Páginas

lunes, abril 25, 2011

Microreviews Abril'11 III


Visions of Atlantis - Delta (2011)
Symphonic Power Metal
Myspace
Non me esperaba gran cousa destes austríacos que sacan agora o seu cuarto disco. Víraos na xira de Epica, e non me pareceron malos, parecéranme malísimos. Eran o típico grupo sen personalidade que se limitaban a ir na moda que instaurara Nightwish e pouco máis. Con este novo álbum parece que maduraron algo compositivamente e pasaron de Powermediocres a Sinfónico-decentes. Delta é un álbum con certa variedade, que non ofrece nada novo, pero alomenos pódese escoitar. Os peores momentos para un servidor corren cada vez que canta a rapaza (cántas veces cambiaron de cantante feminina?), polo demáis, boa producción e algún que outro destello de calidade. 6/10


Children Of Bodom - Relentless Reckless Forever (2011)
Power Metal-Melodeath
Myspace
Xa non sei porqué a veces me molesto en escoitar cousas que sei que me van a aburrir... igual é por se por algún casual hai algo que valga a pena ou me sorprende...
Non vai ser o caso do último dos finlandeses Children of Bodom. Fai xa tempo que non sacan nada decente, diría que desde o Hate Crew Deathroll, e continúan pola senda. RRF é un disco de 9 cancións mediocres, que xuntan un pouco daquí e dacolá de todos os anteriores discos de Children, pero nunha onda parecida ó seu anterior fiasco chamado Blooddrunk, é decir pseudocopias e riffs reciclados de sí mesmos cun aire de malotillo pouco inspirado que me fai pensar que a mellor definición para a súa música actualmente sexa "Death Metal para quinceañeras". Moi pouco que aproveitar e que oír aquí, sona a excusa para facer nova xira...
...e gracias me terían que dar aqueles que un día sacaron o Hatebreeder a que o oín enteiro... 3/10


Septicflesh - The Great Mass (2011)
Symphonic Dark-Death Metal
Myspace
Septic Flesh foi unha banda que sempre me gustou, desde os máis crudos primeiros álbumes (que foron uns dos primeiros que me fixeron interesarme polo Death Metal), ata o The Fallen Temple, que me parecera unha obra de arte da música extrema e bizarra ó nivel dos Therion de cando empezaban a mezclar sopranos con Metal. Incluso me gustou o "Revolution DNA", que daquela armara certo revuelo pola supuesta "posta en venta" do grupo, ainda que eses anos foron realmente extraños para moitas bandas que sacaban discos máis accesibles coma os seus compatriotas Rotting Christ ou Nightfall, Moonspell, Tiamat, Paradise Lost, Cemetary...
A súa volta foi apoteósica con "Sumerian Daemons", e "Communion" mantívose no nivel máis ou menos... ó igual que este novo "The Great Mass". Sí, mantense nun alto nivel musical, pero tiven un pequeno problema con él: Non o pillo.
A mezcla boombástica de elementos orquestales "BSO de terror" con Death Metal segue intacta, pero o concepto de "The Great Mass" non é coma o dos anteriores álbumes. A miña percepción díceme que este novo álbum está pensado coma un todo, unha conxunción de moitas pequenas pezas que forman a banda sonora compacta do mundo de Septic Flesh (ou Septicflesh). A apertura do álbum é espectacular, "The Vampire From Nazareth" é unha pedazo de canción, pero a medida que o álbum avanza non poido nada máis que sacar grandes momentos perdidos entre as cancións,as cales me costa diferenciar dónde empeza unha e acaba a outra.
A sensación que me queda logo de oír The Great Mass é a de un montón de boas, ampulosas e desordenadas ideas, grandes momentos que decaen ou que non levan a ningún lugar en principio. É un álbum que necesita varias escoitas, supoño. De momento gardareino e opinarei mellor logo dun tempo, pero... non me convenceu tanto coma quixera. 6/10


