Páginas

lunes, mayo 16, 2011

Microreviews Maio'11 - III

Link
Iskald - The Sun I Carried Alone (2011)
Black Metal
Myspace
Desde noruega chega o novo disco do dúo que compón Iskald. "The sun I carried Alone" é un disco de black metal frío e crudo, cunhas guitarras distorsionadas como manda a tradición noruega e un sonido bastante decente no que se distingue bastante ben todo (un xa non sabe qué pensar cando vén un destes grupos, si son "auténticos de la muerte" igual pensan que o de grabar no garaxe en cinta de cassette é o máis puro... "satan loves magnetism"/"chrome ist krieg" e resulta unha escoita bastante cansina).
Este disco pode pasar coma un disco aceptable de black metal, ten o seu blasting, o seu medio tempo, rasgados que se alternan con algún coro limpio puntual, algún pasaxe máis calmado e outros moitos co mítico tremolo-picking (por fín souben a ciencia certa como era o nombre XD o outro día encontreino, e non iba lonxe do que eu pensei toda a vida, así que por máis que vos veña un sobrao coma o que me veu a mín, por máis que estivera tocando desde hai 10 anos en grupos e o sepa "todo", e por máis que vos mire con cara de "jah principiantes", non tomedes moi en serio o que vos diga... ainda que bueno, xa me advertiran que dese non me fiara moito XD).
Pasable, pero non fará moita historia. 6/10


Anomalous - Ohmnivalent (2011)
Brutal Technical Death Metal
Myspace
Eu suelo ter un problema con este tipo de bandas que fan música extremadamente técnica, con poliritmos, cambios de tempo imposibles, escalas arriba e abaixo, etc. e é que non lles encontro sustancia. Non encontro cancións propiamente ditas, é coma unha sucesión de riffs e escalas escupidas porque sí, sen alma e sen, en principio moita estructura. Hai poucos grupos deste estilo que me chamen a atención, entre eles os Origin ou Obscura, que aparte de virtuosismos, demostran saber compoñer cousas, que con máis ou menos tempo de escoita, podes seguir ainda que sexan complexas.
A maior parte deste disco de Anomalous é coma asistir a unha clase de virtuosismo, pero sen moito sentido. Sí son geniales músicos, fan de todo cos instrumentos, e terán miles de horas de ensaio detrás, pero na maior parte do álbum quedeime moi frío; menos mal que houbo momentos que sí que merecen a pena, coma a máis ambiental Mitosis ou a canción que dá título ó album. Hei de añadir que a voz non me convenceu en absoluto.... ainda que tal vez non son o mellor para valorar esta música, como dixen hai poucos deste estilo que me transmitan algo. 5/10


Bullet - Highway Pirates (2011)
Hard Rock/Heavy Metal
Myspace
Outro grupo máis desde suecia facendo Heavy-Rock con marcado acento ochentero. Neste caso, se hai unha banda da que Bullet son fans, sen duda esa é AC/DC. As cancións, sen estar realmente mal, poderían estar en calquera álbum da etapa máis "heavy" dos australianos (comparemos por exemplo City Lights con You Shook Me All Night Long...), cun cantante que o borda na súa imitación de Bon Scott-Brian Johnnson-Udo-ou o dos 3 Inches of Blood. Nada do outro mundo en canto a orixinalidade, penso que sólo os máis fans de AC/DC poderán encontrar algo para pasar o rato. 4/10


