da escena metalera, pero con Grayceon é realmente difícil. Por un lado temos unhas composicións bastante progresivas, no que as guitarras teñen un certo deje prog-thrash, a batería xoga entre o Metal progresivo, doom e o jazz, e a todo esto metémoslle un cello que reforza un aire entre Doom e Gótico clásico. En canto á voz, canta unha rapaza cun estilo certamente parecido ó de Agnete en Madder Mortem, que non é puramente metalero, tal vez se acerque máis a algo jazzy ou indie (?)... -penso que os que coñezades a Madder Mortem saberedes o que digo- ainda que a veces mete algún rasgado.
Grayceon é un grupo orixinal e sorprendente, poden dar que falar nun futuro.
Para mentes abertas dentro do "a veces cerrado" mundo do Prog-Metal XD 8/10


Ribspreader - The Van Murders (2011)
Death Metal
Myspace
Old Swedish Death como mandan os cánones e feito por unhas cuantas personalidades que traballan noutros grupos suecos con certa fama coma Paganizer, Demiurg, The Grotesquery, The 11th Hour, Revolting... Dito así, tería certo interés un proxecto do estilo; se ademáis todo sona bastante ben dentro do que se suele facer neste mundillo, é decir, con esa "suciedade" grave nas guitarras e baixo, pero que non chocan entre eles nin empaña a batería nin voz... pois pode estar cando menos ben.
Pero non, as cancións de "The Van Murders" sucédense sen pena nin gloria unha tras outra. Non hai momentos viciantes, nin eses riffs retorcidos que se che metan na cabeza. Foron 3 veces que oín o disco e ainda non sabería decir si houbo unha canción mellor ca outra. Todo é moi lineal, ainda que sone ben.
Este novo álbum de Ribspreader, cuarto xa, dá a sensación de non estar demasiado traballado compositivamente e estar sacado por sacar. Tal vez os que disfruten máis dos grupos de Death Sueco e que non teñan un listón alto para este estilo o aprecien máis. Para o resto, álbum do montón con riffs feitos e refeitos, e non demasiado brillantes, dito sexa. 4/10


Warcry - Alfa (2011)
Heavy-Power Metal
Myspace
Aih aih aih... pa qué me meterei nestes fregaos? Si entre todos os discos de Warcry igual saco 5 cancións decentes (que non boas), xa non sei pa qué me poño cun novo deles... supoño que me mola criticar e facer sufrir moderadamente ós oídos XD ainda que con Warcry máis ben pásomo ben (tamén moderadamente), xa que entre as letras tan adolescentes, os teclados de feria (oír "Amistad"), pois ainda sorrín un rato XD Polo resto, riffs mil veces tocados e melodías e estribillos que sonan a veces a autoplaxios e outras aos Avalanch de fai uns anos, supoño que que cante Victor García tamén axuda, ainda que hai coros coma os de "Apariencias" ou "Cobarde" que me recordaron á época de Ramón Lage.
Non hai nada novo en Alfa, cancións ñoñas, fáciles e con pouco mérito compositivo que provocan, como dí algún por ahí, bastante risa e/ou indiferencia no extranxeiro cara ó "Jevi" español. Warcry son uns dignos embaixadores deso.
O que nunca me deixará de sorprender é que teñan tantos fans en España e Sudamérica, e que na maioría de críticas de páxinas web españolas se lles dé puntuacións sempre sobre o 9 e 10. Sei que non é algo fiable e que ás discográficas lles mola que poñan números altos para así poñelos nas cubiertas dos CDs e nas páxinas web dos grupos, pero... un pouco de seriedade... se Alfa ten un 9/10, cánto tería o The Number of The Beast ou o Painkiller? Eu son da idea de que se pós unha puntuación, hai que facer unha comparativa primeiro de "cál é o tope? chégalle ou no?". 3/10
PD: qué gran páxina de críticas Rafabasa, recórdame ás de Joan Singlá ou Pedro Giner (...)


Liquid Horizon - The Script Of Life (2011)
Progressive Metal
Myspace
Liquid Horizon é unha banda alemana de Prog-Metal que lanza o seu terceiro CD este ano. O primeiro que me chamou a atención foi a portada do álbum, que me recordou bastante á do primeiro dos bizarros finlandeses Oranssi Pazuzu. Pero pouco ten que ver a música de Liquid Horizon coa deles; Os germanos fan unha especie de Heavy Metal bastante calmado pero contundente. Nótanse algunhas influencias máis jazzys, outras máis rockeiras,.. pero en xeral móvense por terrenos de heavy progresivo no que non dudan en incluír piano, teclados ála Dream Theater e algún gutural incluso. A voz recordoume en moitas ocasións a Blaze Bailey, e o sonido está bastante ben en xeral, peeero encontro que as composicións son bastante intrascendentes, hai momentos interesantes repartidos por todo o disco, pero dá a sensación de pouco riesgo, cando poderían experimentar con máis profundidade con algunha influencia distinta que deixan como mero tanteo.
Disco ben executado, con boa producción e todo o que se queira, pero que coma moitos resulta do montón e pasará desapercibido, e nun par de anos probablemente estará no stand dalgún rastro de Alemania por 2 euros. 3/10