Moonsorrow - Varjoina Kuljemme Kuolleiden Maassa (2011)
Pagan-Viking Metal
Myspace
Eu son dos que me quedei en "Kivenkantaja" coma último disco que me gustou de Moonsorrow. A partir desa presteilles moita menos atención porque simplemente me aburrían. O sonido que desarrollaron sobre todo no seu último "V: Hävitetty" do 2007, tirando case a un pagan-black atmosférico denso, escuro e repetitivo deixoume moita desidia cara a futuros traballos desta banda. De feito pode que aquel disco o oíra 2 veces na miña vida (e non me quedaron gana de máis).
Este novo continúa co sonido denso de riffs largos e repetitivos, ainda que para o meu gusto mellora o anterior en canto a composición (polo pouco que recordo, neste alomenos hai melodías coas que un se queda na cabeza e é capaz de formarse unha idea estructural que non desvaríe en exceso). É incontestable que "Varjoina Kuljemme Kuolleiden Maassa" contén grandes momentos, feitos con rabia e sentimento, pero sinto decir que a mín me sobra un 30% de cada canción. A repetición é constante, e xa cunha 3ª vez que lle dín escoita, sigo pensando que se a cada unha das 4 cancións "reales" que contén o álbum, se lle quitaran un 3 ou 4 minutos, sería un disco máis ca decente de Moonsorrow. Pero desta maneira peca de facerse largo... ata os interludios de minuto e medio se me fan largos!
Sorpréndeme ver tantas webs coa puntuación 10/10, e faime pensar se terían posta a nota antes de sequera oír o disco ou se Moonsorrow se volveron tan "grupo de culto" como para que todo o que faigan teña unha puntuación de Matrícula de Honor. Igual que me gustaría saber se por exemplo a todos eses lles parece un final de 10 o de "Kuolleiden maa", canción que acaba máis ou menos no minuto 13 e medio e que se alarga e alarga e alarga ata o 16 e medio facendo... o mesmo unha e outra vez? realmente eses 3 minutos aportan algo?
Sexa como sexa, "Varjoina Kuljemme Kuolleiden Maassa" podería ter sido un gran álbum e quédase a medias. 7/10


Abysmal Dawn - Leveling the Plane of Existence (2011)
Death Metal
Myspace
Non se pode reprochar nada en canto a técnica e sonido neste terceiro álbum dos americanos Abysmal Dawn. Masterizado por Erik Rutan, o ex-Morbid Angel, e actualmente en Hate Eternal, todo sona claro e brutal. Pero hai un problema: orixinalidade.
Non sei vós, pero penso que chega un momento en que hoxe en día calquera grupo con técnica e cun pequeno desembolso... e posto nas mans de calquera que sepa o que fai, sexa Rutan, Swäno, Tägtgren, Nordström... pode sacarse un gran sonido. Igual que pode sacarse grandes portadas, coma sen ir máis lonxe a que nos traen Abysmal Dawn. O que non pode sacarse un da manga ou do peto é a creatividade, e esto é do que adolecen o 80% dos grupos actuales, nos que sen duda inclúo a Abysmal Dawn, que mamaron todo o que poideron do Death Metal dos últimos 20 anos de grupos coma os citados Morbid Angel, Hate Eternal, Suffocation, Decapitated,... e que se limitan a reproducir o seu estilo sen ir máis aló. Eso sí, técnicamente perfectos, pero como oínte, hoxe en día case preferiría que grupos coma este non tiveran unha destreza tan boa ou un sonido tan impecable, e que no seu lugar me dixeran algo que non oíra. 4/10


Within Temptation - The Unforgiving (2011)
Symphonic Metal-Rock
Myspace
Cunha portada que parece máis dun videoxogo de peleas callejeras que outra cousa, Within poñen continuación a "The Heart of Everything" cunha historia conceptual parece que basada nun comic ou algo asín. Sexa o que sexa, non me parece trascendental para comentar a música de "The Unforgiving".
Non era complicado mellorar un disco mediocre coma "The Heart of Everything", e Within Temptation consígueno. Hai certos cambios no estilo dos holandeses, coma que a súa forma de facer cancións é agora máis pop-rock ca antes, máis directa. Por suposto os elementos orquestales-sinfónicos que os fixeron populares seguen estando, pero parece que se quedan máis nun segundo plano. As guitarras de vez en cando fan algo máis que acompañar ó resto, e ata sona algún riff! Se ata se animan a facer algún solo de máis de 10 segundos! XD A voz de Sharon tamén cambiou; xa non se queda naqueles agudos imposibles, neste disco canta dunha maneira máis variada, menos pomposa e alta. É un pequeno cambio interesante por parte de Within, pero o que non me acaba de convencer é a composición. Entre que o single "Faster" parece unha copia dalgunha canción de HIM que xa non recordo, e que hai veces que as cancións tenden únicamente a chegar ó estribillo para repetilo unha e outra vez (coma en calquera canción pop-rock)... pois non sei... repito o que dixen: un cambio interesante que mellora o previo traballo ainda que ten as súas cousas boas e malas. 6/10