Hell - Human Remains (2011)
Heavy Metal
Myspace
Logo de case 30 anos, o grupo de culto da NWOBHM, Hell, saca o seu primeiro esperado álbum. Por se non sabedes da historia da banda, dita así rápido: a principios dos 80 foi unha das promesas do Heavy británico, pero uns anos despois de sacar as primeiras demos o cantante Dave Halliday suicídase e Hell quédase conxelado (nótese a fina ironía XD). Hai un par de anos os componentes de Hell deciden reunirse e fichan a Andy Sneap, ex-Sabbat e reputado productor (Arch Enemy, Accept, Kreator, Cradle of Filth, Nevermore, Machine Head, Exodus... ), que os consideraba coma unha gran influencia para o que fixo con Sabbat. Así mesmo Martin Walkyier tamén se une pero lárgase ó pouco (ese tipo debe ser raro de caray), e fichan ó irmán do guitarrista coma cantante, que ó parecer era actor de series británicas!! (e non se conoce unha traxectoria previa como vocalista!!) E vaia!! ninguén o diría, porque ten unha voz curiosa e "teatral", con personalidade propia.
Indo co disco, a música de Hell é puro e elaborado Heavy Metal con un rollo moi escuro e ocultista, a mín recordoume moito ó traballo de Mercyful Fate-King Diamond; con multitude de riffs e cancións moi traballadas. Hai certo aire tamén a uns Sabbat máis relaxados en certas partes, nótase que por ahí anda o Sneap, e, a pesar de durar máis de unha hora e con temas que sobrepasan os 8 minutos (ata hai un de 10) o disco non se fai para nada largo, partes máis calmadas a modo de "introducción para cancións" e os teclados axudan.
Moita variedade, moito traballo, e grandísimos riffs neste Human Remains. Un dos mellores discos de Heavy Metal dos últimos anos. 9/10


Xerath - II (2011)
Orchestral/Progressive/Groove Metal
Myspace
Nunca oíra falar destes Xerath, pero a mezcla proposta era cautivadora :P : Arreglos orquestales e Metal Progresivo Extremo con toques groovies... bien bien. Empeza a primeira canción e as expectativas vense crecidas, coma se dunha banda sonora dunha peli de misterio paranormal sona Unite to Defy, que rompe cunhas guitarras gruesas e unha sección rítmica interesante... non se desarrolla mal, recórdame a Devin Townsend, vai ben... non vai mal... vaia, Dimmu Borgir cando Shagrath pon a voz esa "radiofónica"... Meshuggah, outra vez Townsend... empezoume a saturar un pouco... bueno, empeza a seguinte, interesante... outra vez os berridos agudos e largos de Devin, arreglos por aquí e por alá, riffs Meshuggah, máis riffs do mesmo estilo... bah... terceira, algo máis de caña, ah empeza outra vez co berro agudo e largo de Devin... bueeeeno... os palmmutes e ritmos cortantes empezáronme a saturar coma me satura todo o que fan Meshuggah... e inda quedan 7 cancións... a ver si cambian algo máis...
...
...
...
Hola, son outra vez eu logo de oírme por segunda vez o disco... Segunda!!! Vaia con dios y con los otros santos...
3/10


Devin Townsend Project - Deconstruction (2011)
Progressive Metal
Myspace
... porque Xerath non poden nin achegarse ó que fai o genio de Devin Townsend, que cada cousa que saca está a un nivel superior, e ademáis é que a cabeza non lle para! ¿Cánta música fixo desde que empezou con Strapping Young Lad o que fora cantante de Steve Vai??
A cuestión é que en "Deconstruction" segue facendo un metal progresivo e experimental onde aúna diferentes influencias e estilos sen o máis mínimo medo e sen complexos. Desde Pop, música electrónica, sinfónica, Heavy, partes máis thrasheras, medios tempos, blastbeats, momentos épicos, outros máis calmados, outros humorísticos... e todo coa seña de identidad propia e única que posúe, algo complicado de encontrar hoxe en día, pero a pesar dos múltiples cambios e rexistros, é que basta con oír 10 segundos de calquera parte de "Deconstruction" para decir: Townsend. Acábome de entera
r que sacou outro disco este ano... o que digo, a cabeza non lle para... e bendita cabeza! 9/10