Magnum - The Visitation (2011)
Melodic Hard Rock
Myspace
Qué grandes son estes tíos. Despois de case 40 anos! de carreira demostran que seguen facendo gran música e que os anos non importan para aqueles que teñen un don musical.
Andando entre o Rock clásico cunha pizca de Prog e un pouco de Hard'n Heavy, The Visitation é un álbum moi coidado que ten a súa dosis de experimentación, de prog-setentero, de riffs geniales, momentos atmosféricos, puentes e coros pegadizos ("Doors To Nowhere" está destinada a ser unha desas cancións intemporales ó estilo de "Eye of the Tiger" que sirven para despertarte un día de mal sono con ganas de facer cousas XD); dosis de optimismo ("Wild Angels") e dosis de oscuridade ("Black Skies", qué forma de abrir o disco!)... non lle vexo pegas a este novo disco de Magnum, probablemente un dos mellores da súa carreira e probablemente un dos mellores de Hard Rock no 2011.
O señor Bob Catlin non sei cántos anos terá pero segue en plena forma na voz, e Clarkin non é menos en canto a composición e crear climas; tal vez eso é o mellor que lle vín a The Visitation, esa mezcla de sensacións, amplia visión musical, sen ceñirse a unha dirección concreta e cun sonido nostálxico e pegadizo.
Desde logo un disco que calquera que lle guste o Rock non se debería perder. A mín meteume ganas de meterme máis Magnum nas venas. 9/10


Assassin - Breaking The Silence (2011)
Thrash Metal
Myspace
Os alemanes Assassin (debe haber coma 7 ou 8 assassins por ahí XD) son unha banda da vella escola do thrash germano que se mantiveron na sombra cerca dos que despuntaban naquela época dentro e fóra do país. Sodom, Kreator, Destruction... non eran moco de pavo, e Assassin quedáronse un pouco no limbo cando entraron os 90 (de feito non sacaron ningún disco nesa década).
No 2005 reviviron cun disco que pasou bastante inadvertido, e agora traen un novo que supón unha volta ás raíces, aproveitando o tirón da "nova ola do Thrash". Lastimosamente, é un disco que non aporta demasiado. Teño a impresión de que ó largo do planeta debe de haber (e houbo) miles de grupos que sonan exactamente igual ó que Assassin fan en Breaking The Silence, con riffs moi parecidos, que foron feitos mil veces e xa apadriñados polos pais do xénero décadas atrás; os 3 nombrados ó principio, Death Angel, Testament, Tankard, etc etc, co mesmo sonido añejo e a mesma forma de facer cancións que todas esas bandas hai 20 anos. Nada novo baixo este pao. 3/10
PD: "I like Cola"? XD vaia canción máis punki meteron para o final XD


Chiraw - Scarecrows And Lullabies (2011)
Melodeath - Modern Metal
Myspace
Aquí temos a outro grupo máis que camiña polos derroteiros do death melódico unido ó metalcore americano que utiliza voces claras tirando a emocore para certas partes e teclados "modernillos". De feito, en varios momentos recordan a esa basura para quinceañeras do tipo de Bullet for my Valentine, Dead by April e Sonic Syndicate. A mín resultoume saturante, largo e díxome pouco. Tal vez os fans deses grupos e Soilwork, os novos In Flames e o metal máis moderno que combine ambas voces co sonido melodeath sueco lles poida parecer máis interesante. 2/10