Illdisposed - There Is Light (But It's Not For Me) (2011)
Death Metal
Myspace
Fun un gran fan dos últimos Illdisposed. Ese Groove Death con samples electrónicos sabíano facer moi ben, e eu non son un gran entusiasta dese tipo de sonido en principio, pero eles tiñan o seu propio toque. O 1800-Vindication era un gran álbum, e os seguintes tampouco estaban mal. Disco tras disco, Illdisposed fóronse mantendo, ainda que non me chegaron nunca a convencer coma con aquel do 2004, e algo parecido sucede con "There is light".
A primeira "Your Own Best Companion" é unha boa proba do que son Illdisposed, a voz de Bo Summer sona brutal e hai un bo riff típico da banda apoiado por un baixo potente e morcillón, batería contundente e sampling electrónico e teclados. Está ben, sí, e a medida que se sucede o resto de temas tampouco hai queixa, pero bótase en falta riffs que se graben a fuego, e cancións que chamen a atención, coma un "I believe in me", "Now we are History", "Nothing to fear, do it"...
Neste novo, a música en sí non varía excesivamente de traballos previos e segue tendo a marca de Illdisposed, pero falla en que as cancións non sobresalgan excesivamente. Un traballo "correcto". 6/10


Amon Amarth - Surtur Rising (2011)
Melodeath
Myspace
Parece que os suecos colleron a fórmula e xa non a queren soltar, eso está claro logo de oír "Surtur Rising". O malo é que quixeron manterse tan fieles aos Amon Amarth dos últimos anos que este CD resulta máis do mesmo. Tan sólo con oír empezar o disco con "War of Gods" xa case podemos rememorar paso por paso e riff por riff a primeira do seu anterior disco "Twilight of the Thunder God". Ante este pseudoplaxio de sí mesmos a miña sensación é que iba a vivir un "Twilight..." parte 2, e bueno, sí en parte, xa que todo o que hai neste novo xa está feito por eles nos 3 discos anteriores. Aparte de repetirse riffs e estructuras, temos momentos de aburrimiento máximo non solo pola nosa intuición que traballa antes que os temas, senón por unha falta considerable de capacidade compositiva. "The Last Stand Of Frej", quizáis a peor canción que lles oín nunca, ou os solos de guitarra de "Wrath of the Norsemen" ou "A Best I Am" son proba delo.
Así que, dito por alguén que lle gustaba tanto a primeira época coma os discos recentes, "Twilight..." incluído..."esto oíno antes e mellor". 3/10


Deadlock - Bizarro World (2011)
Melodeath/Metalcore/Pop
Myspace
Lonxe quedaron os tempos do fresco "Wolves" para Deadlock. Neste novo tiráronse ó río de vez, apostando por estribillos pop cantados por Sabine mentres que o resto da banda intenta esa mezcla tan repudiante hoxe en día, pero tan recurrida como é o Gothenburg melodeath pasado polo filtro do Metalcore americano, e como en pasadas entregas, aderezado por algún que outro piano e sample electrónico a modo de "teclado moderno".
O que eu intúo é que viron que os seus éxitos "Code of Honor" e "The Brave / Agony Applause " tiveron certo grado de aceptación e decidiron tentar reproducilos unha e outra vez, creando unha auténtica bazofia de álbum coma "Bizarro World" destinado básicamente a buscar público americano con cancións clónicas que pasan sen pena nin gloria polos nosos oídos europeos.
Se "Manifest" era un paso na dirección contraria, "Bizarro World" é un pé e medio no fango. 1/10


Nutr - Sex On A Bed Of Nails (2011)
Black Metal
Myspace
Difícilmente se pode salvar algo desta banda exipcia que practica un black metal repetitivo a medio tempo, con mal sonido, e pouco inspirado. A mín recordoume a algunha "early demo" dalgún mal grupo nacido a principios dos 90. O único que os debe inspirar debe de ser o porno, porque todas as letras tratan sobre algo picante segundo parece, polo demáis difícilmente aguantable. 1/10