Appearance of Nothing - All Gods Are Gone (2011)
Progressive Metal
Myspace
AoN son unha banda suíza que lanza o seu segundo disco neste ano facendo un metal progresivo con diferentes matices de outros xéneros. Parece que últimamente está en boga que o cantante -ou outro da banda- intente facer guturales ou rasgados nos grupos de power ou progresivo e ésta banda non é menos. Non é que o faigan a menudo, pero máis ou menos na metade das cancións meten algún (cortesía de Devon Graves (Psychotic Waltz) e Dan Swäno (Edge of Sanity/ Nightingale). Unha pena que non exploten máis a vena oscura do death metal acompañando á voz, porque o resultado queda un pouco deslucido cando meten growling e seguen con metal melódico. En canto a ésto último o grupo desenvolvese bastante ben, as cancións teñen complexidade e cambios de rexistro interesantes, un disco decente de progresivo. 7/10


Falkenbach - Tiurida (2011)
Pagan Metal
Myspace
Markus Tümmers xa tardaba en obsequiarnos con outra entrega de Falkenbach, 6 anos xa desde o grandísimo Heralding -The Fireblade! -ainda que fora un disco de autoversións sonaba de vicio-. E a cousa non varía en demasía do ofrecido anteriormente, melodías folkies que se repiten unha e outra vez con pequenos cambios, moito medio tempo, melodías vocales que sonan moi parecidas a anteriores entregas, e en xeral unha atmósfera épica pero melancólica que te envolve e Falkenbach sábeo facer moi ben. Peeero, sendo un bon disco a mín deixoume un pouco asín asín. Non é que espere unha gran evolución do estilo tan propio da banda, pero simplemente me pareceu que baixaba o nivel un pouco comparado cós anteriores (ou eso ou é que conservo demasiada boa impresión labrada cos anos, porque salvo Heralding, os outros debe facer 6 ou 7 anos que non os escoito XD). Está ben, pero non foi un "shock". 7/10


Silent Stream of Godless Elegy - Návaz (2011)
Doom-Gothic-Folk Metal
Myspace
Facía moitísimo que non oía nada novo sobre esta gran banda checa, e polo que se pode ver, o sonido permanece máis ou menos intacto do que eu recordo daqueles grandes discos coma "Themes" e "Behind the Shadows". O violín e a voz de Hanka lideran o sonido de Silent Stream of Godless Elegy proporcionando melodías melancólicas e folkies ó background doom e pesado da banda. As aportacións do cantante masculino, tanto en guturales coma en voz normal pasan desapercibidas nun principio, pero danlle moita profundidade e forza a certas partes nas que canta con ela.
Realmente é un álbum que podería estar feito a finales dos noventa, non pasaron os anos nin as modas por estes checos e agradécese. 7/10


Ani Lozanova Projekt - Miracle (2011)
Symphonic ProgRock-Metal
Myspace
E esto?? de onde saleu?? e non o digo de forma sarcástica, porque mirando a horrenda portada un podería pensar perfectamente que está ante un bodrio powermetalero dos que abundan por ahí... Pero non, estiven investigando a ver quén era esta Ani Lozanova e parece que foi unha concursante de Eurovisión no 2009 por parte de Bulgaria. Agora, polo menos neste disco, fai algo bastante diferente do Techno pop ese, e deixoume cos ollos abertos, porque é un gran disco de Rock-Metal con toques progresivos e algo de Pop, algo de sinfónico, algo de Power Metal e ata incluso un pouquiño de "rapeo" e estribillo "dance" hai na canción Cry Over, moi pegadiza por outro lado. Hai cousas que me recordaron a Dream Theater, cousas que me fixeron pensar en Angra, outras en Nightwish e cousas que sorprenden e que poden ir desde algo de Rock ou Pop ata algo electrónico. Claro está, todo esto é moi bonito, pero hai que saber facer cancións, melodías, riffs e estribillos que se queden na cabeza, e penso que este proyecto de Ana Nova Louza consígueo sen entrar en complicacións excesivas, de feito é un disco que se oe moi fácilmente.
Añadir unha gran producción por parte nin máis nin menos que Ian Parry e gran versión tamén de Give in to Me, de Michael Jackson. O único, faltaríanme 1 ou 2 cancións máis en lugar da autoversión final. 7/10