Páginas

domingo, mayo 29, 2011

Microreviews Maio'11 - V


The Poodles - Performocracy (2011)
Hard Rock
Myspace
En Suecia hai un gran movemento de Hard Rock nos últimos anos, e entre un dos moitos grupos que practican ese estilo basado no Hard-Glam ochentero, están The Poodles, un grupo que se nacera nos 80 nadaría entre a excesiva abundancia dese xénero sen chamar a atención demasiado, ó igual que non a chamarán na segunda década do 2000 cun disco que pasa tan desapercibido coma Performocracy. Un álbum irregular con temas que sonan a cousas xa feitas e coas mesmas influencias de sempre (Guns'n Roses, Skid Row, Motley Crue...) , das que non se pode decir moito en contra, pero tampouco a favor. Xénero moi mañido xa, hai poucas bandas que hoxe en día me chamen a atención facendo o que fan The Poodles.
PS: Por dios, qué canción máis mala a de "Action!" bufff 3/10


Mercenary - Metamorphosis (2011)
Melodeath-Modern Metal
Myspace
Despois da desbandada que houbo en Mercenary e do pequeno fiasco que foi para mín o anterior "Architect of Lies", tiña curiosidade por onde iban ir os tiros co novo álbum deste grupo. Tívenlle que dar varias oportunidades porque non souben moi ben cómo encaixalo.
Atendendo ó aspecto técnico, seguen igual de bestiales ca sempre, tamén pensaba que a marcha do cantante iba ser un pao, porque era unha das señas de identidade da banda, pero sorprendentemente o baixista, que tamén fai os rasgados, dalle moi ben. Hai momentos intrumentales épicos, coma o que hai na metade de "In a River of Madness" ou hacia o minuto 4 en "Memoria"....
...pero o escarceo que se mangaron nalgún tema, rozando a grupos de screamo-emocore de mierdas tipo Abandon All Ships, Escape The Fate ou Dead By April... a mín deume un pouco de noxo -senón oír "Memoria", "Velvet Lies" ou a mediocrísima "Shares of Gray"-. Nótase que a banda quixo ter un acercamento co mundo metalcore americano coma no seu día o fixo Soilwork, e hai certas partes de "Metamorphosis" que me resultaron un bluf total.
Irregular é a palabra para este traballo. Espero que para o próximo álbum non estén facendo flexións de rodillas escachados de pernas en lugar de facer headbanging. 4/10


Brymir - Breathe Fire to the Sun (2011)
Viking Metal
Myspace
Ensiferum é toda unha referencia tanto no seu país coma fóra del para as bandas que empezan querendo facer viking metal. Mostra delo é a gran cantidade delas que cando un as oe, dí: esto xa sale naquel disco dos Ensiferum, esta progresión é igual, eses coros son tal cual aquela canción... e eso é o que me pasou co primeiro disco sacado a través da Spinefarm dos finlandeses Brymir. Non se pode decir que os rapaces o faigan mal, pero cada canción deste disco segue os mesmos patróns que a música dos seus compatriotas. Non creo que faga falta decir moito máis para que vos faigades unha idea do que é Brymir: viking-melodeath épico con arreglos orquestales (entre o último de Ensiferum e os de Turisas), voz rasgada, coros, algún extracto máis ca interesante... outros xa oídos, e todo cunha producción boa, inda que non do nivel das grandes bandas finlandesas, pero que cumple. Para ser un primeiro disco está ben, pero se eu fora eles intentaría buscar algo máis personal. 6/10


Amorphis - The Beginning of Times (2011)
Suomi Rock-Metal
Myspace
Non pode ser que se volvan a meter nos camiños perdidos do Am Universum, Far from the Sun e Tuonela... pensaba que eses eran tempos pasados, malos tempos pasados que non volverían logo dun rexurdimento épico coma foi o Eclipse, pero logo de ver Skyforger, a senda era obvia: a senda do rock finés accesible.
Obviamente, este The Beginning of Times segue estando moi por arriba daqueles 3 discos tan mediocres, pero a mín causoume desidia oílo enteiro. O sonido típico de Amorphis con esas melodías melancólicas, con ese aire folky e pegadizas de piano segue estando ahí. O Tomi Joutsen é un gran vocalista, tanto en voz clara coma en gutural, e o disco ten unha calidade compositiva aceptable para calquera grupo, pero para Amorphis a mín quedouseme en pouco. A rabia de pasados traballos foi desaparecendo gradualmente, e ainda que Tomi segue facendo guturales de vez en cando -a veces sen vir a cuento, ou esa é a sensación que me deu-, xa non é o mesmo, non pode salvar cancións tan ñoñas coma "On A Stranded Shore" ou "Reformation". Tal vez sexa esa a palabra, "ñoño" (que non con "c" XD) para moitas das melodías e líneas vocales que aparecen en The Beginning of Times.
Un disco máis comercial e con calidade innegable, pero soso se o comparamos con anteriores traballos. Esperemos que non repitan erros do pasado, porque é un grupo que con cada disco a partir do Eclipse estame deixando máis e máis frío. 5/10