Queensryche - Dedicated To Chaos (2011)
Progressive Rock
Myspace
Despois de oír ese American spirit, digoo Soldier, algo intuía de que os Queensryche non iban volver aos bos tempos que seguiron explotando (Operation Mindcrime II, e o setlist dos concertos) ata o día de hoxe. É curioso cómo algúns grupos seguen sacando discos, incluso dun estilo totalmente diferente ó que os fixeron famosos, pero seguen aproveitando o tirón dos traballos pasados, porque saben que é o que os fans piden. Ante esta situación, penso que un pouco de honradez faría que grupos coma Queensryche o deixaran ou alomenos cambiaran de nome, porque é que NINGUÉN está interesado en oír cancións de American Soldier en directo, e ninguén estará interesado tampouco en oír temas de Dedicated To Chaos... e penso que eles o saben.
Indo coa música, intentei quitarme todos os prexuízos musicales que tiña hacia o que iba a oír, tanto estilísticamente coma pola malísima impresión que me produxo esa cousa que chamaron disco fai un par de anos.
É algo palpable que a medida que pasan os temas de Dedicated.., non vamos oír nada que sexa cercano ó Metal. Geoff Tate dixo que iba ser un álbum que sería moi experimental e rockero, pero no que non contaba seguro era en facer cancións tan intrascendentes. É certo que hai experimentación a esgalla; desde momentos máis funky, a Pop, Rock, étnicos, a Rock alternativo,... non me atrevo a decir que os temas esteñan mal realmente, penso que os do anterior eran moito peores... A voz de Tate é coma sempre xenial, e as influencias pode ser que faigan que Dedicated To Chaos sexa un disco variado, pero desde logo non metálico e case que bastante pouco rockero. As letras teñen pinta de ser do máis adolescente, e non me imaxinaba que logo de tratar temas interesantes e máis hmm personales, Queensryche se puxeran a falar de "oh baby", "I'm so in love with you" blabla... aparte, basta con ver algún título que máis ben cadraría nun disco de Hip Hop: "Luvnu", "Big Noize", "Wot we do" ???
Teñen un par de cancións que non están mal (diferente de están ben), a balada "Broken", sen batería nin guitarras, e a rockera "Hard Times" e o resto, non me atrevo a decir que sexa mala música, pero a mín non me gustou. Hai algo que falla cando un disco de Queensryche está máis cerca do estilo de U2 ou o Funky que do Empire (xa nin digo dos 3 primeiros).
Igual deberían de vender este disco a outro tipo de audiencia, e pode que non lles fora mal, pero... 3/10
PD: Hai 2 cancións co mesmo nome na edición que descarguei, pero realmente.. non teño moito interés en saber si hai unha canción que me perdín neste disco XD


Alghazanth - Vinum Intus (2011)
Melodic Black Metal
Official
Como comentaba na anterior tanda de microreviews con Gothic Sky, dá certa nostalxia oír a grupos que practican estilos prácticamente abandonados co paso do tempo desde hai sólo uns anos atrás. O estilo dos finlandeses Alghazanth podería cadrar perfectamente nos 90 ou principio dos 2000; fan un black melódico principalmente a medio tempo, con teclados que serven máis ca nada para acompañar creándo atmósfera e aportando un toque sinfónico. Ademáis temos momentos máis ambientales a cargo de timbales e órganos de igrexa, algún coro operístico femenino, violín, piano e algunha guitarra acústica que se mezcla coa eléctrica en algúns momentos tremendos (é unha debilidade miña XD). As melodías son envolventes, largas e tendentes ó melancolismo; para o meu gusto, moi ben compostas, e son especialmente do tipo que me gustan a mín, épicas e melancólicas pero con forza e dramatismo XD.
Anque pode recordar ós traballos de fines dos 90 de bandas do estilo de Old Mans' Child, Dissection, Dimmu Borgir, Sacramentum, Catamenia... -agora non me salen máis, pero habíaas a esgalla, e pode que máis cercanos ó tipo dos finlandeses-, Alghazanth reviven un xénero que está case morto desde hai máis dunha década e dun xeito salientable. 7/10


Dynahead - Youniverse (2011)
Progressive Thrash Metal
Myspace
Desde Brasil, Dynahead sacan o seu segundo álbum, un disco bastante complicado de comentar xa que non se ciñe a un xénero concreto e colle moitas influencias diferentes. Estiven pensando cómo podería definir ou dar unha visión cercana a quen non coñeza o que fan, e non se me ocurre mellor símil que "Pain of Salvation facendo Thrash". E xa sei, Pain of Salvation xa son un grupo indefinible en sí, pero os que os coñezades, pois esto non lle anda moi lonxe. Dentro de "Youniverse" podémonos encontrar con momentos máis opethianos, jazzisticos, alternativos,... colle de moitos lados e, ésto que en principio é un bo síntoma de que nos podemos divertir cun álbum heteroxéneo, non acaba sendo de todo certo, xa que por algún motivo -a mín polo menos-, este disco non me acaba de gustar. Por suposto, no lado técnico non hai ningunha dúbida, quen mezcle estilos tan diversos coma eses debe de ter xa un nivel máis ca decente, e Dynahead téñeno. No lado de sonido, tampouco hai ningunha queixa. No lado compositivo, eles saben o que fan e as cancións están impecablemente introducidas en múltiples dimensións sonoras sen que os cambios chirríen.
Entón qué é? Supoño que o mesmo que lle pasa a moitos: ese motivo intanxible que fai que por máis que oigamos un disco, éste realmente non se quede na cabeza. Sabemos que tocan ben, molan as influencias -a maioría alomenos-, boas progresións, bon sonido, bos cambios vocales... pero simplemente non entra. 4/10