Lefthander - Knock out dose (2011)
Melodeath /Alternative Metal
Myspace
Segundo álbum destes rusos cuio estilo deambula entre o Death Melódico e o Rock-Metal alternativo e moderno. Unha cousa rara que, en principio podería ser moi interesante pero que se vé mermada por unha carencia compositiva coma un mundo. Podemos atopar incluso trazas de Doom e Metalcore aparte de algún teclado interesante e diferente. As guitarras sonan potentes, moi ben, se non fora porque... hai cancións nas que sonan como se estiveran desafinadas, pero moito! Pode que fora o que eles quixeran, pero a mín sonoume cacofónico, e se lle xuntamos que oír este álbum foi bastante intrascendente... 2/10


N.K.V.D. - Vlast (2011)
Black Metal
Myspace
Lín por ahí algo así coma "os Laibach do Black Metal" e a verdade, non lle vai para nada mal esta definición a N.K.V.D., os cales comparten nome con outra banda da súa nacionalidade (coma se non houbera nomes para elexir...) Estes franceses, -ou mellor dito francés- practican un black metal que se podería definir coma industrial, onde o que prima é a atmósfera tan opresiva que se crea ante as melodías. Baterías programadas con mal sonido e uns dobles bombos que parecen zumbidos de abella do rápido que van nalgúns momentos, moito teclado denso e escuro, voces pasadas por filtros cavernosos e repetición de esquemas métennos de cheo nun caos bélico e mórbido. O típico disco que uns odiarán e outros amarán. Eu aínda non me decidín... supoño que será aceptable para determinados momentos mentales XD ?/10


Deicide - To Hell with God (2011)
Death Metal
Myspace
To Hell With God é o décimo álbum de Deicide, grupo que descubrín longo tempo atrás cun álbum bastante bruto (para o que eu estaba acostumbrado daquela) como era o Once Upon The Cross, que recordo que viña cunha portada censurada dunha silueta de Cristo cunha sábana encima (polo tanto non se vía nada) ensangrentada. O que estaba ben era que cando abrías o libreto encontrábaste coa versión sin censura, ou sexa, sin a sábana \m/ XD O caso é que daquela non me chamara a atención a música, pero no seguinte, Serpents of the Light xa me parara a oílo mellor porque recordo que tiña riffs bastante memorables. Logo, olvideime do grupo e de Benton, que defraudou á parroquia cando nos 90 anunciaba a bombo e platillo que se iba suicidar ós 33 e cando chegou o día pensouno mellor XD Foi unha boa publicidade para a banda naqueles primeiros discos, eso sí (...).
Despois do Serpents perdinlles moito a pista, e penso que lles oín algún álbum sen que me emocionara, prácticamente a mesma sensación ca éste; Death Metal ben executado, pero moi sobado. Tal vez se poida destacar o corte inicial que dá título ó disco e pouco máis, o resto pasoume bastante desapercibido, sen dañarme os oídos, pero sen levantar a cabeza como dicindo "para ahí! repite eso!". 6/10


Svikt - I Elendighetens Selskap (2011)
Black Metal
Myspace
Black Metal underground típico noruego é o primeiro traballo dos Svikt, un disco que segue as pautas frías e crudas da escena escandinava. Producción clara e co nivel de "barullo" xusto que transmite esa sensación de aspereza sin que te perdas ningún instrumento no intento. Un disco moi digno para ser un primeiro, que non dice nada novo, pero que resulta moi competente comparado con outros moitos que aspiran a recrear ese ambiente. Non chega a ser "Dark Medieval Times" ou "The Shadowthrone", pero se vos gustan eses, dádelle unha escoita. 6/10


Suidakra - Book of Dowth (2011)
Folk-Melodeath
MyspaceLinkDécimo traballo (xa!) dos alemanes, que seguen fieles ó seu estilo mezclando melodías celtas con Death Melódico. Sin parecerme un mal disco, penso que é un pequeno baixón con respecto ós seus 2 anteriores discos. Primeiro, 40 minutos ós que lles quitas un par da "intro" e outro par da "outro", cun par de baladas no medio -que colocan unha seguida da outra!-... non me deu tempo de saborea-lo disco como quixera, aparte de que eu ordenaría as cancións doutra maneira.
E logo o que sí, que o resto son cancións ó máis puro estilo Suidakra, pero salvo un par de cousas, non creo que sexan as mellores que sacaran. Esperábame algo máis. 6/10


Dezember - Spiritual Leader (2011)
Progressive Thrash Metal
Myspace
"Mimá que idioma máis raro falan estes" pensei ó poñerme co disco de Dezember... logo, cando vín que eran de Bangkok, xa mo expliquei algo mellor XD A música que fan é unha especie de Thrash-Death moi influenciado polos que exploraron estes terrenos nos 90. A mín recordáronme a grupos coma Xentrix, Death ou Anacrusis, as cales son unhas máis que remarcables referencias, ainda que por suposto, non chegan ata un nivel tan alto (bueno, Xentrix tampouco é que tiveran un nivel tan alto XD). Non o fan mal, ainda que me temo que vai ser un disco que se me vai quedar no baúl dos recordos. 6/10